Ophiuchus

Ophiuchus ou Serpentario[1] é unha das 88 constelacións modernas, e xa era unha das 48 listadas por Tolomeo. Pode verse en ambos hemisferios entre os meses de abril a outubro por ficar sobre o ecuador celeste. Ophiuchus tamén era chamada antigamente Serpentarius (/ˌsɚpənˈtɛəriəs/), nomes respectivamente en grego e en latín que significan o mesmo, o portador da serpe.

Ó norte de Ofiúco atopase Hércules, o suroeste Saxitario (Sagittarius) e ó sueste Escorpio (Scorpius); ó leste atopase a Cabeza da Serpe (Serpens Caput) e Libra, mentres co oeste quedan Aguia (Aquila), Escudo de Sobieski (Scutum) e a Cola da Serpe (Serpens Cauda). A constelación queda flanqueada pola Cabeza e a Cola da Serpe, que pode ser considerada coma unha única constelación: Serpe (Serpens), que a atravesa. O conxunto resultante é un home rodeado por unha serpe.

Ophiuchus
Ophiuchus
Nome latino Ophiuchus
Abreviatura Oph
Xenitivo Ophiuchi
Simboloxía O portador da serpe
Ascensión recta 17 h
Declinación
Área 948 graos cadrados

Rango 11

Número de estrelas

(magnitude < 3)

5
Estrela máis brillante α Oph (Ras Alhague)

(magnitude ap. 2,1)

Choiva de meteoros
  • Ophiuchidas
  • Ophiuchidas do Note de Maio
  • Ophiuchidas do Sur de Maio
  • Theta Ophiuchidas
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +80° e −80°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Xullo

Estrelas principais

  • α Ophiuchi (Ras Alhague ou Rasalhague), a máis brillante da constelación con magnitude 2,09 e de cor branca; situada preto de Ras Algethi (α Herculis) ó norte da constelación.
  • β Ophiuchi (Cebalrai), de magnitude 2,77 e cor alaranxada, situada tamén ó norte da constelación.
  • δ Ophiuchi (Yed Prior), de magnitude 2,73 e cor vermella, situada ó sur da constelación e preto da cabeza da serpe.
  • ε Ophiuchi (Yed Posterior), moi preto de Yed Prior e de magnitude 3,23, unha estrela xigante de cor amarela.
  • ζ Ophiuchi, a terceira máis brillante da constelación (magnitude 2,54), estrela do raro tipo espectral O (azul escuro).
  • η Ophiuchi (Sabik), a segunda máis brillante con magnitude 2,43, estrela binaria branca da secuencia principal.
  • λ Ophiuchi (Marfik), estrela tripla situada no cóbado de Ofiúco.
  • X Ophiuchi, sistema binario composto por unha variable Mira e unha xigante laranxa separadas uns 0,5 segundos de arco.
  • RS Ophiuchi, nova recorrente formada por unha xigante vermella e unha anana branca. O seu brillo incrementase a intervalos irregulares varios centos de veces nuns poucos días. Pensase que está apunto de converterse nunha supernova tipo-1a.[2]
  • 70 Ophiuchi e 36 Ophiuchi, sistemas estelares próximos á Terra, o primeiro a 16,6 anos luz e o segundo a 19,5 anos luz.
  • Estrela de Barnard, a segunda estrela máis próxima ó sistema solar a 5,96 anos luz, unha anana vermella de brillo feble non visible a simple vista.
  • Gliese 628 (Wolf 1061), anana vermella a 13,81 anos luz.
  • Gliese 673, anana laranxa a 25,2 anos luz.

Obxectos Notables do espazo profundo

  • SN 1604 (Supernova de Kepler), supernova que tivo lugar no ano 1604.
  • Os cúmulos globulares M10 e M12 ó norte, ambos de cor amarela polas estrelas xigantes vermellas e alaranxadas.
  • Os cúmulos globulares M9 e M107, este último preto do plano galáctico a unha distancia duns 20 000 anos luz; ambos ó sur da constelación.
  • NGC 6240, galaxia luminosa no infravermello, remanente da fusión de dúas galaxias menores.
  • NGC 6369, nebulosa planetaria coñecida tamén coma Nebulosa do Pequeno Espírito ou da Pequena Pantasma.
  • Nebulosa M2-9 (tamén coñecida como Nebulosa dos Chorros Xemelgos e Nebulosa As de Bolboreta), unha nebulosa planetaria bipolar que no seu centro posúe unha estrela binaria.
  • Tamén cita-lo cúmulo aberto IC 4665, o cúmulo NGC 6633, e os cúmulos globulares M14, M19, M62.

No 2005, astrónomos que usaban datos do Telescopio Green Bank descubriron unha superburbulla tan longa que se estende máis ala plano da galaxia .[3] É chamada a Superburbulla de Ophiuchus.

En abril do 2007, os astrónomos anunciaron que o satélite de fabricación sueco Odin fixera a súa primeira detección de nubes de osixeno molecular no espazo, seguindo unha pescuda na constelación de Ophiuchus.[4]

En aproximadamente 40.000 anos a Voyager 1 probablemente pasara a uns 1,6 anos luz da estrelas AC+79 3888, a cal está situada en Ophiuchus.[5]

Historia

Kepler Drawing of SN 1604
Debuxo de Johannes Kepler dando a localización da stella nova no pé de Ophiuchus.

Esta constelación, coñecida dende antigüidade, é unha das 48 constelacións descritas por Tolomeo. Era coñecida tamén coma Serpentarius, a forma latina do seu nome.

O evento máis importante ocorrido na historia de Ophiuchus é a Supernova do 1604, a cal foi obsevada por primeira vez no 9 de Outubro do 1604, preto de θ Ophiuchi. Johannes Kepler viuna e estudouna de forma intensiva dende o 16 de Outubro, de tal xeito que esta supernova pasou a ser chamada a Supernova de Kepler. Publicou ós seus descubrimentos nun libro titulado De stella nova in pede Serpentarii (A nova estrela no pe de Ophiuchus). Galileo usou a súa breve aparición para rebate-lo dogma de Aristóteles de que o firmamento era inmutable.

Ocorreu só 32 ano despois doutra supernova ocorrida en in Cassiopeia que fora observada por Tycho Brahe; a última supernova ocorrida con anterioridade fora no 1054 (ver Nebulosa do Cangrexo), e despois de Kepler non houbo máis novas visibles a simple vista ata o 1987 (ver Supernova 1987a.)

Mitoloxía

Na mitoloxía grega Ofiúco correspóndese con Asclepio, fillo do deus Apolo e a humana Corónide. Este desenvolveu tal habilidade na medicina, que se dicía que era capaz incluso de resucitar ós mortos. Moi ofendido por isto, Hades pidiulle Zeus que o matase por viola-la orde natural das cousas, Zeus accedeu á petición. Non obstante, coma homenaxe á súa valía, decidiu situalo no ceo rodeado pola serpe, símbolo da vida renovada.

Notas

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
  2. Star 'soon to become supernova'. BBC News, 2006-07-23
  3. PhysOrg.com, ed. (2006-01-13). "Huge 'Superbubble' of Gas Blowing Out of Milky Way". Consultado o 2008-07-04.
  4. Molecular Oxygen Detected For The First Time In The Interstellar Medium
  5. Voyager - Mission - Interstellar Mission

Véxase tamén

Ligazóns externas

Nomes Obsoletos de Constelacións

Apis | Phoenicopterus | Serpentarius | Vespa | Xiphias

28978 Ixion

28978 Ixion é un obxecto do cinto de Kuiper que foi descuberto o 22 de maio do ano 2001. Ixion é un plutino (un obxecto que está nunha resonancia orbital de 2:3 con Neptuno) e é un candidato a planeta anano; o seu diámetro foi estimado en 650 km polo Telescopio Espacial Spitzer que fai deste obxecto o quinto plutino en tamaño. Foi bautizado coma Ixion, unha figura da mitoloxía grega. Ixion foi descuberto dende o Observatorio de Cerro Tololo. É moderadamente vermello visto baixo a luz visible e ten unha superficie que é unha mestura de tolinas e xeo de auga.

Aquila

Aguia ou Aquila é unha das 48 constelacións listadas por Tolomeo, mencionada tamén por Eudoxo de Cnidos (século IV adC) e Arato (século III adC), e actualmente unha das 88 constelacións recoñecidas pola UAI. Tolomeo catalogou dezanove estrelas conxuntamente nesta constelación e na constelación de Antínoo, esta última xurdida durante o reinado de Hadriano (117 - 138). Ocupaba a parte sur da constelación actual de Aquila ata principios do século XIX cando foi descartada.

Nesta constelación apareceron varias novas importantes. Unha delas, no ano 389, alcanzou o brillo de Venus, e máis recentemente Nova Aquilae 1918, superou en brillo a Altair (α Aquilae).

Constelación

Unha constelación é unha agrupación de estrelas cuxa posición no ceo nocturno é aparentemente tan próxima que as civilizacións antigas decidiron conectalas mediante liñas imaxinarias, trazando así figuras sobre a bóveda celeste. No espazo tridimensional, en cambio, as estrelas dunha constelación non están, necesariamente, fisicamente asociadas; ata poden atoparse distanciadas por centos de anos luz unhas doutras. Doutra banda, devanditos grupos son completamente arbitrarios, xa que distintas culturas recoñeceron constelacións diferentes. Aínda así, algúns conxuntos tenden a reaparecer, xa sexa pola súa configuración tan peculiar como é o caso de Scorpius, o escorpión, a magnitude aparente (o brillo) das súas estrelas ou debido ao paso recorrente dalgúns corpos celestes os planetas e a Lúa polas súas inmediacións.

Algunhas constelacións son máis antigas ca outras, pois foron creadas fai moitos séculos polos pobos que habitaban as rexións do Medio Oriente e o Mediterráneo. Outras, en cambio, tiveron a súa orixe en tempos máis recentes, cando as viaxes a outros lugares ata entón descoñecidos levaron ao home europeo a explorar os mares do sur (aínda que, hai que aclarar que os pobos que habitaban as rexións austrais antes diso tamén nomearían as súas propias constelacións).

Adóitanse separar as constelacións en dous grupos, dependendo o hemisferio celeste en que se atopen: as constelacións boreais son aquelas situadas ao norte do ecuador celeste; as que se localizan ao sur chámase constelacións austrais.

A partir de 1928, a Unión Astronómica Internacional (UAI) decidiu reagrupar oficialmente a esfera celeste en 88 constelacións con límites precisos, tal que todo punto no ceo quedase dentro dos confíns dunha figura. Antes de devandito ano, eran recoñecidas outras constelacións menores que logo caeron no esquecemento; neste momento xa non se recordan. A lista final codificouse en 1930.

Eurocephalus anguitimens

Eurocephalus anguitimens é unha especie de ave da orde dos paseriformes, infraorde dos Corvida, suborde dos oscines e familia dos lánidos, unha das dúas integradas no xénero Eurocephalus.

A especie compren de dúas subespecies de picanzos que se distribúen pola África austral.

Hercules (constelación)

Hércules é a quinta constelación en tamaño das 88 constelacións modernas, que recibe o seu nome do heroe mitolóxico, Hércules. Tamén era unha das 48 constelacións de Tolomeo.

Libra (constelación)

Libra ou Balanza (símbolo , Unicode ♎), é a sétima constelación do zodíaco no firmamento. Bastante discreta, non ten estrelas de primeira magnitude, estando situada entre Virgo ó oeste e Scorpius ó leste, notablemente máis chamativas. Coma se evidencia polos nomes da súas estrelas máis brillantes, foi nalgún momento parte das pinzas do escorpión: así, Zubenelgenubi (α Librae) significa "pinza do sur" e Zubeneschamali (β Librae) "pinza do norte". Visualmente α e β son as travesas de equilibrio da balanza, mentres que γ e σ son os pratos.

Lista das constelacións por data de creación

A seguinte táboa organiza as constelacións actuais pola data na que foron adoptadas. Organízanse por data de creación, e dentro da súa categoría, alfabeticamente, segundo os seus nomes latinos.

1 Antigamente, as estrelas de Libra pertencían á constelación de Scorpius.

2 Algúns acreditan a creación desta constelación a Petrus Plancius.

3 Algúns acreditan a creación desta constelación ó francés Augustin Royer.

4 Algúns acreditan a creación desta constelación ó astrónomo polaco Jakob Bartsch.

5 Estas constelacións formaron parte da antiga constelación de Argo Navis.

Lista das constelacións por área

Esta é a lista das 88 constelacións modernas, organizada segundo a área que cobren de firmamento, medido en graos cadrados, determinados polos límites trazados por Eugène Joseph Delporte no 1930, por mandato da Unión Astronómica Internacional (UAI) e publicadas no Délimitation scientifique des constellations (Cambridge University Press). Antes do traballo de Delporte, os límites só foron vagamente definidos.

Delporte debuxou os límites usando as liñas verticais e horizontais de ascensión recta e declinación; Porén, fixo esta tarefa segundo a época besseliana B1875.0, o que significa que, debido á precesión dos equinoccios, os bordos dos mapas modernos (por exemplo, para a época xuliana X2000) téñense movido un pouco, polo que xa non son liñas perfectamente verticais ou horizontais. Este desvío aumentará cós anos e séculos vindeiros. Porén, isto non altera a área que cobre cada constelación.

Amósanse os nomes latinos das constelacións. A área está dada en graos cadrados.

Lista de ananas marróns

A primeira anana marrón en ser descuberta que estivese orbitando "libre" foi Teide 1 no 1995. A primeira anana marrón en ser descuberta que orbitase outra estrela foi Gliese 229 B, tamén descuberta no 1995. A primeira anana marrón en ser descuberta cun planeta foi 2M1207, descuberta no 2004.

As ananas marróns teñen unha masa intermedia entre un planeta xoviano e unha estrela, tamén son chamados "planetars" or hiperxovianos. A designación das estrelas con minúsculas "caso b" ou maiúsculas "caso B" depende de se a anana marrón orbita ou non orbita a súa estrela nai.

A seguinte lista de 44 ananas marróns é parte dun total dunhas 614 ananas marróns, lista evidentemente non pechada xa que non todas esas ananas están confirmadas, ademais ter en conta que se pensa que algúns planetas extrasolares poden tornar en ananas marróns xa que da meirande parte delas só se coñece a súa masa mínima porque non se coñecen ás súas inclinacións de órbita. Así pois os planetas extrasolares máis masivos poderían ser en realidade ananas marróns, coma exemplos cabe citar a HD 114762 b (>11.68 MX), Pi Mensae b (>10.312 MX), HD 136118 b (>11.99 MX), e NGC 2423-3 b (>10.6 MX).

Messier 19

Messier 19 (tamén coñecido como M19 ou NGC 6273) é un cúmulo globular situado a 28.000 anos luz do sistema solar, caracterizado pola súa forma oval, é igualmente un dos cúmulos globulares máis próximos ao centro da galaxia, concretamente a 5200 anos luz. Descubriuno en 1764 Charles Messier. M19, de magnitude 7, pódese ver, cun aspecto nebuloso, con telescopios pouco potentes pero é preciso un de 200 mm para apreciar algunha das súas estrelas estrelas. Pertence á constelación Ophiuchus, localizado nunha rexión illada.

Quaoar

50000 Quaoar ("Kwawar") é un obxecto rochoso trans-neptuniano situado no cinto de Kuiper que posúe unha lúa. Moitos astrónomos consideran este obxecto coma un planeta anano, aínda que a UAI non o recoñeceu formalmente coma tal.

Sagittarius

Sagittarius ou Saxitario é unha constelación do zodíaco, xeralmente representada coma un centauro sostendo un arco. Saxitario atopase entre Scorpius ó oeste e Capricornus ó leste.

Scorpius

Scorpius ou Escorpión (símbolo , Unicode ♏), é unha das 88 constelacións. Antigamente esta constelación representábase unida á que hoxe en día se coñece coma Libra (que non existía, crese que foron os romanos os que a inseriron antes que ningunha outra civilización). As estrelas que hoxe en día se coñecen coma alfa e beta Librae representaban as pinzas sur e norte do escorpión, o que lles deu o seu nome actual:

Alfa librae: Zuben Elgenubi (garra do sur)

Beta librae: Zuben Elschemali (garra do norte)Representado deste xeito, o escorpión colgaba apracible e equilibradamente sobre a eclíptica.

Serpens

Serpens ou Serpe é unha das 88 constelacións modernas e era unha das 48 listadas por Tolomeo. Entre as modernas constelacións é a única dividida en dúas partes:

Serpens Caput, que representa a cabeza da serpe, situada ó oeste.

Serpens Cauda, que representa a cola, ó leste.Entre estas dúas partes atópase a constelación de Ophiuchus, o portador da serpe. Dado que se considera unha única constelación, o ordenamento de acordo á designación de Bayer ten en conta ambas partes. Só unha estrela de Serpens é máis brillante ca magnitude 3, polo que a constelación non é fácil de recoñecer.

Supercúmulo

Un supercúmulo é un gran conxunto formado por de agrupacións de menor nivel de galaxias como cúmulos de galaxias ou grupos de galaxias, que é unha das estruturas máis grandes coñecidas do cosmos. A Vía Láctea forma parte do cúmulo galáctico chamado Grupo Local (que contén máis de 54 galaxias), o cal á súa vez forma parte do Supercúmulo de Laniakea. Este supercúmulo esténdese ao longo de 500 millóns de anos luz, mentres que o Grupo Local abrangue uns 10 millóns de anos luz. O número de supercúmulos no Universo observable estímase que é de 10 millóns.As galaxias non están dispersas polo espazo aleatoriamente, senón que están agrupadas en cúmulos. Os cúmulos de galaxias, á súa vez, agrúpanse entre si para formar supercúmulos. Tipicamente, os supercúmulos conteñen ducias de cúmulos individuais en áreas do espazo dun diámetro duns 150 millóns de anos luz. A diferenza dos cúmulos, a maioría dos supercúmulos non están ligados gravitacionalmente. Os cúmulos que os compoñen están xeralmente separándose uns doutros debido ao fluxo de Hubble.

A galaxia Vía Láctea está incluída no Grupo Local, que é un pequeno e irregular cúmulo de galaxias. Os cúmulos pobres en galaxias como o Grupo Local poden conter só unhas poucas ducias de galaxias, comparados cos cúmulos máis ricos en galaxias que teñen centos ou miles. O Grupo Local está preto do Supercúmulo Local (tamén chamado Supercúmulo de Virgo), que ten un diámetro de 100 millóns de anos luz. Recentemente propúxose a existencia do supercúmulo Lainakea, que incluiría como parte del ao anteriormente definido supercúmulo de Virgo. O Supercúmulo Local contén un total de 1015 veces a masa do Sol.

O Supercúmulo Local, no que está a Vía Láctea, está movéndose en dirección ao Grande Atractor, debido á gran forza gravitatoria deste, a unha velocidade de varios centos de quilómetros por segundo. A maior agrupación preto do Universo local é o Filamento Perseus–Pegasus. Contén o supercúmulo de Perseus e esténdese ao longo de mil millóns de anos luz, polo que que é unha das maiores estruturas coñecidas do Universo.

Taurus Poniatovii

Taurus Poniatovii, o touro de Poniatowski, é unha rara constelación, xa en desuso, inserida polo director do Observatorio Real de Vilna (Lituania) Martin Poczobut no 1777 na honra ó rei de Polonia Stanislaw II Poniatowski. A constelación estaba formada por estrelas que hoxe en día forman parte de Ophiuchus e Aquila. 70 Ophiuchi, un sistema estelar de magnitude aparente 4,02 situado a só 16,6 anos luz da Terra, era a estrela principal desta constelación.

As estrelas que se tomaron de Ophiuchus teñen unha semellanza coa V que forma o grupo de estrelas das Híades que conforman a faciana de Taurus. Antes de Taurus Poniatovii, algunhas destas estrelas eran parte da tamén obsoleta constelación do río Tigris. Porén, ambas constelacións xa non son recoñecidas polos astrónomos e ás súas estrelas, unha vez máis, volveron a Ophiuchus e Aquila.

Zodíaco

O Zodíaco, termo procedente do grego ζῳδιακός (zōidiakos, círculo de animais), trátase dunha banda circular de ceo por onde, aparentemente, transitan o Sol e os planetas. En realidade é a proxección do noso plano orbital arredor do Sol (na astronomía xeocéntrica era visto á inversa) no fondo de estrelas "fixas"; o nome más antigo que se coñece desa banda é o de Camiño do Sol e da Lúa. O progresivo avance da astronomía foi fixando eses camiños nunha liña dentro desa banda, que hoxe coñecemos como eclíptica, ou liña de eclipses, que é onde se "cruza" o camiño do Sol e da Lúa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.