OpenStreetMap

OpenStreetMap (tamén coñecido polas súas siglas OSM) é un proxecto aberto e colaborativo para crear mapas libres, gratuítos e editables. As trazas dos mapas créanse empregando información obtida de dispositivos GPS ou empregando fotografías aéreas ou de satélites e outras fontes como bases de datos da administración. Dende 2016 OSM emprega en España cartografía PNOA para mapeado e edición.

OSM
Openstreetmap logo
OpenStreetMap homepage 2018 en
Pantalla inicial OSM.
Desenvolvedor(es)OpenStreetMap Community
OpenStreetMap Foundation
Repositoriogithub.com/openstreetmap/openstreetmap-website
Sistema operativoCalquera (aplicación web)
Lingua/sVarias
Galego: OK
TipoMapeado colaborativo
LicenzaOpen Database License (ODbL) e 2.0 CC BY-SA
Sitio webopenstreetmap.org

Descrición

Munich 0608to0709b small
Evolución do mapeo da área da cidade de Múnic (Alemaña) de agosto de 2006 a setembro de 2007 por colaboradores de OpenStreetMap.
Zee200
OSM de Galiza indicando a ZEE en Galiza.

Os inicios do proxecto están en xullo de 2004 por Steve Coast en protesta polos altos prezos que Ordnance Survey, a axencia cartográfica de Gran Bretaña, cobraba pola súa información. O 9 de agosto de 2004 pediu o dominio openstreetmap.org[1]. En 2006 o proxecto OSM pasou a estar organizado baixo unha fundación internacional con apoios para aloxar a súa base de datos. O proxecto foi ampliándose a máis países do mundo e en abril de 2009 iniciouse a colaboración con Wikipedia para empregar os seus mapas xeoreferenciados. Dende entón Wikipedia ofrece ligazóns aos mapas de OSM, entre outros.

O proxecto baséase en edicións feitas por colaboradores rexistrados. Os usuarios crean unha conta rexistrándose na páxina do proxecto OSM. Poden editar directamente os mapas na páxina web do proxecto sen necesidade de instalar programa algún no seu ordenador. Unha vez rexistrado e acceso á páxina de edición amósanse imaxes de distintas zonas. Cada usuario pode elixir a zona ou lugar que desexa mapear. Converter esas fotos en datos que se incorporarán á base de OSM. Así pódense trazar estradas, edificios, terreos, zonas segundo o seu uso ou calquera outro dato. Todo será incorporado aos mapas de OSM. Existen programas alleos a OSM que permiten baixar partes dos mapas do proxecto chamadas teselas. Estes anacos permiten ser editados de xeito completo podendo engadir datos de outras aplicacións como receptores GPS, trazas completas. Toda esa información pode ser subida posteriormente á base de datos de OSM. Terceiras empresas e usuarios desenvolven programas que empregarán a base de datos OSM. Algunhas fan uso comercial de eses datos. O proxecto OSM fomenta o uso comercial. Cada empresa decide o nivel de liberdade que da ao seu proxecto. Así algunhas deixan empregar parte do seu software de xeito libre e cobran por algunhas funcións.

OSM en Galiza

Na ampliación de OSM chegou a ofrecer algunhas imaxes de satélite das principais cidades de Galiza non estando dispoñible no resto de xeito que as vilas máis pequenas e as estradas entre elas non tiñan presenza no proxecto. Hoxe en día as imaxes xa están dispoñibles para todo o territorio aínda que faltan moitas estradas secundarias por trazar.

Notas

  1. http://www.eldiario.es/hojaderouter/internet/open_street_map-OSM-cartografia-colaborativa-mapas-aniversario_0_289771069.html
A Baña

A Baña é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2014 tiña 3754 habitantes (3967 no 2012, 4102 no 2011, 4320 no 2010). No ano 1980 a poboación chegou a ser de 8775 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bañense, avaniense ou bañés.

Ames

Ames é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o IGE, o 1 de xaneiro de 2018 tiña 31.278 habitantes (15.015 homes e 16.263 mulleres) (en 2012 29.331 habitantes, 27.900 no 2010, 24.553 no 2007, 23.219 no 2006, 22.228 no 2005, 20.840 no 2004).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «amesán».

Aranga

Aranga é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE, o 1 de xaneiro de 2014 tiña 2033 habitantes, 1023 homes e 1010 mulleres (2.072 no 2012, 2113 no 2011, 2126 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arangués».

Ares

Ares é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE o 1 de xaneiro de 2014 tiña 5741 habitantes (2845 homes e 2896 mulleres)(en 2012 5839, 5673 no 2009, 5405 no 2006, 5301 no 2005, 5265 no 2004, 5188 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «aresán».

Arzúa

Arzúa é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 6053 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arzuán».

Belmez

Belmez é un concello da provincia de Córdoba, Andalucía. Atópase no corazón do valle del Guadiato.

Ten 3.373 habitantes 2007).

Ten unha extensión superficial de 211 km². Encóntrase sobre a faldra dun promontorio calcario, sobre o que está edificado o seu castelo, emblema da poboación, e que o sitúa a unha altitude de 532 msnm.

Está a 71 km da capital de provincia, Córdoba. As súas coordenadas xeográficas son 38º 16' N, 5º 12' O.

Bergondo

Bergondo é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca da Coruña. Limita cos concellos de Sada, Paderne, Abegondo, Cambre e Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 6702 habitantes (6696 no 2009, 6540 no 2007, 6539 no 2006, 6495 no 2005, 6413 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bergondés.

Boimorto

Boimorto é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 2022 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boimortés.

Boqueixón

Boqueixón é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Santiago.

Brión

Brión é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago.

Camariñas

Camariñas é un concello da provincia da Coruña, encravado na Costa da Morte e pertencente á comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2014 tiña 5774 habitantes (6226 no 2010, 6323 no 2006, 6467 no 2005, 6502 no 2004, 6597 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é camariñán ou camariñés.

LU-133

A estrada LU-133 é unha vía da rede secundaria que conecta a N-634 en Vilamar (San Xusto de Cabarcos, Barreiros) coa N-642 en Reme (Ove, Ribadeo). Non chega ós 22 km de percorrido, e atravesa San Xusto de Cabarcos e Cabarcos (Barreiros), e Remourelle (Arante, Covelas) e Ove en Ribadeo.

O seu punto máis alto está na rotonda de cruzamento coa LU-P-6103 (Trabada-Barreiros), onde abandona o val de Cabarcos para meterse na cunca do río Grande (naquela zona, aínda rego de Lexoso). O paso entre Barreiros e Ribadeo é pola chamada ponte de Remourelle (Arante).

A outra derivación importante da estrada está en Covelas, a LU-P-5207, estrada que a conecta con Ribadeo.

PNOA

O Plan Nacional de Ortofotografía Aérea (PNOA) é un proxecto cofinanciado e cooperativo entre a Administración Xeral do Estado de España e as comunidades autónomas. O proxecto do Plan Nacional de Observación do Territorio (PNOT) está coordenado polo Instituto Geográfico Nacional de España e o Centro Nacional de Información Geográfica.

Dende 2004 o proxecto fai xeiras de fotografías aéreas, cada dous ou tres anos fotografíase todo o país cunha precisión de 25 ou 50 cm. En 2009 incluíronse no proxecto datos LIDAR. Dende 2016 OpenStreetMap emprega cartografía PNOA para edición e mapeado.

Reme, Ove, Ribadeo

Reme é un lugar da parroquia de Ove, do concello de Ribadeo.

Limita ó sur con Santalla de Vilausende. O límite entre ambas é o río Grande, que desauga na ría de Ribadeo despois de recibir as augas do río Pequeno. O lugar está atravesado pola estrada N-642, e aquí está un dos extremos da LU-133, estrada que une Reme e Vilamar.

Ribeira

Ribeira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Segundo o IGE en 2014 tiña 27.565 habitantes (27.778 no 2012, 27.699 no 2011, 27.504 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribeirense».

Río Rato

O río Rato é un afluente do Miño

Verín

Verín é un concello da provincia de Ourense en Galicia, pertencente á comarca de Verín, da que é capital. Cunha poboación de 13 817 persoas segundo o padrón municipal de 2018, é a segunda vila da provincia en poboación, despois de Ourense.

Vilamar, San Xusto de Cabarcos, Barreiros

Vilamar é un lugar da parroquia de San Xusto de Cabarcos no concello lugués de Barreiros na comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE, en 2011 tiña 99 habitantes (42 homes e 57 mulleres).

É un extremo da estrada LU-133, que une o lugar con Reme.

WOEID

Un WOEID (Where On Earth IDentifier) é un identificador de referencia de 32 bits, orixinalmente definido por GeoPlanet e agora asignado por Yahoo!, que identifica calquera característica da Terra. No ano 2009, Yahoo! liberou por primeira vez a información do WOEID de GeoPlanet ó público, producíndose a última liberación o 1 de xuño de 2012. Pouco despois Yahoo! decidiu deter a descarga de datos até que determinasen un xeito mellor de achegar os datos como parte do servizo".WOEIDs son empregado por outros proxectos, incluíndo Flickr, OpenStreetMap, e zWeather.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.