Oliveira

A oliveira (Olea europaea) é unha das 35 especies do xénero Olea. A oliveira silvestre está considerada dentro da subespecie sylvestris e as oliveiras cultivadas dentro da subespecie sativa. É unha árbore perennifolia, de tamaño mediano e con tronco nodoso. Encóntrase presente en toda a rexión mediterránea e Oriente Próximo, mais foi estendida a outros países ou zonas con clima semellante como Perú, Chile, Arxentina, California, Suráfrica ou Australia. É un dos cultivos tradicionais máis antigos. É unha planta orixinaria do Oriente Próximo, que desde ha máis de 5.000 anos foi introducida no oeste da conca mediterránea.

En Galicia, a oliveira está pouco espallada, aínda que se poden atopar exemplares illados practicamente por todo o país. Na zona galega con influencia do clima mediterráneo poden atoparse masas arbóreas pequenas, que se crearan basicamente para autoconsumo. Esas masas localízanse, fundamentalmente, no conca do río Sil (comarcas de Quiroga, Valdeorras, Bolo) e no val de Verín.

Oliveira
A oliveira de Vigo, a Cidade Olívica.

A oliveira de Vigo, a Cidade Olívica.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Oleaceae
Xénero: Olea
Especie: O. europaea
Nome binomial
Olea europaea
L., 1753[1]
Subespecies

O. europaea subsp. europaea
O. europaea subsp. europaea var. silvestris
O. europaea subsp. cuspidata
O. europaea subsp. guanchica
O. europaea subsp. maroccana
O. europaea subsp. laperrinei

Sinonimia

Olea pallida Salisb., 1796 nom. illeg.

Descrición botánica

Olea europaea subsp europaeaOliveTree
Oliveira en Portugal.

A oliveira forma parte da familia das oleáceas, que comprende, entre outras, as lilas (Syringia), os ligustros (Ligustrum) e os freixos (Fraxinus), así como formas arbustivas como as forsythias ou os xasmíns.

Aspecto xeral

Moi ramoso, de toro nodoso e cortiza esburacada e castaña, pode chegar alcanzar de 15 a 20 m de altura e vivir moito tempo. Porén, pola acción de animais cavadores ou vivir en lugares moi venteados ou expostos ás brétemas, xeralmente adopta un aspecto arbustivo, manténdose en bolas compactas e impenetrábeis, tomando a forma dun mato espiñento. Na maioría das formas de cultivo, as oliveiras son mantidas a unha altura de 3 a 7 metros de altura, a fin de facer posíbel o seu cuidado e a recolleita dos froitos.

Raíces

As raíces poderosas e longas da oliveira poden chegar até unha profundidade de 6 metros, característica que lle asegura sempre a posibilidade de obter auga para o seu desenvolvemento.

Follas

Olea europea. Oliveira
Olea europea.

As follas son opostas, ovais, alongadas, sostidas por un curto pecíolo, coriáceas, enteiras, enroladas sobre os seus bordos, dunha cor verde escura brillante na cara superior e dun verde claro prateado, cunha nervadura medial saínte na cara inferior. A follaxe é persistante, e sempre verde, mais isto non quere dicir que as súas follas sexan inmortais, pois viven, como media, tres anos, logo amarelean e caen, principalmente no verán.

Flores

As flores son brancas cunha corola, dous estames, un cáliz con catro pétalos ovais, e un ovario de forma arredondada que ten un estilo bastante espeso e remata cun estígmata. Este ovario contén dous óvulos. As flores están agrupadas en pequenos acios con entre 10 e 20 exemplares, abrochando na axila das follas a comezo da primavera nas pólas con dous anos de idade.

A maioría das oliveiras son autofértiles, é dicir que o seu propio pole pode fecundar os seus propios ovarios. A fecundación efectúase sobre todo polo vento e non dura máis que apenas unha semana por ano. Se non chove demasiado durante ese período, entre un 5% e un 10% das flores producirán froitos suficientes para unha boa sazón.

Froitos

Olivas verdes
Olives vertes
Valor nutricional por 100 g
Enerxía609 kJ (146 kcal)
3.84 g
Azucres0.54 g
Fibra alimentaria3.3 g
15.32 g
Saturadas2.029 g
Monoinsaturadas11.314 g
Poliinsaturadas1.307 g
1.03 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A equiv.
3%
20 μg
2%
231 μg
510 μg
Tiamina (B1)
2%
0.021 mg
Riboflavina (B2)
1%
0.007 mg
Niacina (B3)
2%
0.237 mg
Vitamina B6
2%
0.031 mg
Ácido fólico (B9)
1%
3 μg
Colina
3%
14.2 mg
Vitamina E
25%
3.81 mg
Vitamina K
1%
1.4 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
5%
52 mg
Ferro
4%
0.49 mg
Magnesio
3%
11 mg
Fósforo
1%
4 mg
Potasio
1%
42 mg
Sodio
104%
1556 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga75.3 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

O froito, a oliva é unha drupa, da que a pel (epicarpio) está recuberta dunha materia cerosa impermeábel á auga, e unha pulpa (mesocarpio) carnosa, rica en materia graxa, almacenada durante a época de lipoxénese, que vai entre fins de agosto e o inicio da maduración. En inicio verde, tórnase negra na completa madurez. A coia moi dura, ososa, está formada dun envoltorio (endocarpio) que se esclerosa no verán a partir de finais de xullo e contén unha améndoa con dous ovarios, dos cales un é, polo xeral, estéril e non funcional: ese gran (raramente os dous) produce un embrión, que dará unha oliveira nova se as condicións son favorábeis.

Subespecies

A especie Olea durante moito tempo foi subdividida en dúas subespecies, Olea europaea var. europaea para a oliveira doméstica (Europa e Turquía), e Olea europaea var. sylvestris (Mill.) Lehr para a oliveira brava. Esta subdivisión está hoxe anticuada. Diversos traballos teñen demostrado a ausencia de límites entre as poboacións salvaxes e as cultivadas, tanto no aspecto xenotípico como fenotípico[2].

Porén existen outras seis subespecies:

Ciclo vexetativo

Fases Vexetativas Comezo Duración Manifestacións
Repouso vexetativo decembro-xaneiro 1-3 meses Actividade xerminativa parada ou lentificada
Indución floral febreiro . Os froitos desenvólvense sobre pólas deitadas o ano precedente (> poda).
Aceleración da vexetación fins de febreiro 20-25 días Emisión de nova vexetación de cor clara
Aparición de botóns florais metade de marzo 18-23 días Inflorescencias de cor verde, brancuxa na madurez
Floración de inicio de maio a 10 de xuño 7 días Flores abertas e de bo aspecto, polinización e fecundación
Frutificación fin maio-xuño . Caída dos pétalos, precocidade de flores e froitos
Desenvolvemento dos froitos segunda metade de xuño 3-4 semanas Froitos pequenos mais de bo aspecto
Endurecemento das coias xullo 7-25 días Fin da formación dos froitos tornándose resistentes a cortes
Medramento dos froitos agosto 1,5-2 meses Aumento considerábel do tamaño dos froitos e aparición de lentículas
Comezo da maduración metade de outubro a decembro . Polo menos a metade da pela do froito vira de verde a violeta
Maduración completa fin de outubro a decembro . Froitos con cor uniforme de violeta a negro

A oliveira non produce de modo natural máis que un ano de cada dous a falta de poda, e a produción non se estabiliza máis que de vagar, progresivamente, mais tamén duradeiramente: entre 1 e 7 anos é o período non produtivo, cunha dura que pode dobrar o tempo en caso de seca; até os 35 anos, a árbore desnvólvese e coñece un aumento progresivo da produción; entre 35 anos e 150 anos, a oliveira alcanza a súa madurez plena e a súa produción óptima. Despois dos 150 anos, a árbore envellece e os seus rendementos tórnanse aleatorios, ao chou.

Cultivo

Oliveiraponte
Oliveira no cemiterio de Ponte, Silleda.

Necesidades climáticas

A oliveira é un cultivo propio de climas mediterráneos caracterizados por invernos relativamente suaves e veráns longos, cálidos e secos, con medias anuais de temperatura entre 15 e 20 graos, e de precipitacións entre 500 e 700 mm. Prefire os vales amparados ou as chairas baixas que no estean expostas a fríos intensos. Pode medrar nas ladeiras de montañas orientadas para o sur.

A oliveira é máis sensíbel ao frío que outras árbores froiteiras, como maceiras, pereiras ou pexegueiros, pero é máis resistente que os cítricos. Como outras árbores experimenta un aguante progresivo ás baixas temperaturas a partir do outono.

As temperaturas entre 0 e -5 graos provocan pequenas feridas en pólas novas, mentres que con temperaturas entre -5 e -10 graos poden xa morrer esas mesmas pólas, e a partir de temperaturas inferiores a -10 graos morren tamén pólas grandes e mesmo toda a parte aérea da planta.

A oliveira precisa un verán bastante cálido para que poidan madurar as olivas. Na clasificación agroclimática de Papadakis necesita un verán do tipo do que permite o cultivo do arroz.

O mínimo pluviométrico rexístrase na rexión de Sfax, en Tunisia, onde se cultiva a oliveira con non máis de 200 litros de choiva anual. Porén, un clima tan seco leva uns rendementos moi baixos.

As boas prácticas agrarias determinan que, en caso de terreos en pendente, as aradas se fagan seguindo as curvas de nivel para limitar os perigos da erosión.

Na plantación tradicional colocábanse 100 árbores ou menos por hectárea. Actualmente tense comprobado que plantacións máis densas, de até 300 oliveiras por hectárea, son máis produtivas.

Labores habituais

Antimenes Painter neck amphora Altes Museum Berlin Antikensammlung F1855
Recolleita de olivas nunha cerámica negra da Grecia Antiga, Museo Nacional de Atenas

Os labores correntes son:

  • As aradas, que se fan con obxecto de incrementar a retención de auga no chan e de erradicar malas herbas.
  • A cuita, que se fai hoxe mecanicamente; aínda que a oliveira necesita poucos nutrientes en comparación con outros cultivos é moi sensíbel á deficiencia de boro.
  • A expurgación faise manualmente e ten por fin a corta da ramaxe para que chegue ben a luz, e, ademais, para darlle forma a árbore e que se poidan alcanzar con maior facilidade as olivas.
  • A recolleita, até hai pouco manual, é agora mecanizada, usando vibradores individuais ou grandes máquinas autopropulsadas.

Recentemente estanse a xeneralizar as técnicas de mínimo cultivo, é dicir, que só se fan as aradas indispensables e quítanse as malas herbas con herbicidas. Con esta técnica obtéñense producións similares, pero con menor custo económico.

A agricultura ecolóxica da oliveira está moi espallada, por ser unha árbore rústica, resistente, sendo moi fácil aplicala. Combátense as pragas empregando feromonas e mais insecticida biolóxico, e non se usan produtos sintéticos químicos para cuitar nin herbicidas.

As plantacións "superintensivas", ou de alta densidade, supoñen plantar unhas 2.000 oliveiras por hectárea, utilizándose unha mecanización total para a espurga; a recolección faise con máquinas que pasan por riba das plantes, ao xeito das máquinas de vendimar; así redécese moito o custo da recolleita, pero non hai aínda suficiente experiencia respecto de se estas novas plantacións poderán aguantar bastantes anos con tal sistema.

O cultivo da oliveira, por tradición, é de secano, aínda que actualmente tamén se realiza con rega; así asegúrase unha produción dada, pois se o ano é moi seco pode ser nula.

As olivas para aceite cóllense entre finais de outono e comezo do inverno. Algunhas variedades son recollidas á man cando aínda están verdes, e, cun pouco de adubo, poden seren consumidas como olivas de mesa. Tradicionalmente as destinadas para obtención de aceite cóllense con sacos ou mallas cosidas, estrándoas en terra por embaixo da copa (máis un par de sacos arredor da raíz, para evitar perderen as olivas por esa zona); as olivas fanse caer: sacudindo coas mans as gallas con froito ou ben cunha especie de "pinza" de ferro ou ben a golpes de vara (nas variedades en que se pode, por ter un tipo de oliva que cae facilmente ao vareala). As olivas estendidas sobre os sacos ou mallas recóllense en seiróns ou outros recipientes para levalas ao muíño ou lagar, para moelas e extraerlles o aceite. Antigamente tamén se collían as que xa caeran antes da recolleita, e que andaban ciscadas entre pedras e torróns, mais hoxe considérase unha práctica traballosa e antieconómica. Ademais esas olivas son de calidade ruín porque adoitan ser acedas en demasía.

A oliveira en Galicia

A oliveira cultivouse en Galicia desde, como mínimo, os tempos dos romanos, como demostra o descubrimento de ruínas de instalacións da época para a fabricación de aceite, como a de Teis, en Vigo.

Parece ser que se trataba dun cultivo común en Galicia, canto menos nas provincias de Lugo, Ourense e sur da de Pontevedra ata os tempos dos Reis Católicos, que mandaron cortar as oliveiras galegas para garantir a Andalucía o monopolio da produción de aceite [3]. A tradición engade que aquela orde exceptuaba unha árbore por parroquia, coa fin de permitir obter o aceite necesario para o gasto da igrexa [2]. Esta erradicación das oliveiras galegas pode explicar o feito de que en Portugal, onde non se aplicaría, sexan moito máis abundantes.

No século XVI, o Licenciado Molina, na súa obra Descripcion del Reyno de Galizia y de las cosas notables del, describiu que se colleitaba en abundancia na provincia de Ourense. Xa no século XIX, na Exposición Rexional de Lugo (1896) presentáronse mostras de aceite de calidade, procedente de Quiroga (Lugo) [4], Valdeorras (Ourense) e Betanzos (A Coruña). No século XX o cultivo de oliveiras quedou reducido ás zonas de Quiroga, Valdeorras e Verín, nunha extensión que non superaba as 23 hectáreas (datos de 1999), cunha produción testemuñal de aceite. A vide veu substituír as oliveiras da conca do Miño e outras zonas ourensás.

Outra explicación da forte regresión das plantacións de oliveiras en Galicia sitúa este feito no século XIX, tras unha máxima expansión nos dous séculos anteriores, motivado polos fortes impostos cos que se gravou este cultivo, o que motivou que se arrincaran a maior parte das árbores e foran substituídas por outras plantacións.

Santiago de Oliveira, Ponteareas
Igrexa parroquial de Santiago de Oliveira, en Ponteareas.

Como posible consecuencia daquela presenza xeral das oliveiras en Galicia está a abundante toponimia derivada: Oliveira é nome de lugares da Arnoia e Poio e parroquia de Ponteareas [5], A Oliveira é nome de lugares de Corcubión, Gondomar, Ponteareas e Vigo. Tamén Olveira, lugar de Teo e parroquias de Dumbría e Ribeira; A Ponte Olveira é lugar de Mazaricos, e O Alto de Olveira lugar de Porto do Son. E Olives é nome dunha parroquia da Estrada. En Ribadavia existe unha igrexa do século XII denominada de Santa María de Oliveira. O nome de Cidade olívica que recibe Vigo vén dunha oliveira singular que había na cidade e que forma parte do escudo da cidade; a actual árbore do Paseo de Alfonso XII é un descendente daquela.

Só coñecemos unha festa gastronómica dedicada ó aceite: a Feira do Aceite de Bendilló, en Quiroga, nacida no ano 2000 e na que se elabora aceite puro de oliva nun muíño de aceite restaurado.

Nos primeiros anos do século XXI, a empresa Abril, dedicada ó envasado de aceite andaluz, e a Fundación Desarrollo Producto Ecológico de Galicia promoveron a recuperación do cultivo da oliveira en Galicia, concretamente na zona da Estrada como forma de aproveitamento de superficies agrícolas abandonadas. O obxectivo é a produción dun aceite ecolóxico elaborado integramente a partir de olivas galegas.

Á parte desta distribución, a oliveira está presente en toda Galicia mediante exemplares soltos que medran xunto ás igrexas e algunhas casas nobres e, entres estes, destacan tres exemplares clasificados como árbores senlleiras de Galicia:

  • A oliveira do Paseo de Alfonso XII, en Vigo (Pontevedra).
  • As oliveiras do cemiterio de Adina, en Padrón (A Coruña).
  • A retícula de oliveiras do Pazo de Santa Cruz, en Vedra (A Coruña).

Rosalía de Castro escribiu o seguinte en Follas Novas [3], sobre as oliveiras do cemiterio de Adina, onde sería enterrada ó morrer:

A oliveira na cultura popular galega

Véxase tamén a sección correspondente n'As árbores na cultura popular galega.

Por ser usada esta árbore para obter os santos óleos e porque coas súas polas se recibiu a Xesús cando entrou en Xerusalén [6], considérase posuidora de poderes máxicos e protectores contra o mal de ollo, posesións diabólicas e outros males desta natureza. Así, nalgunhas comarcas galegas recórrese ás pólas de oliveira para asperxer á nai cando se practica o bautismo anticipado como remedio para previr o aborto. E queimar unhas pólas de oliveira que fosen benditas o último Domingo de Ramos crese eficaz para combater a posesión diabólica.

As follas de oliveira entran tamén na composición dunha mestura de plantas curadoras que se queima e, co fume, cura o mal de aire. Risco recolleu a crenza de queimar follas ou pólas de oliveira bendita o día de San Pedro Mártir [7] ou o Domingo de Ramos para protexerse do raio, alcanzando así as mesmas propiedades protectoras que as ramas de loureiro. Do mesmo xeito, queimalas na lareira afastaba as treboadas e os malos espíritos da casa. Pendurar follas de oliveira no balcón ou trala porta da casa ou das cortes protexía a xente e o gando de tódalas posibles desgrazas. As follas, nunha saqueta pendurada ó pescozo, serven como amuleto protector.

Unha práctica protectora contra a Santa Compaña consiste en trazar un círculo no chan cunha póla de oliveira e resgardarse dentro. Así, as almas en pena non poderán facer dano.

Na igrexa de San Vicente de Augasantas, no concello de Rois (A Coruña), hai unha fonte milagreira. Mollando unha póla de oliveira nesta auga, asperxendo con ela as terras e cravándoa logo no chan, protéxese a colleita contra as pragas ou a casa que se constrúa nela; tamén arreda os perigos que poden representar unha morte ou unha desgraza acaecida na casa. Para que sexa realmente eficaz, cando se colle a auga hai que recitar este ensalmo: "Entre Xesús en Xerusalén, saia o mal e entre o ben".

Por outra banda, a presenza común desta árbore nos adros das igrexas, nos que tamén se localizaba o cemiterio, fixo que se relacionase a oliveira coa vida e a morte, como árbore funeraria protectora da paz dos mortos [8]. Nalgunhas zonas galegas asperxíanse os cadáveres con pólas de oliveira molladas con auga bendita, para procurar a salvación da alma do defunto. Risco di que, en Ribadavia, percibir un forte cheiro a aceite é sinal de mal agoiro, porque lembra as lampadelas que lle poñen ós defuntos [9].

Hai persoas que son que de agoirar a morte próxima dalgún veciño ou familiar, e crese que esa virtude lles vén de que, no momento do bautismo, o crego utilizou o óleo de defuntos (pensado para dar a extremaunción) en lugar do óleo dos vivos (pensado para o bautismo).

Evidentemente, a oliveira úsase tamén como remedio terapéutico popular. Así, para curar as úlceras da boca ou o fogardente (tecnicamente, ergotismo, intoxicación polo cornizó do centeo), fanse cruces sobre o enfermo con pólas de oliveira; e para curar as anxinas é bo mascar unha folla de oliveira e tragar o zume que produce. Tamén o aceite ten propiedades terapéuticas: cura a dor de oídos e mesmo a xordeira. O aceite da igrexa de Santa Marta de Babío, en Bergondo (A Coruña) protexe contra as enfermidades dos oídos. E, finalmente, fritindo en aceite miñocas ou un alacrán, ou macerando nel certas plantas medicinais, obtéñense diferentes tipos de aceite ós que se lles atribúen propiedades curativas contra determinadas doenzas.

O aceite forma así mesmo parte dalgunhas supersticións: crese que se se untan con aceite as patas dos gatos da casa non escapan cando están de xaneira. Por iso dise que hai que untarlle os pés con aceite ós amigos que veñen pouco por casa, para que se deixen ver con máis frecuencia.

Outro uso tradicional do aceite é protexer as ferramentas de ferro para que non se oxiden, así como as ferraduras ou outros trebellos de ferro. Por iso disque o aceite é medio ferreiro ou o aceite é armeiro, reloxeiro, cociñeiro e curandeiro.

Notas

  1. Linné, Carl von, Species Plantarum, vol. 1, p. 8, 1753
  2. Breton C. Reconstruction de l'histoire de l'olivier et de son processus de domestication, Thèse de doctorat, 2006.
  3. Outras fontes dan como explicación deste feito unha represalia contra as revoltas dos Irmandiños [1].
  4. Onde disque se producían máis de 300 arrobas anuais (Eladio Rodríguez).
  5. Outras parroquias deste mesmo concello son San Lourenso de Oliveira e San Mateo de Oliveira.
  6. Existe tamén a crenza de que a cruz na que foi crucificado tamén era de oliveira: Eladio Rodríguez recolle un fragmento dun romance popular que comeza así: Noso Señor Xesucristo levaba a cruz d'oliveira....
  7. 29 de abril.
  8. Disque xa os celtas a trataban como árbore funeraria.
  9. Habitualmente, esta crenza fai referencia, e pola mesma razón, ó cheiro a cera.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

1976

1976 foi Ano Santo Xacobeo.

1982

1982 foi Ano Santo Xacobeo.

A oliveira na cultura popular galega

A seguir, recóllese a pegada da oliveira na cultura popular galega a través de crenzas, refráns e cantigas.

António de Oliveira Salazar

António de Oliveira Salazar, nado en Vimieiro, Santa Comba Dão, o 28 de abril de 1889, e finado en Lisboa o 27 de xullo de 1970, foi un ditador portugués, profesor universitario e estadista. Exerceu como primeiro ministro entre 1932 e 1968 e interinamente a Presidencia da República en 1951. Foi a cabeza e principal figura do chamado Estado Novo, que abarcou o período entre 1926 e 1974, se ben o réxime non se consolidou coma tal ata 1933.

Brasilia

Brasilia (en portugués: Brasília) é a capital federal do Brasil e sede do goberno do Distrito Federal. Foi planeada polos arquitectos brasileiros Oscar Niemeyer e Lucio Costa. O trazado de rúas na parte planeada (chamada Plano piloto) obedece a un plano ríxido trazado polos dous arquitectos.

Foi inaugurada o 21 de abril de 1960 polo presidente brasileiro Juscelino Kubitschek de Oliveira. Está situada na Rexión Centro-Oeste, case no centro xeográfico do Brasil. É un exemplo de Distrito Federal, ou sexa, unha cidade escollida para ser capital dun país organizado baixo a forma de federación como é o Brasil. Así, non se subordina ao veciño estado de Goiás, non está dividido en municipios, e tampouco é capital de ningunha outra unidade da federación (estado) brasileira. O seu administrador non recibe o título de prefeito, pero si o de governador (gobernador).

A principal función de Brasilia é administrativa, pero axudou a poboar o interior brasileiro. Dela parten estradas como a Belém-Brasilia (cara ao norte) e Brasilia-Acre (cara á fronteira con Perú e Bolivia). Está a 920 km da cidade do Río de Xaneiro e a 1.015 km de São Paulo.

Guimarães

Guimarães é unha cidade portuguesa situada no distrito de Braga, rexión Norte e subrexión do Ave (unha das subrexións máis industrializadas do país), cunha poboación de 52.182 habitantes, repartidos nunha malla urbana de 23,5 km², en 20 freguesías e cunha densidade de poboación de 2 223,9 hab./km². É sede dun municipio con 242,85 km² de área e 161.876 habitantes (2004), subdividido en 69 freguesías, residindo a maioría da poboación na cidade e na súa zona periférica.

É unha cidade histórica, cun papel crucial na formación de Portugal, e que conta xa con máis dun milenio desde a súa fundación, altura en que era designada como Vimaranis.

Guimarães é unha das máis importantes cidades históricas do país, sendo o seu centro histórico considerado Patrimonio Cultural da Humanidade, tornándoa definitivamente un dos maiores centros turísticos da rexión. As súas rúas, avenidas e monumentos respiran historia e encantan quen a visita.

A Guimarães actual soubo conciliar, da mellor forma, a historia e consecuente mantemento do patrimonio co dinamismo e emprendedorismo que caracterizan as cidades modernas.

Juan Oliveira Viéitez

Juan José Oliveira Viéitez nado o 22 de outubro de 1928 en Pazos de Reis, Tui, e finado o 16 de abril de 2002 en Canido, Vigo, foi un escultor galego.

La Figuera

La Figuera é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Priorat. A extensión do termo municipal é de 18.75 km2, e predomina o cultivo da vide e da oliveira.

Nueva Carteya

Nueva Carteya é un municipio español da provincia de Córdoba, Andalucía. A súa extensión superficial é de 70 km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 35' N, 4º 28' O. Encóntrase situada a unha altitude de 454 metros e a 55 quilómetros da capital de provincia, Córdoba. A principal actividade económica é a agricultura, en especial o cultivo da oliveira, para crear aceite.

Oliveira, Ponteareas

Santiago de Oliveira é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 313 habitantes (161 homes e 152 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 295 habitantes.

Planta ornamental

Unha planta ornamental, tamén chamada planta de xardín, é a que se cultiva e/ou comercializa con fins decorativos polas súas características estéticas, coma as flores (camelias), follas (pradairos), perfume (roseiras ou cantroxo), a textura da súa follaxe (alciprestes), froitos (espiños de fogo) ou mesmo talos (salgueiros choróns) en xardíns e deseños paisaxísticos, como planta de interior ou para flor cortada. O seu cultivo forma unha parte fundamental da horticultura.

Existen numerosas plantas que teñen un uso duplo, alimentario e ornamental como a oliveira, a laranxeira ou o romeu.

Estas plantas adóitanse vender en centros de xardinaxe con ou sen testo para seren transplantadas ao xardín ou simplemente ficaren coma plantas de interior.

A importancia deste tipo de plantas tense incrementado co desenvolvemento económico da sociedade e o incremento das áreas axardinadas das vilas, así coma co uso de plantas de exterior e interior polos particulares.

Actualmente hai máis de 3000 plantas que se consideran de uso ornamental.

Galicia ten pouca tradición ornamental e paisaxística, porén veuse incrementada nos últimos anos.

Ponteareas

Ponteareas é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 23.115 habitantes.

San Lourenzo de Oliveira, Ponteareas

San Lourenzo de Oliveira é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 132 habitantes (74 mulleres e 58 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 174 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 118 habitantes, sendo 48 homes e 70 mulleres.

San Mateo de Oliveira, Ponteareas

San Mateo de Oliveira é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 594 habitantes (313 mulleres e 281 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 630 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 584 habitantes, sendo 290 homes e 294 mulleres.

Selección de fútbol de Portugal

A Selección de fútbol de Portugal representa a Portugal e competicións internacionais de fútbol xestionada pola Federación Portuguesa de Fútbol (FPF). A selección estreouse oficialmente o 18 de novembro de 1921 contra Inglaterra, xogo que acabou 2-1 a favor dos ingleses. A estrea de Portugal nun Mundial da FIFA, en 1966, levou á Selección das Quinas até as semifinais, onde sería derrotada pola anfitrioa e futura campioa, Inglaterra. Portugal terminou o campionato en 3º lugar e Eusébio foi o mellor marcador do torneo con nove goles. As catro veces seguintes en que Portugal se calificou para un Mundial foron en 1986, en 2002, sendo eliminado na fase de grupos en ambos, en 2006, en que terminou en cuarto lugar logo de perder por 3-1 coa selección anfitrioa (Alemaña) no xogo de decisión do terceiro e cuarto lugar e en 2010, onde foi eliminado nos oitavos de final por España por un 1-0.

En 2003, a Federación Portuguesa de Fútbol contratou Luiz Felipe Scolari, que fora campión coa selección brasileira de ftbol en 2002. Scolari levou Portugal á final do UEFA Euro 2004, onde foi derrotado por Grecia, e tamén á súa segunda semifinal, no Mundial da FIFA 2006. Acabaría por deixar a Selección tralo UEFA Euro 2008, sendo contratado polo Chelsea.

Carlos Queiroz foi designado como o novo seleccionador en 2008, saíndo do cargo de adestrador-adxunto do Manchester United. Tras ser acusado de ter obstruído os axentes do control antidopaxe e ser suspenso por seis meses, Queiroz foi dimitido do cargo de seleccionador o día 7 de setembro de 2010 sendo substituído por Paulo Bento no cargo. O Estadio oficial da selección portuguesa de fútbol é o Estadio Nacional do Jamor ou ás veces o Estadio Nacional localizado en Oeiras, Lisboa. Porén os seus xogos oficiais non son realizados nel debido á súa degradación.

Vigo

Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo e no sur das Rías Baixas. Con 293.642 habitantes no 2018 é o concello máis poboado de Galicia e o décimo cuarto de España, sendo a cidade sen rango de capital de provincia con máis poboación de España.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Vigo é o décimo cuarto concello de España cunha poboación de 293.642 habitantes, segundo o Padrón municipal do 2018. A súa extensión é de 109,1 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2.718 hab/km² aínda que no casco urbano esta se incrementa notablemente.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.