Olga Gallego

Olga Gallego Domínguez, nada en Ourense o 8 de decembro de 1923 e finada na mesma cidade o 4 de setembro de 2010[1], foi unha historiadora galega. Foi membro correspondente da Real Academia da Historia e da Real Academia Galega.

Olga Gallego
Medalla de Galiza.svg
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nome completoOlga Gallego Domínguez
Nacemento8 de decembro de 1923
 Ourense
Falecemento4 de setembro de 2010
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónarquiveira, catedrática e escritora
PremiosMedalla Castelao e Real Academia de la Historia

Traxectoria

Trasladouse a Santiago de Compostela para licenciarse no ano 1955 en Filosofía e letras. Entre 1951 e 1954 ordenou e clasificou o Arquivo Diocesano de Ourense. Tras pertencer dende 1955 ó Corpo de Auxiliares de Arquivos, Bibliotecas e Museos, en 1958 ingresou por oposición no Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos, sendo destinada á Biblioteca Pública e ó Arquivo da Delegación de Facenda de Vigo. A súa actividade catalográfica e arquivística levouna a verificar, xa en Vigo, os catálogos da Fundación Penzol, o da biblioteca da Caixa de Aforros, os das bibliotecas da Escola de Comercio e do Instituto de Ensino Medio Santa Irene.

Dende 1968 foi directora do Arquivo Histórico Provincial e do Arquivo da Delegación de Facenda de Ourense. Dende 1972 foi Directora de sección do grupo de colaboradores Marcelo Macías do Museo Arqueolóxico de Ourense. Foi membro do Padroado da Fundación Penzol e tamén do Padroado Ramón Otero Pedrayo. Foi membro correspondente da Real Academia da Historia (1980) e ingresou na Real Academia Galega en novembro de 1986 cun discurso sobre As barcas e os barcos de pasaxe da provincia de Ourense no Antigo Réxime[2], respondido por Antonio Gil Merino. O discurso é unha achega á súa actividade investigadora, pois esta historiadora é un referente fundamental para o estudo da historia social, entre os séculos XIV e XIX, da provincia de Ourense.

Galardóns

En 2014 Pilar Gallego creou a Fundación Olga Gallego para promover a conservación e difusión do patrimonio arquivístico e documental, mediante actividades de investigación e formación[3].

Publicacións

  • "Plata labrada que en 1601 había en Orense"; Boletín do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 1949.
  • "La obra del entallador Aymon Pourchelet en Orense, 1580-1630"; Boletín Auriense, 1971.
  • Unha xoia bibliográfica da Biblioteca Penzol; 1972.
  • "Puertas y cerca de la ciudad de Orense"; Boletín Auriense, 1973.
  • "Demografía orensana desde el siglo XIV al XIX"; Boletín Auriense, 1973.
  • La peste en Orense desde el siglo XIV al XIX; 1973.
  • Sobre algunas ermitas orensanas; 1975
  • "De la provincia de Orense"; Boletín Auriense, 1976.
  • El Monasterio de Celanova a mediados del siglo XIX; 1977.
  • Catastro del Marqués de la Ensenada en Orense y Pontevedra, y su mecanización; 1976.
  • Arquivos, autonomía e dereitos cidadáns; 1978, con Pedro López Gómez.
  • Archivo Histórico Provincial de Orense; Ourense, 1978, con varios autores.
  • "Evolución de la propiedad de los montes en la provincia de Orense"; Boletín Auriense, 1978.
  • De textos y disposiciones legales impresos; 1979.
  • De los fondos documentales de los Archivos Históricos Provinciales; 1980, en colaboración con Pedro López Gómez.
  • Das coleccións bibliográficas e documentais da Fundación Penzol; 1980, con Pedro López Gómez.

Notas

  1. "Falece Olga Gallego, ex directora do Arquivo Histórico de Ourense e membro da Real Academia Galega". La Voz de Galicia. 5 de setembro de 2010.
  2. Gallego Domínguez, Olga (1999). As barcas e os barcos de pasaxe da provincia de Ourense no Antigo Réxime. Grupo Marcelo Macías. ISBN 84-87575-74-9.
  3. Sitio web da Fundación Olga Gallego

Véxase tamén

Ligazóns externas

8 de decembro

O 8 de decembro é o 342º día do ano do calendario gregoriano e o 343º nos anos bisestos. Quedan 23 días para finalizar o ano.

Andrés Fernández-Albalat Lois

Andrés Fernández-Albalat Lois, nado na Coruña o 23 de xuño de 1924, é un arquitecto galego. Recoñecido coma a figura máis representativa da modernidade na arquitectura galega do século XX.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Antonio Meijide Pardo

Antonio Meijide Pardo, nado no Barco de Valdeorras o 30 de abril de 1917 e finado na Coruña o 25 de xuño de 2004, foi un historiador galego.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Constantino García

Constantino García González, nado en Oviedo o 20 de xullo de 1927 e falecido en Santiago de Compostela o 23 de outubro de 2008, foi un lingüista e escritor galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Enrique Vidal Abascal

Enrique Vidal Abascal, nado en Oviedo o 12 de outubro de 1908 e finado en Santiago de Compostela o 31 de outubro de 1994, foi un matemático, astrónomo e pintor galego.

Francisco Río Barxa

Francisco Xavier Río Barja, tamén coñecido como Francisco Xavier Río Barxa, nado en Lugo en 1919 e falecido en Tenerife o 5 de xaneiro de 2011, foi un xeógrafo e escritor galego, académico da Real Academia Galega.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Luz Pozo Garza

Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo o 21 de xullo de 1922, é unha poeta galega e membro da Real Academia Galega.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Miguel Anxo Araúxo Iglesias

Miguel Anxo Araúxo Iglesias, nado o 10 de xaneiro de 1920 en Sabadelle (O Pereiro de Aguiar), e falecido o 22 de xullo de 2007 en Ourense, foi un bispo e escritor galego.

Ramón Martínez López

Ramón Martínez López, nado en Boiro o 4 de abril de 1907 e falecido en Pontevedra o 12 de setembro de 1989, foi un filólogo e político galego.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Xesús Ferro Ruibal

Xesús Ferro Ruibal, nado en Rebón (Moraña) o 28 de setembro de 1944, é un lingüista, teólogo, latinista e escritor galego.

Xosé Ramón Barreiro

Xosé Ramón Barreiro Fernández, nado en Ribeira o 2 de decembro de 1936, é un historiador galego e foi o presidente da Real Academia Galega entre 2001 e 2009.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos
Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.