Oleiros, Vilalba

San Mamede de Oleiros é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2008 contaba cuns 450 habitantes repartidos en 31 entidades de poboación.

Coordenadas: 43°15′18″N 7°38′12″O / 43.2550027, -7.636572

Oleiros
Igrexa de Oleiros, Vilalba
Igrexa parroquial.
ConcelloVilalba
Poboación345 hab. (2017)
Entidades de poboación31

Xeografía

A parroquia esténdese dende Noche e Nete polo oeste, ata a estrada de Vilalba a Cospeito e a parroquia de Rioaveso.

En Oleiros, denominada tamén como Somede, xunto con Sancovade e superado o val de Ladra, é onde comeza a chaira que da nome á comarca.

Economía

Na parroquia existiu unha industria de cerámica popular, de onde procede a súa denominación. Conta cunha queixeria de San Simón coa súa correspondente denominación de orixe, unha panaderia, unha carpinteria e diversos comercios que dan traballo a veciños desta parroquia.

Conta ademais coa empresa "Capones Aurora", propiedade da señora que lle da nome, empresa pioneira na distribución de capóns durante todo o ano, actualmente vangarda na distribución e venda do capón, tanto na época do Nadal como no resto do ano. A empresa obtivo diversos premios e galardóns.

Historia

En Oleiros editouse o periódico La Voz de Oleiros entre 1922 e 1925.

Patrimonio

Restos prehistóricos e da época romana no Castro. A parroquia aparece mencionada nun documento de 1213 como San Mammes de Ollariis e en 1407 como o Coto de Oleiros.

Galería de imaxes

Igrexa de Oleiros, Vilalba (vista frontal)

Igrexa parroquial (vista frontal).

Igrexa de Oleiros, Vilalba (vista posterior)

Igrexa (vista posterior).

Vacas cachenas en Oleiros, Vilalba

Vacas cachenas en Oleiros.

Cemiterio de Oleiros, Vilalba (2)

Cemiterio.

Cemiterio de Oleiros, Vilalba (1)

Cemiterio.

Lugares e parroquias

Parroquias de Vilalba

Véxase tamén

Outros artigos

A Barrosa, Oleiros, Vilalba

A Barrosa é un lugar da parroquia de Oleiros, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá.

A Granda, Oleiros, Vilalba

A Granda é un lugar da parroquia de Oleiros, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2010 tiña 23 habitantes (11 homes e 12 mulleres).

A Roza, Oleiros, Vilalba

A Roza é un lugar da parroquia de Oleiros, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá.

Abeledo, Oleiros, Vilalba

Abeledo é un lugar da parroquia de Oleiros, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2010 tiña 4 habitantes (2 homes e 2 mulleres).

Abrigueiro, Oleiros, Vilalba

Abrigueiro é un lugar da parroquia de Oleiros, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá.

Agadín de Abaixo, Oleiros, Vilalba

Agadín de Abaixo é un lugar da parroquia de Oleiros, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá.

Agadín de Arriba, Oleiros, Vilalba

Agadín de Arriba é un lugar da parroquia de Oleiros, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá.

Amido, Oleiros, Vilalba

Amido é un lugar da parroquia de Oleiros, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá.

As Casas Novas, Oleiros, Vilalba

As Casas Novas é un lugar da parroquia de Oleiros, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá.

Cabanas, Oleiros, Vilalba

Cabanas é un lugar da parroquia de Oleiros, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2010 tiña 46 habitantes (23 homes e 23 mulleres).

Cal da Pena, Oleiros, Vilalba

Cal da Pena é un lugar da parroquia de Oleiros, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá.

Carballo, Oleiros, Vilalba

Carballo é un lugar da parroquia de Oleiros, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá.

Carracedo, Oleiros, Vilalba

Carracedo é un lugar da parroquia de Oleiros, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2010 tiña 57 habitantes (29 homes e 28 mulleres).

Ferradás, Oleiros, Vilalba

Ferradás é un lugar da parroquia de Oleiros, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá.

Liñares, Oleiros, Vilalba

Liñares é un lugar da parroquia de Oleiros, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2010 tiña 66 habitantes (33 homes e 33 mulleres).

Os Boizás, Oleiros, Vilalba

Os Boizás é un lugar da parroquia de Oleiros, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2010 tiña 13 habitantes (8 homes e 5 mulleres).

Os Foxos, Oleiros, Vilalba

Os Foxos é un lugar da parroquia de Oleiros, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2010 tiña 16 habitantes (10 homes e 6 mulleres).

Pedrido, Oleiros, Vilalba

Pedrido é un lugar da parroquia de Oleiros, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2010 tiña 19 habitantes (10 homes e 9 mulleres).

Vilariz, Oleiros, Vilalba

Vilariz é un lugar da parroquia de Oleiros, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.