Oleiros

Oleiros é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Coruña. Segundo o IGE no 2015 tiña 34.693 habitantes (33.550 no 2010, 31.694 no 2007, 31.264 no 2006, 30.467 no 2005, 29.671 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «oleirés/oleiresa».

Coordenadas: 43°19′59.22″N 8°19′1.54″O / 43.3331167, -8.3170944

Oleiros
Bandeira de Oleiros
---
Escudo de Oleiros
Castelo Santa Cruz.Oleiros.Galicia
Castelo de Santa Cruz.
Situacion Oleiros
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca da Coruña
Poboación35.559 hab. (2018)
Área43,8 km²
Densidade811,85 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias
Capital do concelloOleiros
Política (2019[2])
AlcaldeÁngel García Seoane (Alternativa dos Veciños)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 2
Outros: AV 13, C´s 1
Eleccións municipais en Oleiros
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes17,46%
Na rede
oleiros.org
alcaldia@oleiros.org

Xeografía

ACoru de Bastiagueiro
Unha vista da Coruña dende Bastiagueiro, en Oleiros.

Limita ao norte coa ría de Ares, ao leste cos concellos de Sada e Bergondo, ao sur cos de Cambre e Culleredo e ao oeste co concello da Coruña e coa ría do Burgo, da cal abrangue a costa da marxe dereita oposta á da cidade da Coruña. Está situado no interior da unidade xeográfica chamada Xistos Cristalinos de Bergondo, creada no Precámbrico.

Toponimia

Segundo o Padre Sarmiento[4] o topónimo Oleiros fai referencia ás olas en que se celebraban antigamente os soterramentos[5].

Historia

Da época da cultura castrexa consérvanse trece castros:[6][7]

Da Idade Media consérvanse poucos restos, entre eles atópase a Igrexa Románica de Dexo do século XII consagrada polo arcebispo Xelmirez no ano 1108.

O castelo de Santa Cruz está situado nun illote na enseada do mesmo nome, no Porto de Santa Cruz. Foi mandado construír por Diego das Mariñas no século XVI para completar o sistema defensivo da baía coruñesa, xunto co castelo de Santo Antón, o castelo de San Diego e o castelo de Santo Amaro. No século XIX foi mercado pola familia Quiroga-Pardo Bazán. En 1939 foi doado pola filla de Emilia Pardo Bazán á arma de cabalería para organizar colonias dos orfos de guerra civil ata 1978. O castelo quedou abandonado ata 1989 cando foi mercado polo concello. O Castelo de Santa cruz está declarado Ben de Interese Cultural. Actualmente é o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia[8]

Demografía

É o segundo concello máis poboado da comarca da Coruña e o décimo concello galego en poboación.

Censo total (2015) 35.013 habitantes
Menores de 15 anos 5.645 (16.12 %)
Entre 15 e 64 anos 22.677 (64.77 %)
Maiores de 65 anos 6.436 (19,11 %)
Evolución da poboación de Oleiros   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
6.972 9.115 10.564 15.039 29.671 34.386 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Economía

A economía de Oleiros estivo durante séculos centrada no sector agrario, gandeiro e pesqueiro. No porto de Lorbé existe unha das depuradoras de mexillóns máis importantes de Galiza.

A proximidade á cidade da Coruña fixo medrar a poboación do concello que pasou dunha etapa de cidade dormitorio, nas zonas máis próximas, e de ocio preto das praias. Oleiros é agora un concello residencial e de alta calidade de vida. O concello ten múltiples urbanizacións, zonas de vivendas e equipamento residencial. Nos últimos anos construíronse zonas verdes, zonas peonís e infraestruturas para mellorar a vida diaria no concello. O novo acceso ao concello é a Vía ártabra (AG-13), estrada de alta capacidade que ligará o concello coa autoestrada AP-9.

Patrimonio

O museo dos Oleiros forma parte do Centro Cultural As Torres de Santa Cruz, unha das máis importantes escolas de cerámica popular. Acolle unha colección única en Europa de cerámica popular, e é sede dunha das feiras máis importantes de cerámica tradicional de España, que cada ano acolle centos de ceramistas que expoñen as súas pezas.

Oleiros na literatura popular

Refraneiro
Cantigueiro
  • Ferrolana, por te ver,/ pasei o mar da Marola/ a pique de me perder.

Lugares de interese

Praia de Santa Cristina. Oleiros e A Coruña
Praia de Santa Cristina.
Praias
Museos
Salas de exposicións
  • Casa Charry (Oleiros)
Monumentos

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Oleiros.
Casa do concello.
Casa do concello. 
Santaia de Liáns
Santaia de Liáns 
Faro de Mera.
Faro de Mera. 
Torre de Coruxo.
Torre de Coruxo. 
Casa Charry, Oleiros
Casa Charry, Oleiros 

Parroquias

Oleiros parroquias
As nove parroquias que compoñen o concello de Oleiros.

Lugares

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Oleiros vexa: Lugares de Oleiros.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Padre Sarmiento (1754-55): Viaje a Galicia, páxs. 67 e 68.
  5. Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 3145. Ed. Xerais, Vigo 1992.
  6. PXOM do Concello de Oleiros do ano 2014
  7. Traballo de Comendador Rey, Beatriz. Ferrer Cruz, J. Vázquez Collazo, S. Anuario Brigantino 2007, num .30
  8. O CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia-
  9. A Marola é un pequeno illote fronte á costa de Dexo-Serantes, no concello de Oleiros. Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 7.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Castelo de Santa Cruz

O castelo de Santa Cruz trátase dun castelo situado no Porto de Santa Cruz (Liáns, Oleiros), emprazado nunha illa e que serviu de efectiva defensa da ría da Coruña en contadas ocasións.

Comarca da Coruña

A comarca da Coruña é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é A Coruña. Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur coa comarca de Ordes, ao leste coa comarca de Betanzos e ao oeste coa comarca de Bergantiños.

Abarca unha superficie de 469,6 km², e no 2014 tiña 397.254 habitantes distribuídos en nove concellos: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

Dexo, Oleiros

Santa María de Dexo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Oleiros na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2011 tiña 1.364 habitantes (686 mulleres e 678 homes), sete menos ca en 2004 e 75 máis ca en 1999.

Dorneda, Oleiros

San Martiño de Dorneda é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Oleiros. Segundo o IGE en 2013 tiña 3.390 habitantes (1.711 homes e 1.679 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 3.060 habitantes.

Iñás, Oleiros

San Xorxe de Iñás é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Oleiros. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.213 habitantes (595 mulleres e 618 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 909 habitantes.

Liáns, Oleiros

Santaia de Liáns é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Oleiros. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 9.720 habitantes (5017 mulleres e 4703 homes) o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 6.209 habitantes.

Lugares de Carballedo

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Carballedo

Maianca, Oleiros

San Cosme de Maianca é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Oleiros. Segundo o IGE en 2013 tiña 1282 habitantes (633 mulleres e 649 homes), 284 máis ca en 1999. Ten catro entidades de poboación.

Mera, Oleiros

Mera é unha vila costeira do norte do concello de Oleiros que se estende polos límites entre as parroquias de Serantes e Maianca. A súa situación na ría da Coruña convértea nun destino turístico moi frecuentado no verán. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 506 habitantes (245 homes e 261 mulleres).

Oleiros, Carballedo

San Miguel de Oleiros é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 150 habitantes (80 mulleres e 70 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 175 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 128 habitantes, sendo 65 homes e 63 mulleres. No 2016, segundo o INE, tiña 117 habitantes, 55 mulleres e 62 homes.

Oleiros, Láncara

San Martiño de Oleiros é unha parroquia do concello de Láncara na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 105 habitantes, deles 49 eran homes e 56 eran mulleres, o que supón unha diminución de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Oleiros, Oleiros

Santa María de Oleiros é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Oleiros. Segundo o IGE en 2013 tiña 2.902 habitantes (1.483 mulleres e 1.419 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.298 habitantes.

Oleiros, Ribeira

San Martiño de Oleiros é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2013 tiña 995 habitantes (514 mulleres e 481 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.141 habitantes.

Oleiros, Silleda

San Miguel de Oleiros é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2010 tiña 113 habitantes (57 homes e 56 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 144 habitantes.

Oleiros, Vilalba

San Mamede de Oleiros é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2008 contaba cuns 450 habitantes repartidos en 31 entidades de poboación.

Perillo, Oleiros

Santa Locaia de Perillo é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello de Oleiros. Segundo o IGE en 2013 tiña 8.112 habitantes (4.214 mulleres e 3.898 homes) distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 5.783 habitantes.

Ría da Coruña

A ría da Coruña ou ría do Burgo é a ría máis occidental do Golfo Ártabro e forma parte das Rías Altas galegas.

Fórmase pola desembocadura do río Mero no mar e baña catro municipios (A Coruña, Oleiros, Culleredo e Cambre).

Tamén se coñece polo nome de ría do Burgo, e ás veces utilízase o termo de "ría da Coruña" para referirse á parte da ría situada entre a ponte da Pasaxe e o mar, e o termo de "ría do Burgo" para referirse á parte situada entre a ponte da Pasaxe e o río Mero.

San Pedro de Nós, Oleiros

San Pedro de Nós é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Oleiros. Segundo o IGE en 2013 tiña 4.710 habitantes (2.422 mulleres e 2.288 homes) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 3.506 habitantes.

Serantes, Oleiros

San Xián de Serantes é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Oleiros. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.563 habitantes (744 mulleres e 819 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.205 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.