Olaría

A olaría é o traballo con arxila cocida co obxecto de elaborar utensilios tal que potas, pratos, vasos, porróns e moitas outra pezas.[1]

Potter at wheel

Historia

Os primeiros obxectos de olaría aparecen no período Gravetiense (Paleolítico Superior) e trátase de pequenas representacións de divindades materiais e de culto á fertilidade como a chamada Venus de Dolní Věstonice datada arrdor de 29 000 ou 25 000 a. C.[2] Unha das pezas máis antigas que se coñecen é unha vasilla do período Jōmon da época da prehistoria do Xapón (10 000 a. C. / 8000 a. C.), peza que se expón no Museo Nacional de Toquio. O seu nome vén das marcas de corda coas que está decorada.[3] Atopáronse outras evidencias na conca do río Amur en Rusia que revelaron rastros de cerámica que datan do 14 000 - 13 000 a. C.[4][5] Existen anacos de olaría que se encontraron no sur da China e que foron datados por carbono 14 entre o 9000 e o 14 000 a. C.; en novas escavacións realizadas na cova Xianrendong en Jiangxi os restos chegan ata o 20 000 a. C.[6]

Unha das técnicas que caracterizan as culturas neolíticas e que se considera unha proba para a ordenación cronolóxica é a cerámica ou arxila modelada. As pequenas figuras de arxila cocida xa se atopaban no Paleolítico Superior,[7] aínda que é no neolítico cando aparece o baleiro a partir do traballo coa arxila e polo tanto se atopa unha utilidade nas vasillas, que se empregan para a elaboración dos alimentos cocinados no lume. No próximo oriente apareceu cerámica un ou dous milenios anterior á aparición do cultivo dos cereais, polo que a asociación entre o nacemento da olaría coa práctica agrícola e culinaria é aínda confusa.[8]

Os primeiros artesáns especializados apareceron en Mesopotamia, e inventaron as ferramentas para traballar mellor a arxila, como o torno de oleiro e o forno para cocela contra o 3400 a. C.[9][10] Igualmente en Grecia e nos Balcáns a influencia da cultura de Anatolia apréciase nas vasillas con forma de tulipa e con engobe, vermello e branco. En Grecia comezaron a decorarse as pezas con motivos xeométricos, que eran os detalles máis habituais xunto con reproducións de plantas e escenas cotiás, que se facían imitando a arte da escultura.[11]

Estrabón e Plinio o Vello atribuíron a invención da roda ao oleiro escita Anacarsis que morreu arredor de 550 a. C. Non obstante, Homero fala xa dela nas súas obras e sábese que o pai da poesía grega precedeu en varios séculos ao discípulo de Solón. Os toscanos, en tempo de Porsena, traballaban tan ben esta arte que os seus artefactos se pagaban a un prezo máis elevado en tempos de Augusto que os de prata e ouro.[12]

Na Europa mediterránea as pezas máis antigas son, probabelmente, as atopadas no sitio de Camprafaud (Languedoc) e Verdelpino (Cuenca), pezas datadas no VI milenio a. C.; non presentan ningún tipo de decoración. Tamén hai pezas do III milenio a. C. atopadas en Cataluña, Provenza, Córsega e Dalmacia; neste caso, a súa decoración baséase na impresión con cunchas mariñas, técnica chamada "montserratina" pola súa grande abundancia no macizo de Montserrat e coñecida tamén como cerámica cardial.[13]

Ägyptisches Museum Leipzig 029
Cerámica exipcia da cultura Naqada I, circa 3700 a. C.

Os achados arqueolóxicos no Alto Exipto, na fase Naqada I, fan supoñer que dende o 4500 ao 3500 a. C. se practicaba a agricultura. Tamén se enterraban os mortos en tumbas, onde era frecuente o uso de enxovais funerarios entre os que era habitual atopar vasillas de terracota vermella con motivos pintados en branco; as decoracións que predominaban eran as de tipo xeométrico, como por exemplo triángulos, semicírculos e espigas.[14] Contra o 4000 a. C. en Badari fabricábanse vasillas de olaría finas e puídas e atopáronse grandes cantidades de obxectos pintados con figuras de animais e escenas de barcos de remos de aproximadamente 3600 a. C.[15]

Cerámica cardial-La Sarsa (España)
Cerámica cardial da cova de La Sarsa, Valencia.

Durante o neolítico medio, a cultura Dímini, en Grecia, produciu unha cerámica cunha gran variedade de formas e ornamentación polícroma, sobre todo de espirais e grecas. Ao final deste período e a principios do Neolítico final empregouse unha olaría negra bruñida, de influencia anatólica. O chamado neolítico danubiano do centro de Europa, que tivo lugar a comezos do V milenio a.C., producía unha cerámica que se caracterizaba pola decoración de «bandas», con formas extremadamente sinxelas de vasos sen asas e gorxa larga. As liñas da decoración estaban realizadas a base de incisións paralelas e puntuados.[16] No mesmo período neolítico, a olaría doméstica apareceu en pequenas poboacións como no sitio de Hacilar (oeste de Turquía). Estas pezas son vasillas cocidas a baixas temperaturas e decoradas con faixas lisas pintadas con arxila branca non ferrosa. Do IV milenio son os grupos de olaría atopados nos sitios de Gumelnitsa e Salcutsa en Romanía e Tripole e Cucuteni en Ucraína de formas con perfil convexo na parte superior e cóncavo na inferior e decoración xeométrica.[17]

Características

A olaría non é o mesmo ca outros produtos artísticos como son a cerámica, a terracota, a porcelana ou produtos como a vaixela fina. Olaría é un termo antigo e probablemente en moitas partes adoptouse a palabra cerámica, substituíndo a olaría, a partir do ceramic en lingua inglesa. Ademais, olaría é tamén o nome do obradoiro onde se elaboran estas pezas así como a denominación da tenda onde se venden. Á persoa que elabora olaría coñécella como oleiro, topónimo común no territorio de Galiza. Diferénciase do ceramista en que este último continúa a elaborar a peza mediante o engadido de esmaltes e outras técnicas que requiren unha ou máis coccións ou queimados.

En Galiza destaca, entre outras, a olaría de Buño (Malpica de Bergantiños), Bonxe (Outeiro de Rei), Gundivós (Sober), Mondoñedo, Meder (Salvaterra de Miño) e de Niñodaguia[18] (Xunqueira de Espadanedo).

Galería de imaxes

Mans e Barro. Alfareiro en Niñodaguia

Oleiro en Niñodaguia

5271-Feira de Olaría en Oleiros (A Coruña)

Olas na Feira da olaría de Oleiros.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para olaría.
  2. Sureda (1988) p. 94
  3. Monreal y Tejada (1988) p. 370
  4. 'AMS 14C Age Of The Earliest Pottery From The Russian Far East; 1996-2002.' Derevianko A.P., Kuzmin Y.V., Burr G.S., Jull A.J.T., Kim J.C. Nuclear Instruments And Methods In Physics Research. B223-224 (2004) pp. 735-739 (en inglés)
  5. 'Radiocarbon Dating Of Charcoal And Bone Collagen Associated With Early Pottery At Yuchanyan Cave, Hunan Province, China.' Boaretto E, Wu X, Yuan J, Bar-Yosef O, Chu V, Pan Y, Liu K, Cohen D, Jiao T, Li S, Gu H, Goldberg P, Weiner S. Proceeding Of The National Academy of Science USA. Xuño de 2009. 16;106(24):9595-600.(en inglés)
  6. Pallab Gohsh (29 de xuño de 2012). "La cerámica más antigua del mundo" (en castelán). BBC Mundo. Consultado o 2 de xullo de 2012.
  7. Sureda (1988) p.86
  8. Sureda (1988) p.87
  9. Honour / Fleming (1987) p.17
  10. Midgley (1993) p.33
  11. Sureda (1988) p.88
  12. Diccionario enciclopédico popular ilustrado Salvat (1906-1914)
  13. Sureda (1988) p.89
  14. Sureda (1988) pp.126-127
  15. Historia Universal del Arte (1984) p.32
  16. Sureda (1988) p.90
  17. Historia Universal del Arte (1984) p.26
  18. http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2011/08/16/0003_201108G16P25993.htm

Véxase tamén

Bibliografía

  • Sureda, Joan (1989). Historia Universal del Arte:La Edad Media. Barcelona, Editorial Planeta. ISBN 84-320-8903-6.

Outros artigos

Ligazóns externas

Aledo

Aledo é un concello español da Rexión de Murcia, situado na comarca do Bajo Guadalentín. Tiña unha poboación de 986 habitantes en 2014.

Atópase a 60 km da cidade de Murcia, na vertente meridional de Serra Espuña. Limita ao norte, leste e sur con Totana e ao oeste con Lorca.

A súa economía baséase na agricultura. Cultívase de modo intensivo a uva de mesa en parral e en menor grao, o caravel. Así mesmo, Aledo é un importante foco da olaría murciana.

Arte grega

A arte grega e un estilo elaborado polos antigos gregos, que caracterizase pola busca da beleza ideal, onde se recreaba o mundo ideal do modelo platónico, mediante unha imitación. Tivo unha grande influencia na cultura de moitos países desde tempos antigos ata o presente, particularmente na escultura e na arquitectura. A arte romana derivou principalmente de modelos gregos. Desde o Renacemento en Europa a estética humanista e os estándares técnicos da arte grega inspiraron a xeracións de artistas.

Artesanía

A artesanía comprende, basicamente, as obras e traballos realizados manualmente e con pouca intervención de maquinaria, habitualmente obxectos decorativos ou de uso común. O que se dedica a esta actividade denomínase artesán.

Barro (homónimos)

O termo barro é sinónimo de arxila, material usado na olaría, cerámica e na construción. Tamén é terra enchoupada de auga (lama).

Como topónimo, Barro pode referirse a:

En GaliciaBarro, concello da provincia de Pontevedra;

Barro, parroquia de dito concello;

Barro, lugar de dita parroquia;

Barro, parroquia do concello de Noia;

Barro, lugar de dita parroquia;

O Barro, parroquia do concello da Baña;

O Barro de Abaixo, lugar da parroquia do Barro no concello da Baña;

O Barro de Arriba, lugar da parroquia do Barro no concello da Baña;

Barro, lugar da parroquia de Brués do concello de Boborás;

Barro, lugar da parroquia de Madarnás do concello do Carballiño;

Barro, lugar da parroquia de Cerdedo do concello de Cerdedo-Cotobade;

Barro, lugar da parroquia de Tenorio do concello de Cerdedo-Cotobade;

Barro, lugar da parroquia de Codeseda do concello da Estrada;

Barro, lugar da parroquia de Cora do concello da Estrada;

Barro, lugar da parroquia de Orazo do concello da Estrada;

O Barro, lugar da parroquia de Rubín no concello da Estrada;

O Barro, lugar da parroquia de San Pedro de Ancorados no concello da Estrada;

Barro, lugar da parroquia de San Miguel de Presqueiras do concello de Forcarei;

Barro, lugar da parroquia de Loureiro do concello do Irixo;

Barro, lugar da parroquia de San Cosmede de Cusanca do concello do Irixo;

O Barro, lugar da parroquia de Gargamala no concello de Mondariz;

Barro, lugar da parroquia de Amil do concello de Moraña;

Barro, lugar da parroquia de San Cibrán de Ribarteme do concello das Neves;

O Barro, lugar da parroquia de Breamo no concello de Pontedeume;

O Barro, lugar da parroquia de Vilar no concello de Pontedeume;

Barro, lugar da parroquia de Oín do concello de Rois;

Barro, lugar da parroquia de Siador do concello de Silleda;

O Barro, lugar da parroquia de Parada no concello de Silleda;

O Barro, lugar da parroquia de Tomiño no concello de Tomiño;

Barro, lugar da parroquia de Cordeiro do concello de Valga.En BrasilBarro, cidade do estado de Ceará.En FranciaBarro, comuna francesa do departamento de Charente.

Buño, Malpica de Bergantiños

Santo Estevo de Buño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Malpica de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 503 habitantes (260 mulleres e 243 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 712 habitantes.

Cannes

Cannes (en occitano: Canas) é unha cidade e comuna francesa, situada no departamento de Alpes Marítimos, na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul. É un dos centros da turística rexión da Costa Azul e sede anual do seu soado festival europeo de cine internacional.

Celeiro (construción)

Un celeiro é unha construción no rural onde os agricultores almacenan o gran, os produtos da colleita e o alimento para os animais.

Ás veces por extensión chámase celeiro a calquera edificio agrícola utilizado para almacenamento, corte, equipamentos agrícolas, vehículos e como lugar de traballo cuberto (alpendre ou alboio). Tamén ten a acepción de hucha, caixa onde se garda o cereal (arca, tulla, barra).

Nos celeiros primitivos, a olaría era o xeito máis común de almacenaxe nestas construcións. Moitas veces os celeiros constrúense a certa altura do chan para manter a colleita lonxe de roedores ou da humidade en zonas chuviosas. O hórreo é un tipo de celeiro en altura. En Galicia (tamén chamado canastro) e no norte de Portugal (chamado espigueiro), acostuma ser o celeiro-secadoiro por excelencia. O hórreo asturiano só serve, porén, para almacenaxe.

Cocedura

A cocedura, tamén chamada coza, cocemento ou cocción é o proceso de preparación de alimentos mediante a aplicación de calor, a selección, a medición e a combinación de ingredientes nun procedemento ordenado para facer os alimentos seguros e comestibles. O proceso inclúe unha gran variedade de métodos, ferramentas e combinacións de ingredientes para cambiar o sabor ou dixestibilidade dos alimentos. Os factores que afectan o resultado final inclúen a variabilidade dos ingredientes, condicións ambientais, ferramentas, e a habilidade da persoa que cociña.

A diversidade de cociña de todo o mundo é un reflexo da diversidade, estética, agrícola, económico, cultural, social e relixiosa entre as nacións, razas, crenzas e pobos de todo o mundo.

A aplicación de calor nos alimentos normalmente, aínda que non sempre, transforma quimicamente, cambia o seu gusto, consistencia, aspecto e propiedades nutricionais. Os métodos de cocción que implica ferver líquidos nun recipiente foron practicados dende o décimo milenio a.C., coa introdución da olaría.

Unha persoa que cociña como profesión é chamado cociñeiro ou cociñeira.

Costa Rica

Costa Rica, oficialmente República de Costa Rica, é un país de América Central, limitado ó norte por Nicaragua, ó leste polo Mar Caribe e por Panamá e ó sur e oeste polo Océano Pacífico. Tamén pertence ó país a illa do Coco, no Océano Pacífico. Ten unha poboación de arredor de 5 millóns de habitantes e unha área de 51 060 quilómetros cadrados. Arredor de 333 980 persoas viven na capital e meirande cidade, San Xosé, con case 2 millóns de persoas vivindo na área metropolitana.O estado soberano de Costa Rica é unha república constitucional, presidencial e unitaria. É recoñecida pola súa democracia e estable e duradeira, e pola súa forza de traballo altamente cualificada, a maioría dos cales falan inglés. O país destina o 6,9% dos seus orzamentos (2016) en educación, comparada coa media global que destina o 4,4%. A súa economía, outrora altamente dependente da agricultura, diversificouse para incluír sectores como finanzas, servizos corporativos para empresas estranxeiras, produtos farmacéuticos e ecoturismo. Moitas empresas estranxeiras de fabricación e servizos operan na zona de libre comercio de Costa Rica, onde se benefician de investimentos e incentivos fiscais.

Etelhems krukmakeri

Etelhems krukmakeri (olaría de Etelhem) é unha olaría en Etelhem, Gotland, a máis antiga da illa.

Gachancipá

Gachancipá é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na Provincia de Sabana Centro, a 30 km de Bogotá, sobre a Troncal Central do Norte. É considerada parte da área metropolitana de Bogotá polo censo DANE 2005. Polos seus 44 km² de extensión territorial, Gachancipá é o municipio máis pequeno de Cundinamarca. Limita polo norte con Suesca e Nemocón, polo sur con Tocancipá, polo leste con Sesquilé e Guatavita e polo oeste con Nemocón.

Historia precolombiana de Colombia

A época precolombiana refírese ó período histórico de Colombia anterior á colonización española. O termo "precolombiana" refírese ós pobos que habitaban América antes da chegada de Cristovo Colón en 1492, pero aplicado exclusivamente ás antigas colonias españolas no continente, o que hoxe coñecemos como Hispanoamérica.

Luciano García Alén

Luciano García Alén, nado na Seca de Mourente (Pontevedra) o 25 de maio de 1928 e finado o 16 de outubro de 2015 en Santiago de Compostela, foi un médico, investigador etnográfico galego e profesor na Facultade de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela.

Mesoamérica

Mesoamérica (en grego: μέσος [mesos], ‘intermedio’)? é a rexión do continente americano que comprende a metade meridional de México, os territorios de Guatemala, O Salvador e Belize, así como o occidente de Honduras, Nicaragua e Costa Rica. Non debe confundirse coa rexión mesoamericana, concepto acuñado para denominar unha rexión xeoeconómica por organizacións internacionais tales como a OCDE; Mesoamérica, como se define neste artigo, é unha área definida pola cultura. Esta rexión viu o desenvolvemento dunha civilización indíxena no marco dun mosaico de gran diversidade étnica e lingüística. A unidade cultural dos pobos mesoamericanos reflíctese en varios trazos que Paul Kirchhoff definiu como o complexo mesoamericano. A definición do que se acepta como mesoamericano é obxecto de discusión entre os estudosos desta civilización; con todo, con frecuencia menciónase no inventario a base agrícola da economía, o cultivo do millo, o uso de dous calendarios (ritual de 260 días e civil de 365), os sacrificios humanos como parte das expresións relixiosas, a tecnoloxía lítica e a ausencia de metalurxia, entre outros. No seu momento, a definición do complexo mesoamericano serviu para distinguir aos pobos mesoamericanos dos seus veciños do norte e do sur.

O desenvolvemento de Mesoamérica estendeuse por varios séculos. Os especialistas discuten sobre a época que pode considerarse o «inicio» da civilización mesoamericana. De acordo con algunhas posturas, o fito inicial consiste no desenvolvemento da olaría. Outros consideran que o primeiro complexo mesoamericano desenvólvese entre os séculos XV e XII a. C., período contemporáneo á cultura olmeca. Ao longo da súa historia, os pobos mesoamericanos construíron unha civilización cuxas expresións falan de elementos compartidos por varios pobos e trazos que os distinguen entre si. Na medida que avanzou o proceso civilizatorio, algúns trazos homogeneizaronse polo contacto interétnico e outros adquiriron especificidade en certos contextos. Este proceso foi continuo e perduró ata a colonización española. Algúns autores empregan indistintamente os nomes nahuas para describir obxectos e conceptos orixinais de Mesoamérica. e outros destacan as diferenzas entre os pobos da rexión.A maior parte dos pobos mesoamericanos falaron linguas pertencentes ás seguintes familias lingüísticas: otomangueanas, maias, mixezoqueana, totonacana e utoazteca. Outras linguas están illadas ou non puideron ser clasificadas porque desapareceron no proceso de castelanización que comezou coa colonización española e continúa ata a data. Este mosaico de linguas e etnias estivo presente durante a época prehispánica e ten o seu correlato nas numerosas culturas indíxenas que se desenvolveron en diversas zonas e tempos de Mesoamérica, entre as cales as máis estudadas foron a mexica, a maia, a teotihuacana, a zapoteca, a mixteca, a olmeca ou a tarasca. Malia a concentración de estudos que se deron no caso desas importantes culturas, Mesoamérica foi escenario de moitos pobos, algúns dos cales apenas comezarón a ser investigados a partir de excavaciones recentes.

Museo do Ouro

O Museo do Ouro do Banco da República de Colombia é unha institución que contén pezas de ourivaría e olaría de culturas indíxenas do período precolombiano. Atópase no centro histórico da cidade de Bogotá.

Posúe a meirande colección de ourivaría prehispánica do mundo con arredor de trinta e catro mil pezas de ouro e tumbaga, preto de vinte e cinco mil obxectos en cerámica, pedra, cuncha, ósos e téxtiles. Expón pezas de diferentes culturas indíxenas asentadas na actual Colombia antes da chegada dos conquistadores españois, entre as que destacan a calima, a muisca, a Nariño, a quimbaya, a zenú, a tairona, a San Agustín, a Tierradentro, a Tolima, entre outras cousas.

Nova Friburgo

Nova Friburgo é unha cidade brasileira do estado do Río de Xaneiro, situada no centro-norte do estado, en medio das montañas da rexión serrana, a 846 m de altura sobre o nivel do mar. Dista 136 km por estrada da capital do estado.

A rexión foi inicialmente colonizada en 1820 (antes, por tanto, da independencia do Brasil) por 100 familias orixinarias da Suíza. Recibiu o nome Nova Friburgo nunha homenaxe á cidade da cal partiron eses primeiros inmigrantes, Fribourg (ou Freiburg, en alemán).

A súa poboación en 2004 era estimada en 173.321 persoas. As principais actividades económicas son: a industria de moda íntima (lencería), olaría, a cría de cabras, industrias téxtiles e de metalurxia, e o turismo. A cidade é tamén a segunda maior produtora de flores do Brasil (só detrás da cidade de Holambra, no estado de São Paulo.

Nos últimos anos, ten sido procurada por estudantes que desexan estudar nunha universidade dunha cidade máis tranquila, lonxe da violencia dos grandes centros urbanos.

Oleiros de Buño

Os oleiros de Buño son artesáns que manteñen a tradición da olaría en Buño, Malpica de Bergantiños, un dos centros máis importantes na produción cerámica galega.

A tradición remóntase ao século XVI, aínda que posiblemente xa traballasen o barro dende moito antes[Cómpre referencia]. Actualmente seguen en funcionamento varios fornos do século XVIII, producindo pezas que se distinguen polo seu aspecto vidrado. Tal acabado aplícase cun pincel fino e ten por finalidade impermeabilizar o barro.

Simposio

Na Grecia antiga, o simposio (grego: συμπόσιον symposion, de συμπίνειν sympinein, "beber xuntos") era unha festa na que se bebía. Entre as obras literarias que describen ou teñen lugar nun simposio inclúense dous diálogos socráticos, o Simposio de Platón e o Simposio, de Xenofonte así como algúns poemas gregos como as elexías de Teognis de Megara. Os simposios figuran en pinturas gregas e etruscas que mostran escenas similares.O equivalente na sociedade romana é o convivium latino.Posteriorente a palabra pasou a designar unha reunión na que se conversa e analiza un tema ou un aspecto concreto dalgunha disciplina.

Zipacón

Zipacón é un dos 116 concellos do departamento de Cundinamarca, Colombia. Atópase na Provincia de Sabana Occidente, a 50 km de Bogotá.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.