Oj, svijetla majska zoro

Oj, svijetla majska zoro (escrita en cirílico montenegrino: Ој, свијетла мајска зоро, literalmente: Oh, brillante alba de maio) é o himno nacional de Montenegro. Foi escrito en 1932 ou 1933 por Sekula Drljević baseándose en cancións populares de Montenegro, co título "Vječna naša Crna Goro". A canción foi publicada en 1937 en Zagreb por Savić Marković Štedimlija, no seu libro "Croacia Vermella", e de novo en 1944.

O himno ten sido criticado por manter as letras alteradas de Sekula Drljević, antigo presidente nazi de facto do Estado de Montenegro durante a Segunda Guerra Mundial. Previamente, a finais do século XIX e principios do XX, Montenegro mantiña dous himnos: o oficial Ubavoj nam Crnoj Gori (lit. Ao noso Montenegro bonito) e o popular Onamo, 'namo (lit. Aló, por aló).

Ој, свијетла мајска зоро
Oj, svijetla majska zoro
En galego: Oh, brillante alba de maio
Himno deMontenegro Montenegro
LetraCanción nacional editada por Sekula Drljević
MúsicaMelodía tradicional
Adoptado2004
Mostra da música
Oj, svijetla majska zoro

Letra

Letra en Montenegrino (alfabeto cirílico) Letra en Montenegrino (alfabeto latino) Letra en Galego

Ој свијетла мајска зоро
Мајко наша Црна Горо
Синови смо твог стијења
И чувари твог поштења

Волимо вас, брда тврда,
И стравичне ваше кланце
Који никад не познаше
Срамотнога ропства ланце.

Док ловћенској нашој мисли
Наша слога даје крила,
Биће горда, биће славна
Домовина наша мила.

Ријека ће наших вала,
Ускачући у два мора,
Глас носити океану,
Да је вјечна Црна Гора.

Oj svijetla majska zoro
Majko naša Crna Goro
Sinovi smo tvog stijenja
I čuvari tvog poštenja

Volimo vas, brda tvrda,
I stravične vaše klance
Koji nikad ne poznaše
Sramotnoga ropstva lance.

Dok lovćenskoj našoj misli
Naša sloga daje krila,
Biće gorda, biće slavna
Domovina naša mila.

Rijeka će naših vala,
Uskačući u dva mora,
Glas nositi okeanu,
Da je vječna Crna Gora.

Oh, brillante alba de maio
Oh, nai nosa, Montenegro
Somos os fillos das túas rochas
E os gardiáns da túa honra

Amámosvos, firmes montes
E a vosos impresionantes cantís
Que nunca coñeceron
As cadeas da infame escravitude.

Mentres nosa mención do monte Lovćen
Nosa unión dános ás
Orgullosa será, celebrada será
Nosa querida patria.

Un río con nosas ondas,
Arroxado a dous mares,
Alzará a voz ao océano
Que é eterno, Montenegro.

Ligazóns externas

Montenegro

Montenegro (en montenegrino: Crna Gora/Црна Гора) é unha república montañosa situada nos Balcáns, na costa do mar Adriático. Dende o 4 de febreiro de 2003, despois da disolución de Iugoslavia, estableceuse como uns dos estados membros da Federación de Serbia e Montenegro, mais o 21 de maio de 2006 nun referendo o 55,5% da poboación votou pola independencia do país, sendo declarada oficialmente a independencia o 3 de xuño dese mesmo ano en Podgorica.

Esta pequena nación ten unha superficie de 13.812 km² e 616.258 habitantes segundo o seu último censo oficial de 2003, dos cales preto de 139.100 viven na capital, situada na cidade de Podgorica. Limita con Albania, Bosnia e Hercegovina, Croacia e Serbia (incluíndo Kosovo). O 10 de setembro de 2006 celebráronse as primeiras eleccións logo da súa independencia. Nelas o primeiro ministro montenegrino cando a secesión, Milo Đukanović, resultou vencedor cunha maioría abonda no parlamento para gobernar.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.