Oia

Oia é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, no ano 2016 tiña 3.002 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é oiense.

Coordenadas: 42°00′N 8°52′O / 42.000, -8.867

Oia
Escudo de Oia
Casa do Concello Ponte sobre o río Tamuxe
O Arrabal
Situacion Oia
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Baixo Miño
Poboación3.018 hab. (2018)
Área83,3 km²
Densidade36,23 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias
Capital do concelloOia
Política (2019[2])
AlcaldesaCristina Correa (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 4
Eleccións municipais en Oia
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes67,29%
Na rede
concellodeoia.es
info@concellodeoia.es

Xeografía

Toda a franxa occidental do concello dá ao mar. O relevo está marcado polas estribacións en dirección N-S da Serra da Groba, que chegan até os 600 metros de altitude e dos que parten vales estreitos que descenden até a ribeira, constituída por unha rasa litoral extensa. Aquí é onde se localizan os núcleos de poboación (Oia, Viladesuso, Mougás) e as escasas terras de cultivo. Noutro val paralelo á costa, entre os montes de Lousado e Corrubelo, sitúanse Loureza e Burgueira, parroquias nas que se cultiva aproveitando os socalcos. Ao sur atópase o val do Rosal.

Os cursos de auga son moi curtos, como o Carballás e o Tamuxe. As alturas máximas atópanse nos montes de Lousado (Alto da Gabiñeira, 610 m) e no monte Pedrada (518 m). Nos montes atópanse piñeiros e eucaliptos e monte baixo de toxos e uces. A temperatura media anual é de 15 °C.

Demografía

Censo total 2014 3.042 habitantes
Menores de 15 anos 378 (12.43 %)
Entre 15 e 64 anos 1.967 (64.66 %)
Maiores de 65 anos 697 (22.91 %)
Evolución da poboación de Oia   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
2.639 2.677 2.893 3.095 2.912 3.227 3.179 3.101 3.094 3.042 3.008 3.002 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Da Idade de Bronce atopáronse machados e hai gravados rupestres nos montes que miran para a costa. Porén, en abril de 2010 o sitio do Sobreiro[5], tamén chamado de Boaventura, na parroquia de Burgueira, foi esnaquizado por máquinas que acondicionaban o terreo para unha plantación de kiwis[6].

Hai abondosos restos castrexos, entre os que destaca o sitio arqueolóxico de Bouza Fariña, en Mougás. Nel atopouse un altar de sacrificios (actualmente no Museo de Pontevedra) con epigrafía latina. En Viladesuso houbo unha vila romana na que se atopou unha ara (actualmente no Museo Diocesano de Tui).

Mais a historia de Oia xira en volta do mosteiro cisterciense de Santa María de Oia. Fundouno Afonso VII en 1132, como bieto, sendo o seu primeiro abade Pedro de Incio. En 1185 aceptou a reforma do Císter, someténdose á abadía de San Bernardo de Claraval; en 1547 incorporouse á congregación cisterciense de Castela.

O mosteiro foi desamortizado e vendido a particulares en 1835. A igrexa destinouse a igrexa parroquial baixo a advocación de Santa María a Real de Oia e desmembrándose da igrexa matriz, San Mamede de Pedornes.

Cultura

Toponimia

O topónimo Oia está documentado dende época medieval, ligado ao mosteiro de Santa María. O documento máis antigo cita esta localidade no pergamino solto datado en 1137[7]

A etimoloxía segundo o toponimista Edelmiro Bascuas faría referencia á auga (hidrotopónimo), e viría de formas paleoeuropeas *ugwia ou *udia, derivadas á súa vez dunha raíz *wegw‑ co significado de ‘húmido’. Polo tanto, estariamos ante un topónimo prerromano que faría referencia a ‘lugares húmidos” ou “con abundancia de auga’[8].

Patrimonio

Patrimonio arqueolóxico

Os lugares máis relevantes por parroquia de norte a sur son[9]:

  • Xacemento medieval Outeiro do Home
  • Petróglifos do (Alto do) Pousiño[10]
  • Petróglifos de Bouza Fariña
  • Petróglifo(s) de Pedra Lan[11] (por baixo do de Bouza Fariña, case en Axuncheiro[12])
  • Castro de Castelo Fariña (ou Castro da Cabeciña[10])
  • Petróglifos da Cabeciña
  • Petróglifos da Cerradiña
  • Petróglifo(s) de Outeiro da Cheira ou da Casa Forestal[11] (no cruzamento)
  • Petróglifo(s) das Goteiras[10] (onda as casas)
  • Gravado rupestre Coto dos Mouros [13] ou Castro/Fortificación Cano dos Mouros[11]
  • Castro das Chans
  • Petróglifos de Senín
  • Castro de Viladesuso
  • Petróglifos das Fontes
  • Petróglifos de Pousadela
  • O Castro (en Pedornes)
  • Monte do Castro (en Vilar)
  • Petróglifos de Auga dos Cebros 1-2/Viveiro 6[14]
  • Petróglifos do Viveiro I (ó NEE do anterior)
  • Petróglifos do Viveiro II (ó SE do mesmo)
  • Petróglifo(s) de Figueirido ou Auga dos Cebros[11] (probablemente en conxunto cos anteriores pero con outra denominación)
  • Petróglifo(s) do Alto do Visiño ou A Xestosiña[11]
  • Petróglifo(s) dos Outeiros do Morouzo (coa Pedra do Cazador)
  • Petróglifos do Alto do Corrubelo
  • Mámoas do Areeiro (límite con Belesar, Baiona)
  • Petróglifos do Campo do Ceno
  • Foxo Pedriño (foxo de lobo)[15]
  • Petróglifo da Pena Escrita
  • Petróglifos do Alto do Lousado
  • Castelo de Torroña[16] ou de Lousado [17]
  • Mámoas de Campo das Barreiriñas
  • Petróglifos das Cabanillas
  • Mámoas de Burgueira
  • Petróglifos da Portela I (ó W de Xiguente)
  • Petróglifos da Portela II (ó S da Portela)
  • Xacemento medieval da Madanela (límite triplo con Tomiño e Barrantes, en Tomiño)[18]
  • Castro A Cividá
  • Petróglifos de Bonaval
  • Petróglifos do Regueiro de Breto
  • Petróglifos das Fontiñas
  • Petróglifos Monte da Valga
  • Mámoas Monte da Valga
  • Petróglifos do Marco do Castelo
  • Petróglifos do Alto da Pedreira
  • Castro do Bosque
  • Castro da Chavella (no Alto do Castelo) ou Castelo de Chavella[19]

Símbolos

O escudo de Oia é en realidade o selo do mosteiro. O concello pediu un deseño alternativo, pendente de aceptación.[20]

Economía

A poboación apenas aumentou en número desde comezos do século XX. A economía é de carácter agrario, pero non moi produtiva: explotación dos montes en mancomún, vacas (80% rubia galega), ovellas e cabalos, que se crían en liberdade e se concentran cada ano na rapa das bestas. A costa non se dá para as actividades pesqueiras, polo que estas son ocasionais e artesanais. Nos últimos anos aumentou o turismo debido á súa posición entre o Val Miñor e o Baixo Miño.

Colexios

  • CEIP Mestre Manuel García
  • CEIP Refoxos-Loureza

Deportes

  • Oiense Club Fútbol (Fútbol)

Festas

Parroquia de Santa María de Oia

  • Romaría de San Sebastián. Celébrase no mes de xaneiro, o fin de semana máis próximo ao día 20.
  • Romaría de Nosa Señora da Virxe do Mar. Celébrase o luns seguinte ao Domingo de Pentecoste.
  • Romaría de San Cosme e San Damián. O 27 de setembro. Na baixada do mosteiro ao porto hai unha fonte da que segundo a tradición popular os romeiros collían auga polos seus poderes milagreiros.

Galería de imaxes de Oia

Artigo principal: Galería de imaxes de Oia.
Mosteiro de Oia.
Mosteiro de Oia. 
Rúa no Arrabal.
Rúa no Arrabal. 
Ermida de S. Sebastián, no Arrabal.
Ermida de S. Sebastián, no Arrabal. 
San Pedro de Burgueira.
San Pedro de Burgueira. 
San Mamede de Loureza.
San Mamede de Loureza. 
San Mamede de Pedornes.
San Mamede de Pedornes. 

Lugares de Oia

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Oia vexa: Lugares de Oia.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Oia". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. "Imaxes do petróglifo antes e despois da súa destrución". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2010. Consultado o 30 de abril de 2010.
  6. "Oia permite arramplar cun xacemento rupestre para a plantación de kiwis", artigo en Vieiros, 30 de abril de 2010.
  7. RECUERO ASTRAY, M., GONZÁLEZ VÁZQUEZ, M., ROMERO PORTILLA, P., Documentos Medievales del Reino de Galicia: Alfonso VII (1116-1157)., pg. 66-67.
  8. Orixe do topónimo no artigo do Portal das Palabras da RAG>
  9. Segundo o visor de mapas da Xunta
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 Ruta máxica, roteiro turístico do concello de Oia, mapa superior en imaxe
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Ruta máxica, roteiro turístico do concello de Oia, mapa inferior, tamén en WikiLoc
  12. Axuncheiro, segundo o mapa-base vectorial do visor de mapas da Xunta, é un microtopónimo xa onda o río (de) Mougás, ó norte das localidades de Bragadela e A Granxa.
  13. No visor, por riba da estrada
  14. Patrimonio arqueolóxico na páxina do concello de Oia
  15. Foxo Pedriño en galiciamaxica.eu
  16. Castelo de Torroña en turismoriasbaixas.com
  17. Castelo de Lousado en galiciamaxia.eu: o mapa de galiciamaxica.eu indica un punto dunha curva nunha estrada relativa a Loureza. O mapa do visor básico da Xunta indica que entre o Alto do Lousado (onde están os petróglifos do Alto do Lousado mencionados anteriormente) e o curuto onde está o castelo se ubica o topónimo O Castelo do Monte Lousado, de onde poida que veña esta denominación alternativa. O feito de que cando fala do Castelo da Chavella refira que o seu flanco leste está cuberto polo de Lousado, reforza esta identificación.
  18. Xacemento da Madanela en patrimonio.net
  19. Castelo da Chavella en galiciamaxica.eu
  20. Información do concello e informe da Comisión de Heráldica
Baiona

Baiona é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2015 tiña 12.072 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é baionés. Limita cos concellos de Oia, Nigrán, Gondomar e Tomiño, e mais co océano Atlántico.

Baredo, Baiona

Santa María de Baredo, ás veces tamén Nosa Señora da Cela de Baredo ou Santa María da Cela de Baredo, é unha parroquia do concello de Baiona. Segundo o IGE, no ano 2017, tiña 1 087 habitantes (569 homes e 518 mulleres) , o que supón un aumento respecto de 1999 cando tiña 989 habitantes; ou respecto do século XIX cando tiña 86 habitantes. O seu xentilicio é baredano/ana. A parroquia eclesial pertence ó arciprestado de Miñor, na diocese de Tui-Vigo.

Burgueira, Oia

San Pedro de Burgueira é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Oia na comarca do Baixo Miño, na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE, no 2013, tiña 410 habitantes (197 homes e 213 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 487 habitantes.

Canido, Oia, Vigo

Canido é un lugar da parroquia de Oia, do concello de Vigo. Segundo o IGE en 2013 tiña 250 habitantes (136 homes e 114 mulleres).

Está situada a carón da illa de Toralla e da praia do Vao, xa pertencente á parroquia de Coruxo. Ten un porto deportivo e as praias de Fuchiños e Canido, esta última con Bandeira Azul nos últimos anos.

Comarca do Baixo Miño

A comarca do Baixo Miño é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Pontevedra e a súa capital é Tui. Pertencen a ela os concellos de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.

Coruxo, Vigo

San Salvador de Coruxo é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Comesaña, Navia, Oia e Valadares e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo Andrés. Presenta unha extensión de 900 hectáreas de superficie. Ten 40 entidades de poboación, 3 lugares e 5.343 veciños (2013).

Eleccións municipais en Oia

Corporacións democráticas en Oia desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Álvaro Miniño Rodríguez — Independentes

1983 Alcalde: Álvaro Miniño Rodríguez — CP

1987 Alcalde: Álvaro Miniño Rodríguez — AP

1991 Alcalde: Álvaro Miniño Rodríguez — PPdeG

1995 Alcalde: Álvaro Miniño Rodríguez — PPdeG

1999 Alcalde: Álvaro Miniño Rodríguez — PPdeG

2003 Alcalde: Alejandro Rodríguez Rodríguez — PPdeG

2007 Alcalde: Alejandro Rodríguez Rodríguez — PPdeG

2011 Alcalde: Alejandro Rodríguez Rodríguez — PPdeG

2015 Alcaldesa: Rosa María Otero Carballa — PSdeG-PSOE. Elixida alcaldesa en xuño de 2015 cos votos a favor de PSdeG-PSOE, Converxencia Galega e BNG, gobernando o PSdeG-PSOE en minoría até o mes de novembro. En novembro de 2015 pasa a ser alcaldesa Cristina Correa Pombal, concelleira do PP, trala aprobación da moción de censura presentada por PP e Converxencia Galega.Candidaturas: Alejandro Rodríguez Rodríguez (PP), Rosa María Otero Carballa (PSdeG-PSOE), Luis Giráldez Figueiro (Converxencia Galega) e Xoan Lois Vila Pinel (BNG).

Loureza, Oia

San Mamede de Loureza é unha parroquia que se localiza no concello de Oia na comarca do Baixo Miño, na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE, no 2013, tiña 418 habitantes (206 homes e 212 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 490 habitantes.Por Loureza transcorren as augas do río Tamuxe.

Mosteiro de Santa María de Oia

O mosteiro de Santa María de Oia é un mosteiro da orde do Císter e de longa historia (1137 a 1835) na que foi a comunidade monástica de maior importancia socioeconómica da diocese de Tui. Sitúase en Santa María de Oia, a capital do concello, á beira do mar, na estreita lingua de terra chá que deixa o macizo da Groba e conforma a costa neste lugar. Na actualidade a igrexa monacal é a igrexa parroquial de Santa María de Oia, estando en mans privadas o resto de construcións monásticas conservadas.

Mougás, Oia

Santa Uxía de Mougás é unha parroquia que se localiza no concello de Oia. Segundo o IGE no 2013 tiña 680 habitantes (340 homes e 340 mulleres), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 540 habitantes. O seu xentilicio é mougalés/esa.

O Rosal

O Rosal é un concello situado ó suroeste da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca do Baixo Miño, situándose á beira da desembocadura do río Miño. Limita polo sur coa Guarda, polo norte con Oia e polo nordeste con Tomiño. O seu xentilicio é rosaleiro.

Oia, Oia

Santa María de Oia é unha parroquia que se localiza no concello de Oia. Segundo o IGE en 2015 tiña 701 habitantes (351 homes e 350 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 607 habitantes. O mosteiro foi desamortizado e vendido a particulares en 1835. A igrexa destinouse a igrexa parroquial baixo a advocación de Santa María a Real de Oia e desmembrándose da igrexa matriz, San Mamede de Pedornes.

Oia, Vigo

San Miguel de Oia é unha parroquia do concello de Vigo. Segundo o IGE en 2013 tiña 3.981 habitantes, 1.921 homes e 2.060 mulleres. Limita coas parroquias de Coruxo e Saiáns, e pertence ao arciprestado de Vigo-Santo André.

PO-552

A PO-552 é unha estrada autonómica galega, unha das principais vías de comunicación dos concellos do sur da provincia de Pontevedra. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.

Pedornes, Oia

San Mamede de Pedornes é unha parroquia do concello pontevedrés de Oia, na Comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, no 2013, tiña 406 habitantes (209 homes e 197 mulleres).Elévase dende o nivel do mar, na Punta Orelluda, ata o Monte do Corrubedo, de 596 metros de altitude, na Serra da Groba.

Hai varios petróglifos, como o de Pedra do Cazador.A festa parroquial celébrase o 7 de agosto.

Saiáns, Vigo

San Xurxo de Saiáns é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coa parroquia de Oia e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo Andrés. Ten 29 entidades de poboación, 3 lugares e 1.168 veciños (2013).

As súas entidades de poboación son as seguintes: Aral (23), Borreiros (9), Os Budiases (8), A Cachada (13), Cal do Outeiro (86), A Capela (63), Carballido (11), O Castañal (42), A Cova da Barxa (29), A Cova da Becha (41), A Curveira (34), A Devesa (18), Domeira (34), A Estea (23), Fontán (99), Fortiñón (55), A Gándara (52), Garcías (53), Gondufe (73), As Hortas (19), Miserela (12), Orxás (59), O Pinal (7), O Portiño (54), San Xurxo (23), O Souto (24), A Tomada (56), Vilaverde (26) e A Volta (21). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): As Medoñas, O Outeiro e Radio Costeira.

Serra da Groba

A serra da Groba é un sistema montañoso que atravesa os concellos pontevedreses de Baiona, Oia e O Rosal, en dirección norte - sur. A altura máxima acádaa no Alto da Groba, de 662 metros de altitude, en Belesar. Outros picos importantes son Corroubelo, en Pedornes, de 599 m e Campo do Couto, no Rosal, que alcanza os 553 metros. Acolle a máis importante concentración de cabalos de raza galega en liberdade.

Torroña, Burgueira, Oia

Torroña é un lugar da parroquia de Burgueira, no concello pontevedrés de Oia na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, no 2013, tiña 151 habitantes (74 homes e 77 mulleres).

Viladesuso, Oia

San Miguel de Viladesuso é unha parroquia que se localiza no concello de Oia. Segundo o IGE en 2013 tiña 469 habitantes (246 homes e 223 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 476 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.