Oficial (forzas armadas)

O termo oficial[1][2] corresponde á carreira, categoría ou nivel, que os efectivos ostentan desde o rango ou grao desde alférez ou subtenente ata xeneral, capitán xeneral ou mariscal de campo, das forzas armadas ou as forzas de seguridade dunha nación; que adquiren ao finalizaren os seus estudos nas respectivas Escolas de Oficiais de cada país ou ao ascenderen por antigüidade ou mérito, xa sexa o gañado en combate ou en tempo de paz. Os oficiais diferéncianse entre si polo grao e a posición que ocupan dentro do seu rango xerárquico.

Os oficiais teñen como tarefa principal executar, conducir e liderar as diversas operacións levadas a cabo nas súas respectivas institucións, xa sexa en tempos de paz ou de guerra.

Tamén existen os suboficialis, que pertencen ao seu propio grao militar, distinto ao dos oficiais. O oficial ten unha formación diferente e cunha posición superior ao suboficial no grao de mando.

España

Exército de terra

Persoal militar cuxa categoría é superior á de suboficial e inferior á de xefe. Nos exércitos españois de Terra e Aire consta dos seguintes rangos, de menor a maior categoría:

Oficiais Particulares
Oficiais Superiores
Oficiais Xenerais
  • Xeneral de Brigada
  • Xeneral de División
  • Tenente Xeneral
  • Xeneral de Exército
  • Capitán Xeneral (en España o rango de Capitán Xeneral está reservado para o Rei)

Armada

Na Armada Española os rangos son:

  • Alférez de Fragata
  • Alférez de Navío
  • Tenente de Navío

Oficiais de reserva

As poucas excepcións existentes, son os oficiais de reserva. Estes son aqueles civís profesionais que desexan facer un curso de oficiais de reserva nalgunha institución das forzas armadas.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para oficial.
  2. Entrada de "oficial" no Digalego.gal

Véxase tamén

Outros artigos

  • Rango (militar)
  • Suboficial

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.