Oestrimnios

Os oestrimnios ou oestremnios eran un pobo que, segundo Avieno, constituía a poboación indíxena do occidente peninsular á chegada dos saefes. Oestremni significaría "<pobo do> extremo occidente". O seu territorio estendíase dende Galicia ata o Algarve actual.

A primeira invasión, segundo a tradicional teoría das invasións, documentada ocorreu moito antes do nacemento de Cristo, cando os ofis e outras tribos irromperon na Península Ibérica e colonizaron as terras fértiles dos oestrimnios, en torno ós ríos Douro e Texo.

Florentino López Cuevillas preséntaos, na súa obra Os Oestrimnios e os Saefes e a Ofilatría na Galiza, como o substrato autóctono fronte aos invasores célticos, os saefes. Estas teorías están baseadas na historiografía romana e hoxe en día foron case totalmente abandonadas.

A Cañiza

A Cañiza é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca da Paradanta. Segundo o IGE no 2014 tiña 5342 habitantes (6719 en 2003), incluídas 126 persoas de orixe estranxeira.

A Pobra do Caramiñal

A Pobra do Caramiñal é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Segundo o IGE en 2014 tiña 9.672 habitantes (9.664 no 2012, 9.726 no 2011, 9.858 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pobrense».

A cobra na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada das cobras na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

En xeral, en Galicia considéranse velenosas tódalas cobras, aínda que isto sexa absolutamente erróneo. Admítese popularmente que o seu veleno é tan terrible que, de non actuar a tempo, calquera trabada dunha cobra é mortal. Por norma, crese que a cobra ten o veleno no ferrete ou ferrón, denominacións populares da súa lingua bífida pero hai quen cre que o teñen tanto na cabeza coma no rabo e mesmo en algures se cre que se se lles corta o rabo perden o veleno (Risco, 1950). Pénsase que se a cobra se morde a si mesma tamén se envelena.

Na zona de Mondoñedo din que a cobra morre se se lle toca na cabeza cunha vara de abeleira (Risco).

Cultura de Galicia

A cultura de Galicia ten a súa orixe na cultura megalítica da fachada atlántica europea e na cultura castrexa.

Fermín Bouza-Brey

Fermín Bouza-Brey Trillo, nado en Ponteareas o 31 de marzo de 1901 e finado en Santiago de Compostela o 11 de xuño de 1973, foi un escritor galego. En 1992 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Florentino López Cuevillas

Florentino López Alonso-Cuevillas, nado en Ourense o 14 de novembro de 1886 e finado na mesma cidade o 30 de xullo de 1958, foi un historiador e escritor galego. En 1968 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Está considerado o pai da arqueoloxía científica galega. Pertenceu ás Irmandades da Fala, a Xeración Nós e ao Seminario de Estudos Galegos, compaxinando a actividade desempeñada nestas institucións cunha discreta participación política en pro do galeguismo, na época en que se volveu nacionalista trala fase rexionalista.

Porén, o seu labor socio-político viuse profundamente trastornado trala guerra civil española e a chegada do franquismo, se ben continuou a divulgación da cultura galega a través da Real Academia Galega, da que foi membro numerario, e do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Como fixeron o resto de compañeiros da súa xeración, contribuíu á maduración da prosa galega, pero realmente polo que destacou foi polo seu intenso labor dentro do ámbito científico. Catapultado pola obra do alemán Hugo Obermaier (Impresiones de un viaje prehistórico por Galicia), Cuevillas acometeu a complexa tarefa de desenvolver o campo da arqueoloxía en Galicia co obxectivo de reconstruír e estudar unha parte do tempo que até aquel momento fora esquecida.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Hórreo galego

O hórreo galego é un edificio de uso agrícola destinado a secar, curar e gardar o millo antes de debullalo e moelo. Consta dunha cámara de almacenaxe oblonga, estreita e permeable ao paso do ar, separada do chan para evitar a entrada de humidade e animais.

En Galicia conviven tres tipoloxías básicas de hórreo: o tipo galego (tamén chamado «galego-portugués»), o tipo asturiano e o hórreo de corres. No nordeste de Galicia e no occidente de Asturias é doado atopar hórreos do tipo galego e do tipo asturiano no mesmo lugar, aínda que con diferente denominación.

Mitos e lendas galegas sobre os anfibios e os réptiles

Poucos animais están tan ligados ao folclore e máis á mitoloxía popular coma os anfibios e os réptiles. Galicia é unha terra onde aínda a compoñente máxica ten un peso importante na tradición oral e na cultura rural. Neste sentido, os herpetos conforman un papel moi importante no patrimonio folclórico. En contraste con moitas mitoloxías asiáticas, onde certos réptiles, como tartarugas e crocodilos, son considerados benignos, na tradición xudía-cristiá adoitan teren un papel maligno e negativo, moi especialmente as cobras. En Galicia, por tanto, todos os herpetos son considerados malignos e, ademais, velenosos.

Monforte de Lemos

Monforte de Lemos é un concello galego situado ao sur da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra de Lemos e da Ribeira Sacra. Recibiu o título de cidade en 1885.Cunha poboación de 18.599 habitantes en 2018 segundo o IGE, Monforte de Lemos é o segundo concello máis poboado da provincia de Lugo, só superado pola capital. Durante o século XX chegou a superar os 20.000 habitantes, cifra que non acada desde os anos noventa. O seu xentilicio é «monfortina/o» ou «limés/limesa».Cunha orixe que se remonta á época castrexa, Monforte viviu o seu maior esplendor entre os séculos XVI e XVII, como capital do condado de Lemos. A chegada do ferrocarril en 1883 converteuna no nó ferroviario máis importante de Galicia e contribuíu ao crecemento da cidade. Do seu patrimonio histórico cabe destacar o mosteiro de San Vicente do Pino, no alto do monte que dá nome á cidade, e o colexio da Nosa Señora da Antiga, considerado o "Escorial" galego.

Monte de San Trocado

O monte do San Trocado, Santrocado ou San Torcuato, situado na provincia de Ourense lindando coa comarca do Ribeiro, é un monte de pequena altitude que se atopa na beira dereita do Miño central, á altura de Laias (concello de Cenlle), onde, ós pés do monte, xorden uns mananciais de augas medicinais, xusto no lugar no que hoxe se atopa o moderno balneario de Laias.

Desde a súa altitude (550 metros) pódese observar unha gran porción da comarca, destacando as vistas da Serra da Martiñá cara ó norte, e do Coto de Novelle cara ó sur.

Administrativamente, pertence ós concellos de San Amaro, Cenlle e Punxín e, na división eclesiástica, teñen parte no monte catro parroquias: Santa Uxía de Eiras, San Cibrao de Las, San Xoan de Ourantes e Santa Baia de Laias.

Palmeira, Ribeira

San Pedro de Palmeira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2013 tiña 2.694 habitantes (1.382 mulleres e 1.312 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.905 habitantes.

No lugar de Figueirido está a Pedra das Cabras, petróglifo da idade de bronce.

Rebordelos, Carballo

San Salvador de Rebordelos é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Carballo, na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2013 tiña 218 habitantes (106 homes e 112 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación (Rebordelos, Sambade, Vilar de Peres, Costenla, Cestro, Carballedo e Leira), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 237 habitantes.

Ribeira

Ribeira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Segundo o IGE en 2014 tiña 27.565 habitantes (27.778 no 2012, 27.699 no 2011, 27.504 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribeirense».

Rufo Festo Avieno

Rufo Festo Avieno foi un escritor latino do século IV.

Saefes

Os saefes (ou sefes,ou ofis, do grego όφις, de onde tamén Ophiussa, terra das serpes) foron un pobo da Idade de Ferro que habitou o sur de Galiza e Portugal e que, mesturándose cos oestrimnios, deu orixe ao pobo galaico. Esta teoría, defendida por Adolf Schulten e secundada por varios compoñentes da Xeración Nós, está actualmente case desbotada por completo por afirmar que a cultura galaica xurdiu como unha lenta evolución da poboación indíxena e non por mor de invasións de pobos centroeuropeos.

Século -XI

século XII adC < século XI adC > século X adC

O século XI antes de nosa era comezou o 1 de xaneiro do ano 1100 a. C. e terminou o 31 de decembro de 1001 a. C.

O século XI a.C. en Europa forma parte do período da Idade de Ferro onde continúan os cambios postos en marcha no século anterior, de modo que as antigas civilizacións da Idade de Bronce ceden o control a novos pobos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.