Oeste

O oeste, é un dos catro puntos cardinais da rosa dos ventos, polo cal se pon o o Sol no equinoccio. O seu símbolo é W ou O, e recibe tamén os nomes de poñente, occidente ou ocaso.

Compass Card
Rosa dos ventos. O oeste (W) é a dirección á esquerda.

Etimoloxía

O nome "oeste" provén do inglés antigo west, o cal deriva da verba westar do alto alemán antigo que está posibelmente relacionado co termo latino vesper que significa "tarde" e que está emparentado co grego hesperos e coas Hespérides cuxo significado é o mesmo.

O termo "occidente" deriva etimoloxicamente do latín occĭdens, -entis, participio activo de occidĕre que significa: caer. A orixe deste significado provén da crenza popular dos antigos de que no solpor o Sol caía polo punto cardinal oeste.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
América

América ( pronunciación ), as Américas, ou o Novo Mundo é unha división do mundo que se estende no Hemisferio Occidental desde o océano Ártico polo norte até case o océano Antártico polo sur, e está entre o océano Pacífico ao oeste, e o océano Atlántico ao leste. Está formado por dous subcontinentes (América do Norte e América do Sur), unidos por un estreito istmo. O seu nome deriva do explorador europeo Américo Vespucio.

É frecuente a sinécdoque de referirse con este nome aos Estados Unidos de América.

Anatolia

Anatolia, tamén coñecida como Asia Menor, é unha península que se proxecta no sentido leste-oeste ao sur do Mar Negro, en dirección ao Mar Exeo. É unha rexión tradicionalmente limitada polo alto Eufrates ao leste e polos Montes Tauros ao sur, estando constituída gran parte da súa área por mesetas e montañas.

Camerún

Camerún (en francés: Cameroun; en inglés: Cameroon), oficialmente República de Camerún (en francés: République du Cameroun; en inglés: Republic of Cameroon) é un país africano. Limita ao oeste e o norte con Nixeria, ao leste con Chad e a República Centroafricana, ao sur coa República do Congo, Gabón e Mbini (Guinea Ecuatorial) e ao leste co golfo da Guinea, a través do cal fai fronteira coa Guinea Ecuatorial, cara á illa de Bioko. A súa capital é Yaoundé.

Comarca de Arzúa

A comarca de Arzúa é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Arzúa. Pertencen a ela os concellos de Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro. Linda polo norte coas comarcas de Ordes e Betanzos, polo leste coa comarca da Terra de Melide, polo oeste coa comarca de Santiago, e no sur ten a comarca do Deza, xa na provincia de Pontevedra.

Comarca de Barbanza

A comarca de Barbanza é unha das comarcas oficiais de Galicia, localízase no oeste da provincia da Coruña. Pertencen a ela os seguintes concellos: Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira. Ten unha superficie de 244,2 km² e no ano 2014 tiña 67.776 habitantes.

Fuso horario

As zonas horarias ou fusos horarios son cada unha das vinte e catro áreas en que se divide a Terra e que seguen a mesma definición de tempo. Anteriormente, usábase o tempo solar aparente, de forma que a hora do día diferenciábase lixeiramente dunha cidade a outra. Os fusos horarios corrixiron en parte o problema ao colocar os reloxos de cada rexión no mesmo tempo solar medio. Os fusos horarios xeralmente están centrados nos meridianos das lonxitudes que son múltiplos de 15°; porén, como se ve no mapa anexo, as formas dos fusos horarios reais son ás veces bastante irregulares para se axustar mais ás fronteiras dos países.

Todos os fusos horarios defínense en relación ao Tempo Universal Coordinado (UTC), o fuso horario que contén Londres.

Inglaterra

Inglaterra (en inglés: England) é unha das nacións constituíntes do Reino Unido. Historicamente dominante, ocupa a metade sur da illa da Gran Bretaña, agás unha parte no oeste, correspondente ao País de Gales. Limita ao norte con Escocia, ao leste co Mar do Norte, ao sur co Canal da Mancha e ao oeste co Océano Atlántico, Gales e o Mar de Irlanda. A súa capital é Londres, a maior área urbana do Reino Unido e unha das maiores da Unión Europea.

Inglaterra converteuse nun estado unificado no ano 927 e toma o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas asentadas no sur da illa durante os séculos quinto e sexto. Inglaterra tivo, e segue a ter, un impacto cultural e legal ao redor de todo o mundo, sendo o lugar de orixe da lingua inglesa, da Igrexa Anglicana e do Dereito Inglés, o cal puxo as bases do Dereito nos sistemas legais da maioría dos países do mundo. Ademais, en Inglaterra naceu a Revolución Industrial sendo o primeiro país do mundo en acadar a industrialización.

Nela atópase a Royal Society, a cal mantén fundacións da ciencia moderna experimental. Inglaterra ten a democracia parlamentaria máis antiga do mundo, polo tanto, moitas innovacións constitucionais, gobernamentais e legais, que teñen a súa orixe en Inglaterra, foron posteriormente adoitadas por outras nacións.

O Reino de Inglaterra (incluíndo Gales) continuou como un estado independente ate o 1 de maio de 1707, cando mediante a Lei de Unión, levando a cabo os termos acordados no Tratado de Unión o ano anterior, rematou en unión política co Reino de Escocia para crearen o Reino Unido de Gran Bretaña.

Lisboa

Lisboa é a capital e maior cidade de Portugal, situada na foz do río Texo. Alén diso é tamén capital do distrito de Lisboa, da rexión de Lisboa, da área metropolitana de Lisboa, e é tamén o principal centro da subrexión estatística da Grande Lisboa. A cidade ten unha poboación de 545.245 habitantes (2011), mais a súa área metropolitana ten preto de 2,9 millóns, un 27% da poboación do país.

A cidade corresponde ao concello, que é pequeno cos seus 83,84 km². A densidade demográfica sobe a 6.518,1 hab./km². O concello subdivídese en 53 freguesías e está limitado ao norte polos municipios de Odivelas e Loures, ao oeste por Oeiras, ao noroeste pola Amadora e ao leste e sur polo estuario do Texo. A través do estuario, Lisboa lígase aos concellos da marxe sur: Almada, Seixal, Barreiro, Moita, Montijo e Alcochete.

Mar Mediterráneo

O Mediterráneo é un mar interior do Atlántico oriental, comprendido entre Europa, Asia occidental e África setentrional. Con aproximadamente 2,5 millóns de km² e 3.860 km de lonxitude, é o mar interior máis grande do mundo.O Mediterráneo está unido ao océano Atlántico polo estreito de Xibraltar ao oeste, ao mar de Mármara e ao mar Negro polos Dardanelos e o Bósforo ao leste. O mar de Mármara -pero non o mar Negro- é a miúdo considerado como parte do Mediterráneo. A canle de Suez ao sueste une o Mediterráneo co mar Vermello.

É o mar coas taxas máis elevadas de hidrocarburos e contaminación do mundo.

NBA All-Star Game

O All-Star Game da NBA é un partido de carácter amigable, que se celebra durante o All-Star Weekend da NBA, no que participan só os mellores xogadores de cada ano, divididos en cada conferencia.

O obxectivo principal do partido é o de dar espectáculo, por esa mesma razón celébranse tamén o mesmo fin de semana un concurso de triplas e outro de mates. O primeiro All-Star Game celebrouse no Boston Garden o 2 de marzo de 1951. Dende entón, reuníronse os mellores xogadores da historia nun partido para entreter.

Océano Atlántico

O océano Atlántico é o océano que separa Europa e África, ao leste, de América, ao oeste. Ten unha área de 82.400.000 km² (106.200.000 km², incluíndo os mares locais como o mar Mediterráneo, o que corresponde a aproximadamente un terzo das augas oceánicas mundiais).

Océano Pacífico

O océano Pacífico é a maior masa marítima do globo, situada entre América, ao leste, Asia e Australia, ao oeste, e a Antártida, ao sur. Con 180 millóns de km², o Pacífico cobre case un terzo da superficie do planeta e corresponde a case a metade da superficie e do volume do océano. Ten 707,5 km de fosas, e o 87,8% da súa área presenta profundidades superiores a 3.000 m; é o océano con maior profundidade media (-4.282 m) e onde se localizan as maiores fosas submarinas (foxa das Marianas, con -10,912 m).

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Provincia de León

León (en leonés: Llión) é unha provincia española pertencente á comunidade autónoma de Castela e León. Está situada no Noroeste da Península Ibérica e a súa capital é a cidade homónima de León. Limita ao norte co Principado de Asturias e Cantabria, ao oeste con Galiza (coas provincias de Ourense e de Lugo), ao sur coas provincias de Zamora e de Valladolid, e ao leste coa provincia de Palencia.

Ten unha superficie de 15.581 km². Posuía unha poboación de 495.902 habitantes (INE 2005). A súa densidade era de 31,82 hab/km².

Lugar de paso entre importantes zonas da Península Ibérica, percorren a provincia leonesa dúas grandes rutas históricas: de Sur a Norte a Vía da Prata, e de Leste a Oeste o Camiño de Santiago.

Ademais do español, nalgunhas zonas de León fálanse outras linguas:

Leonés, lingua romance, derivada do latín, e unha das máis antigamente documentadas na Península Ibérica, e que está recoñecida polo estatuto castelán e leonés aínda que non goza de oficialidade e continúa a ser falada na provincia, especialmente en zonas setentrionais da provincia, con especial vividez na comarca de Laciana, no Bierzo e na Cabreira.

Galego, falado no Bierzo. Este idioma románico está recoñecido oficialmente no Estatuto de Autonomía de Castela e León pero sen status de oficialidade, en cuxo artigo 4º indícase que "gozarán de respecto y protección la lengua gallega y las modalidades lingüísticas en los lugares en que habitualmente se utilicen". A pesar disto a aplicación práctica necesitou da defensa popular para facelo efectivo.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Provincia de Pontevedra

Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 82.539 habitantes en 2015, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 294.098 habitantes (2015). É provincia máis pequena e a segunda máis poboada de Galicia trala da Coruña.

República Federal Alemá

A República Federal Alemá (abreviado RFA; en alemán: Bundesrepublik Deutschland, abreviado BRD), tamén coñecida como Alemaña Occidental ou Alemaña do Oeste, foi un goberno que durou dende o ano 1949 ata a reunificación de Alemaña en 1990, cando se uniu á outra Alemaña, a República Democrática Alemá.

Constituída como república federal o 23 de maio de 1949, incluía as zonas de ocupación de Francia, Reino Unido e Estados Unidos, ademais da parte occidental de Berlín, divididas en diferentes estados creados segundo a historia dos antigos principados do Sacro Imperio Romano. O estado foi declarado totalmente soberano o 5 de maio de 1955, con capital en Bonn, pero as forzas de ocupación permaneceron para contrarresta-las soviéticas en Alemaña do Leste.

Alemaña Occidental uniuse á OTAN o 9 de maio de 1955, e á ONU nos anos 70, trala Ostpolitik do chanceler Willy Brandt, recoñecendo tamén a existencia de Alemaña Oriental.

Trala caída do muro de Berlín o 9 de novembro de 1989, a unificación das dúas alemañas procedeu rapidamente, sendo formalmente unha anexión do territorio do leste por parte da República Federal Alemá. A unificación foi o 3 de outubro de 1990, e a retirada das catro forzas de ocupación o 15 de marzo de 1991.

Rexións do Xapón

As rexións do Xapón non son divisións administrativas oficiais, pero constitúen unha división do país tradicionalmente empregada en varios contextos. Cada unha destas rexións está composta por prefecturas, a excepción da rexión de Hokkaidō que se compón dunha única prefectura. As 8 rexións son:

Rexión de Hokkaidō - Composta pola illa de Hokkaido e outras illas pequenas. Sapporo é a principal cidade.

Rexión de Tōhoku - No norte da illa de Honshu. Sendai é a principal cidade.

Kanto - No leste da illa de Honshu. Toquio e Iocoama son as principais cidades.

Rexión de Chūbu - No centro de Honshu. Nagoia é a principal cidade.

Rexión de Kinki - No sur de Honshu. Osaca, Kobe e Quioto son as principais cidades.

Rexión de Chūgoku - No extremo oeste do sur de Honshu. Hiroxima é a principal cidade.

Shikoku - Composta pola illa de Shikoku. Matsuyama é a principal cidade.

Kyūshū - Composta pola illa de Kyūshū e polas illas Ryukyu. Fukuoka é a principal cidade.

Turquía

A República de Turquía (Türkiye Cumhuriyeti), ou simplemente Turquía (Türkiye) é un estado situado entre Asia (95 % do seu territorio) e Europa (5 % do seu territorio).

A península de Anatolia entre o mar Negro e o mar Mediterráneo forma o «corazón» do país. Linda ó nordeste con Armenia, ó norte co mar Negro, ó oeste con Grecia, o mar Exeo e Bulgaria, ó sueste con Irán, e ó sur con Iraq, Siria e o mar Mediterráneo, ó leste con Xeorxia e Acerbaixán. O mar de Mármara, e os estreitos turcos do Bósforo é o Dardanelos, separan Europa de Asia, polo que Turquía está considerado un país transcontinental.

Debido á súa posición estratéxica, no medio do camiño entre Europa e Asia, así como ter tres Mares, Turquía foi un cruzamento histórico entre as culturas e civilizacións orientais e occidentais. Foi berce de varias civilizacións e o lugar no que se produciron moitas batallas no transcurso da historia.

Turquía é unha república democrática, secular e constitucional, cuxo sistema político foi estabelecido en 1923 baixo o liderado de Mustafa Kemal Atatürk, trala caída do Imperio Otomán após a Primeira Guerra Mundial. Dende aquela, Turquía integrouse cada vez máis con Occidente a través da afiliación a organizacións como o Consello de Europa (1949), a OTAN (1952), a OCDE (1961), a OSCE (1973) ou o Grupo dos 20 (1999). Turquía comezou as negociacións para a adhesión plena na Unión Europea no 2005, despois de ter sido membro asociado dende 1963, presentar a súa candidatura no 1987, e estando en vigor un acordo alfandegueiro dende o 1 de xaneiro do 1996. Tamén Turquía seguiu fomentando estreitas relacións políticas e económicas co mundo oriental, especialmente cos estados de Oriente Medio, Asia Central ou Asia Oriental.

Puntos cardinais e ordinais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.