Odoario (bispo)

Odoario, finado probablemente en 786, foi un bispo de Lugo e Braga entre 740 e 780.

Odoario
Nacemento750
Falecemento786
SoterradoLugo
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónbispo

Traxectoria

Fuxiu da diocese de Lugo coa chegada dos árabes (716) e volveu en 740 cando a reconquistou Afonso I o Católico. Consérvase o seu primeiro testamento de 15 de maio de 747, no que especifica a doazón a Santa María de Lugo, da cidade e doutros bens e igrexas. Este falso documento foi confeccionado probablemente no século XI. O segundo testamento, de 5 de xuño de 760 relata o seu nomeamento en África e a súa viaxe ata Lugo para reconstruíla e repoboala despois dos ataques musulmáns.

Véxase tamén

Bibliografía

Diocese católica latina de Lugo

A diocese de Lugo (en latín: Dioecesis Lucensis in Hispania) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. No ano 2004 contaba con 296.389 bautizados sobre 296.961 habitantes. Actualmente está presidida polo bispo Alfonso Carrasco Rouco.

Mosteiro de Santo Estevo de Atán

O mosteiro de Santo Estevo de Atán é unha edificación relixiosa que se atopa na marxe esquerda do río Miño, na parroquia de Atán, no concello de Pantón, da que practicamente só queda a igrexa. Está situado preto de terras asolagadas polo encoro dos Peares en plena Ribeira Sacra. Dende o seu emprazamento, a media ladeira, pode contemplarse na outra beira do río, e máis ou menos á mesma altura, cara á esquerda, a igrexa de San Xoán da Cova. Foi declarado monumento nacional por Decreto 2496 do 23 de agosto do 1975.

Odoario

O antropónimo masculino Odoario pode referirse a:

Odoario, bispo lugués do século VIII;

Odoario, rebelde galego do século IX.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.