Octavio Augusto

Gaius Iulius Caesar Octavianus Augustus, chamado tamén César Augusto e Octavio Augusto, nado en Veletri o 23 de setembro do 63 a. C. e falecido o 19 de agosto de 14 , foi o primeiro emperador romano. Era sobriño-neto de Xulio César. Tras a morte deste no 44 a. C. , empezou a loita contra o que fora o seu lugartenente, Marco Antonio; para isto contou co apoio de Cicerón e dos republicanos do Senado de Roma, que esperaban dividir os cesaristas enfrontándoos entre si. Casado con Livia, nai do seu sucesor (Tiberio), foi o iniciador da dinastía Xulia Claudia. Foi o primeiro en ser recoñecido como deus inmortal. Houbo rumores, non confirmados, de que morreu envelenado pola súa muller Livia.

Octavio Augusto
Emperador romano
Hw-augustus
Octavio Augusto
16 de xaneiro de 27 a. C.-19 de agosto de 14 d. C.

Reinado16 de xaneiro de 27 a.C.-19 de agosto de 14 d.C.
Nome completoGaius Octauius Thurinus
(ata a súa adopción por parte de Xulio César no 44 a.C.)
Gaius Iulius Caesar
(dende o 44 ao 27 a.C.
Gaius Iulius Caesar Octavianus Augustus
(dende o 27 a.C. ata a súa morte)
Nacemento23 de setembro do 63 a.C.
Roma (República Romana)
Falecemento19 de agosto de 14 d.C. (75 anos)
Nola (Imperio romano)
SepulturaMausoleo de Augusto
PredecesorCargo de nova creación
SucesorTiberio
ConsorteClodia Pulcra (?-40 a. C.)
Escribonia (40 a. C. 38 a. C.)
Livia Drusila (38  . C.-14 d. C.)
DescendenciaXulia a Maior;
Cayo César (adoptivo);
Lucio Xulio César (adoptivo);
Tiberio (adoptivo)
ProxenitoresCayo Octavio Turino; adoptado por Xulio César
Atia Balba Cesonia

Traxectoria

César Augusto, chamado Gaius Octauius Thurinus, naceu nunha rica familia da orde ecuestre (o seu avó foi banqueiro e o seu pai pretor de Macedonia). Por parte de nai era sobriño-neto de Xulio César, quen o adoptou no 45 a. C. e designouno herdeiro seu. É cando comeza a busca de Octavio polo poder. No día do asasinato do tío, Octavio atopábase en Atenas a estudar, cos seus amigos Mecenas e Agripa. con apenas 18 anos, Octavio parte para Roma. Ao chegar a Brundisio, a Décima Segunda Lexión xúralle lealdade e, en discurso ás tropas, Octavio declara ser fillo adoptivo de Xulio César. En Roma, Marco Antonio pide as tropas de Octavio en troca de protección e privilexios políticos, o que Octavio recusa, ao mesmo tempo que paga os legados do testamento de Xulio César co seu propio diñeiro e alíase con Cicerón. Este comeza a eloxiar a Octavio no Senado e a atacar a Marco Antonio.

Revolto coa alianza, Marco Antonio acusa publicamente a Octavio de planear o seu asasinato. Octavio publica entón unha resposta ridiculizando a acusación. Marco Antonio simplemente xunta todas as tropas que pode e fecha o cerco sobre Décimo Bruto en Módena. Tras derrotar a Marco Antonio na batalla de Módena, esixiu do Senado o nomeamento de cónsul, rexeitado pola súa mocidade -tiña só 20 anos-. Octavio foi obrigado a fuxir de Roma. Estableceuse temporalmente na Sabina, onde reuniu o seu estado maior e logo despois foi para Arezzo, onde recrutou tropas para invadir Roma coa forza das armas. Logo despois da invasión, Octavio foi elixido cónsul. Octavio fixo que a Corte sancionase a súa adopción por Xulio César, tornándose Caio Xulio César Octaviano (Gaius Iulius Caesar Octavianus) e pasando a ser coñecido como Octaviano.

Desde o ano -43 Octavio foi cónsul e fíxose outorgar poderes extraordinarios. Enfrontado ás resistencia dos republicanos Bruto e Casio, fortes en Oriente, Octavio decidiu aliarse cos seus antigos inimigos Marco Antonio e Lépido -43) e formar con eles o segundo triunvirato. Os tres defensores dos ideais republicanos xuntáronse na Batalla de Filipos, onde derrotaron os últimos asasinos aínda vivos de Xulio César, Caio Casio Lonxino e Bruto. Após a batalla, Octaviano coñeceu o poeta Virxilio e pasou a financiar a súa arte.

Marxinado Lépido, Octavio repartiuse o poder de feito con Marco Antonio, deixando a este último a zona oriental, mentres el permanecía en Roma e controlaba a parte occidental. O enfrontamento entre ambos conduciu á Guerra de Peruggia (-41), na que o xefe militar de Octavio, Marco Vipsanio Agripa, derrotou aos antonianos. A conferencia de Brindisi (-40) estableceu un novo repartimento de zonas de influencia entre os triunviros: Octavio dominaba en Occidente; Marco Antonio nun Oriente restrinxido, que alcanzaba só até o río Drin (en Albania); Lépido en África; e Italia considerábase neutralizada baixo o dominio conxunto dos triunviros.

O matrimonio entre a irmá de Octavio e Antonio selou a paz, que se mantivo durante catro anos. Ademais, no -39 Sexto Pompeio recibiu Sicilia, Sardeña, Córsega e Acaia, co compromiso de manter Roma abastecida de gran; pero no -36 Octavio tivo que se enfrontar a Sexto Pompeio, a quen derrotou na batalla de Nauloque, en Sicilia.

O goberno de Octavio fíxose popular en Occidente en virtude do seu impulso á agricultura e da integración das provincias con Roma. Mentres tanto, Marco Antonio sucumbira á influencia de Cleopatra VII de Exipto e practicaba unha política orientalizante, pouco propicia aos intereses romanos; Octavio explotou no seu favor esta circunstancia, declarando a guerra a Cleopatra no -32 («Guerra Ptolemaica»). Após a vitoria naval de Accio (-31), entrou en Alexandría, onde Marco Antonio e Cleopatra se suicidaron (-30). Coa anexión de Exipto, Octavio deu a Roma o control sobre todo o Mediterráneo.

Statue-Augustus
Estatua de Augusto.
Museos Vaticanos.

Aproveitando o seu prestixio, Octavio transformou o réxime político da República romana nunha especie de monarquía que recibe os nomes de Principado ou Imperio; o novo réxime consistía nun equilibrio de poder entre o Senado romano e o pobo romano, por unha banda, e o emperador e a súa casa, por outro. Inicialmente, fíxose renovar cada ano o mandato como cónsul en solitario, ao cal foi engadindo novos títulos que reafirmaron o seu poder:

  • princeps senatus (o primeiro dos senadores) no -28;
  • augustus (título relixioso que reflectía a súa misión divina) e imperator proconsularis da Galia, a Hispania e a Siria (o que lle outorgaba o mando militar) no -27;
  • tribuno vitalicio (con poder de veto sobre as decisións dos maxistrados) no -23;
  • cónsul vitalicio e prefecto dos costumes no -19;
  • sumo pontífice (xefe relixioso do Imperio) no -12; e
  • «pai da patria» no ano -2.

Aínda que rexeitou a súa divinización en vida, aproveitou no seu favor o culto dos xenios, fomentando un culto ao emperador que se converteu nun vínculo adicional entre os habitantes do Imperio. Paralelamente, reformou as institucións romanas, adaptándoas á necesidade de xestionar un imperio tan extenso: creou o Consello do Príncipe, órgano de goberno integrado por homes da súa confianza (Agripa, Mecenas); dividiu as provincias en senatoriais (confiadas a un gobernador sen mando militar nomeado polo Senado) e imperiais (gobernadas por un legado do emperador); reorganizou o sistema monetario e tamén o fiscal, someténdoo á súa xestión directa e facéndoo menos gravoso; protexeu o culto; favoreceu á orde ecuestre fronte á aristocracia senatorial; asegurou os límites do Imperio fronte aos partos e aos xermanos; e continuou a expansión na zona do Danubio e o mar Negro.

Entre as debilidades do seu poder destaca o non ter sucesor (non tivo fillos homes dos seus tres matrimonios); acabou por adoptar ao seu fillastro e xenro Tiberio (fillo da súa esposa Livia), ao cal asociou no poder desde o 13, e que o sucedería sen dificultade logo da súa morte.

No plano cultural o Século de Augusto foi moi produtivo e cheo de promesas creadoras, inaugurando unha época clásica para a arte europea, un clasicismo latino que, aínda no Renacemento, mil anos despois, estaría dando froitos. Augusto fundou bibliotecas públicas; a literatura latina, primitivamente influenciada polos gregos, adquiriu independencia e tornouse unha das máis brillantes do mundo occidental.

O mes agosto foi bautizado como Augustus na súa honra; até entón designábase Sextilis (ver Calendario romano).

Imperio Romano

Segue a:
Xulio César
Octavio Augusto
Precede a:
Tiberio
Dinastía Xulio-Claudia

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Ando, Clifford, Imperial ideology and provincial loyalty in the Roman Empire, University of California Press, 2000.
  • Bivar, A.D.H. (1983). "The Political History of Iran Under the Arsacids", in The Cambridge History of Iran (Vol 3:1), 21–99. Edited by Ehsan Yarshater. London, New York, New Rochelle, Melbourne, and Sydney: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-20092-9.
  • Blackburn, Bonnie and Holford-Strevens, Leofranc. (1999). The Oxford Companion to the Year. Oxford University Press. Reprinted with corrections 2003.
  • Bourne, Ella. "Augustus as a Letter-Writer", Transactions and Proceedings of the American Philological Association (Volume 49, 1918): 53–66.
  • Bowersock, G. W. (1990). "The Pontificate of Augustus". En Kurt A. Raaflaub and Mark Toher (eds.). Between Republic and Empire: Interpretations of Augustus and his Principate. Berkeley: University of California Press. pp. 380–394. ISBN 978-0-520-08447-6.
  • Eder, Walter. (2005). "Augustus and the Power of Tradition", in The Cambridge Companion to the Age of Augustus (Cambridge Companions to the Ancient World), ed. Karl Galinsky, 13–32. Cambridge, MA; New York: Cambridge University Press (hardcover, ISBN 978-0-521-80796-8; paperback, ISBN 978-0-521-00393-3).
  • Everitt, Anthony (2006) Augustus: The Life of Rome's First Emperor. Random House Books. ISBN 1-4000-6128-8.
  • Green, Peter (1990). Alexander to Actium: The Historical Evolution of the Hellenistic Age. Hellenistic Culture and Society. Berkeley, CA; Los Angeles; London: University of California Press. ISBN 9780520083493.

Ligazóns externas

23 de setembro

O 23 de setembro é o 266º día do ano do calendario gregoriano e o 267º nos anos bisestos. Quedan 99 días para finalizar o ano.

Accio

Accio (en grego Aktios, en latín Actium) é un promontorio ao norte de Acarnania (Grecia), na embocadura do Sinus Ambracius (golfo de Arta), ao oeste de Anactorion, fronte ao cal libráronse dúas batallas:

A primeira no ano -435, na qua a frota de Corinto enviada contra Corcira (Corfú) foi completamente destruída.

A segunda, e máis famosa, o 2 de setembro de -31 (723 de Roma), na que Octavio Augusto gañou á coalición entre Marco Antonio e a raíña Cleopatra de Exipto, que puxo fin á guerra civil de Roma e á República romana.No promontorio había un templo dedicado a Apolo, onde se facía un festival en honor do deus. Octavio Augusto contuíu na outra banda da costa a cidade chamada Nicópolis Actium (Nicópolis, do grego Niké, a Vitoria), e renovou o festival ou xogos alí instituídos (Ludi Actiaci), transferíndoos a Roma. Estes xogos, que constaban de exercicios ximnásticos, loitas a cabalo e concertos musicais, celebrábanse cada cinco anos.

A vitoria de Actium converteuse no punto de partida dunha época particular, denominada era actíaca (Actiaca Aera).

Agosto

Agosto é o oitavo mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días. Foi nomeado na honra do emperador romano Octavio Augusto (Octavianus Augustus). Anteriormente o mes tiña o nome de Sextilis, pois era o sexto mes do ano romano que empezaba en marzo, mais foi renomeado por ser o mes no que morreu Cleopatra.

En Galicia recibe tamén o nome de mes da Nosa Señora, por celebrarse o día 15 o día de Santa María.

Década de -40

A década de 40 a.C. abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 49 a.C. e remata o 31 de decembro de 40 a.C..

Galacia (provincia romana)

Galacia foi o nome dunha provincia romana do Imperio romano en Anatolia (moderna Turquía central). Fundada polo primeiro emperador, Octavio Augusto (30 a.C. - 14 d.C.), no 25 a.C., cubrindo a maior parte da antiga Galacia celta, coa súa capital en Ancara.

Baixo as reformas da tetrarquía de Diocleciano, as súas partes norte e sur dividíronse para formar a parte meridional da provincia de Paflagonia e da provincia de Licaonia, respectivamente.

No 398 d.C., durante o reinado de Arcadio, dividiuse nas provincias de "Galatia Prima" e "Galatia Secunda" ou "Salutaris". Galatia Prima cubriu a parte nordés da antiga provincia, mantendo Ancyra como a súa capital e estaba dirixida por un consularis. Salutaris formaba a metade suroeste da antiga provincia e estaba dirixida por un praeses, con sede en Pessinus. Ambas provincias formaron parte da diocese de Pontus. As provincias reuníficáronse brevemente no 536–548 baixo Xustiniano I. Aínda que a área foi finalmente incorporada ao novo "thema" de Anatolikon na segunda metade do século VII, os trazos da antiga administración provincial sobreviviron ata o inicio do século VIII.

Gallia Aquitania

A Gallia Aquitania (Galia Aquitania ou Galia Aquitana) foi unha das tres provincias (Aquitania, Bélxica e Lionesa) creadas na Galia por Octavio Augusto no ano 27. O seu territorio, inicialmente limitado ao triángulo Pireneos - Océano Atlántico - Garona, foi aumentado cunha parte da Galia central, até o río Loira.

Gallia Belgica

A provincia romana da Gallia Belgica (Galia Belga) do principio do período imperial correspondíase practicamente co conxunto territorial das tribos da antiga Federación belga, é dicir, os territorios situados entre o Rin e o Sena, aos que Xulio César lles daba o nome de Belgium. Ao principio, a capital da provincia foi Reims e despois, nunha data indeterminada (pero probabelmente non antes do final do Baixo Imperio Romano), a capital pasou para Tréveris. Na época de Octavio Augusto, a provincia de Bélxica incluía os seguintes territorios tribais ou ciuitates:

Ciuitas Remorum, capital Durocorter (Reims)

Ciuitas Siluanectum, capital Augustomagus(Senlis)

Ciuitas Suessionum, capital Augusta Suessionum (Soissons)

Ciuitas Bellouacorum, capital Caesaromagus (Beauvais)

Ciuitas Ambianorum, capital Samarobriua (Amiens)

Ciuitas Viromanduorum, capital Augusta Viromanduorum (San Quintín)

Ciuitas Atrebatium, capital Nemetacum (Arrás)

Ciuitas Neruiorum, capital Bagacum (Bavay)

Ciuitas Leucorum, capital Tullum Leucorum (Toul)

Ciuitas Treuerorum, capital Augusta Treuerorum (Tréveris)

Ciuitas Mediomatricorum, capital Diuidorum (Metz)As fronteiras da provincia belga, tanto coa Galia Lionesa como coa Xermania, non están claras a principios do período imperial. Parece que as tribos dos Tongres, Lingones, Sequanos e Helvecios fixeron parte da provincia de Galia Belga nos inicios do período imperial.

O primeiro acontecemento que vén clarificar estes límites, aínda que na realidade se trata dunha mudanza dos mesmos, é a creación polo emperador Domiciano de dous novos distritos, que axiña pasan a ser as dúas provincias de Xermania: a Xermania inferior e a Xermania superior. Esta medida sitúase entre os anos 82 e 90. A creación destas provincias concrétase pola perda definitiva do territorio das tribos antes mencionadas.

A outra gran reforma territorial que afectou a Bélxica romana data, como no resto do Imperio, do 297: a reorganización territorial introducida por Diocleciano tivo como consecuencia a división da provincia en dúas. As dúas novas provincias toman os nomes de Belgica Prima e de Belgica Secunda, cuxos límites son ben coñecidos.

Gallia Lugdunensis

A Gallia Lugdunensis (Galia Lionesa) era unha das tres provincias (Aquitania, Bélxica e Lionesa) en que se dividía a Galia romana creadas por Octavio Augusto en 27 adC. Integraba unha banda territorial que ía desde Lugdunum (Lión), a capital da provincia, até a Armórica, as actuais Bretaña e Normandía, incluíndo todo o val do Loira.

Imperio Romano

O Imperio romano (en latín: imperium romanum) foi un imperio da antigüidade sucesor da República Romana e caracterizado por un sistema autocrático. Gobernou extensas terras ao longo de Europa e o Mediterráneo. Durante o mandato de Traxano abarcaba, de oeste a leste, dende o océano Atlántico até as beiras do mar Caspio, o mar Vermello e o golfo Pérsico e, de norte a sur, dende as fragas dos ríos Rin e Danubio e a fronteira con Caledonia até o deserto do Sahara. A súa superficie máxima estimada foi duns 6,5 millóns de km².

O imperio xurdiu trala da vitoria de Octavio Augusto sobre Marco Antonio no ano 27 a.C. Aínda que Octavio nunca se proclamou emperador, de feito, asumiu tódolos poderes do Estado e inaugurou a primeira dinastía de emperadores, a dinastía Xulia-Claudia. O Imperio foi destruído definitivamente no ano 476 tras a caída de Roma nas mans dos bárbaros. Aínda que Octavio non aboliu legalmente a República e compartía o poder co Senado, na realidade era el quen tomaba as decisións. O Imperio estableceu novas estruturas económicas, políticas e relixiosas para administrar un territorio cada vez máis grande. Octavio adoptou ao seu fillastro Tiberio ao que seguiron varias dinastías de emperadores.

Baixo o mando de Constantino I, no século IV, o cristianismo converteuse na relixión preponderante do Imperio. O emperador Xuliano o Apóstata tentou volver ao paganismo, pero con Teodosio I o cristianismo asentouse definitivamente nun Imperio que á súa morte, de feito, xa estaba invadido polos bárbaros e se desmembrou. Finalmente, no ano 476 Roma caeu nas mans dos visigodos ao mando de Alarico, só sobreviviu o Imperio Romano de Oriente, até que en 1453 os turcos tomaron Constantinopla.

Mecenas

Caius Cilnius Maecenas nado en Arezzo, probablemente o 15 de abril do 69 a. C. e falecido probablemente no ano 8 antes da nosa era, foi un estadista romano e patrono das letras.

Mecenas descendía dunha familia etrusca antiga e nobre. Foi conselleiro, colaborador e amigo de Octavio Augusto, a quen mesmo substituíu durante as súas ausencias de Italia. Posteriormente a relación arrefriou, posibelmente porque Augusto tivo un affaire coa muller de Mecenas, Terencia, mais no seu testamento designouno único herdeiro. Actuou como mediador nos tratados de Brindisi (40 a. C.) e Taranto (37 a. C.).

Mecenas foi unha figura chave na vida literaria da época augusta. Animou a súa política cultural, ao protexer e dirixir os creadores de máis prestixio, como Virxilio (quen lle dedicou as Xeórxicas), Horacio (a quen lle regalou Vila Sabina), Propercio, Varius Rufus, Plotius Tucca, Valgius Rufus ou Domitius Marsus.

É autor de obras en prosa (Prometeo, Simposio, In Octaviam, De cultu suo) e en verso, das que se conservan uns vinte fragmentos.

Outeiro Palatino

O outeiro Palatino (en latín: Collis Palatium ou Mons Palatinus; en italiano: Palatino) é o máis central dos sete outeiros de Roma e unha das partes máis antigas da cidade. Érguese 40 metros por enriba do Foro Romano, ó cal ten nun dos seus lados, tendo no outro o Circo Máximo.

No tempo de Octavio Augusto construíronse moitos pazos imperiais e por iso converteuse na orixe etimolóxica da verba palacio.

República Romana

Para os Estados modernos do mesmo nome, véxase República Romana (1798-1799) e República Romana (1849).

A República Romana (Res Publica Romanorum, en latín) foi o goberno representativo de Roma e os seus territorios dende o ano 510 a.C. ata o establecemento do Imperio Romano no 27 a.C.

Século I

século I adC < século I > século II

Período de tempo que abrangue dende o 1 de xaneiro do ano 1 ata o 31 de decembro do ano 100 da era cristiá.

Acontecementos importantes

Os descendentes de Octavio Augusto da dinastía Xulia Claudia, continúan a expansión das posesións romanas. Tras Nerón -derradeiro emperador da dinastía Xulia Claudia- volve a guerra civil a Roma.

Xesús de Nazaret Mesías da relixión cristiá nace (1) en Palestina, comeza a expansión do Cristianismo. Paulo de Tarso chega a Roma coas ensinanzas do cristianismo.

79, unha erupción do Vesuvio cobre de cinzas e magma as cidades de Pompeia e Herculano.Personaxes destacadas

Xesús de Nazaret.

Tiberio.

Paulo de Tarso.

Calígula.

Claudio.

Nerón.

Tiberio

Tiberio Claudio Nerón (en Latín: Tiberius Claudius Nero), nado en Roma o 16 de novembro de 42 a. C. e finado o 16 de marzo de 37 d. C. na súa vila de Lúculo, foi un emperador romano da Dinastía Xulio-Claudia.

Xermania Inferior

A Xermania Inferior foi unha provincia romana que ocupaba os territorios dos actuais Países Baixos e noroeste de Alemaña, sendo a súa fronteira oriental o río Rin (en latín Rhenus).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.