Oceanografía

A oceanografía (tamén chamada oceanoloxía ou ciencias do mar) é a ciencia que estuda os océanos, procurando comprender, describir e prever os procesos que ocorren neste ambiente. A oceanografía ten carácter multidisciplinar e estuda os océanos baixo catro aspectos principais: físico, químico, biolóxico, xeolóxico.

Historia

A primeira vez en que se utilizou a palabra oceanografía foi no ano de 1584, do francés océanographie, mais tivo vida curta. Moito despois, no ano 1880 retorna ao alemán na forma Oceanographie. Nesa mesma época xorde ao mesmo tempo noutras linguas, oceanography, en inglés; oceanografía, en español. Na lingua portuguesa, a palabra oceanografía aparece tamén no final do século XIX.

A formación desta palabra basouse no vocábulo xeografía. Sobre o modelo da palabra xeoloxía atopase oceanoloxía, rexistrada pola primeira vez na lingua inglesa - oceanology - en 1864. Hai algúns que defenden a definición máis completa de oceanoloxía, por significar o estudo dos océanos ou ciencia dos océanos, pero a forma que gañou máis popularidade foi oceanografía que, na verdade é a representación dos océanos.

O comezo da oceanografía como unha ciencia propiamente dita comeza de feito en 1872, cando C. W. Thomson e John Murray (oceanógrafo) fixeron a expedición Challenger (1872-76). Foi por volta desta época que varias nacións concluíran (vendo o océano como rota comercial) que elas deberían investir no estudo dos océanos. Varias nacións enviaron expedicións (así como algúns individuos e institucións privadas), e institutos dedicados ao estudo da oceanografía criaronse. Os dous institutos máis coñecidos nos Estados Unidos son o Scripps Institution of Oceanography e o Woods Hole Oceanographic Institution. Na Gran Bretaña, unha grande e nova institución de investigación é a Southamptom Oceanography Centre. No Brasil, a institución de oceanografía máis antiga e tradicional é o Insituto Oceanográfico, da Universidade de São Paulo (USP). O primeiro curso de graduación en Oceanografía no Brasil implantouse en 1971 na Fundación Universidade Federal de Río Grande (http://www.furg.br/).

Oceanografía física

A oceanografía física é o ramo da oceanografía que estuda os procesos físicos nos océanos e as súas relacións coa atmosfera. A oceanografía física ocúpase das características das masas de auga oceánicas e investigación fenómenos como: correntes mariñas, mareas, ondas, vórtices etc. A oceanografía física usa coñecementos da mecánica dos fluidos para comprender e prever o comportamento da circulación oceánica, a través de modelos hidrodinámicos. (Teoría do Tchutz, Oceanógrafro Alemán)

Un dos fenómenos máis importantes é a resurxencia pola súa importancia para a vida dos organismos mariños. A resurxencia consiste na subida de augas profundas para rexións menos profundas do océano.

A oceanografía física xuntamente coa meteoroloxía fornece moitas informacións sobre o funcionamento da dinámica climática mundial, buscando comprender fenómenos como a Oscilación Sur de El Niño (OSEN, ou ENSO, en inglés - El Niño Southern Oscillation).

Oceanografía química

A oceanografía química é un ramo menor na oceanografía que estuda a química dos océanos como un todo, visando asuntos como a composición química, concentracción de compostos na auga e a xeoquímica dos océanos.

Oceanografía biolóxica

A oceanografía biolóxica estuda a biota e a ecoloxía dos océanos, buscando comprender os mecanismos biolóxicos que funcionan nos océanos. A oceanografía biolóxica difire da bioloxía mariña por estudar os organismos mariños cun enfoque máis ecolóxico, relacionado coa física, a química e a xeoloxía do océano.

Na oceanografía biolóxica se dividen os organismos mariños en tres categorías: plancto, nécton e bentos. O plancto fórmase polos organismos que viven na columna de auga sen conseguiren nadar contra as correntes mariñas. O necton é constituído polos organismos que ten boa capacidade natatoria, non dependendo de correntes para moverense. O bentos fórmase polos organismos que viven no substrato, fixados ou non.

Oceanografía xeolóxica

A oceanografía xeolóxica é o ramo da oceanografía que se vale da xeoloxía para estudar os procesos xeolóxicos que se dan no océano. A oceanografía xeolóxica estuda tópicos como: xenese dos océanos, sedimentación mariña, xeomorfoloxía, formación de feicións xeolóxicas, entre outros. A oceanografía xeolóxica ten grande aplicabilidade na exploración do petróleo e de recursos minerais mariños.

Consulte informacións sobre os océanos:

Ciencias relacionadas:

Principais oceanógrafos

  • Harald Sverdrup
  • V. Walfrid Ekman
  • Jacques Yves Cousteau: malia non ser oceanógrafo no sentido literal, Cousteau foi o principal popularizador da oceanografía a través dos seus coñecidos documentais de televisión.
  • Charles David Keeling

Véxase tamén

Outros artigos

Auga do mar

A auga do mar é unha solución baseada en auga que compón os océanos e mares da Terra. É salgada pola concentración de sales minerais disoltas que contén, un 35ppm (3,5%) como media, entre as que predomina o cloruro sódico, tamén coñecido como sal de mesa. O océano contén un 97,25% do total de auga que forma a hidrosfera.

Auga salobre

Auga salobre é aquela que ten máis sales disolvidos que a auga doce e menos que a auga do mar.

Corrente oceánica

A corrente oceánica ou mariña é un movemento de traslación, continuado e permanente dunha masa de auga determinada.

Correntes oceánicas en oceanografía son deslocamentos de augas oceánicas, ordenadas ou non, producidas pola inercia da rotación do planeta Terra. Os seus movementos non son ben definidos por haber continentes e illas ao longo do seu percorrido, polo tanto, corren en diversas direccións. Inflúen na pesca, na vida mariña e no clima.

As correntes mariñas presentan unha dirección distinta á do vento. O seu encontro con este, pode provocar variacións climáticas (Véxase clima). Polo xeral, nunha zona en que haxa, por exemplo, unha corrente mariña que vaia cara ó norte e teña ó leste un continente, cambiará a temperatura do vento do oeste, no caso de que este exista. Se a corrente mariña que se dirixe cara ó norte é fría, o vento do oeste (que viña de augas mas cálidas) vaise a arrefríar, de maneira tal que a humidade tomada das augas máis cálidas, se condensará, chovendo así sobre a corrente mariña. Cando o vento chega ó continente, chega seco.

Polo xeral, todo sector de terra que se encontre xunto a unha corrente mariña que free o vento, será seco.

As correntes oceánicas poden ter percorridos de miles de quilómetros. Inflúen determinantemente no clima dos continentes, sobre todo nas rexións que bordean os océanos. En particular a corrente do Golfo ou Gulf Stream, que nace no mar Caribe, proporciónalle á zona noroccidental de Europa uns invernos moito máis benignos do que lle correspondería pola súa latitude. Un exemplo oposto é o arrefriamento das illas Hawaii pola corrente de California.

Demersal

Demersal é un adxectivo que cualifica a aqueles animais, especialmente aos peixes, que viven cerca do fondo do mar. O termo cuñouse durante o século XIX, e deriva do latín demersus, participio de demergere, que significa "afundir", "somerxer".

Os peixes demersais divídense principalmente en dous tipos:

Bentónicos, que son aqueles que viven constantemente sobre o fondo do mar, e

Bentopeláxicos, que son os que nadan por riba do fondo.A fauna demersal vive na auga, pero na proximidade immediata do bentos, onde se alimenta. Ademais dos peixes, a fauna demersal comprende tamén animais invertebrados, especialmente crustáceos e moluscos (como os cefalópodos)

Fernando de Buen y Lozano

Fernando de Buen y Lozano, nado en Barcelona o 10 de outubro de 1895 e finado o 6 de maio de 1962, foi un ictiólogo e oceanógrafo español.

Iceberg

Un iceberg é unha illa de xeo procedente da fragmentación de xeo polar, que sempre procede dos continentes e que é arrastrada cara a latitudes máis baixas, ás veces axudadas polas correntes mariñas frías de orixe ártica, como é o caso da Corrente do Labrador ou de Groenlandia. Dun iceberg sobresae da auga só unha oitava parte o seu volume total, polo que estas masas xélidas constitúen un perigo para a navegación marítima, xa que poden acadar dimensións enormes.

Instituto Español de Oceanografía

O Instituto Español de Oceanografía (IEO) é un organismo autónomo dependente do Ministerio de Educación de España dedicado á investigación científica oceanográfica e ó asesoramento do goberno nas materias da súa competencia, como a xestión racional e a protección do medio mariño.

A súa publicación principal é o Boletín. Instituto Español de Oceanografía, unha revista científica de resultados que se publica, aínda que con distintas cabeceiras, desde 1916.

Mar

O mar é un gran corpo de auga salgada rodeado por terra en parte ou na súa totalidade. Máis amplamente, mar - como un artigo definido - é o sistema interconectado de augas dos océanos, considerando estes un océano global e o conxunto das varias divisións oceánicas principais. O mar modera o clima da Terra e desempeña importante papel nos ciclos da auga, do carbono e do nitróxeno. Aínda que foi canle para viaxes e exploracións desde a prehistoria, o seu estudio científico contemporáneo, a oceanografía, data da expedición Challenger británica, durante a década de 1870. O mar está, por convención, dividido en cinco grandes seccións oceánicas, entre elas as catro instituídas pola OHI, que son o Atlántico, Pacífico, Índico e Ártico, máis o Antártico, seccións menores de segunda orde, como o Mediterráneo, son coñecidos como mares, así mesmo o termo tamén se usa para grandes lagos salinos que non teñen saída natural, como o mar Caspio, o mar de Aral e máis o mar Morto.

Debido o actual estado da deriva continental, o hemisferio norte configúrase cunha división equitativa entre a terra e o mar (con unha proporción de 2:3), mentres que no hemisferio sur é predominantemente oceánico (1:4,7). A salinidade en alta mar é, en xeral, de aproximadamente o 3.5% da masa, non obstante iso varia en augas pechadas, na proximidade da desembocadura de grandes ríos ou a grandes profundidades. Preto do 85% dos sólidos en mar aberto son cloruro de sodio. As correntes de augas profundas xorden a partir de diferenzas salinas e de temperatura; as correntes de superficie, á súa vez, están formadas polo rozamento das ondas producidas polos ventos e mareas. Os cambios na altura do nivel do mar orixínanse a partir da gravidade da Lúa e do Sol. As correntes mariñas son atribuída ás masas de terra de superficie e submarinas así como a rotación da Terra (Forza de Coriolis).

Antigos cambios nos niveis mariños provocaron a formación de plataformas continentais, áreas planas próximas á terra. Estas augas son ricas en nutrientes, e abundantes en vida, provendo aos humanos de materias esenciais para a súa alimentación -sobre todo peixes, pero tamén mariscos, mamíferos e macroalgas, por exemplo- que se recollen tanto en estado salvaxe como cultivados en viveiros. En áreas tropicais moi diversas os mares rodean grandes arrecifes de coral. A caza de baleas foi unha actividade moi común, pero a redución das cifras destes animais induciu a aparición de esforzos internacionais de conservación e unha consecuente moratoria á maior parte da caza comercial. A oceanografía estableceu que non toda a forma de vida marítima está restrinxida a augas de superficie iluminada polo Sol; mesmo a grandes profundidades e presión, os nutrientes que flúen de fontes hidrotermais manteñen o seu propio e único ecosistema. A vida pode que comezara alí neses lugares, xa que os microorganismos acuáticos están xeralmente acreditados como o grande evento de osixenación da atmosfera terrestre. Crese que tanto vexetais como animais terían evolucionado a partir dos mares.

O mar é un dos elementos esenciais do comercio, do transporte, da extracción mineral, de xeración de enerxía. Isto tamén fai que sexa esencial para as guerras, ademais, e é un factor determinante na exposición de grandes cidades e poboacións a terremotos e volcáns debido a fallas xeolóxicas próximas que poden producir grandes ondas e tsunamis; así como dos ciclóns e furacáns producidos nas zonas tropicais.

Marea

O termo marea refírese ao movemento periódico do nivel das augas dos mares e océanos, que soben e baixan alternadamente dúas veces por día, provocado pola interferencia da Lúa e do Sol sobre o campo gravitatorio da Terra. Nun senso xeral, marea pode definirse como os fenómenos experimentados nun corpo debido á perturbación do campo gravitatorio causado pola interferencia dun ou máis corpos externos.

Nivel medio do mar

Nivel medio do mar (por veces abreviado como nivel do mar) é a altitude media da superficie do mar medida en relación a unha superficie terrestre de referencia. O nivel medio do mar é á súa vez utilizado como punto de referencia a partir do cal se miden as altitudes dos accidentes topográficos e se marcan as curvas de nivel e as altitudes nos mapas e cartas mariñas. Un concepto relacionado é o de cero hidrográfico, en xeral utilizado en hidrografía costeira e na medición de profundidades de portos e barras. Na maior parte dos casos faise coincidir o cero hidrográfico co nivel medio do mar ou ten con el unha relación simple e constante.

Océano

Para o deus mitolóxico Océano véxase Océano.

Un océano (do grego: Ωκεανός, Okeanós, 'océano') é unha grande extensión de auga salgada, que cobre case tres cuartas partes da superficie do planeta Terra, sendo o principal compoñente da hidrosfera. Aproximadamente o 70% da superficie da Terra (uns 361 millóns de quilómetros cadrados) está composta por océano, unha extensión continua de auga que se acostuma a dividir en varios océanos e en mares máis pequenos. Máis da metade desta área supera os 3.000 metros de profundidade. A salinidade media é arredor de 35 partes por mil, oscilando basicamente entre 31 e 38 partes por mil.

Onda (mar)

As ondas do mar son ondas que se desprazan a través da superficie de mares, océanos, ríos, lagos, canles etc.

Peláxico

O adxectivo peláxico refírese ás zonas do mar moi distantes da terra, ou aos seres

que viven nas zonas máis profundas do mar.O termo deriva do grego antigo πέλαγος pélagos, "mar aberto", é dicir, a parte dos océanos que están sobre a zona peláxica, ou sexa, a columna de auga do océano que non está sobre a plataforma continental. Os organismos que habitan esta área denomínanse, por tanto, peláxicos.

En contraste, a zona demersal comprende as augas achegadas á costa. Este último nome deriva do latín demergere, "somerxer", por ser a zona onde se pode un percibir o fondo para mergullarse.

Denomínase zona abisal ou zona abisopeláxica a un dos niveis nos que está dividido o océano segundo a súa profundidade; está por debaixo da zona batial ou zona batipeláxica, e por riba da zona hadopeláxica ou zona hadal, e corresponde ao espazo oceánico entre os 3.000 e os 6.000 m de profundidade. É unha zona escura, onde a luz solar non chega.

Plancto

En ecoloxía denomínase plancto ao conxunto de organismos de moi pequeno tamaño, principalmente microscópicos, que viven nas augas salgadas ou doces e que, por seren incapaces de nadar contra a corrente, flotan e son arrastrados polas correntes.O plancto tipicamente flúe coas correntes de auga. Mentres que algunhas formas son capaces de realizar movementos independentes e poden nadar verticalmente centos de metros nun só día (comportamento denominado migración vertical diaria), a súa posición horizontal está determinada principalmente polas correntes.

Isto fai que se distinga do necto, o conxunto de organismos que son nadadores activos; do bentos, conxunto dos organismos que habitan o fondo dos ecosistemas acuáticos, e do neusto, conxunto dos organismos que viven na interface ou límite da auga co aire, é dicir, na superficie.

Os organismos que forman o plancto comprenden a todos os animais, plantas, archaea, algas, e bacterias que habitan na zona peláxica de océanos, mares, lagos, ríos ou outros corpos de auga. É dicir, o plancto defínese polo seu nicho ecolóxico, non pola clasificación taxonómica ou filoxenética.

Os organismos que o compoñen proporcionan unha fonte crucial de alimentos a moitos outros organismos acuáticos, grandes ou pequenos, como peixes e baleas, entre outros.

Salinidade

A salinidade é o contido de sal disolto nun corpo de auga. Dito doutra maneira, é válida a expresión salinidade para referirse ó contido salino en solos ou en auga. O sabor salgado da auga débese a que contén cloruro de sodio. A porcentaxe media que existe nos océanos é de 35 gramos por cada litro de auga. Ademais esta salinidade varía segundo a intensidade da evaporación ou se a achega de auga doce dos ríos aumenta en relación á cantidade de auga. A acción e efecto de variar a salinidade denomínase salgadura.

World Register of Marine Species

O World Register of Marine Species (WoRMS, en galego Rexistro Mundial de Especies Mariñas) é unha base de datos que inclúe unha exhaustiva lista de nomes de organismos mariños. O contido do rexistro é editado e mantido por científicos especialistas en cada grupo de organismos. Estes taxonomistas controlan a calidade da información, que é reunida desde varias bases de datos rexionais ou específicas por taxon. WoRMS mostra os nomes válidos de tódolos organismos mariños coñecidos, pero tamén contén información sobre sinónimos e nomes incorrectos.

WoRMS foi fundada en 2008, recibindo fondos principalmente da Unión Europea. Manter ao día a base de datos é unha tarefa inxente, non só pola cantidade de información, senón porque constantemente novas especies son descubertas e descritas. Para o ano 2010 esperábase ter a base de datos completamente actualizada.En novembro do 2011, WoRMS tiña 212.633 especies mariñas válidas, das cales 191.155 estaban revisadas. O seu obxectivo é conseguir os datos das 240.000 especies mariñas estimadas no mundo.

Zooplancto

Tradicionalmente dividiuse a comunidade planctónica en fitoplancto ou plancto vexetal e en zooplancto ou plancto animal.Denomínase zooplancto á fracción do plancto constituída por seres que se alimentan por inxestión, de materia orgánica xa elaborada. Intégrana protozoos, é dicir, protistas diversos, fagótrofos que engloban o alimento fagocitándoo, e tamén por larvas de animais máis grandes, como esponxas, vermes, equinodermos, moluscos ou crustáceos e doutros artrópodos acuáticos, así como formas adultas de pequeno tamaño de crustáceos como copépodos ou cladóceros, rotíferos e fases xuvenís de peixes.

Son heterótrofos que oupan na cadea trófica as primeiras posicións de consumidores, alimentándose dos produtores primarios (compoñentes do fitoplancto), de organismos descompoñedores (como bacterias) ou doutros compoñentes do zooplancto. Algúns se alimentan de residuos orgánicos particulados.

En moits casos os integrantes do zooplancto gardan unha gran proximidade sistemática con outros do fitoplancto, ás veces incluso son do mesmo xénero. Por exemplo, moitas algas unicelulares flaxeladas simultanean ou alternan a fotosíntese coa inxestión de alimentos orgánicos.

Ángeles Alvariño

María de los Ángeles Alvariño González, nada en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916 e finada en La Jolla (San Diego) o 29 de maio de 2005 e coñecida como Ángeles Alvariño, foi unha zoóloga, oceanógrafa e mestra galega que liderou o comezo a investigación oceanográfica global. Destacou por describir 22 novas especies de zooplancto mariño, o seu coñecemento dos quetognatos e por crear novos indicadores das condicións mariñas. Comezou a súa carreira de investigación no Instituto Español de Oceanografía en Madrid e Vigo. A súa seguinte estadía foi a Laboratorio Mariño de Plymouth. Alí converteuse na primeira muller que participou como científica nunha expedición oceanográfica mundial, pois en 1953-1954 participou como investigadora na expedición do buque británico Sarsia. Desde 1956 ata o remate da súa carreira continuou a súa investigación nos Estados Unidos no Instituto Oceanográfico Scripps e no centro de investigación en pesca da NOAA.Ángeles Alvariño recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1993 e foi a figura que escolleu a Real Academia Galega de Ciencias para conmemorar o día 1 de xuño, o Día da Ciencia en Galicia, do 2015. O Instituto Español de Oceanografía botou un buque en 2012 que leva o seu nome.

Organismos mariños

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.