Oca, Coristanco

San Martiño de Oca é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 482 habitantes (243 mulleres e 239 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 627 habitantes.

Coordenadas: 43°12′00″N 8°43′43″O / 43.20006, -8.72851

Oca
Puente Lubians
Ponte Lubiáns.
ConcelloCoristanco
Área5,56 km²
Poboación482 hab. (2018)
Densidade86,69 hab./km²
Entidades de poboación10

Xeografía

Separada de Carballo polos ríos Grande e Rosende e de Sísamo polo Anllóns, a hidrografía cobra unha especial importancia nesta zona.

A parroquia está ben comunicada co resto das parroquias e cos centros comerciais e administrativos.

Patrimonio

A ponte Lubiáns, sobre o río Rosende, foi construída durante a Romanización de Galicia e reformada na idade media. Nela hai un altar dedicado ao deus Cosus, protector das colleitas do agro. De grande importancia é tamén o Castro de Oca, de orixe celta.

Destaca tamén a Igrexa parroquial de San Martiño de Oca onde se venera o Santísimo Sacramento, San Brais, a Virxe da Candelaria, a Virxe do Corpiño, Santa Lucía e o propio San Martiño, os cales atraen numerosos fregueses.

Festas

Na parroquia coristanquesa de Oca celébranse ao longo do ano numerosas festas, entre as que destacan:

-Virxe da Candelaria (2 de febreiro)

-San Brais (3 de febreiro)

-San Antonio (13 de xuño)

-Virxe do Corpiño (1º fin de semana de xullo)

-Santísimo Sacramento (2º fin de semana de setembro)

-San Martiño, patrón de Oca (11 de novembro)

-Santa Lucía (13 de decembro)

Lugares e parroquias

Parroquias de Coristanco

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Miñata, Oca, Coristanco

A Miñata é un lugar da parroquia de Oca no concello coruñés de Coristanco na Comarca de Bergantiños. Tiña 80 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 40 homes e 40 mulleres.

Carantos, Oca, Coristanco

Carantos é un lugar da parroquia de Oca, no concello coruñés de Coristanco na Comarca de Bergantiños. Tiña 51 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 26 homes e 25 mulleres.

Codesido, Oca, Coristanco

Codesido é un lugar da parroquia de Oca, no concello coruñés de Coristanco na Comarca de Bergantiños. Tiña 88 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 47 homes e 41 mulleres.

Montecelo, Oca, Coristanco

Montecelo é un lugar da parroquia de Oca, no concello coruñés de Coristanco na Comarca de Bergantiños. Tiña 87 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 42 homes e 45 mulleres.

O Canal, Oca, Coristanco

O Canal é un lugar da parroquia de Oca, no concello coruñés de Coristanco na Comarca de Bergantiños. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2018 tiña 5 habitantes (3 homes e 2 mulleres).

O Capelán, Oca, Coristanco

O Capelán é un lugar da parroquia de Oca, no concello coruñés de Coristanco na Comarca de Bergantiños. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2018 tiña 63 habitantes (29 homes e 34 mulleres).

O Porto, Oca, Coristanco

O Porto é un lugar da parroquia de Oca, no concello coruñés de Coristanco na Comarca de Bergantiños.

Oca, Oca, Coristanco

Oca é un lugar da parroquia de Oca, no concello coruñés de Coristanco na Comarca de Bergantiños. Tiña 84 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 39 homes e 45 mulleres.

Podrizo, Oca, Coristanco

Podrizo é un lugar da parroquia de Oca, no concello coruñés de Coristanco na Comarca de Bergantiños. Tiña 24 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 13 homes e 11 mulleres.

Portugal, Oca, Coristanco

Portugal é un lugar da parroquia de Oca, no concello coruñés de Coristanco na Comarca de Bergantiños.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.