Océano Atlántico

O océano Atlántico[1] é o océano que separa Europa e África, ao leste, de América, ao oeste. Ten unha área de 82.400.000 km² (106.200.000 km², incluíndo os mares locais como o mar Mediterráneo, o que corresponde a aproximadamente un terzo das augas oceánicas mundiais).

Océano Atlántico
Clouds over the Atlantic Ocean
Localización xeográfica
ContinenteAmérica, África e Europa
Coordenadas0°N 25°O / 0, -25Coordenadas: 0°N 25°O / 0, -25
Xeografía
Mares contiguosBáltico, Caribe, de Groenlandia, Mediterráneo, Negro, do Norte, de Noruega, Cantábrico e golfos de México, Venezuela, Arxentino, Escocia e San Lourenzo
Características
Superficie106.460.000 km²
Atlántico norte: 41.490.000 km²,
Atlántico sur 40.270.000 km²
Lonxitude máxima14.700 km (N-S)
Anchura máxima4 870 km (media)
11 800 km (máx., golfo de México-Mar Negro)
Anchura mínima2 848 km (Brasil-Liberia)
Lonxitude costa111 866 km
Profundiade máxima8486 m. (Fosa de Porto Rico)
Profundidade media3646 m.
Capacidade310.410.900 km3
Outros datos
Costas111,866 km (69,510 mi) incluíndo mares marxinais.
Salinidade12 g.L-1
Mapa
Atlantico Oceano.(gl)(es)

Situación do Atlántico Norte e o Atlántico Sur no globo terráqueo.

Xeografía

O océano Atlántico, o segundo do mundo en superficie e case enteiramente localizado no hemisferio occidental, alóngase no sentido norte-sur. cunha forma que lembra un S, comunícase co océano Ártico polo estreito da Islandia; co océano Pacífico e co océano Índico pola ampla pasaxe que se abre entre a América, a África e a Antártida, nas altas latitudes austrais. No hemisferio Norte, as costas continentais, moi recortadas, delimitan numerosos mares anexos (canal da Mancha, mar do Norte, mar Báltico, mar Mediterráneo, mar das Antillas). Ao sur, ao contrario, as costas son máis ben rectilíneas.

O fondo oceánico presenta unha disposición regular: a plataforma continental, ampla ao longo das costas da Europa, da América do Norte e da porción meridional da América do Sur, estreitase nas costas da África e do Brasil; unha enorme cadea de montañas submarinas, a dorsal mesoatlántica, esténdese ao longo do océano; entre ela e os continentes ábrense unha serie de cuncas de 6.000 a 7.000 m de profundidade (cuncas americana, brasileira e arxentina, a oeste; cuncas escandinava, da Europa Occidental, da Guinea, de Angola e do Cabo, a leste). A crista dorsal é sucada en toda a súa extensión por unha gran fosa tectónica (rift), que secciona no sentido lonxitudinal. Área de constante inestabilidade xeolóxica, provocada pola continua emisión de material ígneo, é obxecto de estudos xeolóxicos que analizan os procesos de formación e evolución das placas tectonicas, ou sexa, da codia terrestre. A crista da dorsal mesoatlántica situase xeralmente entre -3.000 e -1.500 m, mais emerxe nalgúns puntos, formando illas: Jan Mayen, Islandia, Azores, Ascensión, Tristán da Cuña. Nas latitudes ecuatoriais, a dorsal é cortada por fallas transversais que determinan fosas abisais (fosa da Romanche. -7.758 m). Nas outras porcións do Atlántico as fosas son raras: situanse nas Antillas (Caimáns e Porto Rico - a máis profunda con -9.218 m) e nas illas Sandwich do Sur (-8.264 m)

Na fachada occidental, grandes cuncas hidrográficas botan unha considerable cantidade de sedimentos sobre a plataforma continental, definindo conos aluvionais, como os dos ríos San Lourenzo e Mississippi, no Atlántico Norte, e o do Amazonas, na faixa ecuatorial. As augas do Atlántico son as máis salgadas de todos os océanos (37,5 por mil de salinidade media) e animadas por correntes que aseguran unha intensa circulación entre as augas frías das altas latitudes e as augas quentes ecuatoriais. As correntes frías do Labrador e das Falkland descenden ao longo das costas setentrionais e meridionais, respectivamente, de América. De Benguela percorre a costa suroccidental africana, en dirección ao Ecuador. Son compensadas polas correntes quentes do Brasil e Ecuatorial Atlántica, nos seus ramos N e S, pola corrente do Golfo, que ten grande influencia sobre os climas da Europa noroccidental, tornándoos menos rigorosos. Esa circulación das augas favorece súa oxixenación e a proliferación de plancto, definindo importantes zonas pesqueiras, como as costas do Brasil meridional, a fachada norteamericana en torno da Terra Nova, as costas da Escandinavia e de Islandia, alén da África meridional. As plataformas continentais encerran, ás veces, xacementos petrolíferos (mar do Norte, costas de Venezuela e do Brasil, golfo da Guinea). Ladeado no hemisferio Norte polas dúas áreas máis industrializadas do globo (NE dos EUA e Europa Occidental), o Atlántico Norte presenta o máis intenso tráfego marítimo e aéreo transoceánico do mundo.

Historia

Atlantic bathymetry
Batimetría atlántica.

Os antigos, que chamaban ao Atlántico mar Tenebroso ou mar Océano, coñecían só as costas situadas entre o norte das illas Británicas e as Canarias. Do século VIII ao XI, os normandos frecuentaron as praias de Noruega, Islandia, Groenlandia, Spitsberg e Nova Escocia, no actual Canadá. Ata o final da Idade Media, só se facían navegacións costeiras, indo ata o Cabo Boxador (ao que chegaron os navegadores portugueses en 1434). No século XV os portugueses intensificaron a exploración da costa da África e, ao mesmo tempo, desenvolveron técnicas de navegación que permitiron viaxes por alto mar. A navegación por latitudes (determinadas pola observación da altura da estrela Polar ou do Sol ao mediodía, técnica desenvolvida por volta de 1485) foi facilitada polo uso de instrumentos como o compás e mailo astrolabio. Outro factor decisivo foi o estudo do réxime dos ventos no Atlántico: en 1439, as informacións existentes xa permitían unha navegación asidua e segura. Esas técnicas, aliadas aos novos navíos desenvolvidos polos portugueses (as carabelas, de maior porte, calado máis alto e común sistema de velas que permitía o aproveitamento dos ventos, mesmo en sentido contrario) permitirían o recoñecemento da costa da África e as primeiras incursións en alto mar; hai aínda informacións de que no século XV os portugueses terían explorado tamén o Atlántico Norte, xuntando coñecementos que máis tarde facilitaron a viaxe de Cristovo Colón na primeira travesía documentada do Océano.

Co desenvolvemento técnico obtido, as viaxes portuguesas tornáronse máis ousadas e frecuentes a través do Atlántico, de tal forma que ata 1488 toda a costa oeste da África estaba explorada, recoñecida e, nos primeiros 20 anos do século XVI, toda a costa atlántica do continente americano (atopado no 1492 por Colón) fora visitada por navegadores portugueses, españois ou italianos ao servizo de España. Os reis de Portugal procuraron, desde o inicio, garantir as descobertas dos seus navegadores e desde 1443, varias leis reivindicaron o dereito de navegación exclusiva nos mares recoñecidos polas súas naus. En 1454, o papa Nicolao V ratificou a pretensión dos portugueses, reservándolles o dereito exclusivo de navegación e comercio. En 1474, Afonso V mandou que aqueles que violasen esas determinacións fosen mortos e os seus bens confiscados pola coroa. O Tratado de paz de Toledo, entre España e Portugal, ratificou eses dereitos, que foron reafirmados nas ordenacións Manuelinas (1514). Ata 1580, houbo pouca contestación internacional a esas pretensións, excepto pequenos conflitos diplomáticos causados pola acción de corsarios protexidos polos reis de Francia e Gran Bretaña. Despois de 1580, con todo, a contestación creceu, envolvendo tamén os holandeses en guerra con España pola súa independencia. Eles estenderon as accións bélicas contra Portugal, despois da unión das dúas Coroas e pasaron á liberdade dos mares; na tregua asinada con Filipe III (de España e Portugal), obtiveron o dereito de navegar por eses mares, aínda que baixo licenza do rei de España. Ese tratado marcou o principio da liberdade dos mares. A partir do século XVII, comezou a exploración hidrográfica do Atlántico, efectuada de inicio polos holandeses, despois polos ingleses e franceses (século XVIII). No século XIX organizáronse numerosos cruceiros oceanográficos que permitiron a elaboración dunha detallada carta batimétrica do Atlántico.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para atlántico.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Winchester, Simon (2010). Atlantic: A Vast Ocean of a Million Stories. HarperCollins UK. ISBN 9780007341375.

Ligazóns externas

Os cinco océanos
LocationAtlanticOcean
Atlántico
LocationArcticOcean
Ártico
LocationIndianOcean
Índico
Location of the Pacific Ocean
Pacífico
800px-LocationSouthernOcean
Antártico
América Central

América Central ( pronunciación ), tamén chamada Centroamérica, é un subcontinente de América sitúase entre América do Norte e América do Sur, entre o océano Atlántico e o Pacífico. Ten 758.000 quilómetros cadrados e comprende as grandes e pequenas antillas e ós países centroamericanos.

Baía de Baffin

A baía de Baffin (francés: Baie de Baffin) é un mar entre os océanos Atlántico e Ártico. Mide uns 1130 km cruzando de norte a sur. Non é navegable a maior parte do ano por mor da presenza de innumerable cantidade de icebergs.

Canal da Mancha

O canal da Mancha (inglés: English Channel, francés: la Manche, alemán: Ärmelkanal, bretón: Mor Breizh, córnico: Mor Bretannek, neerlandés: Het Kanaal) é a parte do océano Atlántico que separa a illa principal da Gran Bretaña do norte da Francia e une o mar do Norte ao Atlántico e que se estende por unha superficie duns 75.000 km², comunicando o mar do Norte polo paso de Calais polo leste e o océano Atlántico polo oeste.

Comarca de Ferrol

A comarca de Ferrol é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Ferrol. A ela pertencen os concellos de Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño. Limita ao norte e ao este co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume. Ten unha extensión de 623,5 km² e conta cunha poboación de 159.422 habitantes no 2014, distribuídos en 11 concellos.

Golfo da Guinea

O golfo da Guinea é parte do suroeste Atlántico de África. A costa sur de África occidental, ao norte deste golfo, foi chamada historicamente como Alta Guinea. A costa occidental da parte máis ao sur de África, é historicamente, a Baixa Guinea. Hoxe, o nome da Guinea só se mantén nos nomes de tres países: Guinea, Guinea-Bisau e Guinea Ecuatorial. E nalgúns países americanos úsase o nome de "guineo" para designar unha variedade de bananas, o que demostra a orixe africana do termo.

No golfo da Guinea desembocan os ríos Níxer, Volta, Congo e Cross. A costa do golfo inclúe o golfo de Benin e o Golfo de Biafra.

Golfo de Maine

O golfo de Maine (en inglés: Gulf of Maine, en francés: Golfe du Maine) é un gran golfo do Océano Atlántico na costa leste de América do norte. Está limitada por Cabo Cod na punta oriental de Massachusetts no suroeste e pola Illa Cabo Sable no extremo sur de Nova Escocia no nordés. O golfo inclúe a liña completa de costas dos estados dos Estados Unidos de New Hampshire e Maine, así como Massachusetts ao norte de Cabo Cod, e as costas sur e oueste das provincias canadenses, de Novo Brunswick e Nova Escocia, respectivamente.

O golfo foi nomeado pola Provincia colonial adxacente de Maine, que probablemente foi nomeada polos primeiros exploradores en recordo da provincia de Maine en Francia. A baía de Massachusetts, a Baía de Penobscot, a Baía de Passamaquoddy e a Baía de Fundy están incluídos no sistema do Golfo de Maine; Como tal, o Golfo de Maine tamén alberga as variacións de marea máis altas do planeta (ver Baía de Fundy para obter máis información).

Golfo de México

O golfo de México é o maior golfo do mundo, estando cercado por terras continentais de México e dos Estados Unidos de América, e insulares de Cuba. Ten unha superficie de aproximadamente 1 550 000 km2.

Golfo de San Lourenzo

O golfo de San Lourenzo (en francés, golfe du Saint-Laurent; en inglés, Gulf of Saint Lawrence) é un vasto golfo do leste do Canadá que comunica co océano Atlántico. Este golfo drena unha gran conca fluvial que comprende os Grandes Lagos norteamericanos. O río San Lourenzo aflúe neste golfo, a través do estuario máis grande do mundo.

Mar Báltico

O mar Báltico (do latín Mare Balticum) é un mar interior de auga salobre do norte de Europa aberto ao mar do Norte e, finalmente, ao océano Atlántico a través dos estreitos de Kattegat e Skagerrak. Os países que o rodean son (empezando pola península Escandinava e seguindo en sentido horario): Suecia, Finlandia, Rusia (óblast de Leningrado e Kaliningrado), Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, Alemaña e Dinamarca.

A súa superficie é de 432 800 km² e inclúe dous grandes golfos: o golfo de Finlandia, entre o sur deste país e Estonia, e o golfo de Botnia, entre a costa oriental de Suecia e a occidental de Finlandia. Xeoloxicamente é moi novo: só existe desde o VI milenio a.C. É moi pouco profundo (a media é de 57 m; a profundidade máxima é de 459 m ao norte da illa sueca de Gotland), o que, unida á pouca apertura ao océano, fai a renovación das augas moi lenta e favorece os problemas de contaminación. As mareas son de moi pequena amplitude.

A cunca que drena ao mar Báltico abarca a totalidade dalgúns países ribeiregos como as repúblicas bálticas, Polonia e a rexión rusa de Kaliningrado. Ademais, estes ríos nacen en, ou atravesan territorios pertencentes a outros países que, malia non posuír costas, comunícanse ao mar por vía fluvial. Tal é o caso da República Checa, Eslovaquia, Ucraína e Belarús, quen acaban achegando auga (indirectamente) ao mar Báltico.

O mar Báltico é tamén, o maior depósito de ámbar do mundo e, ademais, a súa calidade é das mellores: dos vinte depósitos do mundo que hai de ámbar, dise que o do mar báltico só é superado polos de México e a República Dominicana, sendo o que máis ámbar de conífera produce e o de mellor calidade. Del extráense de 500 a 800 millóns de toneladas de ámbar.

Mar Cantábrico

O Cantábrico (en asturiano: Cantábricu, en castelán: Cantábrico, en éuscaro: Kantauri, en francés: Cantabrique) é un mar litoral do océano Atlántico que baña a costa norte de España e a costa suroeste de Francia. Esténdese desde a Punta Estaca de Bares na provincia da Coruña, ata a desembocadura do río Adour nas costas do departamento Francés das Landes preto de Bayonne.

Na súa parte máis oriental, xunto ás costas do País Vasco recibe o nome de golfo de Biscaia ou tamén de golfo de Gascuña. Baña 800 quilómetros de costa compartida polas provincias da Coruña, Lugo, Asturias, Cantabria, Biscaia, Guipúscoa e Lapurdi, esta última en Francia.

Mar Caribe

O mar Caribe é un mar tropical situado entre as costas orientais de América central e as setentrionais de América do Sur. Tamén é chamado mar das Antillas por seren estas illas os seus límites polo norte (Grandes Antillas) e polo leste (Pequenas Antillas de Barlovento). Ao noroeste comunica co golfo de México a través da canle de Iucatán, e co Océano Atlántico polas numerosas canles que se abren entre a grilanda que forman as Antillas. Ten unha área aproximada de 2 754 000 km² e alberga máis de 7 000 illas, illotes e arrecifes, moitos dos cales son moi pequenos e están deshabitados, que conforman a chamada rexión do Caribe. As illas cobren aproximadamente 235 688 km²; sendo Cuba a máis grande de todas.O seu fondo elévase na parte media formando un gran relevo desde as costas de Honduras e Nicaragua ata a illa de Xamaica. As maiores profundidades acádanse ao NO deste promontorio submarino, sendo o punto máis profundo a fosa das Illas Caimán, entre Cuba e Xamaica, con 7 686 metros de profundidade. O resto do mar Caribe ten unha profundidade máis uniforme que raramente supera os 5 500 metros. A profundidade media é de 2 200 metros.Tódolos países da zona -especialmente os das illas- son coñecidos como Caribe. Os principais países e territorios caribeños son:

En América Central: México (península de Iucatán), Belize, Guatemala, Honduras, Costa Rica e Panamá.

En América do Sur: Colombia (Rexión Caribe) e Venezuela.

Grandes Antillas: Cuba, Xamaica, Haití e a República Dominicana na illa da Española e Porto Rico.

Pequenas Antillas: Illas Virxes, divididas en británicas e estadounidenses, Antiga e Barbuda, Saint Kitts e Nevis, Guadalupe (departamento francés de ultramar), Dominica, Martinica (departamento francés de ultramar), Santa Lucía, Barbados, San Vicente e as Granadinas, Granada, Trinidad e Tobago, e as holandesas de Aruba, Curaçao e Bonaire (as dúas últimas forman parte das Antillas Neerlandesas).

Mar Mediterráneo

O Mediterráneo é un mar interior do Atlántico oriental, comprendido entre Europa, Asia occidental e África setentrional. Con aproximadamente 2,5 millóns de km² e 3.860 km de lonxitude, é o mar interior máis grande do mundo.O Mediterráneo está unido ao océano Atlántico polo estreito de Xibraltar ao oeste, ao mar de Mármara e ao mar Negro polos Dardanelos e o Bósforo ao leste. O mar de Mármara -pero non o mar Negro- é a miúdo considerado como parte do Mediterráneo. A canle de Suez ao sueste une o Mediterráneo co mar Vermello.

É o mar coas taxas máis elevadas de hidrocarburos e contaminación do mundo.

Mar das Hébridas

O Mar das Hébridas (/hɛbrᵻdiːz/) é unha porción do Océano Atlántico do Norte, situada ao longo da costa oeste de Escocia, entre o sur do arquipélago das Hébridas Exteriores e o norte do arquipélago das Hébridas Interiores. Ao norte, o Mar das Hébridas únese a O Minch.O Mar das Hébridas forma parte dos Mares internos da costa oeste de Escocia, tal como a define a Organización Hidrográfica Internacional, e parte dos mares do oeste de Escocia en canto á xestión pesqueira.

Mar de Groenlandia

O mar de Groenlandia é a parte máis setentrional do océano Atlántico Norte, inmediatamente ao sur do océano Ártico. Está localizado entre a costa oriental de Groenlandia, as illas Svalbard, a illa de Jan Mayen e Islandia. O mar de Groenlandia defínese a miúdo como parte do océano Ártico, e ás veces como parte do océano Atlántico. Comprende aproximadamente 1 205 000 km² e a súa profundidade media é duns 1.450 m. O punto máis profundo, 5.600 m, foi atopado na fosa Molloy («Molloy Deep»), no estreito de Fram, entre o nordés de Groenlandia e as Svalbard.

Mar de Irminger

O Mar de Irminger é un mar mar marxinal do Océano Atlántico Norte.

Foi nomeado polo vicealmirante danés Carl Ludvig Christian Irminger (1802-1888), tras o cal tamén se nomeou a Corrente Irminger.

Mar de Åland

O mar de Åland (finés: 'Ahvenanmeri'; sueco: Ålands hav) é un mar intracontinental do mar Báltico, concretamente do golfo de Botnia. Sitúase entre o arquipélago de Åland ao leste, e a costa occidental de Suecia ao oeste. Conecta o mar de Botnia o norte co mar Báltico o sur. A súa profundidade varía: de 200 a 300 metros no norte, algo menos no sur e de 70 a 80 metros entre ambos.

Moitos transbordadores desprazanse entre Finlandia e Suecia atravesando o mar de Åland.

Mar do Labrador

O mar do Labrador (en francés: 'mer du Labrador', en inglés: 'Labrador Sea' e en dinamarqués: 'Labradorhavet') é un corpo de auga do océano Atlántico Norte localizado entre a península canadense de Labrador e a illa danesa de Groenlandia. Está flanqueado por terras continentais en todos os seus bordos e a súa profundidade é duns 3 km. As súas augas conectan ao norte coas da baía de Baffin, a través do estreito de Davis.

Mar dos Argazos

O Mar dos Argazos (ás veces citado como Mar dos Sargasos ou Mar dos Sargazos), é unha rexión do océano Atlántico setentrional que se estende entre os meridianos 70º e 40º O e os paralelos 25º a 35º N, e que nos séculos XVII ó XVIII tivo a tétrica fama de ser lugar de cemiterio de buques de navegación a vela. Abrangue parte do sector chamado Triángulo das Bermudas.

Península Ibérica

A Península Ibérica é unha península do suroeste de Europa. Está arrodeada polo mar Mediterráneo, o Océano Atlántico e os Pireneos, que separan a península do resto do continente. Politicamente, abrangue os estados de Portugal, España e Andorra, estes dous últimos fronteirizos con Francia. Xibraltar, territorio británico situado ó sur de Andalucía con apenas unha trintena de quilómetros. Polo sur, a península está separada do continente africano (Marrocos) polo Estreito de Xibraltar.

Mares do mundo
Océano Pacífico
Océano Atlántico
Océano Índico
Océano Ártico
Océano Antártico
Mares Continentais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.