O tabaco na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada do hábito de fumar tabaco na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Refraneiro

Tabaco 2
  • Despois de almorzar non te poñas a fumar, e despois de xantar déitate a descansar.
  • Home morto, non fuma.
  • Home que non troula, nin fuma, nin xoga, nin bebe, nin bica, nin cuspe no curro, máis ca home é burro.
  • Muller, viño e tabaco, poñen ó home fraco.
  • Non fumes en pipa nin bebas viño porque os dous xuntos fan mal camiño.
  • O que non fuma nin bebe viño, lévallo o demo por outro camiño.
  • O que non fuma nin toma tabaco, lévallo o diaño por outro buraco.
  • O tabaco e o viño hai algúns que os regalan ó seu veciño.
  • Quen sen tasa bebe e fuma, nunca fará fortuna.
  • Tabaco, muller e viño, millor pra min que pró meu veciño.
  • Tabaco, viño e muller, botan ó home a perder.
  • Tabaco, viño e muller, botan un home a perder.

Cantigueiro

  • Adios, ‘paloma hermosa’,/ quen te pudera levar/ no bolsillo do chileque/ como o papel de fumar [1].
  • As mociñas de Requeixo/ quen che mas dera levar/ no bolsillo do chileque/ como o papel de fumar [2].
  • Catro cartos para pan,/ tres e medio para viño,/ un carto para tabaco,/ alá vai un realiño.
  • Cun anaco de pitillo,/ unha copa de augardente/ i o brazo dunha nena/ xa marcha un home contente [3].
  • Dame un bico, Mariquiña,/ que che hei de dar un pataco./ Non quero bicos dos homes/ que me cheiran a tabaco’' [4].
  • Dámo, queridiña, dámo,/ dámo que non é pecado,/ un tizonciño de lume/ para encender o cigarro.
  • Mala varredoira veña/ pola folla do tabaco;/ mala morte mate ós homes,/ que non queden senón catro [5].
  • Mala varredoira veña/ polo vicio do tabaco,/ mala morte mate ós homes,/ que non deixan nin un coarto [5].
  • Maruxiña, dáme un bico/ que che hei dar un pataco./ Non quero bicos de home/ que me cheiran a tabaco.
  • Nunca lle digas á moza/ que é máis que todas bonita,/ que lle entra cobiza doutros/ e quedas fumando en pipa.
  • Os mociños que hai agora/ son un fato de ladróns,/ que para fumar tabaco/ empeñan os pantalóns [6].
  • Pra leva-los reises/ traguemos un saco,/ diánno-los cartos/ pra mercar tabaco [7].
  • Quixen facer un cigarro/ por non perde-lo costume,/ e arreparei que non tiña/ tabaco, papel nin lume [8].
  • Se se che apaga o cigarro/ non o volvas acender;/ se unha moza te deixou/ non a volvas pretender [9].
  • Señor San Roque de Lobios,/ estanqueiro do tabaco,/ dígame, señor San Roque,/ quen o meteu niste trato? [10].
  • Teño tres cartos e medio/ metidos nun tabaqueiro;/ cásate comigo, nena,/ que teño moito diñeiro [11].
  • Véndeme os bois e véndeme as vacas/ e non me vendas o pote das papas./ Véndeme as cuncas e mais o cunqueiro/ e non me vendas o meu tabaqueiro.

Notas

  1. Xaquín Lorenzo Fernández, 31.
  2. Xaquín Lorenzo Fernández, 48. Requeixo é lugar de San Mamede de Grou, unha parroquia do concello de Lobios.
  3. Xaquín Lorenzo Fernández, 66 ¿Erro por abrazo?
  4. Álvaro das Casas, 216. No texto: ch-hei.
  5. 5,0 5,1 Xaquín Lorenzo Fernández, 92. No orixinal: barredoira.
  6. Álvaro das Casas, 192.
  7. Xaquín Lorenzo Fernández, 136. No orixinal: levalos, diannolos.
  8. Xaquín Lorenzo Fernández, 139. No orixinal: perdelo.
  9. Xaquín Lorenzo Fernández, 147. No orixinal: nono, nona.
  10. Xaquín Lorenzo Fernández, 145. No orixinal: Lovios, queno.
  11. Xaquín Lorenzo Fernández, 151.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • CASAS, Álvaro das (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 95, 15.11.1931.* ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008.
  • LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
Cigarro

O cigarro, nas súas dúas modalidades, o cigarro puro ou o cigarro envolto en papel, o popular pito, son dous dos formatos máis populares no consumo de tabaco.

O cigarro (na súa forma de puro) foi definido por Bartolomé de las Casas na súa Historia de las Indias como:

O cigarro puro foi condenado xa por Xacobe I de Inglaterra por ser repulsivo para o olfacto, desagradábel para a vista, perigoso para o cerebro e nocivo para os pulmóns.

Galería de imaxes da etnografía de Galicia

Galería de imaxes da etnografía de Galicia.

Tabaco

Este artigo trata sobre a manufactura, para a planta Nicotiana tabacum, véxase artigo: Tabaco (planta).

O tabaco é a manufactura en diferentes presentacións (picado, en po e, particularmente, en cigarros), das follas secas da planta do tabaco (Nicotiana tabacum L.); considérase hoxe en día unha droga legal. O seu consumo está moi estendido por todo o mundo. É unha herba perenne, robusta, de 50 a 120 cm de altura, pegañenta ó tacto. Ten follas grandes e sésiles, e flores verde amarelentas. É unha planta oriunda de América tropical. O tabaco moderno deriva case na súa maioría da Nicotiana tabacum. O compoñente máis característico do tabaco é a nicotina, un alcaloide que se encontra nas follas en proporcions variables (dende menos do 1 % ata o 12 %).

Tabaco (planta)

Este artigo trata sobre a planta, para a manufactura ou droga véxase o artigo tabaco.

O tabaco (Nicotiana tabacum) é unha planta herbácea perenne, da familia das solanáceas, oriunda de América tropical e de cuxas follas se produce a meirande parte do tabaco consumido hoxe no mundo.

Etnografía galega
Meses do ano
Cores
Animais
Alimentos
Vexetais
Outros

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.