O centeo na cultura popular galega

Locucións

  • Bourar nalguén coma en centeo verde: dise cando lle dan unha malleira a alguén [1].

Refraneiro

Mutterkorn 090719
Espiga de centeo infectada de cornizó.
  • A chuvia na semana da Ascensión, leva o centeo e deixa o relón [2].
  • Centeo alto ou baixo, en maio espigado, que tardeiro ou temperau, en maio ha telo grau [3].
  • Centeo alto ou baixo en marzo espigado, que tarde ou temprán ha de quedar en maio o gran.
  • Chuvia en febreiro, bo prado e bo centeo [2].
  • En febreiro, saca o boi do teu centeo [4].
  • Leiracho lereu, por san Xurxo no centeu [5].
  • O centeo, basto na hucha e non no terreo [3][6].
  • O pan centeo é bo cando é alleo [7].
  • O pan trigo e centeo máis val na barriga que no seo.
  • O pantrigo e o centeo, val máis na barriga que no seo [8].
  • O trigo centeoso fai un pan moi proveitoso.
  • Pan albeiro ou pan centeo, millor quero do meu que do alleo [7].
  • Pan centeo, antes comido que no seo [7].
  • Pan centeo, millor no meu papo que no alleo [7].
  • Pan de trigo ou de centeo, quéroo máis no meu ventre que no alleo [7].
  • Quen ó sementar é mesquiño, prá seitura escusa fouciño [9].
  • Trigo centeoso, pan proveitoso [10].
  • Viño acedo, touciño vello e pan centeo, sosteñen a casa en peso [11].

Cantigueiro

  • Ai, roxiña, roxiña do pelo,/ vén comigo a mallar o centeo,/ o centeo, o centeo, a cebada,/ ai, roxiña, miña namorada [12].
  • Ai, roxiña, roxiña do pelo,/ vén comigo malla-lo centeo,/ o centeo, o centeo, a cebada,/ vén, roxiña, miña namorada [13].
  • Cálate e vaite calando,/ cara de criba centeo;/ desque tiveche as vexigas/ pareces un cordocelo [14].
  • Delgadiña de cintura/ como a palla do centeo,/ chégate a min, delgadiña,/ que non teño outro remedio [15].
  • Esta noite hei de ir alá,/ meniña, non teñas medo,/ déixame a porta atrancada/ cunha palla de centeo [16].
  • Eu casar, ben me casaba,/ pero témolle ó que temo/ que é andar cun saco ás costas: / por eiquí venden centeo [17].
  • Eu casar, ben me casaba,/ recear, ben o recelo;/ eso de andar perguntando/ onde se vende o centeo [18].
  • Eu casar ben me casaba,/ recear ben o receo,/ sinto de andar perguntando/ a como vale o centeo.
  • Mariquiña da forneira,/ se coceres faime un bolo;/ se mo fas, faimo de trigo,/ que centeo non cho como [19].
  • Quédate con Dios, Ourense,/ coas túas camas de seda,/ que eu voume pra miña terra/ dormir en palla centea [20].

Notas

  1. Eladio Rodríguez González, s. v. bourar.
  2. 2,0 2,1 Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.
  3. 3,0 3,1 Eladio Rodríguez González, s. v. centeo.
  4. Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro.
  5. A fonte, Esmorís Recamán, describe o leiracho como a un paxaro parecido á rula, de penuxe amarela verduxa e carne moi estimada. Ben pode tratarse do ouriolo.
  6. Marcial Valladares Núñez (1884). No orixinal: n'a hucha, n'o terreo.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Eladio Rodríguez González, s. v. pan.
  8. Eladio Rodríguez González, s. v. pantrigo.
  9. Eladio Rodríguez González, s. v. seitura. Nas terras do pan chaman mes da seitura ó mes de xullo (tamén se chama así ó mes de agosto).
  10. Eladio Rodríguez González, s. v. trigo.
  11. Eladio Rodríguez González, s. v. viño.
  12. Fermín Bouza Brey 1929, 176
  13. Xaquín Lorenzo Fernández, 34. No orixinal: ven, mallalo.
  14. Xaquín Lorenzo Fernández, 54. A criba para o centeo ten os buratos máis grandes, de aí a comparación con que está picado das vexigas; cordocelo non é máis que unha esixencia da rima.
  15. Xaquín Lorenzo Fernández, 68.
  16. Xaquín Lorenzo Fernández, 77.
  17. Xaquín Lorenzo Fernández, 229.
  18. Xaquín Lorenzo Fernández, 79. No orixinal: beno recelo.
  19. Xaquín Lorenzo Fernández, 93.
  20. Xaquín Lorenzo Fernández, 137.

Véxase tamén

Bibliografía

Centeo

O centeo (Secale cereale (L.) M.Bieb.) é unha gramínea que se cultiva polo seu gran e como planta forraxeira. É un membro da familia do trigo e relaciónase estreitamente co orxo.

O gran do centeo utilízase para facer fariña (fariña centea) e na industria da alimentación. É altamente tolerante á acidez do solo. O primeiro uso posible do centeo doméstico remóntase a Abu Hureyra ao norte de Siria, no val do Éufrates no Paleolítico tardío. É un cultivo común en Galiza, sendo a fariña centea unha das máis empregadas noutrora para facer pan.

O pan na cultura popular galega

O que segue recolle unicamente información diversa sobre a pegada do pan na cultura popular e na literatura oral galegas. Toda esta información recóllese de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Recóllese non só a información referida expresamente ó pan, senón tamén a referida á fariña e a actividades directamente relacionadas, como sementar, segar, etc.; as referidas ó millo e á broa recóllense no artigo o millo na cultura popular galega.

Ademais do seu significado recto (alimento elaborado con fariña, auga, sal e lévedo, fermentado e cocido no forno), a palabra pan designa especificamente o centeo ou un cereal en xeral; segundo Eladio Rodríguez, tamén denomina o millo aínda na terra. Pero ademais é un elemento de referencia para designar moitas outras realidades.

Etnografía galega
Meses do ano
Cores
Animais
Alimentos
Vexetais
Outros

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.