O cabaleiro das botas azuis

O cabaleiro das botas azuis (orixinalmente El caballero de las botas azules) é unha novela en lingua castelá da escritora galega Rosalía de Castro, publicada en 1867.[1] É unha novela romántica, que foi publicada en Lugo, pola imprenta de Soto Freire.[2] Xa no século XXI, foi traducida á lingua galega.

El caballero de las botas azules
340331514-El-Caballero-de-Las-Botas-Azules144.pdf
Exemplar que pertenceu a Emilia Pardo Bazán
Autor/aRosalía de Castro
OrixeGalicia
Linguacastelá
Xénero(s)Novela
EditorialSoto Freire, Lugo
Data de pub.1867
Páxinas314
Precedido porRuínas
Seguido porFollas novas

Descrición

Considerada pola crítica a máis interesante das novelas de Rosalía e subtitulada como «cuento extraño», constitúe unha enigmática fantasía satírica na que a escritora expón unha variedade de relatos de corte lírico-fantástico con trazos costumistas que ten o obxectivo de satirizar tanto a hipocrisía como a ignorancia da sociedade madrileña. Conflúen na súa composición elementos provenientes de dous campos, como son a libre imaxinación (influencia de E. T. A. Hoffmann) e a sátira realista de costumes.

El caballero de las botas azules. Cuento extraño 1911.pdf
Edición nas obras completas de 1911.
  Hay en Madrid un palacio extenso y magnífico, como los que en otro tiempo levantaba el diablo para encantar á las damas hermosas y andantes caballeros. Vénse en él habitaciones que por su elegante coqueteria, pudieran llamarse nidos del amor, y salones grandes como plazas públicas, cuya austera belleza hiela de espanto el corazón y hace crispar los cabellos. Todo allí es agradable y artístico, todo impresiona de una manera extraña, produciendo en el ánimo efectos mágicos que no se olvidan jamás.  Hai en Madrid un palacio extenso e magnífico, como os que noutro tempo levantaba o diaño para encantar ás damas fermosas e andantes cabaleiros. Vénse nel habitacións que pola súa elegante coquetería, puideran chamarse niños do amor, e salóns grandes como prazas públicas, cuxa austera beleza xea de espanto o corazón e fai crispar os cabelos. Todo alí é agradable e artístico, todo impresiona duna maneira estraña, producindo no ánimo efectos máxicos que non se esquecen xamais.[3]

Edicións en galego

  • O cabaleiro das botas azuis (2001). Noia, Toxosoutos. Trad. de Carlos Castro Piñón. ISBN 84-95622-13-0.[4]
  • O cabaleiro das botas azuis (2009). Vigo, Trymar. Trad. de Xosé Carlos Morell González. ISBN 978-84-95758-90-3.[5]

Na cultura popular

Como obra de teatro televisado, foi emitida no espazo Hora once da 2.ª Cadena de Televisión Española, en xaneiro de 1973, interpretada, por, entre outros actores: Leo Anchóriz, María Luisa Ponte, Fernando Chinarro, Margarita Calahorra e Lola Lemos.[6]

Notas

  1. El Caballero de las botas azules : cuento extraño (1867) en Galiciana, Biblioteca de Galicia.
  2. El caballero de las botas azules na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
  3. Tradución: Wikipedia.
  4. O cabaleiro das botas azuis Editorial Toxosoutos.
  5. "Orden … por la que se conceden las subvenciones públicas…" BOE (en castelán).
  6. A. M. (29/1/1973). "Hora once". Teleradio. Revista nacional de televisión (en castelán) (Madrid: Hauser y Menet) (788): 24.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Fernández-Pérez Sanjulián, C. "O prólogo de El caballero de las botas azules ou o ensaio dunha poética nova", vol. 1, 475-482.
  • Gullon, Germán. "El caballero de las botas azules: farsa de las letras decimonónicas", vol. 1, 483-491.
  • Miralles, Enrique. "El caballero de las botas azules, un manifiesto anti-anovelado", vol. 1, 457-463.
  • Mundi Pedret, Francisco. "El caballero de las botas azules, la nueva estética de Rosalía", vol. 1, 465-474.
  • Posada Alonso, Caridad. "Modelo de elaboración del texto para el Caballero de las botas azules", vol. 1, 493-502
  • Risco, Antón. "Unha novela fantástica de Rosalía: El caballero de las botas azules", vol. 1, 449-455.

Outros artigos

Ligazóns externas

Rosalía de Castro (1837-1885)
Obra
Familia
Lugares

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.