O Viso, Redondela

Santa María do Viso é unha parroquia situada ó norte do concello de Redondela. Linda coas parroquias de Cesantes, Ventosela e co Concello de Soutomaior. Está formada por catro núcleos de poboación: Tuimil, A Nogueira, Soutoxuste e Saramagoso, onde convivían 1.504 veciños en 2014 (735 homes e 769 mulleres).

Coordenadas: 42°19′19″N 08°35′38″O / 42.32194, -8.59389

O Viso
OViso
Igrexa de Santa María do Viso.
ConcelloRedondela
Poboación1.504 hab. (2014)
Entidades de poboación4

Xeografía

Está atravesada polo río Pexegueiro de onde se nutren de auga unha serie de muíños que no seu tempo foron decisivos para a economía da zona. A aldea de Soutoxuste posúe unhas tranquilas calas na beira do mar. Na Nogueira pódense visitar algúns petróglifos. En Tuimil atópase o parque do Loureiro.

Patrimonio

O Viso está atravesada de sur a norte polo camiño portugués a Santiago de Compostela. Con todo, a parroquia destaca pola atalaia do Monte da Peneda, que preside toda esa zona. No seu cumio está a capela da Virxe das Neves, nos terreos onde en 1477 Alonso II de Fonseca mandou construír o Castelo de Castrizán, conquistado e destruído por Pedro Madruga dous anos despois. Nese lugar, de grandes vistas cara a ría de Vigo e cara o val do río Verdugo, onde está o Castelo de Soutomaior, tamén hai restos de poboados castrexos.

Muralla no Monte da Peneda
Restos da muralla do Monte da Peneda.

O nome do Viso ten unha clara reminiscencia funcional na súa toponimia. Procede da forma visu, dos verbos latinos video e viso (ver, contemplar), e fai referencia a lugares elevados desde onde se poden contemplar amplas panorámicas. O seu nome procede entón da presenza do antes mencionado miradoiro da Peneda. O Padre Sarmiento, na súa viaxe a Galicia en 1745, apunta:

Festas

As festas máis importantes da parroquia son:

  • San Brais (3 de febreiro). O carro da burra acompañado duns gaiteiros e dos organizadores da festa recorre as rúas da parroquia repartindo rosquillas e viño, amais de se celebrar a verbena da noite e os actos relixiosos.
  • Festa da Virxe das Dores da Teixeira (primeiro domingo de setembro, no barrio de Tuimil)
  • Romaría da Virxe da Peneda (luns de Pascua e 5 de agosto).
  • Festa de San Antonio, no barrio de Saramagoso (a fin de semana do 13 de xuño)
  • Festa da Patroa Santa María (Virxe da Asunción, 15 de agosto). Realízase un encontro dos Santos titulares de cada un dos cinco barrios da parroquia coa patroa na igrexa. Cada imaxe parte do seu barrio acompañada dun grupo de gaitas.
  • Festa de Santa Lucía en Alxán (13 de decembro)
  • Festa dos fachos.

Galería de imaxes

O Viso, Redondela. Casa Catalina

Casa Catalina.

Pedra das Rodiñas, A Nogueira, O Viso, Redondela

Pedra das Rodiñas na Nogueira.

Lugares e parroquias

Parroquias de Redondela

Véxase tamén

Outros artigos

A Nogueira, O Viso, Redondela

A Nogueira é un lugar da parroquia do Viso, no concello pontevedrés de Redondela, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2012 tiña 304 habitantes (154 homes e 150 mulleres).

Capela da Virxe das Neves

Este artigo trata sobre un templo galego, para a Virxe da Peneda en Portugal véxase: Santuario de Nosa Señora da Peneda.

A capela da Virxe das Neves, tamén coñecida como capela da Virxe da Peneda, é unha ermida barroca situada na parroquia redondelá do Viso. Foi construída arredor do século XVIII, e que até o de agora foi escenario de numerosas romarías e festas, sendo o 5 de agosto o día no que se honra á virxe.

Está construída sobre os restos onde en 1477 Alonso II de Fonseca mandou construír o Castelo de Castrizán, conquistado e destruído por Pedro Madruga dous anos despois.

A capela ten unha orixe barroca, ao contrario que a maioría das igrexas do concello, de estilo románico. O teito foi orixinariamente de madeira, mais a finais do século XIX foi substituído por unha cúpula de pedra. A súa base é rectangular e cunha cuberta a dúas augas dunha nave dividida en dous tramos por un arco faixón de medio punto, con bóveda de canón e arco triunfal apuntado.

Cesantes, Redondela

San Pedro de Cesantes é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela.

A parroquia de Cesantes limita ao Norte con Soutoxuste (O Viso, Redondela), ao leste coa parroquia do Viso, ao sur con Redondela e ao oeste coa ría de Vigo. Abarca, á parte do territorio peninsular, as illas de San Simón e San Antón. Nos tempos nos que era maioritariamente poboada por mariñeiros, popularmente era coñecida polo nome de "Os-Tras", que subsiste aínda entre a xente maior e nalgúns rótulos comerciais.

Os seus principais barrios son Outeiro das Penas, Carballiño, O Coto e San Pedro, pero podemos atopar subzonas coma A Pantalla, Catapeixe ou Couto do Mexo, ademais da illa de San Simón, que administrativamente pertence a Cesantes. A parroquia ten unha extensión aproximada de 12 km². A pesar de ser unha vila costeira conta cun relevo bastante irregular. A superficie arbórea ronda o 5 por cento e a parroquia é atravesada polo río Pexegueiro. Ten porto propio, lonxa e unha confraría de Pescadores, a confraría de San Xoán. Ademais aloxa un porto deportivo e un peirao.

Monte da Peneda

Este artigo trata dun monte galego, para o monte portugués véxase: Santuario de Nosa Señora da Peneda.

O monte da Peneda é un pico montañoso galego. Ten unha altitude de 329 metros e está localizado na parroquia redondelá do Viso. Dende o seu cumio pódese observar a Ría de Vigo, as illas Cíes e mesmo a Praia de Cesantes e a Illa de San Simón.

Monte de Baltar, Redondela

O Monte de Baltar, tamén coñecido coma Monte Outeiro Grande, é un macizo granítico de 260 metros de altura que se atopa no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia do Viso.

Desde o ano 2008 conta cunha estación meteorolóxica, na que se rexistran datos de temperaturas, humidade, presións, velocidade e dirección do vento e precipitacións.Dende o ano 2001 celébrase no seu cumio o festival A Noite da Lúa Meiga de música tradicional galega.

Pazo de Soutoxusto

O pazo de Soutoxuste ou pazo de Soutoxusto é un pazo galego situado no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia do Viso. A orixe do topónimo provén do lugar no que se atopa construído, tamén denominado do mesmo xeito.

Río Pexegueiro

O Pexegueiro é un río galego que nace na parroquia redondelá do Viso, e desemboca xunto co Alvedosa no esteiro de Redondela. Atravesa as parroquias de Viso, Cesantes, e Redondela.A flora e a fauna fluvial foron alterados por mor da presenza humana, polo que a vexetación autóctona da ribeira quedou seriamente danada, sendo na actualidade meras canles de escoamento con apenas diversidade.

Saramagoso, O Viso, Redondela

Saramagoso é un lugar da parroquia do Viso, no concello pontevedrés de Redondela, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2012 tiña 67 habitantes (32 homes e 35 mulleres).

Sobreira

A sobreira (Quercus suber L.) é unha árbore da familia do carballo e a aciñeira (as fagáceas, antes cupulíferas, integrada por 450 especies e con case tódolos seus xéneros boreais), espontánea e cultivada no sur de Europa e norte de África e a partir da cal é o único medio de onde se pode extraer a cortiza. Recibe en galego diferentes nomes comúns, entre os máis difundidos están corticeiro e corticeira.

Soutoxuste, O Viso, Redondela

Soutoxuste é un lugar da parroquia do Viso, no concello pontevedrés de Redondela, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2012 tiña 295 habitantes (136 homes e 159 mulleres).

Neste lugar atópanse os restos do pazo de Soutoxuste.

Tuimil, O Viso, Redondela

Tuimil é un lugar da parroquia do Viso, no concello pontevedrés de Redondela, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2012 tiña 54 habitantes (30 homes e 24 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.