O Vicedo

O Vicedo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.882 habitantes (2.011 no 2009, 2.146 no 2005, 2.181 no 2004, 2.228 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vicedao ou vicedense[5].

Coordenadas: 43°43′56.72″N 7°40′30.34″O / 43.7324222, -7.6750944

O Vicedo
Escudo de O Vicedo
4626- O Vicedo (Lugo) (20331340194)
Vista xeral da capital municipal.
Situacion O Vicedo
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Mariña Occidental
Poboación1.723 hab. (2018)
Área76,0 km²
Densidade22,67 hab./km²
Entidades de poboación7 parroquias
Capital do concelloO Vicedo
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Jesús Novo Martínez (PPdeG [3])
Concelleiros
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais no Vicedo
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes73,77%
Na rede
www.concellodovicedo.org

Historia

O concello naceu coa constitución de 1812. O territorio que abranguía non se correspondía co actual, senón que se dividía en tres concellos: Negradas, Val e Cabanas. En 1835 estableceuse unha nova división municipal segundo un real decreto, onde o territorio do concello se distribuíu nos concellos de Galdo (O Vicedo, San Miguel de Negradas e San Román de Vale) e Viveiro (Suegos, Mosende, Río Barba e Cabanas). Esta división durou só 5 anos e o 18 de outubro de 1840 aparece o concello de Riobarba, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo coas parroquias actuais do municipio do Vicedo.

Durante os seguintes anos mantívose certa estabilidade manténdose Río Barba como capital do municipio do mesmo nome, até que no ano 1952, mediante circular do gobernador civil de Lugo, cambiouse a capitalidade e o nome do municipio polo de Vicedo (sic) o 14 de xullo de 1952, nome dun lugar da parroquia do mesmo nome. En 1983, mediante a Lei de normalización lingüística, o topónimo oficial pasou a ser O Vicedo.

Patrimonio

Na parroquia do Vicedo está a igrexa de Santo Estevo do Vicedo.

Demografía

Censo total 2014 1.882 habitantes
Menores de 15 anos 161 (8.55 %)
Entre 15 e 64 anos 1.086 (57.7 %)
Maiores de 65 anos 635 (33.74 %)

Evolución da poboación vicedense desde 1920 ata o ano 2009:

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do Vicedo.
Casa concello O Vicedo

Casa do Concello.

San Roque negradas

Portada da capela de San Roque de Negradas.

Aerogeneradores Bazan Bonus

Aeroxeradores nos montes do Vicedo.

Lugares do Vicedo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Vicedo vexa: Lugares do Vicedo.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "O Vicedo". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 60. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Escola, Cabanas, O Vicedo

A Escola é un lugar da parroquia de Cabanas, no concello lugués do Vicedo, na comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE, en 2015 tiña 3 habitantes (1 home e 2 mulleres).

A Pena, Cabanas, O Vicedo

A Pena é un lugar da parroquia de Cabanas, no concello lugués do Vicedo, na comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE, en 2015 estaba deshabitado.

Bouzós, Cabanas, O Vicedo

Bouzós é un lugar da parroquia de Cabanas, no concello lugués do Vicedo, na comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE, en 2015 tiña 4 habitantes (3 homes e 1 muller).

Cabanas, O Vicedo

Santa María de Cabanas é unha parroquia do concello do Vicedo, na comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 100 habitantes (56 homes e 44 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2006 cando tiña 132.

Chavín, Cabanas, O Vicedo

Chavín é un lugar da parroquia de Cabanas, no concello lugués do Vicedo, na comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE, en 2015 tiña 6 habitantes (4 homes e 2 mulleres).

Comarca da Mariña Occidental

A comarca da Mariña Occidental é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Viveiro. A ela pertencen os concellos de Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove. Esta comarca é unha división político-administrativa da Mariña de Lugo.

Freixeiro, Cabanas, O Vicedo

Freixeiro é un lugar da parroquia de Cabanas, no concello lugués do Vicedo, na comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE, en 2015 tiña 7 habitantes (5 homes e 2 mulleres).

Illa Coelleira

A Illa da Coelleira ou Colleira pertence ó concello do Vicedo, na provincia de Lugo. Está situada na boca oriental da ría do Barqueiro, que separa a costa das provincias da Coruña e Lugo.

Na Illa da Coelleira estivo antigamente un mosteiro, do cal fican restos en proceso de escavación.

Illa de San Martiño, O Vicedo

A illa (ou insua) de San Martiño sitúase na foz do río Sor, na ría do Barqueiro. Pertence á parroquia de Negradas, no concello do Vicedo.

Mosende, O Vicedo

San Pedro de Mosende é unha parroquia do concello do Vicedo na comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 55 habitantes (26 homes e 29 mulleres), cinco menos ca no ano anterior.

O Caroceiro, Cabanas, O Vicedo

O Caroceiro é un lugar da parroquia de Cabanas, no concello lucense do Vicedo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 2 habitantes (un home e unha muller), o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 5 habitantes.

O Rego, Cabanas, O Vicedo

O Rego é un lugar da parroquia de Cabanas, no concello lugués do Vicedo, na comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE, en 2015 estaba deshabitado.

O Vicedo, O Vicedo

Santo Estevo do Vicedo é unha parroquia do concello do Vicedo na comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 977 habitantes (476 homes e 501 mulleres), un máis ca no ano anterior.

Reis, Cabanas, O Vicedo

Reis é un lugar da parroquia de Cabanas, no concello lugués do Vicedo, na comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE, en 2015 tiña 4 habitantes (1 home e 3 mulleres).

Río Barba, O Vicedo

San Paulo de Río Barba é unha parroquia do concello do Vicedo, na comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo. En 2007 tiña 140 habitantes, 82 menos ca en 1991.

Limita ao norte coas Ribeiras do Sor (Mañón), As Negradas e Mosende; ao sur con Cabanas; ao leste con Mosende e Covas (Viveiro) e ao oeste con Mañón.

A igrexa parroquial foi mandada construír por Fernán Pérez de Andrade, O Boo a finais do século XIV, conservando aínda a insignia deste nobre medieval, o porco bravo, igual que ocorre na igrexa de Santa María de Cabanas, tamén no Vicedo. O pórtico é de data moi posterior. É de planta rectangular, fabricada con muros de cantería e lousa, e con cuberta de lousa.

San Miguel de Negradas, O Vicedo

San Miguel de Negradas é unha parroquia do concello do Vicedo, na comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 230 habitantes.

Está situada no extremo noroeste da provincia de Lugo, lindando coa ría do Barqueiro e co concello de Mañón. Rexístranse poboamentos xa desde a época prerromana, incluído un castro na illa de San Martiño. Foi concello independente ata mediados do século XIX.

San Román de Vale, O Vicedo

San Román de Vale é unha parroquia do concello do Vicedo, na comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 232 habitantes (113 homes e 119 mulleres), catro máis ca no ano anterior.

Suegos, O Vicedo

Santa María de Suegos é unha parroquia do concello do Vicedo na comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 321 habitantes (155 homes e 166 mulleres), un menos ca no ano anterior.

Trala Veiga, Cabanas, O Vicedo

Trala Veiga é un lugar da parroquia de Cabanas, no concello lugués do Vicedo, na comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE, en 2015 tiña dous habitantes, dous homes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.