O Valadouro

O Valadouro é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 2.069 habitantes (2.233 no 2006, 2.268 no 2005, 2.305 no 2004, 2.328 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «valadourés».

Coordenadas: 43°21′49″N 7°28′30″O / 43.36361, -7.47500

O Valadouro
Escudo de O Valadouro
Capela de Santa Filomena do Cadramón, O Cadramón, O Valadouro
Capela de Santa Filomena do Cadramón.
Situacion O Valadouro
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Mariña Central
Poboación2.004 hab. (2018)
Área110,5 km²
Densidade18,14 hab./km²
Entidades de poboación10 parroquias
Capital do concelloFerreira
Política (2019[2])
AlcaldeEdmundo Maseda (PSdeG [3])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 4
Outros: UDIVAL 1
Eleccións municipais no Valadouro
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes86,89%
Na rede
valadouro.org

Historia e patrimonio

Os restos humanos máis antigos pertencen ao paleolítico.

O sitio arqueolóxico de Chao da Cruz atópase na chaira do Cabalar-A Veiga Rubia, ao pé do couto do Cadramón. Nel atopáronse uns dous mil utensilios de soporte tipo lasca de cuarzo, cuarcita e cristal de rocha, así como núcleos sobre canto e prisma e abundantes restos de talla, de reducidas dimensións e apenas retocados.

O das Penas do Carballido atópase no campo do Carballido, preto de Ferrocente. Nel atopáronse 52 útiles sobre lasca de cuarzo, cristal de rocha, sílex e cuarcita.

Neolítico

Do neolítico consérvanse diversas mámoas.

A Casa dos Mouros, en Budián, está moi mal conservada, e conta con dous esteos verticais. Outra das pedras foi movida cara ao fondal do cercado, onde está chantada. A arca da Pena Moura, situada en Budián, non conserva a pedra cobertora. O Forno dos Mouros, situada nos Chaos, na parroquia do Cadramón, conserva tres lastras verticais e outra soterrada, pero non a cobertora. A mámoa do Chao das Forcadas mantén a carcasa de pedras de forma circular e o cono de violación. A arca das Forcadas conserva dous esteos, coa cobertora movida. A arca do Carballo Seco ten tres esteos, dous deles cun ángulo recto moi ben trazado; a pedra cobertora está movida. O dolmen de Ramasquide conserva dous esteos verticais e a cuberta, cunha pedra natural pechando o fondo; o chan da cámara tamén ten pedra. A arca do Padorno, tamén é chamada dolmen de San Tomé, do Chao do Padorno, mámoa do Curro ou Caselo de Couso, por estar situada no Cortello de Couso, posúe unha cámara funeraria, formada por catro esteos, e a cuberta, en forma de pequena elevación artificial do terreo; nela acháronse 20 fragmentos de cerámica lisa e unha lasca de cuarzo. No Chao da Arca hai un conxunto de tres mámoas: unha delas, con cono de violación, conserva tres esteos verticais e unha pedra máis no fondo da cámara; as outras dúas están ben conservadas. No Coto do Carballo hai dúas mámoas, outras dúas no Campo de Chaos, 3 en Sabucedo, outra en Vilacampa, e outra na Granda.

Idade de Bronce

Da idade de Bronce consérvase unha cruz ou estela antropomorfa, coñecida como o Pau da Vella. É unha cruz exenta, de factura basta, dunha soa peza, case plana, cos brazos apenas realizados.

Cultura castrexa

Da cultura castrexa consérvanse numerosos poboados castrexos, como o castro de Lagoa, o de Recaré, San Tomé e Castro de Ouro, de Bacoi, Santa Cilla, Budián e Santa Cruz.

Da primeira época consérvanse as Brosas de Recaré e o caldeiro do Chao de Currás. Este caldeiro de bronce foi atopado en 1871 por José Villaamil Castro. De forma cónica, está formado por láminas de bronce batido remachadas na súa unión e dúas argolas de latón que suxeitaban a asa. Ten ornamentos representando espirais e porcións de círculos concéntricos. Ten 30 cm de diámetro na boca, pouco menos no fondo e algo máis de altura.

Posteriores son tres torques de ouro. Da posterior romanización consérvanse moedas e cerámica.

Idade Media

Durante a Alta Idade Media a zona seguiu organizada por tribos, adicada ó pastoreo cunha agricultura rudimentaria. O territorio estivo vencellado á diocese de Britonia, asentada no norte da provincia de Lugo.

No século XV estivo recluído o mariscal Pardo de Cela na fortaleza do Castro.

No século XIX formouse un núcleo económico na Ferreira, debido ao establecemento de mercadores e comerciantes procedentes de Castela. Este núcleo medrou co regreso de comerciantes desde Cuba a finais do século XIX, e o 27 de xaneiro de 1894 a rexente María Cristina deulle a Ferreira o título de Vila.

Poboación

Censo total 2014 2.069 habitantes
Menores de 15 anos 174 (8.41 %)
Entre 15 e 64 anos 1.159 (56.02 %)
Maiores de 65 anos 736 (35.57 %)

O Valadouro na literatura popular

  • Se as penas de Oirán se volveran pan, a Frouseira manteiga e o río de Ouro viño mouro, non había terra coma o Valadouro [5].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do Valadouro.

Lugares do Valadouro

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Valadouro vexa: Lugares do Valadouro.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "O Valadouro". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Oirán é parroquia de Mondoñedo; A Frouseira, unha montaña entre os concellos de Foz e Alfoz; e o río Ouro nace e desemboca no concello de Foz.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Laxe, O Valadouro

San Xoán da Laxe é unha parroquia do concello lugués do Valadouro, na comarca da Mariña Central. Segundo o IGE en 2011 tiña 254 habitantes (128 homes e 126 mulleres).

Bacoi, Alfoz

Santa María de Bacoi é unha parroquia do concello de Alfoz. Segundo o IGE en 2010 tiña 215 habitantes (114 homes e 101 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, cunha densidade media de 62,5 hab./km².

A parroquia ten unha superficie de 3,44 km², e limita coas parroquias de Carballido e O Castro de Ouro, ademais dos concellos de Foz e O Valadouro. Pertencente o arciprestado do Valadouro.

Budián, O Valadouro

Santa Baia de Budián é unha parroquia do concello do Valadouro na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 273 habitantes, deles 134 eran homes e 139 eran mulleres.

Comarca da Mariña Central

A comarca da Mariña Central é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Mondoñedo, que é a súa terceira cidade en poboación, tras Foz e Burela. A ela pertencen os concellos de Alfoz, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo e O Valadouro. Esta comarca é unha división político-administrativa da Mariña de Lugo.

Ferreira, Ferreira, O Valadouro

Ferreira do Valadouro é unha vila da parroquia de Santa María de Ferreira capital do concello lucense do Valadouro na comarca da Mariña Central. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña 725 habitantes (364 homes e 361 mulleres).

É a capital do municipio. O título de vila foille concedido pola raíña Dona María Cristina o 27 de febreiro de 1894.

Ferreira, O Valadouro

Santa María de Ferreira é unha parroquia do concello do Valadouro. Nela está situada a localidade de Ferreira, capitalidade do concello. Segundo o IGE en 2011 tiña 821 habitantes (412 homes e 409 mulleres).

Frexulfe, O Valadouro

Santa Baia de Frexulfe é unha parroquia do concello do Valadouro na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 119 habitantes, deles 53 eran homes e 66 eran mulleres.

Lugares do Valadouro

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares do Valadouro

Mondoñedo

Mondoñedo (do latín mindunietum, medieval) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.991 habitantes, cunha densidade de poboación de 28 hab./km². O seu xentilicio é «mindoniense».

Mondoñedo ten sé episcopal compartida con Ferrol. O bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol reside alternativamente nunha e noutra cidade.

Montes dos Cabaleiros

Os montes dos Cabaleiros pertencen ás serras setentrionais de Galiza e están localizados ao norte da serra do Xistral. Ao sur, limitan coa montes de Buio, entre os concellos de Cervo, Foz, O Valadouro e Burela.

Son montes de escasa altura que describen unha curva de orientación NE-SO.

O lugar de maior altura é o Monte Neda, con 798 metros sobre o nivel do mar.

Mor, Alfoz

San Pedro de Mor é unha parroquia do concello de Alfoz. No ano 2010 tiña 555 habitantes (276 homes e 279 mulleres), distribuídos en 15 entidades de poboación, cunha densidade de 147'6 hab/km². Acolle a aldea da Seara, o principal núcleo do concello de Alfoz dende 1990, e onde vive a cuarta parte da poboación do municipio.

Limita ao norte coa parroquia de Ferreira (O Valadouro), ao sur e ao oeste con Lagoa e ao leste co Castro de Ouro.

Moucide, O Valadouro

Santo Estevo de Moucide é unha parroquia do concello lugués do Valadouro, na comarca da Mariña Central. En 2011, segundo o IGE, tiña 204 habitantes (104 homes e 100 mulleres).

O Cadramón, O Valadouro

San Xurxo do Cadramón é unha parroquia do concello do Valadouro na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 197 habitantes, deles 94 eran homes e 103 eran mulleres.

Recaré, O Valadouro

San Xiao de Recaré é unha parroquia do concello do Valadouro na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 74 habitantes, deles 36 eran homes e 38 eran mulleres.

San Tomé de Recaré, O Valadouro

San Tomé de Recaré é unha parroquia do concello do Valadouro na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 59 habitantes, deles 26 eran homes e 33 eran mulleres.

Santa Cruz do Valadouro, O Valadouro

Santa Cruz do Valadouro é unha parroquia do concello do Valadouro na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 264 habitantes, deles 133 eran homes e 131 eran mulleres.

Serra da Toxiza

A serra da Toxiza é unha das serras setentrionais de Galiza. Ten forma circular e está conformada por unha gran masa de granodioritas que chega dende preto de Mondoñedo até Ferreira do Valadouro. O alto da serra acada os 838 metros sobre o nivel do mar.

O efecto da erosión formou rechamantes bolos e penedos. Boa parte do terreo está repoboado con piñeiros e destacan as formacións de turbeiras.

Serra do Xistral

A serra do Xistral forma o núcleo do serras setentrionais de Galiza que separa a Terra Chá do mar, do que irradian os serra da Toxiza cara ao leste, a Carba cara ao poñente, e montes de Buio e dos Cabaleiros, na caída do macizo cara ao litoral. Este conxunto montañoso esténdese polos concellos das Pontes de García Rodríguez, Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Muras, Ourol, O Valadouro, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro e Cervo.

É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC).

Vilacampa, O Valadouro

Santa María de Vilacampa é unha parroquia do concello do Valadouro na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 60 habitantes, deles 34 eran homes e 26 eran mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.