O Tio Marcos d'a Portela

O Tio Marcos d'a Portela[1], foi unha publicación aparecida por vez primeira en 1876, sendo daquela editada en Ourense por Valentín Lamas Carvajal. Foi a primeira publicación periódica monolingüe en lingua galega[2].

O Tio Marcos d'a Portela
PARRAFEOS C'O POBO GALLEGO
Fundación1876
Remata1889
EditorValentín Lamas Carvajal
Linguagalega
LocalidadeOurense
PeriodicidadeQuincenal e semanal
Prezo.
TiraxeAté 4 000 exemplares
Ourense, 06-05c rúa Lepanto
Placa colocada na casa onde se comezou a imprimir o xornal, na rúa Lepanto, 18, de Ourense.

Historia e características

Naceu con carácter quincenal, e aos dous meses pasou a ser semanal. Subtitulado Parrafeos c'o pobo gallego, tivo dúas etapas, a primeira dende 1876 ata 1880 e a segunda dende 1883 ata 1889. Cun marcado carácter literario, obtivo un salientábel éxito en toda Galiza, chegando a tirar catro mil exemplares. Amais das sección literarias, principalmente poéticas, a publicación incluía opinión e actualidade. Mantívose até 1888, cando foi impresa a última edición na cidade de Lugo. Neste mesmo comezou coa publicación nas súas páxinas do Catecismo do labrego, que en 1889 editouse de xeito independente.[3]

Coa mesma cabeceira e o mesmo espírito, as Irmandades da Fala promoveron en Ourense esta publicación entre 1917 e 1919. De carácter quincenal, editáronse 58 números. Dirixida por Higinio Ameijeiras e Xavier Prado Rodríguez, entre os colaboradores figuraban Eladio Rodríguez González, López Abente, Losada Diéguez, Manuel Lugrís e Victoriano Taibo.

Recoñecemento

En 2018 escolleuse o 7 de febreiro como Día dos Medios en Galego para que coincidise co seu aniversario.[4]

Notas

  1. O xornal titulábase "O Tio Marcos d'a Portela", segundo as normas ortográficas vixentes sería "O Tío Marcos da Portela".
  2. Historia do xornalismo galego.
  3. Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da literatura galega contemporánea: 1808-1936. Vigo: Galaxia. p. 411. ISBN 84-7154-391-5.
  4. Galicia Confidencial (ed.). "Os medios en galego reivindican o seu papel fundamental para a Galicia do futuro". 5 de febreiro de 2018.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Galaxia. pp. 463–464. ISBN 84-8288-137-X.

Outros artigos

Ligazóns externas

29 de outubro

O 29 de outubro é o 302º día do ano do calendario gregoriano (303º nos anos bisestos). Quedan 63 días para finalizar o ano.

Antón Estévez Cao

Antón Estévez Cao, nado en Ourense, foi un escritor e xornalista galego.

As Burgas (periódico)

As Burgas foi un periódico editado en Ourense entre 1894 e 1895.

Catecismo do labrego

O Catecismo do labrego é unha obra literaria en prosa escrita por Valentín Lamas Carvajal, en colaboración con Arturo Vázquez Núñez,, publicada en 1889 baixo o pseudónimo de Frei Marcos da Portela.

Cesáreo López Pinal

Cesáreo López Pinal, nado no Carballiño en maio de 1867, foi un farmacéutico e poeta galego.

Fernando García Acuña

Fernando García Acuña, nado en Macurijes (Cuba) en 1861 e finado en Betanzos o 16 de xaneiro de 1895, foi un escritor e xornalista galego.

Francisco Romero Blanco

Francisco Romero Blanco, nado en Tállara (Lousame) o 21 de outubro de 1838 e finado en Noia o 21 de novembro de 1918, foi un médico galego.

Hixinio Ameixeiras

Higinio V. Ameijeiras Varela, nado en Ferrol, foi un xornalista galego.

Manuel Lois Vázquez

Manuel Nolaso Lois Vázquez, nado en Maside o 29 de xaneiro de 1868 e finado no mesmo concello o 29 de xuño de 1899, foi un médico, xornalista e escritor galego.

Manuel Núñez González

Manuel Núñez González, nado en Vilardevós o 5 de agosto de 1885 e finado no mesmo concello o 14 de febreiro de 1917, foi un rexistrador e poeta galego.

Máximo Leyes Posse

Máximo Leyes Posse, nado na Torre, Sarces (Laxe) en 1855 e finado na Estrada o 29 de setembro de 1899, foi un político, xornalista e escritor galego.

O Tío Marcos

O Tío Marcos foi un semanario editado na Habana entre 1914 e 1915.

Quereño, Rubiá

San Cristovo de Quereño é unha parroquia que se localiza no sueste do concello ourensán de Rubiá. Segundo o padrón municipal en 2013 tiña 132 habitantes (67 homes e 65 mulleres), 56 menos ca en 1999. Ten tres entidades de poboación.

Remigio Garrido Bouzas

Remigio Garrido Bouzas, nado en Baños de Molgas en 1830 e finado en Escornabois (Trasmiras) o 7 de outubro de 1907, foi un sacerdote e escritor galego.

Roque Pesqueira Crespo

Roque Miguel Silvestre Pesqueira Crespo, nado en Ponteareas o 31 de decembro de 1865 e finado en Barcelona o 27 de novembro de 1938, foi un médico, xornalista e escritor galego.

Sementeira (álbum)

Sementeira é o cuarto álbum de estudio do grupo galego de folk Fuxan os Ventos. Foi publicado en 1978, baixo o selo Philips.

Valentín Lamas Carvajal

Valentín Lamas Carvajal, nado en Ourense o 1 de novembro de 1849 e finado na mesma cidade o 4 de setembro de 1906, foi un autor e xornalista galego. No ano 1972 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Entre outros feitos, Lamas realizou dúas iniciativas importantes en relación co xornalismo e coa literatura en lingua galega, contando ambas con moi boa acollida: fundar o primeiro semanario en lingua galega, titulado O Tio Marcos d'a Portela, e publicar o Catecismo do labrego.

Xavier Prado Rodríguez

Xavier Prado Rodríguez, bautizado como Javier David Leoncio Prado Rodríguez e máis coñecido polo seu alcume Prado Lameiro , nado en Ourense o 12 de setembro de 1874 e finado na mesma cidade o 26 de decembro de 1942, foi un veterinario, autor teatral e poeta, ademais de destacado protagonista do rexionalismo galego de principios do século XX, dentro das Irmandades da Fala. Colaborador de Lamas Carvajal, intentou recupera-la publicación O Tio Marcos d'a Portela, en 1917, aínda que desapareceu finalmente en 1919. A súa obra é costumista, humorística, irónica e ruralista. Sabe reflectir perfectamente os modos e comportamentos dos campesiños, de modo que semella que transcribira unha gravación dos diálogos e pullas que se dan tódolos días no mundo rural galego. Cando escribe en galego o fai recollendo fielmente a fala ourensá, tanto a do labrego galego como a do señorito que presume de fala-lo castelán.

Xosé Ramón Fernández-Oxea

Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey ou Xan Fouciño, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista. En 1986 foi galardoado coa Medalla Castelao.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.