O Salvador

O Salvador[4] (en castelán: El Salvador) oficialmente República do Salvador (en castelán: República de El Salvador), é o país máis pequeno e máis densamente poboado de América Central. Limita polo nordeste con Honduras, polo leste co golfo de Fonseca, polo sur co Océano Pacífico e polo oeste con Guatemala. A súa capital é San Salvador, sendo tamén a meirande cidade. No ano 2016, o país tiña unha poboación de arredor de 6,34 millóns de persoas.

Durante séculos, O Salvador estivo habitado por numeros pobos mesoamericanos, especialmente o pobo pipil, así como o pobo lenca e os pobos maias. A comezos do século XVI, o Imperio Español conquistou o territorio, incluíndoo no Vicerreinado de Nova España, gobernado dende Cidade de México. Porén, o Vicerreinado de México tiña pouca ou ningunha influencia nos asuntos cotiáns do istmo de América Central, que foi colonizado en 1524. En 1609, a área converteuse na Capitanía Xeral de Guatemala, da cal O Salvador formou parte até a súa independencia de España en 1821, primeiro como parte do Primeiro Imperio Mexicano, do cal se secesionou, como parte da República Federal de América Central, en 1823. Cando a república se disolveu en 1841, O Salvador converteuse nun estado soberano, despois formou unha unión de curta duración con Honduras e Nicaragua chamada República Maior de América Central, que durou dende 1895 até 1898.[5][6][7]

Dende finais do século XIX até mediados do século XX, O Salvador padeceu inestabilidade política e económica crónicas, caracterizadas por golpes de estado, revoltas e unha sucesión de líderes autoritarios. A persistente desigualdade social e o malestar social culminaron na devastadora guerra civil do Salvador (1979–1992), entre o goberno militar e unha coalición de grupos guerreiros de esquerda. O conflito rematou cos Acordos de Paz de Chapultepec, que posibilitaron o estabelecemento dunha república constitucional multipartidista que se mantén até o presente.

A economía do Salvador estivo dominada historicamente pola agricultura, comezando coas plantas Indigofera, o cultivo máis importante durante o período colonial,[8][9] seguido polo café, que a comezos do século XX representaba o 90% das exportacións do país.[10][11] Dende entón, O Salvador reduciu a súa dependencia do café e embarcouse na diversificación da economía mediante a apertura de relacións comerciais e financeiros e a expansión do sector manufactureiro.[12] O colón, a moeda oficial do Salvador dende 1892, foi substituída polo dólar estadounidense en 2001.

O Salvador atópase no posto 16 entre os países de América Latina en termos de Índice de Desenvolvemento Humano, e o cuarto en América Central (detrás de Panamá, Costa Rica e Belize) grazas a que se atopa nunha fase de rápida industrialización.[13] Porén, o país segue a loitar contra os altos índices de pobreza, desigualdade e crime.

Coordenadas: 13°50′N 88°55′O / 13.833, -88.917

República do Salvador
República de El Salvador
Bandeira do Salvador
Escudo do Salvador
BandeiraEscudo
El Salvador (orthographic projection)
Lema: «Dios, Unión, Libertad»
(esp.: Deus, Unión, Liberdade)
Capital
 • Poboación
San Salvador
281 870 (est. 2014)
Cidade máis poboadaSan Salvador
Linguas oficiaisCastelán
Forma de gobernoRepública
Presidente
Vicepresidente
Nayib Bukele[1]
Félix Ulloa
Independencia de España15 de setembro de 1821
SuperficiePosto 148º
 • Total21 041 km²
 • % auga1,5
Fronteiras545 km
Costas307 km
PoboaciónPosto 99º
 • Total (2016)6 344 722 hab.
 • Densidade303,1 hab./km²
PIB (nominal)Posto 103º
 • Total (2018)25,855 billóns de dólares[2]
 • per cápita4 041 dólares[2]
PIB (PPA)Posto 101º
 • Total (2018)53,667 billóns de dólares[2]
 • per cápita8 388 dólares (est.)[2]
MoedaDólar estadounidense 1 (US$, USD)
IDH (2017)0,674[3] (121º) – 
Xentiliciosalvadoreño, -a
Fuso horarioUTC -6
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.sv
Prefixo telefónico+503
Prefixo radiofónicoHUA-HUZ
Código ISO222 / SLV / SV
Membro de: OEA, ONU
1 Antes do ano 2001, Colón salvadoreño (SVC)

Etimoloxía

O conquistador Pedro de Alvarado nomeou a nova provincia por Xesús de Nazaret ("O Salvador"). O nome completo era "Provincia De Nuestro Señor Jesús Cristo, El Salvador Del Mundo" ("Provincia do Noso Señor Xesucristo, o Salvador do Mundo"), que foi posteriormente abreviado como "El Salvador".[14]

Historia

Artigo principal: Historia do Salvador.

Os conquistadores españois que chegaron ao Salvador entre 1524 e 1525, viñan desde Guatemala logo de participar na conquista do México. Durante a colonia, O Salvador formou parte da Capitanía Xeneral de Guatemala, tamén coñecida como Reino de Guatemala. O territorio salvadoreño estivo dividido nas Alcaldías Maiores de San Salvador e Sonsonate. En 1811 e 1814 producíronse importantes levantamentos contra o dominio español que expresaron a inquietude independentista dos crioulos (a elite branca descendente de españois). Finalmente, as nacións da América Central conseguiron a súa independencia de España, o 15 de setembro de 1821[15]. O 1823 formouse a Federación Centro-Americana, composta polos actuais países da América Central: Guatemala, Honduras, O Salvador, Nicaragua e Costa Rica. O Salvador independizouse da federación o 1838.

Unha guerra civil de 12 anos, que custou as vidas de preto de 75 000 persoas, chegou á súa fin no 1992, cando o goberno de dereita e a guerrilla de esquerda asinaron un tratado que levou a reformas militares e políticas.

Política

Artigo principal: Política do Salvador.

A Constitución de 1983 defíne o ordenamento legal básico do pais. Aí estabelécese que O Salvador é unha república democrática, representativa na que rexe o sistema presidencialista, cuxos tres órganos son o Órgano Executivo, encabezado polo Presidente da República e o seu Gabinete. O órgan Lexislativo, nomeado Asemblea Lexislativa de O Salvador (Unicameral) de 84 deputados, e o Órgano Xudicial, expresado na Corte Suprema de Xustiza, integrada por 15 maxistrados, sendo un deles electo como Presidente do Poder Xudicial.

O presidente é electo por sufraxio directo e dura no cargo 5 anos. Non pode ser reelixido no período seguinte. O partido Alianza Republicana Nacionalista (ARENA) ten o poder executivo desde 1989 e séguese a manter no seu cargo após catro períodos consecutivos.

Cos Acordos de Paz de Xapultepec (1992) creáronse a nova Policia Nacional Civil, a Procuradoría para a Defensa dos Dereitos Humanos, o Tribunal Supremo Electoral, déuselle vida legal como partido político á oposición de esquerda na forma do Fronte Farabundo Martí para a Liberación Nacional (FMLN) e redefiniuse o papel do exército, reservado para a defensa da soberanía e a integridade territorial. Tamén se suprimiron algúns corpos de seguridade que estaban ao mando do exército, como foron a Garda Nacional, a Policía de Facenda e os Batallóns especiais formados para manteren a guerra contra a insurxencia dos anos 80.

Subdivisións

Artigo principal: Subdivisións do Salvador.
Departments of El Salvador named
Departamentos do Salvador.

O Salvador está dividido en 3 zonas (Zona Occidental, Zona Oriental e Zona Paracentral) e 14 departamentos. Os departamentos, segundo a zona, son:

Zona Occidental

Zona Central

Zona Paracentral

  • San Vicente
  • Cabañas

Zona Oriental

Xeografía

Artigo principal: Xeografía do Salvador.

O releve do Salvador está composto dunha meseta central pouco elevada (de 400 a 800 m de altitude) recortada por vales fluviais e recuberta de numerosos volcáns (Santa Ana, San Vicente, San Salvador, Tecapa, Conchagua, Ilamatepec), dos cales algúns están aínda activos. A parte máis elevada do país sitúase no norte, no monte El Pital (2.730 m). A estreita franxa costeira que bordea o océano Pacífico non supera os 25 km de ancho. O Lempa, que é parcialmente navegábel, é o principal río do país.

O clima do Salvador é tropical, cunha estación seca (novembro a abril) e unha estación húmida (maio a outubro). Atópase, segundo a altitude, terras quentes, ata 800 m, terras tempadas, ata 1800 m e, máis alá, terras xeadas. A temperatura anual medio da capital, San Salvador, é de arredor de 24 °C.

As cidades máis importantes do Salvador son:

Economía

Artigo principal: Economía do Salvador.

A economía do Salvador experimentou unha mestura de resultados durante o goberno do partido ARENA nas iniciativas do mercado libre e o modelo de xerencia fiscal que inclúen a privatización do sistema de actividades bancarias, as telecomunicacións, as pensións públicas, a distribución eléctrica, e unha parte da xeración eléctrica, redución dos aranceis, eliminación dos controis de prezos e subsidios, e unha aplicación mellorada dos dereitos de propiedade intelectual. O PIB estivo a crecer nun paso constante pero modesto despois da sinatura dos Acordos de Paz en 1992, nun ambiente de estabilidade macroeconómica.

Un problema que O Salvador enfronta é a desigualdade económica da distribución das ganancias persoais. No 1999, a quinta parte da poboación máis rica recibiu o 45 % dos beneficios, mentres que a quinta parte máis pobre recibiu soamente o 5,6 %.

Desde o mes de decembro de 1999, as reservas internacionais netas igualaron aos 1.8 mil millóns de dólares. Tendo este almacenador intermediario de moeda forte para traballar, o Goberno do Salvador, emprendeu un plan monetario da integración que comezaba o 1 de xaneiro do 2001, polo cal o dólar dos Estados Unidos se converteu en moeda de curso legal xunto ao colón salvadoreño, e toda a contabilidade formal foi emprendida nos dólares. Deste xeito, o goberno limitou formalmente a súa posibilidade de poñer políticas monetarias sobre o mercado para influír variábeis a curto prazo na economía. Desde 2001, o colón deixou de circular e agora xa non se utiliza para facer transaccións; porén, algúns almacéns aínda informan ao público de prezos en colóns e á vez en dólares.

En xeral, a poboación apoiou o cambio do colón ao dólar, se ben os salarios seguen sendo iguais a pesar de que creceu o prezo da maioría dos produtos. O cambio ao dólar axudou a baixar os intereses nos créditos, co que moitas persoas tiveron acceso a créditos para compraren unha casa ou un automóbil. Os sectores políticos da esquerda foron moi críticos no proceso de dolarización, o cal unicamente favorece ás empresas do sector financeiro.

Actualmente, a economía está máis orientada cara á manufactura e aos servizos, en lugar da agricultura (cultivo do café). As súas principais industrias son a de alimentos e bebidas, produtos do petróleo, tabaco, produtos químicos, téxtiles e mobles.

Demografía

Artigo principal: Demografía do Salvador.
Poboación do Salvador
Ano Millóns
1950 2,2
2000 5,8
2016 6,3

A poboación do Salvador no ano 2016 era de 6 344 722, comparada cos 2 200 000 persoas en 1950. En 2010, a porcentaxe de poboación menor de 15 anos era do 32,1%, do 61% entre os 15 e os 65 anos, e do 6,9% de máis de 65 anos.[16]

A cidade capital de San Salvador ten unha poboación de arredor de 2,1 millóns de persoas. Preto do 42% da poboación do Salvador vive en zonas rurais. O proceso de urbanización medrou de xeito constante no Salvador dende a década de 1960, e millóns de persoas desprazáronse a centros urbanos creando problemas asociados coa planificación urbanística e os servizos.

Arredor de 100 000 nicaraguanos viven no Salvador.[17]

Grupos étnicos

A poboación do Salvador componse de mestizos, brancos e pobos indíxenas. O 86% dos salvadoreños son mestizos, cunha mestura de devanceiros indíxenas e europeos.[18] Entre a poboación mestiza, tódolos salvadoreños que son racialmente europeos, especialmente mediterráneos, así como afrosalvadoreños e os indíxenas que non falan a súa lingua nativa ou perderon a súa cultura orixinal identifícanse a si mesmos como culturalmente mestizos.[19]

O 12,7% dos salvadoreños son brancos. Unha gran cantidade de inmigrantes de Europa central chegou ó Salvador durante a segunda guerra mundial como refuxiados orixinarios da República Checa, Alemaña, Hungría, Polonia e Suíza. Tamén hai pequenas comunidades de xudeus, palestinos critiáns, e árabes musulmáns (espacialmente palestinos).

O 0,23% da poboación é definida como indíxena, e os principais grupos son os cacaopera, que representan o 0,07% da poboación do país, os pipil cun 0,06%, os lenca cun 0,04% e outros grupos menores que compoñen o 0,06%. Moi poucos amerindios mantiveron os seus constumes e tradicións, sendo asimilados co paso do tempo na cultura mestiza/española dominante no país.[20]

Existe unha pequena comunidade de afrosalvadoreños que forman o 0,13% da poboación, xa que tradicionalmente se impediu que os africanos emigrasen ó país por medi de políticas gobernamentais.[21][22]

Cultura

Artigo principal: Cultura do Salvador.

A cultura mestiza é a dominante no país, amplamente influída polas raíces europeas e indíxenas americanas. A poboación formouse como resultado do cruzamento entre a poboación mesoamericana nativa de Cuzcatlan con colonizadores europeos. A Igrexa católica xoga un importante papel na cultura salvadoreña. O arcebispo Óscar Romero é considerado un heroe nacional pola súa defensa dos dereitos humanos durante a guerra civil do Salvador.[23] Personalidades estraxeiras de relevancia no Salvador foron os sacerdotes e mestres xesuítas Ignacio Ellacuría, Ignacio Martín-Baró e Segundo Montes, que foron asasinados en 1989 polo exército do Salvador no trancurso da guerra civil.

As pinturas, a cerámica e os téxtiles son os principais produtos artesáns artísticos. Os escritores Francisco Gavidia (1863–1955), Salarrué (Salvador Salazar Arrué) (1899–1975), Claudia Lars, Alfredo Espino, Pedro Geoffroy Rivas, Manlio Argueta, José Roberto Cea e o poeta Roque Dalton están entre os máis importantes do país. Persoeiros de sona do século XX foron o director de cinema Baltasar Polio, a directora Patricia Chica, o artista Fernando Llort e o debuxante Toño Salazar.

Entre os representantes máis recoñecidos das artes gráficas están os pintores Augusto Crespin, Noe Canjura, Carlos Cañas, Giovanni Gil, Julia Díaz, Mauricio Mejia, Maria Elena Palomo de Mejia, Camilo Minero, Ricardo Carbonell, Roberto Huezo, Miguel Angel Cerna ou Esael Araujo.

Feiras

Fiestas patrias
Celebración da festa patria en Las Chinamas.
Data Nome en galego Nome local
1 de xaneiro Aninovo Año Nuevo
8 de marzo Día da Muller Día de la Mujer
marzo/abril Semana Santa Semana Santa
1 de maio Día do Traballador Día del Trabajo
3 de maio Día da Cruz Día de la Cruz
10 de maio Día da Nai Día de la Madre
17 de xuño Día do Pai Día del Padre
22 de xuño Día do Mestre Día del Maestro
4, 5 e 6 de agosto Festas de Agosto Fiestas Agostinas
15 de setembro Día da Independencia Día de la Independencia
1 de outubro Día do Neno Día del Niño
12 de outubro Día da Raza Día de la Raza
2 de novembro Día de Tódolos Santos Día de Difuntos
25 de decembro Nadal Navidad

Notas

  1. "Nayib Bukele toma posesión como presidente de El Salvador". RTVE (en castelán). 1 de xuño de 2019. Consultado o 3 de xuño de 2019.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "World Economic Outlook Database, October 2018". IMF.org. International Monetary Fund. Consultado o 7 de marzo de 2019.
  3. "2018 Human Development Report". United Nations Development Programme. 2018. Consultado o 14 de setembro de 2018.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salvadoreño.
  5. Roy Boland (1 de xaneiro de 2001). Culture and Customs of El Salvador. Greenwood Publishing Group. p. 2. ISBN 978-0-313-30620-4.
  6. Maureen Ihrie; Salvador Oropesa (20 de outubro de 2011). World Literature in Spanish: An Encyclopedia [3 volumes]: An Encyclopedia. ABC-CLIO. p. 332. ISBN 978-0-313-08083-8.
  7. Jeanne M. Haskin (2012). From Conflict to Crisis: The Danger of U.S. Actions. Algora Publishing. p. 152. ISBN 978-0-87586-961-2.
  8. Tommie Sue Montgomery (1995). Revolution in El Salvador: From Civil Strife to Civil Peace. Westview Press. p. 27. ISBN 978-0-8133-0071-9.
  9. Kevin Murray (1 de xaneiro de 1997). El Salvador: Peace on Trial. Oxfam. pp. 8–. ISBN 978-0-85598-361-1.
  10. Roy Boland (1 de xaneiro de 2001). Culture and Customs of El Salvador. Greenwood Publishing Group. p. 8. ISBN 978-0-313-30620-4.
  11. Thomas L. Pearcy (2006). The History of Central America. Greenwood Publishing Group. p. 43. ISBN 978-0-313-32293-8.
  12. Erin Foley; Rafiz Hapipi (2005). El Salvador. Marshall Cavendish. p. 43. ISBN 978-0-7614-1967-9.
  13. Jeni Klugman (2010). "Human Development Report 2010" (Report). Palgrave Macmillan. p. 152. Consultado o 18 de outubro de 2013.
  14. El Salvador: The People and Culture, by Greg Nickles, pg.6
  15. Embaixada d'El Salvador nos EE. UU., De la Civilización a la Independencia Arquivado 16 de abril de 2007 en Wayback Machine., consultado o 29 de marzo de 2007
  16. Population Division of the Department of Economic and Social Affairs of the United Nations Secretariat, World Population Prospects: The 2012 Revision Arquivado 6 de maio de 2011 en Wayback Machine.
  17. "The Nicaragua case_M Orozco2 REV.doc" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de maio de 2011. Consultado o 2 de maio de 2010.
  18. "CIA – The World Factbook – El Salvador". CIA. Consultado o 12 de outubro de 2013.
  19. "EL SALVADOR Visa Application – Tourist Visas, Business Visas, Expedited Visas – El Salvador Page". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2010. Consultado o 20 de xuño de 2019.
  20. "Jose Napoleon Duarte, Hernandez Martinez, Ungo, Matanza, Central American Common Market, CACM, urban middle class, Christian Democratic Party, powerful families, death squads, Organization of American States, PRUD, International Court Of Justice, urban center, rapid population growth". countriesquest.com.
  21. Elena Salamanca (23 de outubro de 2005). "NO a 'los otros'" (en castelán). La Prensa Gráfica. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2008. Consultado o 29 de decembro de 2007.
  22. Montgomery, Tommie Sue (1995). Revolution in El Salvador: from civil strife to civil peace. Boulder, Colo: Westview Press. ISBN 0-8133-0071-1.
  23. Eaton, Helen-May (1991). The impact of the Archbishop Óscar Romero's alliance with the struggle for liberation of the Salvadoran people: A discussion of church-state relations (El Salvador) (M.A. thesis) Wilfrid Laurier University

Véxase tamén

Bibliografía

  • "Background Notes", Background Notes: El Salvador, xaneiro de 2008. Consultado o 6 de marzo de 2008.
  • Bonner, Raymond. Weakness and Deceit: U.S. Policy and El Salvador. Nova York: Times Books, 1984.
  • CIA World Factbook, "El Salvador", 28 de febreiro de 2008. Consultado o 6 de marzo de 2008.
  • "Country Specific Information", U.S. State Department, 3 de outubro de 2007. Consultado o 6 de marzo de 2008.
  • Danner, Mark. The Massacre at El Mozote: A Parable of the Cold War. Nova York: Vintage Books, 1994.
  • Foley, Erin. 'Cultures of the world, El Salvador. 1995
  • Montgomery, Tommie Sue. Revolution in El Salvador: From Civil Strife to Civil Peace. Boulder, Colorado: Westview Press, 1995.
  • Rosa, Audrey Celeste (1998). "The courage to change: Salvadoran stories of personal and social transformation (El Salvador)". Wilfrid Laurier University.
  • Stadler, Sidney. It Started with an Oyster: The Memoirs of Sidney M. Stadler, CBE. Penna Press 1975. Autobiography of a British businessman and diplomat in El Salvador, with much on Salvadoran society and politics from the 1920s to 1950s.
  • Vilas, Carlos. Between Earthquakes and Volcanoes: Market, State, and the Revolution America. Nova York: Monthly Review Press. 1995.
.sv

.sv é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para O Salvador, administrado por SVnet dende setembro de 1994.

15 de setembro

O 15 de setembro é o 258º día do ano do calendario gregoriano e o 259º nos anos bisestos. Quedan 107 días para finalizar o ano.

19 de febreiro

O 19 de febreiro é o 50º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 315 días para finalizar o ano, 316 nos anos bisestos.

2001

2001 (MM)foi o primeiro ano do século XXI e do terceiro milenio, aínda que durante as dúas décadas precedentes foi motivo de discusión popular se sería este ano ou o 2000. Os atentados do 11 de setembro de 2001 constituíron o acontecemento máis relevante do ano e marcaron a política da década: con eles iniciouse a "guerra contra o terrorismo", que incluíu a invasión de Afganistán e a segunda guerra do Golfo, e un aumento espectacular nas medidas de seguranza na navegación aérea.

21 de xullo

O 21 de xullo é o 202º día do ano do calendario gregoriano e o 203º nos anos bisestos. Quedan 163 días para finalizar o ano.

A Pastoriza

A Pastoriza é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2015: 3.274 habitantes (3.726 no 2006, 3.787 no 2005, 3.856 no 2004, 3.911 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pastoricense» ou «pastoricego».

América

América ( pronunciación ), as Américas, ou o Novo Mundo é unha división do mundo que se estende no Hemisferio Occidental desde o océano Ártico polo norte até case o océano Antártico polo sur, e está entre o océano Pacífico ao oeste, e o océano Atlántico ao leste. Está formado por dous subcontinentes (América do Norte e América do Sur), unidos por un estreito istmo. O seu nome deriva do explorador europeo Américo Vespucio.

É frecuente a sinécdoque de referirse con este nome aos Estados Unidos de América.

América Central

América Central ( pronunciación ), tamén chamada Centroamérica, é unha rexión que se atopa no extremo sur de América do Norte e que ás veces é definido como un subcontinente de América. Esta rexión limita con México polo norte, Colombia polo sueste, o mar Caribe polo leste e o océano Pacífico polo oeste e o sur. América Central componse de sete países: Belize, Costa Rica, O Salvador, Guatemala, Honduras, Nicaragua e Panamá. A poboación combinada de América Central estímase entre 41 739 000 (estimacións de 2009) e 42 688 190 (estimacións de 2012).América Central forma parte do punto quente de biodiversidade de Mesoamérica, que se estende dende o norte de Guatemala até o centro de Panamá. Por mor da presenza de diversas fallas xeolóxicas activas e do arco volcánico centroamericano, existe unha grande actividade sísmica na rexión, como erupcións volcánicas e terremotos, que resultaron en mortes, feridos e danos á propiedade.

Na era precolombiana, América Central estaba habitada por pobos indíxenas de Mesoamérica no norte e no oeste e por pobos do istmo colombiano no sur e no leste. Despois das viaxes da expedición de Cristovo Colón a América, España comezou a colonizar América. Dende 1609 até 1821, a maioría dos territorios de América Central (agás os dos futuros Belize e Panamá, e incluíndo o moderno estado mexicano de Chiapas) estaban gobernados polo vicerreinado de Nova España dende Cidade de México como Capitanía Xeneral of Guatemala. O 24 de agosto de 1821, o vicerrei español Juan O'Donojú asinou os Tratados de Córdoba, que estabeleceron a independencia de Nova España respecto de España. O 15 de setembro de 1821, promulgouse a Acta de Independencia de América Central para anunciar a separación de América Central do Imperio Español e prever o estabelecemento dun novo estado de América Central. Algunhas das provincias de Nova España na rexión de América Central (como as que se converterían en Guatemala, Honduras, O Salvador, Nicaragua e Costa Rica) foron anexionadas ó Primeiro Imperio Mexicano; porén, en 1823 separáronse de México para formar a República Federal de América Central, que durou até o ano 1838.

En 1838, Nicaragua, Honduras, Costa Rica e Guatemala convertéronse nos primeiros estados de América Central en ser independentes, seguidos por O Salvador en 1841, Panamá en 1903 e Belize en 1981.

América Latina

América Latina ou Latinoamérica, entidade territorial e sociocultural diferente a Hispanoamérica e Iberoamérica, constituída polo conxunto de países de América que foron antigas colonias de países europeos onde se fala as linguas romances, é dicir derivadas do Latín, correspondentes ás actuais España, Portugal e Francia. O xentilicio que normalmente se emprega é latinoamericano.

O termo Latinoamérica foi introducido por primeira vez polo Imperio Francés de Napoleón III, durante a súa invasión de México, como forma de incluír a Francia entre os países con influencia en América e case exclusivamente coa fin de excluír ós anglosaxóns.

Nestes países obsérvanse moitas similitudes debido á súa longa historia en común por ser territorios coloniais de España e Portugal e, en menor medida, de Francia. Entre eles obsérvanse tamén variacións lingüísticas, étnicas, sociais, políticas, económicas e climáticas.

Becerreá

Becerreá é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2015 tiña 2987 habitantes (3250 no 2009, 3334 no 2006, 3389 no 2005, 3424 no 2004, 3442 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é becerrego ou becerreense.

Cristianismo

O cristianismo (da verba en grego antigo Χριστός, Khristós (Cristo)) é unha relixión monoteísta baseada na vida e ensinanzas de Xesús Cristo como aparecen nos evanxeos canónicos e noutros escritos do Novo Testamento. Actualmente é a relixión, se contamos tódalas súas ramas, que conta con maior número de practicantes, coñecidos como cristiáns.

Os cristiáns cren que Xesús é o Fillo de Deus, Deus feito home, e o salvador da humanidade. Por mor disto, refírense a Xesús como Cristo, o Mesías profetizado nos textos xudeus que compoñen o Antigo Testamento. A doutrina teolóxica básica aparece nos primeiros textos cristiáns, cuxo contido é aceptado pola maioría das confesións cristiás. Estas profesións de fe din que Xesús sufriu, morreu e resucitou de entre os mortos para garantir a vida eterna a aqueles que cren nel e que confían nel para o perdón dos seus pecados. A maioría sosteñen tamén que Xesús subiu ao Ceo e que alí goberna xunto con Deus Pai. Aínda que o cristianismo é unha relixión monoteísta a maioría dos cristiáns cren que Deus existe en tres persoas, Deus Pai, Deus Fillo e Deus Espírito Santo que constitúen unha mesma substancia de Deus, o que constitúe o misterio da Santa Trindade.

Dólar estadounidense

O dólar estadounidense (en inglés United States dollar, U.S. dollar ou, simplemente, dollar) é a moeda oficial dos Estados Unidos dende o 6 de xullo de 1785. A Reserva Federal é o órgano encargado da súa emisión. O seu símbolo é $, aínda que o código ISO 4217 para o dólar norteamericano é USD e o Fondo Monetario Internacional utiliza US$ .

O dólar de Estados Unidos tamén é utilizado noutros países como moeda oficial: Ecuador, O Salvador, as Caribe Neerlandés, as illas Turcas e Caicos, as illas Virxes Británicas e Panamá en América, Timor Oriental en Asia, Zimbabwe en África e nas antigas dependencias oceánicas das Illas Marshall, nos Estados Federados de Micronesia e na República das Palaus.

O dólar emprégase como divisa internacional e nas transaccións internacionais de ouro ou petróleo. Dos 700.000 millóns de dólares en circulación en 2004 entre a metade e os dous terzos están fóra dos Estados Unidos.

Golfo de Fonseca

O golfo de Fonseca, é un entrante protexido do océano Pacífico, ao oeste de América Central, que limita ao noroeste co Salvador, ao nordeste e ao leste, por Honduras, e ao sur por Nicaragua.

Un dos mellores portos naturais do mundo, cunha extensión duns 3.200 km². Entre os portos importantes atópanse La Unión, no Salvador; San Lorenzo, en Honduras; e Puerto Morazán, en Nicaragua.

Moeda

Unha moeda é un ben económico que ten tres funcións: é un instrumento de unidade de conta, é un instrumento de troco e é un instrumento de reserva de valor. A moeda particular dun país denomínase divisa.

Prefixo radiofónico

Os prefixos radiofónicos son prefixos utilizados pola IARU (International Amateur Radio Union) para designar os distintos países e territorios, e aos radioafeccionados que transmiten desde eles. Seguen as asignacións establecidas pola ITU (International Telecomunications Union), a axencia das Nacións Unidas que coordina o espazo radioeléctrico mundial que usan todas as estacións emisoras.

San Salvador, O Salvador

San Salvador é a capital política e económica da república do Salvador, ademais da Sede do Goberno Central e a sede do Arcebispado. San Salvador é a cidade máis poboada do país e a segunda cidade máis grande de América Central, con 2.224.223 habitantes censados no ano 2006. A cidade foi nomeada en honor a Xesús Cristo, baixo o titulo do "Divino Salvador do Mundo". Xeograficamente, San Salvador está localizada no val de Las Hamacas, chamado así polo gran número de sismos que nel se producen.

Xoibán, Vilalba

O Salvador de Xoibán é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo), a máis meridional das parroquias vilalbesas, e enclavada entre os concellos de Begonte e Cospeito.

En 2011, segundo o IGE, tiña 54 habitantes (26 homes e 28 mulleres) repartidos entre as entidades de: Alamparte, Alto, Bon Aire, Cascallal, Escoira, Granda, Igrexa, Lentille, Muíño e Pereiro; o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 94 habitantes.

Países
Territorios dependentes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.