O Rosal

O Rosal é un concello situado ó suroeste da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca do Baixo Miño, situándose á beira da desembocadura do río Miño. Limita polo sur coa Guarda, polo norte con Oia e polo nordeste con Tomiño. O seu xentilicio é rosaleiro.

O Rosal
Bandeira de O Rosal
---
Escudo de O Rosal
Casa do concello de O Rosal
Casa consistorial, nun pazo do século XVIII.
Situacion O Rosal
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Baixo Miño
Poboación6.249 hab. (2018)
Área44,1 km²
Densidade141,7 hab./km²
Entidades de poboación4 parroquias
Capital do concelloO Rosal
Política (2019[2])
AlcaldesaÁnxela Fernández Callís (BNG[3])
ConcelleirosBNG: 7
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais no Rosal
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes57,60%
Na rede
Páxina do concello de O Rosal

Poboación

Segundo o IGE, no 2014 tiña unha poboación de 6.455 habitantes.

Censo total 2014 6.455 habitantes
Menores de 15 anos 859 (13.31 %)
Entre 15 e 64 anos 4.194 (64.97 %)
Maiores de 65 anos 1.402 (21.72 %)
Evolución da poboación de O Rosal   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5.225 5.302 5.679 5.558 5.992 6.570 6.613 6.574 6.531 6.455 6.406 6.349 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Trazos económicos

A súa economía é eminentemente agrícola, forestal e gandeira (pastos), con algo de pesca de baixura. Son afamados os seus viños, que pertencen á Denominación de Orixe Rías Baixas e forman parte da "Feira do Viño do Rosal" (declarada de interese turístico no 2016).

Historia

Atopáronse vestixios paleolíticos, que inclúen pinturas rupestres, e da Idade de Bronce. A cultura castrexa estivo moi presente nesta zona.

Durante a Idade Media pertenceu ó Mosteiro de Santa María de Oia, da orde Cisterciense.

O concello constituíuse en 1847, independizándose do da Guarda. En 1879 o rei Afonso XII outorgoulle o título de vila.

Patrimonio

Os muíños do Folón e do Picón é un conxunto de 36 muíños do século XVIII situados nos ríos Folón e Picón, todos eles restaurados e mesmo algún en funcionamento. Preto do lugar atópanse a ermida de San Martiño e as fervenzas do río Folón e do río da Cal. Pódense visitar percorrendo a ruta homologada de sendeirismo PR-G 94, ruta circular de 3'5 km con principio e fin xunto ó Muíño da Ponte das Penas.

O monumento ao cabaqueiro lembra os telleiros da vila, que crearon a xerga denominada latín dos cabaqueiros.

A casa consistorial ocupa un pazo do século XVIII.

Turismo

Cada ano, na terceira fin de semana do mes de xullo, celébrase a Feira do Viño do Rosal, que ten como atractivo principal o viño branco desta subzona da Denominación de Orixe Rías Baixas.

O Rosal ten dúas rutas de sendeirismo homologadas: o PR-G 94 Rota dos Muíños do Folón e do Picón e o PR-G 112 Sendeiro de Pescadores Río Miño - Tamuxe. A primeira goza das paisaxes do BIC dos muíños do Folón e de Picón; a segunda das panorámicas do estuario do río Miño e do final do río Tamuxe.

O Rosal posúe un Centro de Interpretación dos Oficios, cun apartado moi especial para o oficio dos cabaqueiros.

No muíño das Aceñas o concello do Rosal dispón dunha aula da natureza que serve de centro de interpretación da contorna. Está situado xunto a unha área recreativa natural, na beira do río Tamuxe.

Alcaldes

Colexios

  • CPI Manuel Suárez Marquier (1977).
  • CRA María Zambrano: Sede en Pías. 6 edificios (Marzán, Pías, Couso, Fornelos, Novás, Tabagón)

Deporte

  • SD Atlético Novás (balonmán)
  • Unión Deportiva Ribera (fútbol)
  • Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores SL
  • Atletismo Suárez Marquier

Música

  • Banda Municipal do Rosal.
  • Coral Musical do Rosal.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do Rosal.
O Rosal, balcón da Casa do Concello

AVE MARYA PVRYSSYMA ANO DE 1781

Centro de Saúde do Rosal

Centro de saúde.

Praza de Abastos do Rosal

Praza de abastos.

O Rosal, fonte

Fonte.

As Eiras, O Rosal

S. Bartolomeu das Eiras.

Detalledosmuíñosdofolón

Muíños do Folón.

Lugares do Rosal

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Rosal vexa: Lugares do Rosal.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. TeleMariñas, ed. (15 de xuño de 2019). "Ánxela Fernández é a nova alcaldesa do Rosal". Consultado o 17 de xuño de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Coordenadas: 41°56′8″N 08°49′30″O / 41.93556, -8.82500

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Cachada, O Rosal, O Rosal

A Cachada é un lugar da parroquia do Rosal no concello pontevedrés do Rosal, na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE no ano 2012 tiña 63 habitantes (31 homes e 32 mulleres).

Arciprestado da Guarda-Tebra

O arciprestado da Guarda-Tebra é un arciprestado da comarca do Baixo Miño, pertencente á diocese de Tui-Vigo. Abrangue parroquias dos concellos de Oia, O Rosal, A Guarda e Tomiño (aínda que a parroquia de Sobrada pertence ó arciprestado de Tui).

As Eiras, O Rosal

San Bartolomeu das Eiras é unha parroquia do concello pontevedrés do Rosal. Segundo o IGE no ano 2014 tiña 243 habitantes (124 homes e 115 mulleres). Pertence á diocese de Tui-Vigo e o arciprestado da Guarda-Tebra.

CG-4.2

O CG-4.2 é un corredor galego de altas prestacións e variante de poboacións que prevé unir as poboacións de Tui e A Guarda, sendo unha alternativa á PO-552. É propiedade da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia.

Actualmente o único tramo en servizo discorre polos concellos da Guarda, O Rosal e termina na rotonda de Goián en Tomiño.

Comarca do Baixo Miño

A comarca do Baixo Miño é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Pontevedra e a súa capital é Tui. Pertencen a ela os concellos de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.

Eleccións municipais no Rosal

Corporacións democráticas no Rosal desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José Luis Martínez Rodríguez — INDEP

1983 Alcalde: José Luis Martínez Rodríguez — CP - Coalición Popular (AP-PDL-UL - Alianza Popular-Partido Demócrata Popular-Unión Liberal)

1987 Alcalde: José Luis Martínez Rodríguez — AP

1991 Alcalde: José Luis Martínez Rodríguez — PPdeG

1995 Alcalde: José Luis Martínez Rodríguez — PPdeG

1999 Alcalde: Jesús María Fernández Portela — PPdeG

2003 Alcalde: Jesús María Fernández Portela — PPdeG2007 Alcalde: Jesús María Fernández Portela — PPdeG2011 Alcalde: Jesús María Fernández Portela — PPdeG2015 Alcalde: Jesús María Fernández Portela — PPdeG. Despois da súa xubilación e foi subsistido en 10 febreiro 2018 pola alcaldesa María del Carmen Alonso Alonso — PPdeG.2019 Alcaldesa: Ánxela Fernández Callís — BNG

Marzán, O Rosal, O Rosal

A Cachada é un lugar da parroquia do Rosal no concello pontevedrés do Rosal, na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE no ano 2012 tiña 411 habitantes (202 homes e 209 mulleres).

Muíño

Un muíño (do latín serodio molinum, por redución da expresión saxum molinum 'moa') é un artificio para moer algo; o máis habitual son os cereais, especialmente o trigo e o millo, para obter fariña.

Xeralmente constaban dunha pedra circular fixa sobre a que se move outra de forma troncocónica que ao xirar segue a forma da anterior. Tamén pode ter forma de disco e entón chámase moa.

Para mover a pedra utilizábase a enerxía eólica (muíño de vento), a hidráulica (muíño de auga), animais (muíño de sangue) e, en muíños pequenos, a manual (un exemplo doméstico deles son os muíños do café, aínda que actualmente son eléctricos a maioría).

O Rosal, O Rosal

Santa Mariña do Rosal é unha parroquia do concello pontevedrés do Rosal na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE no ano 2007 tiña 4.619 habitantes (2.336 mulleres e 2.283 homes). Pertence á diocese de Tui-Vigo, e nela, o arciprestado da Guarda-Tebra.

Pancenteo, O Rosal, O Rosal

Pancenteo é un lugar da parroquia do Rosal no concello pontevedrés do Rosal, na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE no ano 2012 tiña 250 habitantes (128 homes e 122 mulleres).

Provincia de Pontevedra

Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 82.539 habitantes en 2015, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 294.098 habitantes (2015). É provincia máis pequena e a segunda máis poboada de Galicia trala da Coruña.

Pías, San Miguel de Tabagón, O Rosal

Pías é unha entidade de poboación da parroquia de San Miguel de Tabagón, no concello pontevedrés do Rosal. Segundo o IGE, en 2015 tiña 169 habitantes (82 homes e 87 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2006, cando tiña 190.

Aquí desemboca o río Tamuxe, verquendo as súas augas ó Miño.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

San Miguel de Tabagón, O Rosal

San Miguel de Tabagón é unha parroquia do concello pontevedrés do Rosal, na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, no ano 2014 tiña 963 habitantes (503 mulleres e 460 homes). Pertence á diocese de Tui-Vigo, e nela, ó arciprestado da Guarda-Tebra.

En San Miguel de Tabagón desemboca o río Tamuxe no río Miño.

No lugar do Cruceiro está o cruceiro de Tabagón, unha estrutura pétrea de granito que se dispón sobre tres chanzos e un podio. O fuste é de sección cadrada, capitel e tres cruces en forma de calvario.

San Xián, O Rosal, O Rosal

San Xián, ás veces escrito Sanxián, é un lugar da parroquia de O Rosal, no concello pontevedrés de O Rosal, na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, en 2014 tiña 85 habitantes (46 homes e 39 mulleres).

Serra da Groba

A serra da Groba é un sistema montañoso que atravesa os concellos pontevedreses de Baiona, Oia e O Rosal, en dirección norte - sur. A altura máxima acádaa no Alto da Groba, de 662 metros de altitude, en Belesar. Outros picos importantes son Corroubelo, en Pedornes, de 599 m e Campo do Couto, no Rosal, que alcanza os 553 metros. Acolle a máis importante concentración de cabalos de raza galega en liberdade.

Tabagón, O Rosal

San Xoán de Tabagón é unha parroquia do concello pontevedrés do Rosal na comarca do Baixo Miño. Ten 7 entidades de poboación: A Mina, A Paradela, A Portela, O Río, A Rúa da Cal, A Rúa de Abaixo e O Xisco. Segundo o IGE en 2014 tiña 630 habitantes (320 mulleres e 310 homes).

Está bañada polas augas do Río Miño e dista 5 quilómetros da capital do concello.

Viso dos Eidos, O Rosal, O Rosal

Viso dos Eidos é un lugar da parroquia do Rosal, no concello pontevedrés do Rosal, na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, en 2015 tiña 272 habitantes (144 homes e 128 mulleres).

Viño

O viño é unha bebida alcohólica que se obtén da fermentación do zume de uva ou mosto que se obtén ó estrulla-la uva na prensa trala vendima e que é gardado en barrís. É habitual que o viño se denomine segundo a uva co que foi elaborado. Atendendo á súa cor, pode ser viño branco, tinto ou rosado. Os viños brancos acostuman usarse para acompañar os entrantes e o peixe; o tinto para acompañar a carne. Un bo viño é unha bebida selecta e o seu prezo pode ser astronómico. Adoita definirse a súa calidade en función do ano e do tipo de viño. Ademais de produto económico, o viño é un elemento social de primeira orde, coma o demostran as celebracións de festas gastronómicas ou vendimas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.