O Porriño

O Porriño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo, en concreto ao Val da Louriña. Segundo o IGE en 2018 tiña 19.740 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «porriñés».

Coordenadas: 42°9′43″N 08°37′13″O / 42.16194, -8.62028

O Porriño
Escudo de O Porriño
Casa Consistorial do Porriño
Casa do Concello.
Situacion O Porriño
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Vigo
Poboación19.740 hab. (2018)
Área61,2 km²
Densidade322,55 hab./km²
Entidades de poboación8 Parroquias e 114 Lugares
Capital do concelloO Porriño
Política (2019[2])
AlcaldesaEva García de la Torre (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 4
Outros: UDDL 1, EU-SON 2
Eleccións municipais no Porriño
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes31,98%
Na rede
https://oporrino.org/
alcaldia@porrino.com

Xeografía

Limita ao norte co municipio de Mos, ao noroeste co de Vigo, ao oeste co de Gondomar, ao sur co de Tui, ao sursueste co de Salceda de Caselas e ao leste co de Ponteareas.

Medio ambiente

O Porriño sofre unha deterioración medioambiental dende principios do século XX, que se está intentado paliar[4].

No actual emprazamento dos parques industrias do concello estendíase un enorme ecosistema de lagoas, hábitat de moitas especies. A maioría deste territorio foi secado e recheado do que só se conserva o espazo natural das Gándaras de Budiño. Neste lugar atópanse especies vexetais e animais. Na fauna destaca o sapoconcho galego e a erceta común. Na flora destaca a presenza dunha planta carnívora, a orballiña (Drosera rotundifolia).

O río Louro ademais, que atravesa esta zona e a propia vila do Porriño, está moi contaminado[5]. Tamén as canteiras supoñen un forte impacto paisaxístico e acústico.

Poboación

Censo total 2018 19.740 habitantes
Menores de 15 anos 3.133 (15.87 %)
Entre 15 e 64 anos 13.455 (68.16 %)
Maiores de 65 anos 3.152 (15.96 %)

Fonte: Instituto Nacional de Estadística, INE 1857-2018

Historia

No municipio encontráronse abundantes vestixios do Paleolítico e da Idade de Bronce, especialmente na parroquia de Budiño, o que evidencia unha moi temporá ocupación do territorio. O xacemento paleolítico das Gándaras de Budiño e o gravado rupestre do Monte Castelo son, de feito, os dous bens de interese cultural declarados no concello.[6]

Rectángulo excavado xacemento paleolítico das Gándaras de Budiño
Rectángulo escavado no xacemento paleolítico das Gándaras de Budiño, onde se atoparon útiles de pedra tallada, duns 300.000 anos de antigüidade.

Durante a Idade Media o réxime señorial estivo fortemente consolidado no Porriño, dominado por castelos dos que hoxe apenas se conservan restos: os castelos de Mirabel e Orbenlle e a fortaleza de Erbilone.

O Porriño naceu como poboación de cruzamento de camiños, situado ademais na ruta de peregrinación a Santiago dende Portugal.

Formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela na xurisdición do Porriño, dependente do Conde de Salvaterra do Miño, agás Budiño con xurisdición propia dos veciños.

Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Mosende e O Porriño. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, no século XIX, dentro do Partido xudicial de Tui, créase o concello do Porriño, integrado daquela por sete parroquias, aínda que coa mesma estrutura superficial. Con posterioridade, en 1904, creouse a parroquia de Cans, segregada da de Atios; ademais dende 1920 funciona a Entidade Local Menor de Chenlo.

Patrimonio

Escultura canteiro O Porriño
Escultura de Suso Balado en homenaxe aos canteiros da zona.

En 2007, o Concello do Porriño promoveu unha votación popular para escoller sete lugares destacados no municipio, as sete marabillas do Porriño. As escollidas, por esta orde, foron as seguintes:

  • Faro de Budiño, un monte formado por enormes penas de granito con paredes case verticais, visible dende todo o val da Louriña.
  • Casa do Concello, un edificio construído entre 1921 e 1924 en estilo rexionalista. O seu autor é o arquitecto porriñés Antonio Palacios. A casa do concello do Porriño foi recentemente reformada e ampliada, a partir do edificio construído por Antonio Palacios para este uso e inaugurado en 1924. É unha edificación en pedra dotada dunha gran monumentalidade en relación coa pouca superficie que ocupa, na que resalta un pórtico na súa parte frontal, a torre ameada, a profusión de vans e a rica ornamentación. O edificio ardeu no ano 1976, destruíndose o seu interior na práctica totalidade. A reforma iniciada posteriormente remata en 1983. En todo caso, a insuficiencia espacial foi cada vez máis patente e levou á ampliación lateral do edificio en datas máis recentes.
  • Gándaras de Budiño, unha zona húmida creada pola confluencia do río Louro con varios regatos, creando un sistema de lagoas, brañas e bosques de ribeira. Forma parte da Rede Natura 2000.
  • Roteiro da rocha e a auga en Carracido, un percorrido circular duns 4 quilómetros no que se atopan penedos, zonas arboradas, muíños, lavadoiros etcétera.
  • Muíños de auga das parroquias, elementos do patrimonio popular espallados polas sete parroquias, máis de corenta atópanse restaurados.
  • A Risca, zona de 10 hectáreas dentro do monte Gulpilleira do Porriño, con abundantes penedos de formas singulares e boas vistas sobre o val.
  • Fonte do Cristo, outra obra de Antonio Palacios, inaugurada en 1905, de estilo ecléctico e carácter vertical, combina a pedra co ferro e a louza.

Goberno e política

Artigo principal: Eleccións municipais no Porriño.

A alcaldesa do concello do Porriño é Eva García de la Torre, do PSdeG-PSOE. Acadou a alcaldía cos votos dos dous concelleiros de UDDL (que entraron a formar parte do goberno municipal), dos dous concelleiros do BNG e o concelleiro de EU-Son. Até entón, o alcalde fora Nelson Santos Argibay, do PP.

O concello de Porriño estrutúrase en diferentes concellerías: de cultura e normalización lingüística, de servizos municipais: deportes, mocidade, transportes e alumeado público; de medio ambiente; de benestar social e participación cidadá, de promoción económica, turismo e comercio e policía local; e de obras. O concello celebra plenos ordinarios cada mes, aínda que con frecuencia celébranse plenos extraordinarios, co fin de debater temas e problemas que afectan ao concello.

Elecciones municipais, 25 de maio de 2003[7]
Partido Votos % Concelleiros
PP 4.056 38,00% 7
IDP 3.060 28,67% 5
BNG 1.981 18,56% 3
PSdeG-PSOE 1.457 13,65 % 2
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007[8]
Partido Votos % Concelleiros
BNG 2.916 27,99 % 5
PP 2.383 22,87 % 4
CxP 1.861 17,86 % 3
PSdeG-PSOE 1.629 15,63 % 3
IP 1.221 11,72 % 2
Eleccións municipais, 22 de maio de 2011[9]
Partido Votos % Concelleiros
PP 6.051 57,13 % 10
BNG 2.787 26,31 % 5
PSdeG-PSOE 1.156 10,91 % 2
Eleccións municipais, 25 de maio de 2015[10]
Partido Votos % Concelleiros
PP 4.067 39,61 % 8
PSdeG-PSOE 2.133 20,78 % 4
UDDL 1.310 12,76 % 2
BNG 1.231 11,99 % 2
EU-Son 697 6,79 % 1

Economía

Mercado do Porriño
Mercado de 1970 deseñado por Bar Boo.

O concello do Porriño conta cunha importante industria, grazas principalmente á súa situación nun importante nó de comunicacións próximo á cidade de Vigo e a Portugal. A puxanza industrial do municipio tivo como precursores a instalación no Porriño en 1924 de Marucoga (primeiro matadoiro cooperativo de Galicia) e en 1939 da química Zeltia.

Na actualidade, o granito extraído das canteiras deste municipio, coñecido como "rosa porriño", é transportado a mercados internacionais dende o Porto de Vigo. Nos últimos anos aumentou notablemente a capacidade transformadora da industria graniteira, que agora incluso importa materias primas doutros países para a súa elaboración.

O municipio conta ademais con dous parques industriais, As Gándaras e A Granxa, e un tecido empresarial bastante diversificado, no que destacan as industrias químico-farmacéutica (CZ Veterinaria), da automoción, alimentación e loxística. No Porriño teñen a súa sede dous dos centros tecnolóxicos punteiros de Galicia: o CTAG (Centro Tecnolóxico do Automóbil de Galicia) e Aimen (Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste).

Esta puxanza industrial sitúano como o terceiro concello con máis capacidade industrial da provincia de Pontevedra[Cómpre referencia], o primeiro en relación coa súa poboación. A pesar disto, mantén unha taxa de desemprego lixeiramente superior á media galega[Cómpre referencia].

Deporte

Varios dos equipos de fútbol do concello son o Porriño Industrial Club de Fútbol, Unión Deportiva Atios e Club Deportivo Pontellas, os tres de división preferente autonómica na tempada 2014-15. No balonmán está o Club Balonmano Porriño.

No ano 1999 celebrouse no concello o Campionato de España de Ciclocross.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do Porriño.
Antonio palacios monument

Monumento a Antonio Palacios.

O Porriño, Santo Estevo de Cans

Igrexa de Santo Estevo de Cans.

Lugares do Porriño

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Porriño vexa: Lugares do Porriño.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Plan Especial - O Porriño
  5. A pinga que colma o vaso do estragado río Louro
  6. Relación de Bens de Interese Cultural de Galicia
  7. Eleccións municipais de 2003
  8. Eleccións municipais de 2007
  9. Eleccións municipais de 2011
  10. Eleccións municipais de 2015

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A-52

A A-52 ou autovía das Rías Baixas é unha autovía que une as localidades de Benavente (Zamora) e O Porriño (Pontevedra), intercomunicando o sur de Galicia entre si, saíndo cara a Zamora e unindo Galicia con Madrid. Ten 306 quilómetros, iniciándose no p.q. 267 da autovía do Noroeste (A-6) e finalizando no punto quilométrico 306, onde liga coa A-55. No futuro prolongarase ata Vigo, constituíndo unha alternativa á A-55 e á AP-9. Atravesa 3 provincias e conta con varios túneles e viadutos de tamaño considerable.

Antonio Palacios Ramilo

Antonio Palacios Ramilo, nado no Porriño o 8 de xaneiro de 1874 e finado en Madrid o 27 de outubro de 1945, foi un arquitecto galego.

Atios, O Porriño

Santa Eulalia de Atios é unha parroquia que se localiza no concello do Porriño. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 2.340 habitantes (1.174 mulleres e 1.166 homes), 69 máis ca en 1999. Están distribuídos en 17 entidades de poboación. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación era de 2.202 habitantes, sendo 1.101 homes e 1.101 mulleres.

A parroquia, a segunda de máis tamaño do concello, está atravesada pola vía portuguesa do camiño de Santiago.

Cans, O Porriño

Santo Estevo de Cans é unha parroquia do concello do Porriño, situada no Val da Louriña. Segundo o padrón municipal de 2010 tiña 458 habitantes (224 mulleres e 234 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución dun habitante en relación ao ano 1999, cando tiña 459 habitantes.

Chenlo, O Porriño

San Xoán de Chenlo é unha parroquia que se localiza no concello do Porriño. É unha das 9 entidades locais menores de Galiza. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 522 habitantes (268 homes e 254 mulleres, distribuídos en 17 entidades de poboación, o que representa unha diminución en relación ós anos 2004, cando tiña 549 habitantes, e 1999, con 532.

Comarca de Vigo

Non confundir con: Área Metropolitana de Vigo

A comarca de Vigo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vigo. A ela pertencen os concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.

Estación de Ourense - Empalme

A Estación de Ourense-Empalme é a principal estación de tren de Adif da cidade de Ourense, por diante de Ourense-San Francisco. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. En 2010, recibiu 321 772 pasaxeiros.

Estación de Redondela

A estación de Redondela, coñecida anteriormente como Redondela de Galicia, é unha das tres estacións de tren de Adif na cidade de Redondela, na provincia de Pontevedra. Ten servizos de longa e media distancia.

Estación de Vigo-Guixar

A Estación de Vigo-Guixar é unha estación de ferrocarril de Adif da cidade de Vigo. Ten servizos de longa e media distancia, mentres que os servizos de alta velocidade chegan á estación de Vigo-Urzáiz.

Estación do Porriño

A estación do Porriño é unha estación de tren de Adif situada na cidade do Porriño, na provincia de Pontevedra. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe Operadora.

Mosende, O Porriño

San Xurxo de Mosende é unha parroquia que se localiza no concello do Porriño. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 848 habitantes (435 mulleres e 413 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 859 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 817 habitantes, sendo 405 homes e 412 mulleres.

Pertence ó arciprestado de Louriña.

N-120

A N-120 é unha estrada nacional española que une as cidades de Logroño e Vigo, acabando no porto desta última. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Ten un percorrido de 662 km, e pasa polas comunidades autónomas da Rioxa, Castela e León e Galicia, unindo grandes cidades e vilas como Burgos, Sahagún, León, Astorga e Ponferrada fóra de Galicia; e como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Ourense, Ribadavia, A Cañiza, Ponteareas e O Porriño, xa en Galicia.

Na actualidade hai varias autovías ou autoestradas que van paralelas, con tramos en construción. Entre Logroño e Burgos (ligazón coa BU-30), está en construción a A-12, Autovía do Camiño de Santiago. Burgos circunválase mediante a BU-30. Entre a BU-30 e Onzonilla o corredor correspóndese coa Autovía Autonómica do Camiño de Santiago A-231, en servizo. Entre Onzonilla e León o corredor correspóndese coa Autovía da Ruta da Prata A-66, en servizo. Entre León e Astorga o corredor correspóndese coa autoestrada AP-71 de peaxe, en servizo. Entre Astorga e Vilamartín da Abadía o corredor correspóndese coa Autovía do Noroeste A-6, en servizo.

Entre Vilamartín da Abadía e Ourense o corredor correspóndese coa Autovía Ponferrada-Ourense A-76, en proxecto. Até a década de 1980 o tramo entre A Rúa e Ourense discorría ao sur do río Sil pola actual OU-536 , atravesando a ponte Bibei e Castro Caldelas. Desde entón vai por Quiroga, Monforte de Lemos e Os Peares. Entre A Rúa e Monforte de Lemos, pasando por Quiroga e A Estación (A Pobra de Brollón), vai en paralelo á LU-933, tramo da antiga C-533 A Gudiña-Lalín. Entre Monforte de Lemos e Os Peares, pasando polo Castro de Ferreira, existe o tramo N-120a, que se corresponde coa vella estrada C-546 Ourense-Lugo.

Entre Ourense e Vigo correspóndese coa vella estrada Villacastín-Vigo. Entre Ourense e O Porriño vai en paralelo á Autovía das Rías Baixas A-52. Entre O Porriño e a ligazón coa AP-9 (Autoestrada do Atlántico) na Portela de Puxeiros, a estrada correspóndese coa Autovía do Atlántico A-55, que a solapa en diversos tramos. Tamén se solapan desde A Portela de Puxeiros até a entrada en Vigo pola avenida de Madrid. Entre a avenida de Madrid e o porto de Vigo a estrada correspóndese coa circunvalación VG-20.

O Porriño, O Porriño

Santa María do Porriño é unha parroquia que se localiza no concello do Porriño, na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 5.110 habitantes (2.687 mulleres e 2.423 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 4.868 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 7.428 habitantes, sendo 3.633 homes e 3.795 mulleres.

Pontellas, O Porriño

Santiago de Pontellas é unha parroquia que se localiza no concello do Porriño. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.331 habitantes (706 mulleres e 625 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.257 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 1.346 habitantes, sendo 645 homes e 701 mulleres.

Porriño Industrial Club de Fútbol

O Porriño Industrial Fútbol Club é un club de fútbol galego do Porriño. Fundouse en 1933 e actualmente compite no Grupo Sur da Preferente Autonómica de Galicia.

San Salvador de Budiño, O Porriño

San Salvador de Budiño é unha parroquia que se localiza no concello do Porriño. Segundo o IGE en 2018 tiña 2.012 habitantes (1.043 mulleres e 969 homes), distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.979 habitantes.

Serra do Galiñeiro

A serra do Galiñeiro é unha cadea montañosa que atravesa os concellos pontevedreses de Vigo, Gondomar, O Porriño, Mos e Tui, en dirección NO - SL. Acada a súa maior altura no monte Galiñeiro, con 711 metros, con cumio no concello de Gondomar. Outros montes importantes son os vigueses Alba e O Cepudo e o tudense Aloia, constituído como parque natural.

Torneiros, O Porriño

San Salvador de Torneiros é unha parroquia do concello do Porriño. Segundo o IGE en 2014 tiña 3889 habitantes (1925 homes e 1964 mulleres), 130 menos ca en 2004 (2048 mulleres e 1971 homes) e 123 máis ca en 1999. Ten 8 entidades de poboación.

Actualmente o arcebispado distingue, e só con carácter eclesiástico, entre San Salvador de Torneiros e San Rosendo de Torneiros. Esta última está formada polos polígonos residenciais presentes na parroquia, construídos no lugar da Relva.

Val da Louriña

O Val da Louriña é unha comarca histórica da provincia de Pontevedra formada polos concellos de Mos e O Porriño, é moi coñecida a zona destes municipios polo nome da Louriña fronte a denominación oficial na que se enmarcan, comarca de Vigo, así o reflicten os periódicos da provincia e locais. O seu nome outórgallo o río Louro que recolle as augas de todo o val encamiñado a crear unha das zonas naturais máis importantes do sur da provincia, as gándaras de Budiño.

Dentro da demarcación eclesiástica, a comarca do Val da Louriña constitúe un arciprestado. Este inclúe tamén a parroquia viguesa de Zamáns, e exclúe San Salvador de Budiño (pertence ó arciprestado de Entenza).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.