O Pino

O Pino é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa. Limita ao norte con Frades e Oroso, ao sur con Touro e Boqueixón, ao leste con Arzúa e ao oeste con Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2015 tiña 4706 habitantes.

Coordenadas: 42°54′17.18″N 8°21′44.44″O / 42.9047722, -8.3623444

O Pino
Escudo de O Pino
Casa do Concello de O Pino
Casa do concello.
Situacion O Pino
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Arzúa
Poboación4.656 hab. (2018)
Área131,9 km²
Densidade35,3 hab./km²
Entidades de poboación13 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeManuel Taboada Vigo (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais no Pino
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes80,84%
Na rede
www.concellodeopino.com
correo@opino.dicoruna.es

Xeografía

Situación

Ten unha extensión de 132,3 km², e abrangue 13 parroquias. O Pedrouzo é a capital, situada a 18 km de Compostela.

Orografía

O concello ten un relevo suave e pouco accidentado. O cumio máis alto é o monte das Minas (452 m), seguido do castro de San Lourenzo de Pastor (412 m). A capital está a 289 m de altitude.

Hidrografía

A fronteira norte do municipio está establecida polo río Tambre. Afluentes seus que pasan polo concello son o río Mera e mailo Noa, que nace na parroquia de Pastor.

Clima

Hai clima oceánico, con abundantes choivas.

Demografía

Censo total 2015 4706 habitantes
Menores de 15 anos 514 (10,92 %)
Entre 15 e 64 anos 2995 (63,64 %)
Maiores de 65 anos 1197 (25,43 %)
Evolución da poboación do Pino   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
6232 6832 7768 6027 4940 4710 4743 4732 4708 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Durante o antigo réxime as terras do Pino pertenceron á provincia de Santiago. En 1820 o territorio foi adxudicado ao partido xudicial de Sar, co nome de San Vicenzo do Pino. Trala división territorial de España en 1833 constituíuse o concello. En 1834 pasou ao partido xudicial de Arzúa, e entre 1965 e 1988 pertenceu ao de Santiago, regresando ao de Arzúa conforme á lei 38/1988 do 28 de decembro.

Desde o 27 de agosto de 2007 a Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica (ARMH) anda á procura dos restos de seis represaliados dos fascistas no lugar do Amenal. Entre o primeiro e o segundo día de traballo atoparon os restos de tres de eles: Ramón Sánchez, Ramón Vázquez e Caitán García.

Seguiron a buscar a Isidro Filloi e o seu sobriño de 17 anos Andresito. Os investigadores, para localizar os restos seguen os consellos dos veciños do lugar. Para maior dificultade aqueles que mellor recordaban a situación dos lugares de enterramento xa morreron.

Tratábase de O Meimixe, O Listo e O Ghabrielo, coñecidos como os tres díscolos do Pino e que foron escollidos especialmente para darlles un aviso e obrigados a cavar as dúas fosas, a primeira onde enterraron os tres xa aparecidos e outra onde enterraron aos outros dous. Un sexto veciño de Boimorto José Cabanas nun descoido dos falanxistas logrou escapar deste violento final.[4].

Cultura

Patrimonio

No concello atópase o castro de San Lourenzo de Pastor, un recinto ovalado de 110 metros de lonxitude onde se acharon restos de cerámica sen decoración e dous torques de ouro de 22 quilates e 350 gramos de peso, actualmente no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón da Coruña. Hai outros dous castros en Oza (San Mamede de Ferreiros) e Tarroeira (O Pino).

Sobre o río Mera consérvase a Ponte Puñide, de orixe romana, onde foi atopado o Modio de Ponte Puñide, un Modium de bronce datado cara aos anos 360/370, actualmente exposto no Museo Arqueolóxico Nacional.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do Pino.
Gradamil.O Pino.Galicia 1

Gradamil

Gradamil.O Pino.Galicia 2

Gradamil

Lugares do Pino

Para unha lista completa de todos os lugares do concello vexa Lugares do Pino.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. "El radar hará memoria", artigo en El País, 17 de novembro de 2007 (en castelán).

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Arca, O Pino

Santaia de Arca é unha parroquia do concello coruñés do Pino. Ten unha superficie de 15,85 km². Segundo o IGE en 2013 tiña 1.145 habitantes (576 homes e 569 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 820 habitantes.

Budiño, O Pino

Santa María de Budiño é unha parroquia do concello coruñés do Pino na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 358 habitantes (234 homes e 226 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 434 habitantes.

Castrofeito, O Pino

Santa María de Castrofeito é unha parroquia que se localiza no sur do concello do Pino. Segundo o IGE en 2014 tiña 465 habitantes (240 homes e 225 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 478 habitantes.

Cebreiro, O Pino

San Xiao de Cebreiro é unha parroquia do concello coruñés do Pino. Segundo o IGE en 2014 tiña 233 habitantes (111 homes e 122 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 281 habitantes.

O seu topónimo procede do latín CEBRARIUM, "lugar onde hai moitos asnos bravos", tamén chamados onagros e "cebros" <(e)quos feros + o sufixo abundancial -arium>

Cerceda, O Pino

San Miguel de Cerceda é unha parroquia que se localiza no sur do concello do Pino. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 308 habitantes (154 homes e 154 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 357 habitantes.

Comarca de Arzúa

A comarca de Arzúa é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Arzúa. Pertencen a ela os concellos de Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro. Linda polo norte coas comarcas de Ordes e Betanzos, polo leste coa comarca da Terra de Melide, polo oeste coa comarca de Santiago, e no sur ten a comarca do Deza, xa na provincia de Pontevedra.

Fernando Vázquez

Fernando Vázquez Pena, nado en Castrofeito (O Pino) o 24 de outubro de 1954, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol galego.

Ferreiros, O Pino

San Breixo de Ferreiros é unha parroquia que se localiza no leste do concello do Pino. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 367 habitantes (185 homes e 182 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 406 habitantes.

Gonzar, O Pino

Santa María de Gonzar é unha parroquia que se localiza no norte do concello do Pino. Segundo o IGE en 2013 tiña 449 habitantes (239 mulleres e 210 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 493 habitantes.

Hórreo tipo O Pino

O hórreo tipo O Pino é un tipo de hórreo galego que se presenta ao longo dunha área bastante reducida ao sur da provincia da Coruña, delimitada por un óvalo deitado que abrangue dende Arzúa ata Santiago de Compostela no seu eixo maior. Convive con outras tipoloxías de madeira e mixtas.

Lardeiros, O Pino

San Xiao de Lardeiros é unha parroquia que se localiza no norte do concello do Pino. Segundo o IGE en 2013 tiña 312 habitantes (163 homes e 149 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 401 habitantes.

Medín, O Pino

Santo Estevo de Medín é unha parroquia que se localiza no norte do concello do Pino. Segundo o IGE en 2013 tiña 214 habitantes (110 homes e 104 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 315 habitantes.

O Pino, O Pino

San Vicenzo do Pino é unha parroquia que se localiza no centro do concello do Pino. Segundo o IGE en 2013 tiña 207 habitantes (103 mulleres e 104 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 233 habitantes.

Pastor, O Pino

San Lourenzo de Pastor é unha parroquia que se localiza no norte do concello do Pino. Segundo o IGE en 2013 tiña 147 habitantes (75 mulleres e 72 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 225 habitantes.

Pereira, O Pino

San Miguel de Pereira é unha parroquia do concello do Pino na provincia da Coruña. Ten unha superficie de 7,14 km². Segundo o IGE en 2013 tiña 268 habitantes (142 mulleres e 126 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 265 habitantes.

O seu topónimo procede do latín PIRARIAM, de pirum ("pera") + -ariam (sufixo abudancial), "lugar cheo de pereiras")

Río Tambre

O río Tambre é un curso fluvial galego, pertencente á vertente atlántica. A súa parte media e alta (río Tambre) así como a súa desembocadura (esteiro de Tambre) foron declaradas zonas especiais de conservación.Nace na lagoa de Sobrado, que recolle as augas dos regos de Fontevirtude e de Rodelo e mailos seus afluentes, preto da aldea da Porcariza, en Sobrado, leva dirección xeral SO e desemboca na ría de Muros e Noia pola enseada de Langaño. Ten un percorrido de 125 km, e percorre os concellos de Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Ordes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela, Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame. A súa cunca abarca 1.531 km².

Os seus principais afluentes son o Dubra, o Barcala , o Maruzo, o Samo e o Lengüelle.

San Mamede de Ferreiros, O Pino

San Mamede de Ferreiros é unha parroquia que se localiza no leste do concello do Pino. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 222 habitantes (119 homes e 103 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 282 habitantes.

Tardade, Vilalba

Santa María de Tardade é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE, en 2015 tiña 65 habitantes (33 homes e 32 mulleres) repartidos en 21 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 100 habitantes.

Xesús Canabal

Xesús Canabal Fuentes, nado no Amenal (O Pino) en marzo de 1897 e finado en Montevideo o 29 de agosto de 1985, foi un empresario e destacado persoeiro da emigración galega no Uruguai.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.