O Pereiro de Aguiar

O Pereiro de Aguiar é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE en 2017 tiña 6.228 habitantes (5.326 en 2003).

Coordenadas: 42°20′47″N 07°48′1″O / 42.34639, -7.80028

O Pereiro de Aguiar
Escudo de O Pereiro de Aguiar
Cachamuíña2
Encoro de Cachamuíña, na parroquia da Lamela, durante a seca do inverno 2011-2012.
Situacion O Pereiro de Aguiar
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Ourense
Poboación6.254 hab. (2018)
Área60,9 km²
Densidade102,69 hab./km²
Entidades de poboación13 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeLuis Menor Pérez (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 4
Outros: DO 1
Eleccións municipais no Pereiro de Aguiar
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes48,74%
Na rede
concellopereiro.com

Demografía

Censo total 6.228 (2017)
Menores de 15 anos 870 (13.97 %)
Entre 15 e 64 anos 3.812 (61.21 %)
Maiores de 65 anos 1.546 (24.82 %)
Evolución da poboación de O Pereiro de Aguiar   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
6.731 6.681 6.975 6.121 5.391 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello, de 60,9 km², abrangue 13 parroquias. Está situado ao sur do río Miño.

Historia

Os restos arqueolóxicos sitúa aos primeiros poboadores nas "terras de aguiar" no Neolotíco. Aínda que sen catalogar pola administración de forma oficial, existen petróglifos e restos de mámoas-medorras.[Cómpre referencia] Despois na Idade de ferro, as tribos castrexas ergueron os castros de Chaodarcas, Covas, Melias, Sabadelle e Outeiromeau; no chamado "Monte do Castelo" en Vilariño algúns sitúan a localización do mítico Monte Medulio.[Cómpre referencia] No lugar dos Baños atopáronse restos de cerámica e lápidas da época da romanización de Galiza.

Festas

A romaría dos Gozos ten lugar no santuario da Nosa Señora dos Gozos. Nela hai oficios relixiosos, unha novena en honor á Virxe e unha procesión con numerosas ofrendas.

Infraestruturas

No concello está o centro penitenciario do Pereiro de Aguiar.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do Pereiro de Aguiar.
Casa do concello O Pereiro de Aguiar, Ourense

Casa do concello.

Placa altimétrica O Pereiro de Aguiar, Ourense

Placa altimétrica.

Vista O Pereiro de Aguiar, Ourense

Vista do Pereiro de Aguiar.

Lugares do Pereiro de Aguiar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Pereiro de Aguiar vexa: Lugares do Pereiro de Aguiar.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 10 de xuño de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). o "O Pereiro de Aguiar" |url= incorrecto (Axuda). www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Lamela, O Pereiro de Aguiar

Santa María da Lamela é unha parroquia do concello do Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 497 habitantes, deles 253 eran homes e 244 eran mulleres, o que supón un incremento de 85 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Bernardo González del Valle

Bernardo González del Valle, coñecido como Cachamuíña, nado na aldea de Cachamuíña (O Pereiro de Aguiar) o 23 de marzo de 1771, e finado o 6 de setembro de 1848, foi un militar galego, coñecido polo seu papel na reconquista de Vigo en 1809 na Guerra da Independencia Española.

Cachamuíña, A Lamela, O Pereiro de Aguiar

Cachamuíña é un lugar da parroquia da Lamela no concello ourensán do Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense. Tiña 205 habitantes no ano 2008 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 103 homes e 102 mulleres.

Calvelle, O Pereiro de Aguiar

San Miguel de Calvelle é unha parroquia do concello do Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. No ano 2011 tiña 463 habitantes, deles 258 eran homes e 205 mulleres, o que supón un aumento de 19 habitantes respecto ao ano 2007 (246 homes e 198 mulleres), 16 habitantes máis que en 2006 (daquela había 447 habitantes).

Casdemiro, Melias, O Pereiro de Aguiar

Casdemiro é un lugar da parroquia de Melias no

concello ourensán do Pereiro de Aguiar (Comarca de Ourense). Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2008 tiña oito habitantes (tres homes e cinco mulleres).

Chaodarcas, O Pereiro de Aguiar

Santa Ana de Chaodarcas é unha parroquia do concello do Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 187 habitantes, deles 93 eran homes e 94 eran mulleres, o que supón unha diminución de 6 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Comarca de Ourense

A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.

Covas, O Pereiro de Aguiar

San Cibrao de Covas é unha parroquia do concello do Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2011 tiña 931 habitantes, deles 461 eran homes e 470 eran mulleres, o que supón un incremento en relación ao ano 1999 cando tiña 493 habitantes.

Melias, Coles

San Miguel de Melias é unha parroquia do concello de Coles na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 510 habitantes (239 homes e 271 mulleres) 19 menos ca en 2000. Ten 16 entidades de poboación. Esta parroquia é homónima coa limítrofe Melias (O Pereiro de Aguiar).

Melias, O Pereiro de Aguiar

Santa María de Melias é unha parroquia do concello do Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 350 habitantes (185 homes e 165 mulleres), doce menos ca en 2006. Esta parroquia é homónima coa limítrofe Melias (Coles).

Prexigueiró, O Pereiro de Aguiar

San Salvador de Prexigueiró é unha parroquia do concello do Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2010 tiña 908 habitantes, deles 479 eran homes e 429 eran mulleres, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 715 habitantes.

Sabadelle, O Pereiro de Aguiar

San Martiño de Sabadelle é unha parroquia do concello do Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2010 tiña 430 habitantes, deles 219 eran homes e 211 eran mulleres, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 428 habitantes.

San Martiño de Moreiras, O Pereiro de Aguiar

San Martiño de Moreiras é unha parroquia do concello do Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 233 habitantes, deles 112 eran homes e 121 eran mulleres, o que supón unha diminución de 23 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

San Xoán de Moreiras, O Pereiro de Aguiar

San Xoán de Moreiras é unha parroquia do concello de Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 303 habitantes, deles 153 eran homes e 150 eran mulleres, o que supón unha diminución de 10 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Santa Marta de Moreiras, O Pereiro de Aguiar

Santa Marta de Moreiras é unha parroquia do concello do Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 984 habitantes, deles 490 eran homes e 494 eran mulleres, o que supón un incremento de 170 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Tibiás, O Pereiro de Aguiar

San Bernaldo de Tibiás é unha parroquia do concello do Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 239 habitantes, deles 111 eran homes e 128 eran mulleres, o que supón unha diminución de 13 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Triós, Esgos

San Pedro de Triós é unha parroquia do concello ourensán de Esgos na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 60 habitantes (30 homes e 30 mulleres), seis menos ca en 2000. Ten unha soa entidade de poboación. Esta parroquia é homónima coa limítrofe Triós (O Pereiro de Aguiar).

Triós, O Pereiro de Aguiar

San Pedro de Triós é unha parroquia do concello do Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 169 habitantes (89 homes e 80 mulleres), doce menos ca en 2006. Esta parroquia é homónima coa limítrofe Triós (Esgos).

Vilariño, O Pereiro de Aguiar

Santa Cristina de Vilariño é unha parroquia do concello do Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 367 habitantes, deles 183 eran homes e 184 eran mulleres, o que supón unha diminición de 10 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.