O Pelouro

O Pelouro é un centro educativo situado no lugar dos Baños, na parroquia de Caldelas de Tui (Tui).

Características

O centro foi posto en marcha en 1973 por Teresa Ubeira e Juan Llauder. En 1988 foi declarado pola Xunta "centro singular experimental de innovación psicopedagóxica e integración".

É un proxecto de integración que ten sido recoñecido con diversos premios e en numerosas investigacións. O seu obxectivo é, segundo contan os responsables, "propiciar a integración saudable de nenos normais con outros con déficits psicosociocognitivos e trastornos xerais do desenvolvemento"

No ano 2015 foi incorporado á Rede Internacional de Escolas Changemaker (axentes do cambio) de Ashoka, unha asociación internacional sen ánimo de lucro dedicada a fomentar o emprendemento social.[1]

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bona, César (2016). Las escuelas que cambian el mundo (en castelán). Sant Lorenç d'Hortons: Penguín Random House Grupo Editorial, S.A.U. ISBN 978-84-01-01749-0.

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Can sen dono

Can sen dono foi unha revista de humor gráfico en galego, editada en Vigo e fundada por Pepe Carreiro. A publicación constou de 23 números editados entre os anos 1983 e 1991. Xunto a outras publicacións semellantes como Xo! -máis satírica e tendenciosa- (desde 1993 a 2000) ou Sapoconcho -cunha perspectiva máis universal- (de 1994 até 2000) continuaron o labor humorístico dos seus antecesores, os chamados Primeira xeración de ouro do humor galego e onde atopamos figuras tan relevantes como Maside ou Castelao. Así a segunda xeración vai comprender dende o 1982 até o 2000. Durante o Franquismo partiuse desa época dourada, e a pesar da censura chegaron a publicar debuxos humoristas recoñecidos como o propio Carreiro.

Finados en 2018

Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2018. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona, nacionalidade de orixe e causa da morte.

Para unha listaxe ordenada alfabeticamente, véxase a categoría "Finados en 2018".

Juan Llauder

Juan José Rodríguez de Llauder Riesco, nado en Barcelona o 28 de maio de 1934, e finado en Caldelas de Tui (Tui) o 3 de abril de 2018, foi un neuropsiquiatra galego, cofundador do centro educativo O Pelouro.

Os Baños, Caldelas de Tui, Tui

Os Baños é un lugar da parroquia de Caldelas de Tui, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Tiña 284 habitantes no ano 2009, segundo o padrón municipal do Instituto Nacional de Estadística, dos que 132 eran homes e 152 mulleres, o que representa unha variación dun 1,4 por cento respecto ao ano 2000.

Teresa Ubeira

Teresa Ubeira Santoro foi cofundadora do Pelouro.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.