O Páramo

O Páramo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE en 2014 tiña 1484 habitantes (1823 no 2006, 1858 no 2005, 1887 no 2004, 1873 no 2003).

Coordenadas: 42°57′0″N 7°18′0″O / 42.95000, -7.30000

O Páramo
Bandeira de O Páramo
---
Escudo de O Páramo
Casa do Concello do Páramo
Casa do concello do Páramo.
Situacion O Páramo
Situación
Xentilicio[1]paramés
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Sarria
Poboación1.388 hab. (2018)
Área74,8 km²
Densidade18,56 hab./km²
Entidades de poboación18 parroquias
Capital do concelloVilarmosteiro
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Luís López López (Todo polo Páramo [3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 4
Outros: Agrupación de electores polo Páramo 4
Eleccións municipais no Páramo
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes87,19%
Na rede
http://www.concellodeparamo.es

Demografía

Censo total 1484 (2014)
Menores de 15 anos 115 (7,75 %)
Entre 15 e 64 anos 827 (55,73 %)
Maiores de 65 anos 542 (36,52 %)

Xeografía

O concello do Páramo está situado ao sur da provincia de Lugo, e ten 74,8 km². A zona norte está situada na Chaira de Lugo[Cómpre referencia], a unha baixa altitude e cun relevo chan. A zona sur linda coa serra do Páramo, que se estende de suroeste a nordeste. Nela están as cumios máis altos do concello: o Monte do Páramo (876 m), o Monte Maior (792 m) e o Monte Novo (604 m).

Rede Fluvial

O Páramo está situado na conca do río Miño, que serve de fronteira natural cos concellos de Portomarín e Guntín. O río Neira serve de fronteira polo norte. O río Sarria flúe polo leste do concello[Cómpre referencia].

Clima

O clima do Páramo pertence á variedade oceánica con tendencia á continentalización, con invernos frescos e veráns suaves, cunha temperatura media anual de 12 °C, con mínimas en xaneiro de 6 a 7 °C e máximas en agosto de 18 e 19 º, cunha amplitude térmica anual de case 13 °C.

As precipitacións son abundantes, con algo máis de 1.000 mm anuais, sendo decembro e xaneiro os meses máis húmidos e xullo e agosto os máis secos.

Historia

Segundo Manuel Amor Meilán, a primeira referencia escrita sobre as terras do Páramo data do concilio de Lugo celebrado en 569, onde se estableceron os límites dos once condados pertencentes á diocese de Lugo. O Condado Paramiensis, limitado pola confluencia do Sarria e o Neira polo noroeste, seguindo a marxe do Neira polo norte, o Miño polo oeste, e o Sil polo sur. Ademais de Sáa de Páramo, abranguía as parroquias de Vilasante, Ribeira, Chanca, Paradela e O Incio.

Na Idade Media existiu o convento de San Salvador do Páramo, xa existente no século X, segundo se le na carta de restauración da igrexa de San Xoán de Friolfe, datada en 910, asinada por catro abades, oito presbíteros, catro diáconos e sete testemuñas.

No ano 1255 Afonso X confirmou un privilexio que expedira en 1246, sendo infante, a favor da Orde Hospitalaria de Sarria, polo cal facía doazón de Páramo en Gallicia que yaze en onor de Sarria como parte de Riva de Neira.

En 1812, trala reordeación territorial, O Páramo intégrase na provincia única de Galicia. En 1822, coa división en catro provincias, e coa ordenación territorial de 1833, queda adscrito á nova provincia de Lugo.

Patrimonio

Existen restos prehistóricos, coma os túmulos megalíticos achados na Parroquia de San André da Ribeira. Da cultura castrexa consérvanse os castros de Friolfe, Gondrame, Moscán, Torre, Vilarmosteiro e Piñeiro. Consérvanse as medorras da Gándara e A Torre.

Do románico consérvanse as igrexas parroquiais de Grallás, Vilarmosteiro, Gondrame e Vileiriz. Esta última, do século XII, ten a ábsida rectangular. Outros templos menores son a capelas de Regueiroescuro ou a de Santa Engracia.

O pazo de Vilafiz ten planta rectangular. Conta cun pombal de mampostaría e sillaría de granito nas esquinas, portas e ventás. A capela, situada a carón do pazo, ten un campanario barroco.

Outras construcións civís de importancia son o pazo de Paredes, a Torre de Neira (construída en 1849), a casa medieval de Sarmiento, a casa da Barreira, casa da Mámoa, casa Teixeiro, torre da Barreira e torre do Mariscal.

Na carballeira do Campo da Feira celébrase os días 10 e 25 a feira.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do Páramo.
Monolito no Campo da feira do Páramo

Monólito no Campo da feira do Páramo.

Rio Neira

Vista parcial da ponte de Neira, sobre o río Neira, que divide O Páramo e O Corgo. Á esquerda: Cela (O Corgo) e a dereita xa empeza o concello do Páramo, pasada a Casa de Gabanxo, que pertence a Reconco (parroquia de Cela).

Lugares do Páramo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Páramo vexa: Lugares do Páramo.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "O Páramo". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Ribeira, O Páramo

San Mamede da Ribeira é unha parroquia do concello do Páramo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 50 habitantes, deles 21 eran homes e 29 eran mulleres.

A Torre, O Páramo

San Martiño da Torre é unha parroquia do concello do Páramo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 154 habitantes, deles 86 eran homes e 68 eran mulleres.

Adai, O Páramo

Santa Mariña de Adai é unha parroquia do concello do Páramo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 101 habitantes, deles 56 eran homes e 45 eran mulleres.

Comarca de Sarria

A comarca de Sarria é unha comarca galega situada na metade sur da provincia de Lugo. Limita polo noroeste coa comarca de Lugo, polo nordeste coa dos Ancares, polo sueste coa de Quiroga, polo oeste coa de Chantada e polo sur coa Terra de Lemos.

A capital da comarca, así como o núcleo máis poboado, é Sarria.

Friolfe, O Páramo

San Xoán de Friolfe é unha parroquia do concello do Páramo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 230 habitantes, deles 125 eran homes e 105 eran mulleres.

Gondrame, O Páramo

Santa María de Gondrame é unha parroquia do concello do Páramo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 57 habitantes, deles 29 eran homes e 28 eran mulleres.

Grallás, O Páramo

Santo Estevo de Grallás é unha parroquia do concello do Páramo, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 59 habitantes, deles 29 eran homes e 30 eran mulleres, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 68 habitantes.

Moscán, O Páramo

Santa María Madanela de Moscán é unha parroquia do concello do Páramo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 109 habitantes, deles 59 eran homes e 50 eran mulleres.

Neira, O Páramo

Santa María Madanela de Neira é unha parroquia do concello do Páramo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 24 habitantes, deles 14 eran homes e 10 eran mulleres.

Piñeiro, O Páramo

San Salvador de Piñeiro é unha parroquia do concello do Páramo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 87 habitantes, deles 36 eran homes e 51 eran mulleres.

Reascos, O Páramo

Santa María de Reascos é unha parroquia do concello do Páramo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 27 habitantes, deles 10 eran homes e 17 eran mulleres.

Ribas de Miño, O Páramo

Santiago de Ribas de Miño é unha parroquia do concello do Páramo, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 85 habitantes, deles 42 eran homes e 43 eran mulleres, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 92 habitantes.

Sa, O Páramo

Santiago de Sa é unha parroquia do concello do Páramo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 306 habitantes, deles 148 eran homes e 158 eran mulleres.

San Vicente de Gondrame, O Páramo

San Vicente de Gondrame é unha parroquia do concello do Páramo, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 147 habitantes, deles 69 eran homes e 78 eran mulleres, distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 159 habitantes.

Santo André da Ribeira, O Páramo

San Pedro de Santo André da Ribeira é unha parroquia do concello do Páramo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 42 habitantes, deles 23 eran homes e 19 eran mulleres.

Vilafiz, O Páramo

Santa María de Vilafiz é unha parroquia do concello do Páramo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 46 habitantes, deles 27 eran homes e 19 eran mulleres.

Vilarmosteiro, O Páramo

Santa Eufemia de Vilarmosteiro é unha das 18 parroquias do concello lugués do Páramo. Segundo o IGE en 2011 tiña 118 habitantes (66 mulleres e 52 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 134 habitantes.

Consta de 12 núcleos de poboación: Vilarmosteiro, Mundín, Lamacemón, Seoane, O Castro, A Ciguñeira, O Castro de Neira, Lamabecerros, A Cal, Vigodefondo, O Campo da Feira e San Xuliao.

Vilasante, O Páramo

Santa Cruz de Vilasante é unha parroquia do concello do Páramo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 44 habitantes, deles 19 eran homes e 25 eran mulleres.

Vileiriz, O Páramo

San Salvador de Vileiriz é unha parroquia do concello do Páramo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 49 habitantes, deles 31 eran homes e 18 eran mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.