O Oural, Chorente, Sarria

O Oural é un lugar da parroquia de Chorente, no concello lugués de Sarria, na comarca de Sarria. Atópase a 600 metros de altitude.

Segundo o IGE,[1] en 2017 tiña 323 habitantes (155 homes e 168 mulleres).

Coordenadas: 42°42′59″N 7°26′54″O / 42.71639, -7.44833

O Oural
Estación do Oural
ParroquiaChorente
ConcelloSarria
Poboación323 hab. (2017)

Economía

O núcleo do Oural naceu a consecuencia da apertura da factoría de Cementos Cosmos, xa que antes non existían casas na zona.[2]

Comunicacións

Polo Oural pasa a estrada LU-546 que une Lugo e Monforte de Lemos. Tamén rodea a localidade polo oeste o corredor CG-2.2 que realiza o mesmo percorrido que a estrada anterior sen pasar polas localidades. A estrada secundaria LU-642 une O Oural co concello do Incio.

Tamén pasa polo Oural a liña ferroviaria León-A Coruña, que conta cunha estación na localidade, aínda que actualmente non ten servizo de pasaxeiros.

Galería de imaxes

Sarria0088

Colexio do Oural.

Sarria0048

Igrexa de San Xosé Obreiro no Oural.

Lugares e parroquias

Parroquias de Sarria

Notas

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística".
  2. La Voz de Galicia (16 de marzo de 2005). "Oural logra identidade propia". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2018. Consultado o 30 de setembro de 2018.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.