O Mesón do Vento, Ardemil, Ordes

O Mesón do Vento é unha vila da parroquia de Ardemil no concello coruñés de Ordes. Segundo o IGE[1] en 2018 tiña 298 habitantes (145 homes e 153 mulleres).

Coordenadas: 43°09′02″N 08°23′06″O / 43.15056, -8.38500

Mesón do Vento
O Mesón do Vento
Vista do lugar
ParroquiaArdemil
ConcelloOrdes
Poboación298 hab. (2018)

Características

A vila está situada a carón da estrada N-550 entre A Coruña e Santiago de Compostela, e nos empalmes desta coa AC-523 (cara a Cerceda) e a AC-542 (cara a Betanzos). O topónimo fai referencia a un lugar onde bate o vento.[2]

Desde 1999 celébrase en febreiro na vila a festa do lacón con grelos do Mesón do Vento, arredor do lacón con grelos.[3]

Deste lugar é o Mesón do Bento Club de Fútbol.

Notas

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia – Ordes - Ardemil" (en galego). Consultado o 6 de marzo de 2018.
  2. Navaza Blanco, G. e Palacio Sánchez, A. (1999): “Toponimia de Ventosela”, en R. Álvarez / D. Vilavedra (coords.): Cinguidos por unha arela común: homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero. Universidade de Santiago de Compostela, vol. I, pp. 767-774.
  3. "Esta fin de semana terá lugar no Mesón do Vento a XXI Festa do Lacón con Grelos". Concello de Ordes. 20 de febreiro de 2019.

Lugares e parroquias

AC-542

A AC-542 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Betanzos e O Mesón do Vento (Ardemil, Ordes), logo de 22 quilómetros.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.