O Marisquiño

O Marisquiño é un evento deportivo e cultural urbano que se celebra na cidade de Vigo cada mes de agosto dende o ano 2001.[1] O evento conta con actividades de concertos, grafitis e competicións de deportes urbanos, e converteuse nun dos festivais de deporte urbano de referencia no sur de Europa.[2]

Entre as modalidades deportivas do evento están o Basket 3×3, o skate, o BMX, o "Dirt Jump", o "Motocross" ou o descenso en bicicleta polo Casco Vello.

O Marisquiño 2017 - 7
Un skater na edición de 2017.

Accidente de 2018

O día 12 de agosto de 2018 ás 23:58 horas ocorreu un accidente ao esboroarse a estrutura de formigón sobre a que descansaba unha plataforma de madeira do Porto de Vigo, nas Avenidas, durante un concerto de música.[3][4] Ao día seguinte calculaban que houbera 377 persoas feridas,[5] aínda que de diversa consideración chegaron a 467.[6]

En setembro de 2018 a Federación de Asociacións Veciñais Eduardo Chao (Favec)[7] creou unha Plataforma de Afectados polo Accidente do Marisquiño[6] e o Parlamento de Galicia, unha comisión política sobre o accidente.[8]

Notas

  1. "'O Marisquiño' presenta la edición más internacional de su historia". El País. 11 de agosto de 2011. Consultado o 13 de novembro de 2018.
  2. "El Marisquiño más olímpico de la historia". Metropolitano.gal. 2 de agosto de 2018. Consultado o 13 de novembro de 2018.
  3. "Accidente en O Marisquiño. Más de 310 heridos, cinco graves, al desplomarse una pasarela en Vigo". Faro de Vigo. 13 de agosto de 2018. Consultado o 23 de novembro de 2018.
  4. "Más de 370 heridos, al menos cinco graves, al colapsar el suelo durante un festival en Vigo". El País. 13 de agosto de 2018. Consultado o 12 de novembro de 2018.
  5. A. Leyenda, Sandra Penelas, Rafa López, Amara Santos, M. Clavero (13 de agosto de 2018). "Accidente de O Marisquiño de Vigo: 5 heridos graves y 377 heridos al ceder el paseo de As Avenidas". Faro de Vigo. Consultado o 23 de novembro de 2018.
  6. 6,0 6,1 http://www.atlantico.net/articulo/vigo/nace-plataforma-afectados-marisquino/20180914233529668523.html
  7. Adrián Pérez (22 de agosto de 2018). "Favec abre su propia oficina de información para los afectados". Atlántico. Consultado o 19 de novembro de 2018.
  8. David Reinero (11 de setembro de 2018). "O Parlamento investigará o accidente do Marisquiño e o PSOE de Vigo ameaza coa relación de Feijóo e Marcial Dorado". Praza Pública. Consultado o 23 de novembro de 2018.
Arquivo Pacheco

O Arquivo Fotográfico Pacheco é unha colección fotográfica recompilada na súa maior parte por Jaime de Sousa Guedes Pacheco entre 1915 e 1981, e que está instalada na Casa das Artes de Vigo.

Campo de Fútbol Municipal Baltasar Pujales

O Campo de Fútbol Municipal Baltasar Pujales é un estadio de fútbol de propiedade municipal, situado en Bouzas, Vigo. Serve de localía ao Club Rápido de Bouzas. O estadio inaugurouse en marzo de 2001.

O seu terreo de xogo é de céspede artificial. A súa capacidade total rolda os 1.500 espectadores, aínda que só posúe unha bancada con capacidade para 600 persoas. O complexo deportivo conta con catro vestiarios, un local para oficinas, dous aseos para uso público e un equipo de calefacción que garante unha permanente subministración de auga quente, ademais dun peche perimetral de todo o campo. Tamén incorpora un local para servizo de cafetaría.

Leva o nome de Baltasar Pujales, quen foi presidente do Rápido de Bouzas durante máis de 30 anos, e que foi o presidente na data de inauguración do estadio. Anteriormente á construción deste campo de fútbol, o Rápido de Bouzas xogaba no campo de fútbol das Gaivotas, un campo de terra que ocupou a área onde agora se ergue o pavillón polideportivo, anexo ao campo actual.

Campo do Vao

O Campo do Vao é un campo de fútbol da parroquia de Coruxo, Vigo, situado preto da praia do mesmo nome. Serve de feudo local do Coruxo Fútbol Club e ten unha capacidade de 1.500 espectadores.

Casa Galega da Cultura

A Casa Galega da Cultura é un espazo multidisciplinar localizado en Vigo que acolle a realización de actividades artísticas e literarias, ao tempo que conta cun fondo bibliográfico e museográfico sobre Galicia.

Centro Arqueolóxico de Salinae

O Centro Arqueolóxico Salinae (Vigo) é a primeira salina romana de evaporación solar que foi conservada e musealizada do Imperio Romano. É un centro dependente do Museo do Mar de Galicia e da Xunta de Galicia.

Complexo Deportivo das Travesas

O Complexo Deportivo das Travesas é un recinto polideportivo situado na parroquia viguesa de Freixeiro, construído en 1968 e con capacidade para 3.500 persoas.

Serve de feudo ao Real Club Celta Indepo de baloncesto e máis ao Octavio Pilotes Posada de balonmán.

Edificio Bonín

O Edificio Bonín, ou Casa Bonín, é un monumental inmoble de planta baixa e tres andares, situado na rúa Areal, esquina rúa Oporto, de Vigo. Foi proxectado no ano 1909 polo arquitecto galego Jenaro de la Fuente Domínguez (1851-1922).

Estadio Municipal de Barreiro

O Estadio Municipal de Barreiro é un estadio de fútbol situado na parroquia de Lavadores de Vigo. É propiedade do concello de Vigo.

É utilizado como feudo local polo Celta de Vigo B, que xoga na Segunda B. Ten capacidade para 4.500 espectadores. É utilizado tamén polo Gran Peña Fútbol Club.

Festival Aéreo de Vigo

O Festival Aéreo de Vigo foi un festival celebrado dende 2004 ata 2012 na cidade de Vigo. Tiña lugar nun domingo da segunda quincena dos meses de xullo.

Igrexa de Santiago de Vigo

A igrexa de Santiago de Vigo é unha igrexa decimonónica que se atopa na cidade de Vigo.

Illa de Toralla

Toralla é unha pequena illa situada na costa sur da ría de Vigo, a uns 200 metros da praia do Vao. Pertence ao concello de Vigo. Segundo o IGE, en 2013 tiña 142 habitantes (76 homes e 66 mulleres).

Monte da Guía

O monte da Guía é unha elevación situada na parroquia de Teis, no concello de Vigo, a uns 100 metros sobre o nivel do mar, a carón da ría de Vigo. É un dos parques maiores da cidade.

Desde o alto do promontorio hai unha vista bastante completa da cidade de Vigo, así como da ría, das illas Cíes, e da cara sur da península do Morrazo e da ponte de Rande. Antigamente, as mulleres dos pescadores subían a este monte para facer fogueiras e así poder orientar os seus maridos de regreso ao peirao.

Está coroada por unha pequena ermida erixida en honra da Nosa Señora das Neves: Nosa Señora da Guía, obra do arquitecto Manuel Gómez Román.

Ata o ano 2000 estivo situada na súa ladeira máis protexida, cara ao mar, a Escola de Transmisións da Armada, localización militar que tivo importante relevancia na Segunda Guerra Mundial, ó ser usada como lugar de aprovisionamento por submarinos alemáns, o que se evidencia nalgunha película bélica. Naquela época fíxose un túnel baixo o monte para que o tren chegase ás instalacións militares para levar provisións. Tempo despois, ó ser innecesario o transporte ferroviario, o túnel foi usado como almacén militar.

Na súa aba, hai pequenas praias como a da Lagoa ou a da Punta, e un paseo a través dunha senda botánica sinalada. Conta cunha carballeira e distintas especies ornamentais de interese, nas que destacan ademais dos carballos, os piñeiros.

O monte da Guía está conectado co centro da cidade a través do autobús urbano (liña 17).

Policlínico Cíes

O Policlínico Cíes foi un pequeno hospital de titularidade pública situado en Vigo. Facía parte do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Pechou en 2015.

Foi construído en 1967 segundo deseño de Xosé Bar Boo, cun deseño circular, no seu día moi innovador. No ano 2006, engadíuselle un anexo nun estilo completamente distinto.

É un edificio de seis plantas que estaba adicado a consultas externas de atención especializada e mais a cirurxía de ciclo rápido, é dicir, que normalmente non require hospitalización.

Real Club Fortuna de Vigo

O Real Club Fortuna de Vigo foi un equipo galego de fútbol da cidade de Vigo, fundado no ano 1905.

Real Club Náutico de Vigo

O Real Club Náutico de Vigo é un club náutico da cidade de Vigo. O seu club de remo compite actualmente na Liga Galega de Traiñeiras, competición que gañou no 2008.

Real Vigo Sporting Club

O Real Vigo Sporting Club foi un equipo galego de fútbol da cidade de Vigo.

Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo

A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo é un edificio do século XXI situado na cidade de Vigo.

Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo é unha universidade pública inserida dentro do Sistema Universitario de Galicia con sede na cidade de Vigo. Conta con campus en tres cidades: Campus de Vigo, Campus de Pontevedra e Campus de Ourense. No 2010 a Universidade de Vigo converteuse no centro do campus de excelencia internacional interuniversitario Campus do Mar, no cal participan as tres universidades galegas e varias portuguesas do norte, así como centros CSIC e IEOs.Dende o 2018 Manuel Reigosa, fisíologo vexetal, ocupa o cargo de reitor.

World Fishing Exhibition

A World Fishing Exhibition (Exposición Mundial da Pesca) é unha feira empresarial do sector pesqueiro que se celebra cada seis anos na cidade de Vigo.

Deporte en Vigo
Equipos
Instalacións
Eventos
Equipos desaparecidos
De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.