O Irixo

O Irixo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 1.600 habitantes (2.092 en 2003).

Coordenadas: 42°30′43″N 8°7′6″O / 42.51194, -8.11833

O Irixo
Escudo de O Irixo
Casa do Concello do Irixo
Casa do Concello.
Situacion O Irixo
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca do Carballiño
Poboación1.477 hab. (2018)
Área121,0 km²
Densidade12,21 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeManuel Cerdeira Lorenzo (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais no Irixo
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes91,19%
Na rede
http://www.oirixo.es

Xeografía

O concello, de 120 km² de superficie, abrangue 12 parroquias, e sitúase ao noroeste da provincia de Ourense. Limita ao norte cos municipios de Lalín e Dozón, ao sur cos de Boborás e O Carballiño, ao leste co de Piñor e ao oeste cos de Forcarei, Beariz e Boborás.

Está situado ao pé da serra do Testeiro. Os solos son de granitos e xistos do precámbrico, nos que a forte erosión provocou morfoloxía aplanada. Destaca o monte do Paraño (800 m). Os bosques, matos e pastos ocupan máis do 80 % da superficie municipal. A presenza de carballos e castiñeiros nas valgadas minguou pola reforestación de piñeiros e eucaliptos, se ben os incendios forestais fixeron desaparecer moitas das plantacións, deixando en ocasións a rocha á vista. Nas zonas húmidas e fluviais hai numerosos ameneiros, e nos lugares próximos ao tendido ferroviario hai acacias e mimosas, usadas para fixar os desmontes ocasionados pola construción das vías. Existen tamén numerosas praderías naturais de secaño, e zonas de matagueira nas que destacan o toxo, a uz e a xesta. Os solos son bastante pobres e ácidos, sendo necesarios os fertilizantes e correctores para a agricultura.

Hidrografía

No concello hai tres ríos principais: Viñao, Pedriña e Lobagueira. Este último, xunto co seu afluente Redondo, escavaron pequenos vales profundos ao discorrer por terreos abundantes en lousa, mentres que os dous primeiros discorren por solos de granito e formaron os amplos vales de Cusanca e Loureiro.

O río Viñao, citado como Miñao no Catastro de Ensenada, nace na parroquia de San Cosmede de Cusanca, nas altas fontes do Conde, e atravesa o val de Cusanca. No lugar das Campinas recibe as augas de varios regatos procedentes da Cruz da Grade. Recibe os nomes de río Bulgallo en Zacarade e da Ponte de Xoán Loro en Carballal. Desemboca no río Avia.

O río Pedriña ou das Fontes nace nas fontes dos lugares de Amieiros, Lousado e Valduíde, todos da parroquia de Loureiro, na aba sur dos montes da Madanela. Desemboca no río Arenteiro logo de atravesar as parroquias de Cangues e Corneda. No seu curso hai numerosos muíños.

O río Lobagueira é afluente do Viñao, e nace no monte Testeiro, xunto cos seus afluentes o Redondo e o Froufe. Cruzan as parroquias de Espiñeira, Froufe e Parada de Labiote.

Historicamente houbo prorrateos das augas para o regadío, conservándose documentación da repartición das augas da parroquia de Loureiro de 1854.

Demografía

A poboación do concello está diseminada en pequenas comunidades rurais, abranguendo 108 aldeas, xeralmente nas zonas máis baixas e a carón dos ríos e das principais vías de comunicación. O Irixo é un dos concellos máis avellentados de Galicia:

Censo total 1.600 (2015)
Menores de 15 anos 74 (4.62 %)
Entre 15 e 64 anos 732 (45.75 %)
Maiores de 65 anos 794 (49.62 %)
Evolución da poboación do Irixo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
6.787 6.685 6.357 4.350 2.033 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Acadou a súa maior poboación en 1927 con 6.826 habitantes, manténdose aproximadamente esa cifra até as décadas de 1960-70. A partir de entón houbo un forte descenso poboacional, común ao resto de municipios rurais da comarca, por mor da emigración. Entre 1900 e 1960 esta dirixiuse principalmente cara a América, tanto do Sur (Arxentina, Brasil, Venezuela e Uruguai) como en menor medida ao Norte (México e Estados Unidos). Entre 1960 e 1980 a emigración pasou a ser cara países de Europa, principalmente Francia, Alemaña e Suíza. Existiu tamén emigración interior cara ás cidades de Ourense e Vigo, e dentro de España ao País Vasco, Cataluña e Madrid.

Cultura

Patrimonio

A casa do concello tivo a súa sede primeiro nos lugares de Ponte lrixo e As Campinas, os dous na parroquia de Campo. O edificio actual foi construído en 1937 e remodelado en 1996.

Símbolos

Irixo, Casa do Concello 01-03a

O escudo municipal está partido e surmontado por coroa. No campo esquerdo, leva unha arracada en ouro sobre fondo azul. O campo dereito está partido horizontalmente en dous; no campo superior hai un bidueiro na súa cor, lucindo doce ramas -seis por lado- coas follas respectivas en sinople; no campo inferior hai dous torsos de teixugos enfrontados tocándose coas garras dunha das súas patas dianteiras, en sabre. A coroa é de ouro, lucindo diversos esmaltes en goles e sinopie.

A arracada é un pendente de ouro de 18 quilates atopado en 1905 en Grota, entre os lugares do Cardedo e Menaz (parroquia de Campo), conservado no Museo de Pontevedra. O bidueiro fai alusión á súa madeira, pola importancia da artesanía local de zocos e eixos de carros. As doce ramas e as follas respectivas indican as doce parroquias do territorio. O teixugo é un animal representativo do territorio. A coroa alude á antiga xurisdición exercida en parte do territorio polo Conde de Monterrei.

Sendeirismo

O Irixo conta cunha ruta homologada de sendeirismo: o PR-G 189 "Ruta dos castros do Irixo".

É unha ruta sendeirista lineal duns 6 km, entre Irixo de Arriba e Valdesoiro. Discorre polos lugares de Irixo de Arriba, Muíño de Valcobo, Campo da Cruz, Igrexa de Santa Mariña da Cidá, Paredes, Os Casares e Valdesoiro. Unha variante achégase ata o Coto do Castro.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do Irixo.
Igrexa de Santa María de Campo, O Irixo

Igrexa de Santa María de Campo.

Igrexa de Santo Estevo do Cangues

Igrexa de Santo Estevo do Cangues.

Lugares do Irixo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Irixo vexa: Lugares do Irixo.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). o "O Irixo" |url= incorrecto (Axuda). www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Cidá, O Irixo

Santa Mariña da Cidá é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 70 habitantes, deles 33 eran homes e 37 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Beariz

Beariz é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 973 persoas (1477 en 2003). Limita cos concellos de Forcarei e A Lama na provincia de Pontevedra e Boborás, O Irixo e Avión na provincia de Ourense. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bearizao ou bearicense.

Campo, O Irixo

Santa María de Campo é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2011 tiña 544 habitantes (277 homes e 267 mulleres), 52 menos ca en 1999.

Cangues, O Irixo

Santo Estevo de Cangues é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 38 habitantes, deles 14 eran homes e 24 eran mulleres, o que supón un incremento de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Comarca do Carballiño

A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Corneda, O Irixo

Santiago de Corneda é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 186 habitantes, deles 87 eran homes e 99 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Dadín, O Irixo

San Pedro de Dadín é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2011 tiña 114 habitantes, deles 52 eran homes e 62 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 152 habitantes.

Espiñeira, O Irixo

San Pedro de Espiñeira é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 94 habitantes, deles 44 eran homes e 50 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Estación do Irixo

O Irixo é unha estación de tren de Adif situada na vila do Irixo, provincia de Ourense. Conta con servizos de media distancia operados por Renfe.

Froufe, O Irixo

San Xoán de Froufe é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 88 habitantes, deles 39 eran homes e 49 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Lalín

Lalín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. O municipio ten unha poboación de 20 103 habitantes (2018) e divídese entre o núcleo urbano, onde viven máis de 10 000 persoas, e as 52 parroquias do rural. Lalín é a capital e a vila principal da súa comarca e o noveno concello máis poboado da provincia, despois da Estrada. O concello posúe unha densidade de poboación de 63,85 hab./km², e unha superficie de 326,8 km², o que o converte no concello máis grande de Pontevedra e o cuarto de Galicia.

O concello de Lalín atópase no nordeste da provincia de Pontevedra; fai fronteira co concellos de Silleda e Vila de Cruces polo noroeste, con Forcarei polo oeste, con Agolada e Rodeiro polo nordeste, con Dozón polo suroeste e co Irixo polo sur, todos eles pertencentes á comarca pontevedresa do Deza agás O Irixo que pertence á provincia de Ourense.

Loureiro, O Irixo

Santa Mariña de Loureiro é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 196 habitantes, deles 87 eran homes e 109 eran mulleres, o que supón unha diminución de 8 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Madarnás, O Carballiño

San Tomé de Madarnás é unha parroquia do concello do Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 119 habitantes (62 homes e 57 mulleres), tres menos ca en 2006.

A parroquia está situada ao norte do concello. Limita ao noroeste con Corneda (O Irixo), ao nordeste con Cangues (O Irixo), ao suroeste con Astureses (Boborás) e ao sur con Ponte Veiga) Está atravesada pola estrada OU-902 que une O Carballiño co Irixo e Lalín.

No lugar de Esgueva está a Insua dos Poetas.

O Regueiro, Boborás

San Pedro do Regueiro é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 181 habitantes, deles 87 eran homes e 94 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006. É limítrofe con O Regueiro, O Irixo.

O Regueiro, O Irixo

San Pedro do Regueiro é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 57 habitantes, deles 28 eran homes e 29 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006. É limítrofe con O Regueiro, Boborás.

No Diccionario Madoz (1849) aínda non aparece a parroquia constituída como tal, e varias das súas aldeas dependían da parroquia de Parada de Labiote.

Parada de Labiote, O Irixo

San Xulián de Parada de Labiote é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 210 habitantes (100 homes e 110 mulleres), 14 menos ca en 2006.

O Diccionario Madoz (1849) inclúe tamén varios lugares da parroquia do Regueiro, ao non estar esta aínda constituída: Cerdeira (escrito Cendeira por erro tipográico, actualmente Cerdeira de Arriba e Cerdeira de Abaixo), Espiñeiros (escrito Suspiñeiros) e O Paraño (escrito só Paraño).

Reádigos, O Irixo

Santa Baia de Reádigos é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 31 habitantes, deles 12 eran homes e 19 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

San Cosmede de Cusanca, O Irixo

San Cosmede de Cusanca é unha parroquia do concello do Irixo, na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 233 habitantes, (109 homes e 124 mulleres), 11 menos ca no 2006.

Serra do Candán

A serra do Candán é unha serra galega que se estende ao longo dos concellos de Forcarei, Lalín, Silleda, Beariz e O Irixo. Atópase na dorsal galega e é onde nacen os ríos Lérez, o Umia e varios afluentes do Deza. É unha zona especial de conservación (ZEC).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.