O Incio

O Incio é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE no 2014 tiña 1797 habitantes (2236 no 2006, 2297 no 2005, 2358 no 2004, 2406 no 2003).

Coordenadas: 42°38′55″N 7°13′48″O / 42.64861, -7.23000

O Incio
Bandeira de O Incio
---
Escudo de O Incio
Igrexa de Hospital
Igrexa do Hospital
Situacion O Incio
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Sarria
Poboación1.609 hab. (2018)
Área146,2 km²
Densidade11,01 hab./km²
Entidades de poboación28 parroquias
Capital do concelloA Cruz do Incio
Política (2019[2])
AlcaldesaHéctor Manuel Corujo González (PPdeG [3])
Concelleiros
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 4
Eleccións municipais no Incio
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes80,85%
Na rede
www.concellooincio.es
administracion@concellodeoincio.com

Xeografía

Ten unha superficie de 143 km². Limita ao norte con Sarria e Samos, ao sur con Bóveda e A Pobra do Brollón, ao leste con Samos e ao oeste con Paradela e Bóveda.

No concello do Incio está o encoro de Vilasouto, que subministra auga a toda a zona do Val de Lemos.

  • Montes: Monte da Serna, Serra do Endrano, Monte de Grámea, Óutara, Pena Redonda, Monte da Pelada, Monte das Carballas, Alto de Balbón, As Forcadas, Alto de Santa Bárbara, Alto da Lama, Monte Matanza, Monte das Cozas, Modorriñas (1.162 m) e Monte das Pías (1.131 m).
  • Ríos: Cabe, Mao, Antiga, Cereixido, Carballedo, Teimoi, Castro, Penalva, Riveira, Boqueira e Oporto.
  • Regatos: Vado, Fontán, Cebedozo, Regato da Ribeira (nace na fonte de Penedo Grande, preto do Foxo dos Lobos, na ladeira norte do Alto de Santa Barbara), San Miguel,Trasadehesa, Lameiro, Anduriñas, Pozo Verde, Chao de Pías, Pena Maior, Geda, Muiña, Rivado, Freixeiro e Nogueirido.
  • Precipitacións: 1.000 mm./anuais (zona occidental) e 1.400 mm./anuais (zona oriental).
  • Temperatura media anual: 12 °C (zona occidental) e 9 °C (zona oriental).

Demografía

Censo total 1797 (2014)
Menores de 15 anos 82 (4,56 %)
Entre 15 e 64 anos 896 (49,86 %)
Maiores de 65 anos 819 (45,57 %)
Evolución da poboación de O Incio   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
8137 7010 6253 4155 2358 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Cultura

Toponimia

O Incio procede da forma medieval Onitio, rexistrada dende o século IX.[5]

Patrimonio

Patrimonio arqueolóxico

Da época do megalitismo consérvase a necrópole de Santa Mariña, un conxunto de corenta mámoas declarado Ben de Interese Cultural.

Hai petróglifos e castros en Goó, Santa Cristina do Viso, A Cruz do Incio, Trascastro e Vilasouto.

Da idade media destaca a igrexa de San Pedro Fiz, templo parroquial do Hospital, de arquitectura románica.

Patrimonio culturual

Etnografía

Festas e celebracións

  • San Eufrasio, romaría que se celebra na parroquia de Santa María do Mao o 15 de maio, na honra de santo Eufrasio que foi un bispo de Xaén que se adicou a evanxelizar Hispania e que morreu como mártir. Segundo a tradición os seus restos foron trasladados a Mao por mor da invasión musulmá no ano 716. Hoxe en día son moitos os devotos que acoden o 15 de maio a pedirlle favores ao santo.
  • Santa Lucía, na Cervela.
  • San Xoán, celébrase o 24 de xuño en Sirgueiros.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do Incio.
Concello do Incio

Casa do concello.

Placa altimétrica do Incio

Placa altimétrica do Incio.

Igrexa de San Miguel de Vila de Mouros, O Incio

Igrexa de San Miguel de Vila de Mouros.

Lugares do Incio

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Incio vexa: Lugares do Incio.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "O Incio". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Boullón Agrelo, Ana Isabel (2011). "O artigo na toponimia galega: aspectos da estandarización". Revista Galega de Filoloxía. ISSN 1576-2661.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Bardaos, O Incio

San Xoán de Bardaos é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 42 habitantes distribuídos en 4 núcleos de poboación, deles 18 eran homes e 24 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Eirexalba, O Incio

Santo Estevo de Eirexalba é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo.

Limita coas parroquias de Rendar e Sirgueiros ao norte, Santa Cruz do Incio ao leste, Óutara e Laiosa ao sur, e Vilasouto ao oeste.

No ano 2007 tiña 83 habitantes, deles 39 eran homes e 44 eran mulleres, o que supón unha diminución de 6 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Foilebar, O Incio

Santa María de Foilebar é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria , na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 71 habitantes, deles 35 eran homes e 36 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Laiosa, O Incio

San Martiño de Laiosa é unha parroquia do concello lucense do Incio, pertencente ó arciprestado do Incio. En 2008 tiña 119 habitantes (57 homes e 62 mulleres), cunha densidade de 12,8 hab./km², o que supón un descenso en relación a 1991 cando tiña 184 habitantes.

Linda ó norte coas parroquias de Eirexalba e Vilasouto (concello do Incio), polo oeste con Guntín e Tuimil (concello de Bóveda), polo leste con Óutara e Canedo (concello da Pobra do Brollón) e polo sur con Freituxe (concello de Bóveda), Guntín e Canedo.

Noceda, O Incio

San Xoán de Noceda é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 87 habitantes, deles 41 eran homes e 46 eran mulleres, o que supón unha diminución respecto do ano 1999, cando tiña 132 habitantes.

O Hospital, O Incio

San Pedro Fiz do Hospital é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 43 habitantes, deles 18 eran homes e 25 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006. Segundo o INE en 2017 eran 36, 19 mulleres e 17 homes.

Entre o patrimonio da parroquia destaca a Igrexa de San Pedro Fiz do Hospital.

O Incio, O Incio

Santa Cruz do Incio é unha parroquia do concello do Incio, anexa á do Hospital, na provincia de Lugo. En 2011 tiña 221 habitantes (108 homes e 113 mulleres) 18 máis ca en 1991. En 2017, segundo o INE, eran 201 habitantes, 100 mulleres e 101 homes.Só ten un núcleo de poboación, a aldea da Cruz do Incio, capital do municipio.

Limita ao norte con Sirgueiros, con Óutara (A Pobra do Brollón) ao sur, Hospital ao este e Eirexalba ao oeste.

Esta freguesía, antes incluída na de Sirgueiros, creouse a finais do século XIX.

O Viso, O Incio

Santa Cristina do Viso é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 72 habitantes, deles 33 eran homes e 39 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Nesta parroquia está soterrado o poeta Lois Pereiro, e no lugar de Buxán atopouse o único fósil de Mamut en Galicia.[Cómpre referencia]

Rendar, O Incio

Santa María de Rendar é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 69 habitantes, deles 38 eran homes e 31 eran mulleres, o que supón un aumento de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Rubián de Cima, O Incio

San Vicenzo de Rubián de Cima é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 71 habitantes, deles 40 eran homes e 31 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 101 habitantes.

San Pedro do Incio, O Incio

San Pedro do Incio é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 69 habitantes, deles 29 eran homes e 40 eran mulleres, o que supón unha diminución de 6 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

San Román do Mao, O Incio

San Román do Mao é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 44 habitantes (23 homes e 21 mulleres), dous menos ca en 2006.

San Salvador do Mao, O Incio

San Salvador do Mao é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 116 habitantes, deles 58 eran homes e 58 eran mulleres, o que supón un incremento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Santa Mariña do Incio, O Incio

Santa Mariña do Incio é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 45 habitantes, deles 23 eran homes e 22 eran mulleres, o que supón un incremento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Santa María do Mao, O Incio

Santa María do Mao é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 201 habitantes, deles 96 eran homes e 105 eran mulleres, o que supón unha diminución de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Sirgueiros, O Incio

San Xoán de Sirgueiros é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 39 habitantes, deles 22 eran homes e 17 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 2006 cando tiña 54 habitantes.

Toldaos, O Incio

Santiago de Toldaos é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 66 habitantes, deles 34 eran homes e 32 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Trascastro, O Incio

Santalla de Trascastro é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 87 habitantes, deles 46 eran homes e 41 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Vilasouto, O Incio

San Mamede de Vilasouto é unha parroquia do concello do Incio na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 79 habitantes (33 homes e 46 mulleres), un máis ca en 2006.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.