O Corgo

O Corgo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.695 habitantes (4.192 no 2006, 4.236 no 2005, 4.264 no 2004, 4.183 no 2003).

Coordenadas: 42°56′27.07″N 7°25′25.36″O / 42.9408528, -7.4237111

O Corgo
Escudo de O Corgo
Casa concello O Corgo, Lugo
Casa do concello
Situacion O Corgo
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Lugo
Poboación3.487 hab. (2018)
Área157,3 km²
Densidade22,17 hab./km²
Entidades de poboación38 parroquias
Política (2019 [2])
AlcaldeFelipe Labrada Reija (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais no Corgo
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes72,94%
Na rede
www.concellodocorgo.net

Xeografía

Situación

O concello do Corgo, de 157,3 km², está situado ao leste de Galicia, na comarca de Lugo. Administrativamente forma parte da provincia de Lugo. Limita ao norte cos concellos de Lugo e Castroverde, ao sur con Láncara e O Páramo, ao leste con Castroverde, Baralla e Láncara, e ao oeste con Guntín e Lugo. A capital do concello está a unha altitude de 441 metros, se ben o concello carece dun núcleo urbano.

Orografía e hidrografía

O curso principal é o río Miño, e outros secundarios son o Chamoso, Tordea, Neira, Maceira, Mazandan, Romeán, Amoa e Outeiro. Os cumios máis destacados son Pena de Cruz (783 m), Pena Aguda (722 m), Castro de Croa (651 m), Canteira de Vidueiro (624 m), Pena de Ladrón (502 m), Agra do Outeiro (451 m) e Penas de Canón (431 m), amais das serras de Coedo e de Ferveda.

O espazo natural Miño-Neira forma parte da Rede Mundial de Reservas da Biosfera ao estar incluído no espazo Terras do Miño.

Demografía

Censo total 2014 3.695 habitantes
Menores de 15 anos 250 (6.77 %)
Entre 15 e 64 anos 2.164 (59.37 %)
Maiores de 65 anos 1.281 (34.67 %)
Evolución da poboación de O Corgo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
6.813 7.775 8.544 5.057 4.264 3.938 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do Corgo.
Rio Miño.Quinte.O Corgo

Vista parcial do río Miño o seu paso polo límites finais de Quinte.

Rio Neira

Vista parcial dunha ponte o paso polo río Neira; á esquerda: Cerceda (O Corgo) e a dereita xa entra o concello do Páramo.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "O Corgo". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Adai, O Corgo

Santiago de Adai é unha parroquia do concello do Corgo na comarca de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 71 habitantes (32 homes e 39 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 107 habitantes.

Anseán, O Corgo

Santa Catarina de Anseán é unha parroquia do concello do Corgo na comarca de Lugo. Tiña 66 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 33 homes e 33 mulleres. O que supón unha diminución de 14 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 80 habitantes (41 homes e 39 mulleres) e 24 menos que en 2000.

Bergazo, O Corgo

San Fiz de Bergazo é unha parroquia do concello do Corgo na comarca de Lugo. Tiña 62 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 32 homes e 30 mulleres. O que supón un aumento de 3 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 59 habitantes (33 homes e 26 mulleres), os mesmos que en 2000 (62).

Comarca de Lugo

A comarca de Lugo é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Lugo. A esta comarca pertencen os concellos de Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín e Rábade.

Escoureda, O Corgo

Santa María de Escoureda é unha parroquia do concello do Corgo na comarca de Lugo. Tiña 107 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 36 homes e 71 mulleres. O que supón unha diminución de 18 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 125 habitantes (50 homes e 75 mulleres) e 29 menos que en 2000.

Farnadeiros, O Corgo

San Pedro de Farnadeiros é unha parroquia do concello do Corgo, que dá nome ao arciprestado do Páramo-Farnadeiros. En 2010 tiña 123 habitantes (60 homes e 63 mulleres) o que supón unha diminución de 48 persoas respecto ao ano 1991 no que tiña 171 habitantes agrupados en 12 entidades de poboación.

Folgosa, O Corgo

San Martiño de Folgosa é unha parroquia do concello do Corgo na comarca de Lugo. Tiña 106 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 50 homes e 56 mulleres. O que supón unha diminución de 14 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 120 habitantes (55 homes e 65 mulleres) e 34 menos que en 2000.

Fonteita, O Corgo

Santiago de Fonteita é unha parroquia do concello do Corgo, na comarca de Lugo.

A parroquia ten 7,5 quilómetros cadrados; limita ao norte ca parroquia de Queizán, ao sur coa de Castrillón, ao leste coa de San Martiño de Folgosa e ao oeste coa de Campelo e pertence ao arciprestado de Maestrescolia.

Os seus 217 habitantes (112 homes e 105 mulleres) repártense entre os lugares do Barrio, Chavín, Rubial, San Lorenzo, Sotolubián, Vilaboa e Vilamarín.

Gomeán, O Corgo

Santiago de Gomeán é unha parroquia do concello do Corgo na comarca de Lugo. Tiña 195 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 105 homes e 90 mulleres. O que supón unha diminución de 12 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 207 habitantes (103 homes e 104 mulleres) e 16 menos que en 2000.

Lapío, O Corgo

San Miguel de Lapío é unha parroquia do concello do Corgo na comarca de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2016 tiña 76 habitantes (42 homes e 34 mulleres), dous máis ca en 2007 (39 homes e 35 mulleres) e catro máis ca en 2000.

Laxosa, O Corgo

Santiago de Laxosa é unha parroquia do concello do Corgo na comarca de Lugo. Tiña 317 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 157 homes e 160 mulleres. O que supón unha diminución de 45 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 362 habitantes (171 homes e 191 mulleres) e 51 menos que en 2000.

Marei, O Corgo

Santa María de Marei é unha parroquia do concello do Corgo na comarca de Lugo. Tiña 175 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 84 homes e 91 mulleres. O que supón unha diminución de 35 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 210 habitantes (104 homes e 106 mulleres) e 46 menos que en 2000.

O Corgo, O Corgo

San Xoán do Corgo é unha parroquia do concello do Corgo na comarca de Lugo. Tiña 225 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 122 homes e 103 mulleres. O que supón unha diminución de 56 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 281 habitantes (142 homes e 139 mulleres) e 38 menos que en 2000.

Paradela, O Corgo

San Fiz de Paradela é unha parroquia do concello do Corgo na comarca de Lugo. Tiña 165 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 86 homes e 79 mulleres. O que supón unha diminución de 38 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 203 habitantes (104 homes e 99 mulleres) e 42 menos que en 2000.

Quinte, O Corgo

Santalla de Quinte é unha parroquia do concello do Corgo na comarca de Lugo. Tiña 72 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 32 homes e 40 mulleres. O que supón unha diminución de 2 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 74 habitantes (33 homes e 41 mulleres) e 4 menos que en 2000.

San Cosme de Manán, O Corgo

San Cosme de Manán é unha parroquia do concello do Corgo na comarca de Lugo. Tiña 58 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 32 homes e 26 mulleres. O que supón unha diminución de 4 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 62 habitantes (36 homes e 26 mulleres) e 3 menos que en 2000.

Santo André de Chamoso, O Corgo

Santo André de Chamoso é unha parroquia do concello do Corgo na comarca de Lugo. Segundo o IGE en 2007 tiña 100 habitantes, deles 56 eran homes e 44 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 127 habitantes.

Santo Estevo de Farnadeiros, O Corgo

Santo Estevo de Farnadeiros é unha parroquia do concello do Corgo na comarca de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2016 tiña 54 habitantes (26 homes e 28 mulleres), 7 menos ca en 2007 (31 homes e 30 mulleres) e 10 menos ca en 2000.

Vilachá, O Corgo

San Xiao de Vilachá (do latín Villam Planam, 'vila situada nun lugar plano') é unha parroquia do concello do Corgo na comarca de Lugo. Segundo o IGE, en 2013 tiña 55 habitantes (27 homes e 28 mulleres), o que supón unha diminución de 15 habitantes en relación ao ano 2000.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.