O Castelo, Entenza, Salceda de Caselas

O Castelo é un barrio da parroquia de Entenza no concello de Salceda de Caselas. Está situado no centro da parroquia, sendo un dos máis poboados e con máis extensión. Debe o seu nome a que aquí se asentaba o castelo de Entenza.

Ademais dos escasos restos do Castelo que aínda se poden adiviñar entre a vexetación, contra entre o seu patrimonio con varios petróglifos, fontes e incluso unha mina de auga que se di foi un dos pasadizos secretos para entrar no Castelo. A lenda di que por ese pasadizo se atravesaba o río Miño e se chegaba a Portugal.

A primeira noticia que se ten do castelo provén de Prudencio de Sandoval que afirma que en 1140 cando o conde Gomez Muñoz apoderouse dos bens da igrexa de Tui:"et particularmente alçousse con o castelo de Antenza çerca de Tui", polo que o bispo Paio Menéndez se queixou ao rei Afonso VII, que ordenou a súa devolución. Descoñécese que documentación usou para dicir que era un castelo do bispo tudense, porque en documentos posteriores contrastados afírmase que era de señorío laico e reguengo, así no ano 1217 Afonso IX fai constar que súa muller Dona Tareixa tiña os castelos de Entenza, Castelo de Sobroso, Santa Elena(Nigrán) e Teburia; ata que no ano 1371 é doado por Henrique II de Castela ó bispo de Tui pola súa axuda na Iª Guerra civil castelá.

O Castelo
ParroquiaEntenza
ConcelloSalceda de Caselas

Lugares e parroquias

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.