O Carballiño

O Carballiño é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca do Carballiño, á que dá nome. Segundo o INE en 2018 tiña 13.939 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballiñés[5].

Coordenadas: 42°25′50″N 8°4′45″O / 42.43056, -8.07917

O Carballiño
Escudo de O Carballiño
Casa do Concello do Carballiño
Casa consistorial do Carballiño
Situacion O Carballiño
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca do Carballiño
Poboación13.939 hab. (2018)
Área54,4 km²
Densidade256,23 hab./km²
Entidades de poboación16 parroquias
Capital do concelloO Carballiño
Política (2019[2])
AlcaldeFrancisco Fumega Piñeiro (PSdeG[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 9
Outros: ESCO 3
Eleccións municipais no Carballiño
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes54,15%
Na rede
http://www.carballino.gal/gl/
alcaldia@carballino.org

Xeografía

Está rodeado pola serra do Faro e o val do río Avia. Pola vila pasa o principal río da comarca, o Arenteiro, do que son afluentes o Pedríña, Oseira e Marañao. Outros curso fluviais do concello son o Viñao, o Barbantiño e o Cardelle.

Demografía

O Carballiño é o terceiro concello máis poboado da provincia de Ourense.

Censo total 13 999 (2015)
Menores de 15 anos 1721 (12,29 %)
Entre 15 e 64 anos 8494 (60,68 %)
Maiores de 65 anos 3784 (27,03 %)


Fonte INE; 1857-2011

Evolución da poboación do Carballiño   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
8447 9274 9841 11039 13226 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

A poboación do Carballiño naceu a mediados do século XVIII. Daquela o lugar pertencía á parroquia de Señorín, dependente da xurisdición de Partovia, á súa vez dependente do mosteiro de Oseira. Comezou a celebrarse no lugar unha feira para acadar beneficios económicos, en contraposición a outras feiras celebradas nas xurisdicións da contorna, pertencentes ao Conde de Ribadavia e a outros mosteiros.

Aos poucos os feirantes fóronse asentando no lugar. A comezos do século XIX comezou a existir unha burguesía local. A botica dos Fernández deu aos seus propietarios cartos que foron investidos en diferentes eidos. A familia emparentouse con estirpes nobiliarias vidas a menos, e introduciuse na vida política liberal da comarca.

A vila está atravesada pola estrada N-541 que une Ourense e Pontevedra. Amais, está comunicada a través da AG-54 coa vía de alta capacidade AG-53.

Cultura

No Carballiño celébranse as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (Xociviga).

Festas

Deporte

O club máis importante da cidade é o Carballiño FS que milita na Primeira Nacional "A", a terceira categoría en importancia do fútbol sala español. O Carballiño FS é un dos clubs con máis afluencia de espectadores da categoría.

O Club Deportivo Arenteiro é o club de fútbol da cidade e xoga na Terceira División.

O Sporting Carballiño é o outro club da vila e xoga actualmente na 3ª Autonómica Gr.XIII.

O Carballiño na literatura popular

  • O cantar do arrieiro/ é un cantar moi baixiño,/ cántase en Ribadavia,/ retumba no Carballiño [6].
  • O cantar dos arrieiros/ é un cantar moi delgadiño:/ cántano en Ribadavia,/ óuvese no Carballiño [7].
  • O cantar dos arrieiros/ é un cantar moi delgadiño:/ cántano en Ribadavia,/ resoa no Carballiño [7].
  • Si tu víra-lo que eu vin/ na feira do Carballiño,/ vinte cinco xastres xuntos/ bebendo un neto de viño [8].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do Carballiño.
Igrexa da Vera Cruz, O Carballiño, Ourense 02

Igrexa da Veracruz.

Igrexa da vera cruz

Igrexa da Veracruz, á tardiña.

Iglesia da Veracruz 2 - Antonio Palacios

Lateral da Igrexa.

Mosteiro de San Pedro de Lobás - Mosteiro, Carballiño - Ourense

Mosteiro de San Pedro de Lobás.

Lugares do Carballiño

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Carballiño vexa: Lugares do Carballiño.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "O Carballiño". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 44. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  6. Gran Enciclopedia Galega: s. v. arrieiro.
  7. 7,0 7,1 Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 115.
  8. Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: Si tu vira lo que vin/ na feyra do Carballiño,/ vinte cinco xastres juntos/ bebend'un neto de viño.
A Piteira, O Carballiño

San Miguel da Piteira é unha parroquia do concello de O Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 258 habitantes, deles 122 eran homes e 136 eran mulleres, o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Ambiente

Para a publicación semanal véxase Ambiente (O Carballiño).

O ambiente (ou o medio), en ecoloxía, defínese como os elementos bióticos e abióticos que rodean aos organismos, ou ás poboacións, e que determinan a súa capacidade de supervivencia, o seu desenvolvemento e a súa evolución. O conxunto de condicións externas que afectan a esas condicións poden ser de tipo social e cultural, e nalgúns contextos, incluso políticas e económicas. As dimensións dos ambientes varían desde escalas microscópicas ao conxunto da terra e son incontables. Os ambientes pódense clasificar segundo as súas características, por exemplo, en ambientes mariños, atmosféricos ou terrestres. Cando se lle presta atención aos espazos ocupados polas especies, o termo ambiente soe ser un sinónimo de hábitat.

Os espazos onde as actividades humanas tiveron un efecto de transformación importante do ambiente "natural", como a construción de cidades e urbanizacións ou transformado a terra en labradío intensivo, pódese definir como ambientes de antroposfera.

O "día mundial do ambiente" celebrase o 5 de xuño.

Arcos, O Carballiño

Santa María de Arcos é unha parroquia do Concello do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2009 tiña 209 habitantes (104 homes e 105 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 258 habitantes. Na actualidade a parroquia de Arcos está unida ó mesmo núcleo do Carballiño.

Banga, O Carballiño

Santa Baia de Banga é unha parroquia do concello do Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 81 habitantes (37 homes e 44 mulleres), dous menos ca no ano anterior.

Cabanelas, O Carballiño

San Xoán de Cabanelas é unha parroquia do concello do Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 71 habitantes, deles 31 eran homes e 40 eran mulleres, o que supón unha diminución de 8 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Comarca do Carballiño

A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Estación do Carballiño

O Carballiño é unha estación de tren de Adif situada na vila do Carballiño, na provincia de Ourense. Conta con servizos de longa e media distancia operados por Renfe. Cumpre tamén funcións loxísticas.

Lobás, O Carballiño

Santa Ouxea de Lobás é unha parroquia do concello do Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 256 habitantes, deles 124 eran homes e 132 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Longoseiros, O Carballiño

Santa Mariña de Longoseiros é unha parroquia do concello do Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 159 habitantes (70 homes e 89 mulleres), 24 menos ca en 1999.

Madarnás, O Carballiño

San Tomé de Madarnás é unha parroquia do concello do Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 119 habitantes (62 homes e 57 mulleres), tres menos ca en 2006.

A parroquia está situada ao norte do concello. Limita ao noroeste con Corneda (O Irixo), ao nordeste con Cangues (O Irixo), ao suroeste con Astureses (Boborás) e ao sur con Ponte Veiga) Está atravesada pola estrada OU-902 que une O Carballiño co Irixo e Lalín.

No lugar de Esgueva está a Insua dos Poetas.

Mesego, O Carballiño

Santa María de Mesego é unha parroquia do concello do Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2011 tiña 370 habitantes, deles 173 eran homes e 197 eran mulleres, o que supón unha diminución de 22 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Mudelos, O Carballiño

Mudelos é unha parroquia do concello do Carballiño, sita a 2 km da capital. Está formada polos lugares de Mudelos, A Bubela, Xesteira, Barreira e Paciños. En 2011 tiña 125 habitantes (49 homes e 76 mulleres).

O Barón, O Carballiño

San Fiz do Barón é unha parroquia que se localiza no sur do concello do Carballiño na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 63 habitantes (33 mulleres e 30 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica do Barón que está formada polos 12 lugares desta parroquia civil, máis os 2 lugares da parroquia homónima do concello de San Amaro.

O Carballiño, O Carballiño

San Cibrao do Carballiño é unha parroquia do concello do Carballiño, na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 11 118 habitantes (5249 homes e 5869 mulleres), 56 máis ca en 2010.

Partovia, O Carballiño

Santiago de Partovia é unha parroquia do concello do Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 281 habitantes (132 homes e 149 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 341 habitantes.

Ponte Veiga, O Carballiño

San Lourenzo de Ponte Veiga é unha parroquia do concello do Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 208 habitantes, deles 94 eran homes e 114 eran mulleres, o que supón unha diminución de 0 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Sagra, O Carballiño

San Martiño de Sagra é unha parroquia do concello do Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 112 habitantes (63 mulleres e 49 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 138 habitantes.

Seoane de Arcos, O Carballiño

San Xoán de Seoane de Arcos é unha parroquia do concello do Carballiño, que fai fronteira entre este e o concello de Cea. Segundo o IGE en 2011 tiña 400 habitantes (192 homes e 208 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 480 habitantes.

Señorín, O Carballiño

San Roque de Señorín é unha parroquia do concello ourensán do Carballiño. Segundo o IGE en 2010 tiña 397 habitantes (210 mulleres e 187 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 364 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.