O Burgo, Pontevedra

Santiago Peregrino do Burgo é unha parroquia urbana do concello de Pontevedra. Sitúase ao norte da cidade, delimitado ao sueste co río Lérez, ao oeste coas marismas de Alba, e ao norte con Lérez.

Coordenadas: 42°26′15″N 8°38′29″O / 42.43750, -8.64139

Santiago Peregrino do Burgo
Burgo
ConcelloPontevedra
Entidades de poboación1

Historia

Por aquí pasaba a vía romana XIX (Braga-Lugo-Astorga), que viña desde a ponte do Burgo e continuaba cara a Alba, actual vía portuguesa do camiño de Santiago. No século XVI había xa un pequeno barrio que pertencía a Lérez.

Xa no século XX os recheos sobre o río Lérez permitiron a construción do campus de Pontevedra, dependente da Universidade de Vigo, e os colexios da Xunqueira. Durante a alcaldía de Juan Luis Pedrosa construíuse o Pazo da Cultura de Pontevedra.

Neste barrio está o campo de Pasarón, feudo local do Pontevedra CF, e o Pavillón dos Deportes, onde xoga a SD Teucro.

Neste barrio naceu o escritor Xoán Manuel Pintos.

A igrexa parroquial foi construída a finais do século XX. Anteriormente houbera unha capela preto da ponte do Burgo, máis ao sur. Cada 24 de xullo celébrase unha procesión coa imaxe do Santiaguiño, sendo levada a unha casa particular. Segundo a tradición, o apóstolo andaba a evanxelizar por estas terras e foi atendido nesa casa, e agradecido, fixo que as uvas e o millo das leiras da casa madurasen antes.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do Burgo, Pontevedra.
Pontevedra, Galiza. Ponte do Burgo

Ponte do Burgo.

Santiaguiño do Burgo

Santiaguiño do Burgo.

Igrexa do Burgo, Pontevedra

Interior da igrexa.

Placa Santiña

Placa da rúa da Santiña, no camiño portugués.

Lugares e parroquias

Parroquias de Pontevedra

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Gallego Rei, M. e Sánchez-Agustino Rodríguez, R.: O Burgo: no camiño das uvas e do millo. Deputación de Pontevedra, 2004.
Lugares de Pontevedra

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Pontevedra

Xoán (nome)

Xoán, ou a variante Xan, (feminino Xoana) é un nome de pía masculino en galego. Vén do hebraico יוחנן (Yôḥānnān), que quere dicir 'O fidel a Deus'. Do hebraico orixinario pasou a outras linguas. Ιωάννης (Ioannis) é a versión de Yôḥānnān que pasou ao grego. De aí evoluíu até chegar ao galego-portugués: Iohanne > Johan e de aí ao galego moderno Xoham > Xoán, de feminino: Xoana. Xan era un diminutivo común en Galiza hai pouco tempo como demostra a toponimia e a lingua oral: ser un Xan, Xan de Outeiro.

O patronímico de Xoán ou Iohan deu en Galiza Iohannis: 1177:Pedro Iohannis, usado como xenitivo, formaranse despois varios resultados diferentes: Anes (1262: Pedre Anes; 1454: Maria Anes,) Eans, Eanes, Enes, Ennes, Ianes, Yanes (1385: Afonso Yanes Traveso; 1273: Eldora Yanes, que en 1276 aparece como Eldora Eanes; 1275: Laurenço Ianes d'Ourense; 1396: Eynes Ianes), Oanes (1082: Tota Joanis; 1272: Migael Joanes; 1279: Gonzaluo Oanes).

Hoxe é común o castelanizado: Yáñez ('fillo de Xoán o Iohan'). En inglés é Johnson ('fillo de John') e Evanson ou Evans ('fillo de Ewan').

Un nome equivalente a Xoán é Iván, que vén da versión rusa do nome, e que transliterado conserva maior semellanza coa grafía antiga.

Xoán Manuel Pintos

Xoán Manuel Pintos Villar, nado no Burgo (Pontevedra) o 16 de decembro de 1811 e finado en Vigo o 29 de xuño de 1876, foi un escritor galego. Está considerado un dos precursores do Rexurdimento literario, e dentro deles, pertencente á primeira xeración provincianista. A súa obra, como acontecía por norma xeral na época, está espallada en xornais, revistas e folletos, mais é A Gaita Gallega (1853), a única obra súa publicada en vida, a composición que o sitúa nun lugar importante dentro da literatura galega por ser a primeira escrita en galego moderno. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1975.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.