O Bolo

O Bolo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1013 habitantes (1326 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) bolés[5].

Coordenadas: 42°18′24″N 7°5′56″O / 42.30667, -7.09889

O Bolo
Escudo de O Bolo
Concello do Bolo
Casa do Concello do Bolo.
Situacion O Bolo
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Valdeorras
Poboación917 hab. (2018)
Área91,2 km²
Densidade10,05 hab./km²
Entidades de poboación18 parroquias
Capital do concelloO Bolo
Política (2019[2])
AlcaldeManuel Corzo Macías (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais no Bolo
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes70,02%
Na rede
www.obolo.es
correo.obolo@fegamp.es

Demografía

Censo rotal 1013 (2014)
Menores de 15 anos 53 (5,23 %)
Entre 15 e 64 anos 459 (45,31 %)
Maiores de 65 anos 501 (49,45 %)
Evolución da poboación do Bolo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5204 5550 5285 3151 1286 1117 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello, de 91,17 km², abrangue dezaoito parroquias. Limita ao norte cos municipios de Petín e Larouco, ao sur con Viana do Bolo, ao leste coa Veiga e ao oeste con Manzaneda. Pertence ao partido xudicial de Trives e á diocese de Astorga.

Sitúase entre os ríos Bibei e o Xares, na depresión do Bolo, que separa o macizo de Manzaneda das Serras de Trevinca e Segundeira. Ten un relevo montañoso e accidentado, cunha depresión e unha unidade de máis altura cara ao oeste. A Fraga da Ramalla, cara ao norte, acada os 1.200 m de altitude.

A estrada C-533 enlaza o concello coa autovía A-52 e coa estrada N-120.

Historia

Antes da romanización de Galicia este territorio estaba ocupado polo pobo dos Németas, que terían a súa capital en Volobriga.

Durante a idade media A zona pertenceu ao condado de Lemos. Pedro I de Castela concedeu privilexios á vila do Bolo polo seu apoio a loita contra o seu irmán Henrique II. O castelo do Bolo foi derruído na Gran Guerra Irmandiña e reedificado por orde do conde de Benavente, Juan de Pimentel. Logo de diversos preitos entre a nobreza e a vila, os habitantes do Bolo pasaron a estar directamente baixo xurisdición real a finais do século XVI. No século XVIII o castelo é abandonado.

Durante a guerra da independencia española os habitantes da comarca de Valdeorras, liderados polo abade Casoio, impediron o paso do xeneral Soult. En 1812 creouse o municipio do Bolo. No Trienio liberal a maior parte da comarca pasou a formar parte da provincia do Bierzo, agás O Bolo, que foi adscrito á provincia de Ourense.

Patrimonio

A Torre do Bolo localízase nun lugar posiblemente ocupado anteriormente por un poboado castrexo. Consérvase a torre da homenaxe -de planta cadrada-, o alxibe e murallas co adarve. A torre acolle un centro de interpretación.

O Santuario de Nosa Señora das Ermidas, declarado Ben de Interese Cultural, é de arquitectura barroca do século XVIII.

A capela da Virxe dos Navallos está nun cruzamento de camiños do mesmo nome, e estaba situada orixinalmente no lugar da Pedra do Sol, onde se atopou unha ara romana adicada a este astro, do que recibe o nome. O templo é de orixe románica e tivo diversas restauracións. A fachada é de 1420.

En Mondón construíuse en 1903 un balneario de augas ferruxinosas.

Economía

Na economía local destaca o sector primario. Dentro do sector vitícola hai viños da Denominación de Orixe Valdeorras.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do Bolo.
O bolo

O Bolo.

Lugares do Bolo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Bolo vexa: Lugares do Bolo.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "O Bolo". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 43. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén

Ligazóns externas

As Ermidas, O Bolo

Santa María das Ermidas é unha parroquia que se localiza no oeste do concello do Bolo. Segundo o padrón municipal en 2013 tiña 59 habitantes (34 homes e 25 mulleres) nunha entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 (85 habitantes) e ao ano 2004 (74 habitantes). Nesta parroquia atópase o Santuario de Nosa Señora das Ermidas, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) no ano 2006.

Buxán, O Bolo

Santa María de Buxán é unha parroquia que se localiza no sur do concello do Bolo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 73 habitantes (43 homes e 30 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 82 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 51 habitantes, sendo 24 homes e 27 mulleres.

Cambela, O Bolo

Santa María de Cambela é unha parroquia que se localiza no sur do concello do Bolo. Segundo o IGE en 2009 tiña 65 habitantes (35 mulleres e 30 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 84 habitantes.

Celavente, O Bolo

San Xoán de Celavente é unha parroquia que se localiza no norte do concello do Bolo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 131 habitantes (66 mulleres e 65 homes), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 155 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 89 habitantes, sendo 44 homes e 45 mulleres.

Chandoiro, O Bolo

San Román de Chandoiro é unha parroquia que se localiza no oeste do concello do Bolo. Segundo o IGE en 2014 tiña 87 habitantes (44 homes e 43 mulleres), nunha única entidade de poboación. En 2004 tiña 97 habitantes (50 mulleres e 47 homes), 14 menos ca en 1999.

Chao de Castro, O Bolo

San Martiño de Chao de Castro é unha parroquia que se localiza no sur do concello do Bolo. Segundo o IGE en 2014 tiña 36 habitantes (15 homes e 21 mulleres), nunha única entidade de poboación. En 2004 tiña 52 habitantes (29 mulleres 23 homes), catro menos ca en 1999.

Comarca de Valdeorras

A comarca de Valdeorras é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras. A cal pertencen os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras. En total abrangue 969,2 km², caracterízase pola súa elevación, aquí está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m). O xentilicio é valdeorrés/valdeorresa.

Fornelos, O Bolo

San Bartolomeu de Fornelos é unha parroquia que se localiza no leste do concello do Bolo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 63 habitantes (39 mulleres e 24 homes), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 76 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 33 habitantes, sendo 13 homes e 20 mulleres.

Lentellais, O Bolo

San Simón de Lentellais é unha parroquia que se localiza no norte do concello do Bolo. Segundo o IGE en 2014 tiña 79 habitantes (42 homes e 37 mulleres), 80 menos ca en 2004 (86 homes e 73 mulleres), e 95 menos ca en 1999. Ten dúas entidades de poboación.

O Bolo, O Bolo

Santa María do Bolo é unha parroquia que se localiza no centro do concello ourensán do Bolo na comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 167 habitantes (85 homes e 82 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 151 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 165 habitantes, sendo 85 homes e 80 mulleres.

O Seixo, O Bolo

Santo Anxo do Seixo é unha parroquia que se localiza no norte do concello do Bolo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 21 habitantes (11 mulleres e 10 homes), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 34 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 20 habitantes, sendo 10 homes e 10 mulleres.

Paradela, O Bolo

San Sebastián de Paradela é unha parroquia que se localiza no leste do concello do Bolo. Segundo o INE en 2010 tiña 7 habitantes (4 homes e 3 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 16 habitantes.

San Martiño, O Bolo

San Martiño é unha parroquia que se localiza no norte do concello do Bolo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 38 habitantes (20 mulleres e 18 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 57 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 27 habitantes, sendo 16 homes e 11 mulleres.

Santa Cruz, O Bolo

Santa Cruz é unha parroquia que se localiza no oeste do concello do Bolo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 74 habitantes (39 mulleres e 35 homes), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 86 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 67 habitantes, sendo 32 homes e 35 mulleres.

Teixido, O Bolo

San Marcos de Teixido é unha parroquia que se localiza no oeste do concello do Bolo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 38 habitantes (21 homes e 17 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 51 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 26 habitantes, sendo 15 homes e 11 mulleres.

Tuxe, O Bolo

San Pedro de Tuxe é unha parroquia que se localiza no sur do concello do Bolo na comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2009 tiña 49 habitantes (29 mulleres e 20 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 78 habitantes.

Valdanta, O Bolo

Santa María de Valdanta é unha parroquia que se localiza no sur do concello do Bolo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 47 habitantes (31 mulleres e 16 homes), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 70 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 27 habitantes, sendo 10 homes e 17 mulleres.

Vilaseco, O Bolo

San Donato de Vilaseco é unha parroquia que se localiza no centro do concello do Bolo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 60 habitantes (32 homes e 28 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 86 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 46 habitantes, sendo 24 homes e 22 mulleres.

Xava, O Bolo

San Salvador de Xava é unha parroquia que se localiza no leste do concello do Bolo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 47 habitantes (29 homes e 18 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 57 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 36 habitantes, sendo 25 homes e 11 mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.