O Barro, A Baña

Santa Mariña do Barro é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE de 2016 tiña 116 habitantes (62 homes e 54 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 214 habitantes.

O Barro
Pazo de Leis, O Barro, A Baña
Pazo de Leis
ConcelloA Baña
Área6,87 km²
Poboación116 hab. (2016)
Densidade16,89 hab./km²
Entidades de poboación8

Historia

Do Neolítico existe un grupo de cinco mámoas denominadas do Cotón Grande no lugar de Sino.[1]

Na parroquia do Barro sitúase unha das montañas máis emblemáticas do concello. A Santa Mariña é unha montaña que segundo a tradición orienta os ventos e as choivas e que antigamente recibiu o nome de Cebreiro, Páramos ou O Barro. No seu cumio houbo ata finais do século XVII unha ermida na que se rendía culto a Santa Mariña, probablemente como resultado da cristianización de rituais ancestrais e de orixe druídico.

Esta capela foi derrubada no ano 1971 por orde do visitador, por mor da dificultade para manter economicamente o culto e tamén polas inmoralidades que se cometían nese lugar o día da romaría. A ermida foi substituída cunha cruz, hoxe inexistente, e os seus bens incorporados ás melloras da igrexa parroquial situada en O Barro de Arriba. Os poucos restos dos muros están esnaquizados e aínda se poden ver pedras labradas, e abundante tella.

Arquitectura popular

Fábrica de electricidade

Antes da inauguración da presa Barrié de la Maza había un pequeno salto de auga para a subministración de enerxía eléctrica, coñecido como a Fábrica de electricidade de Barbeira. Estaba instalada nunha pequena represa do río Nantón (rego de Faílde).[2]

Pazo de Leis[3]

Tamén coñecido como Casa do Barro, trátase dunha edificación do século XVI que está composta por unha torre e un corpo acaroado. Os muros están feitos de cachotería e cadeirado de granito. Ten tellado a catro augas no corpo máis elevado e a dúas no inferior. O pazo conta cunha dobre escalinata con balaustradas de pedra e pertenceu ao Marquesado dos Leis. O pazo foi mercado e restaurado por unha familia non vinculada ao Marquesado dos Leis.

Muíños[2]

  • no río Fervenza, de Alejandro García Recarey.
  • no río dos Fernández, cargado a Antonio Bieito.
  • no río Merman, cargado a José Gago.
  • no río Merman, idem.

Festas

  • 18 de xullo: Santa Mariña.
  • 10 de agosto: Santa Margarida.
  • 1º sábado de setembro: San Xosé.
  • 1º domingo de setembro: San Roque.
  • 1º fin de semana de setembro: Santísimo Sacramento.
  • Último domingo de outubro: O Socorro.

Lugares e parroquias

Parroquias da Baña

Notas

  1. "PXOM A Baña".
  2. 2,0 2,1 Rodríguez Troncoso, Amador. Os albores de Feiraco.
  3. "Pazo de Leis". Patrimonio Galego. Consultado o 2016-06-02.

Véxase tamén

Outros artigos

O Barro de Abaixo, O Barro, A Baña

O Barro de Abaixo é un lugar da parroquia do Barro no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Tiña 55 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 28 eran mulleres e 27 eran homes o que supón un aumento de poboación con respecto o 2009 cando tiña 63 habitantes.

Este lugar dista da capital do concello 2,8 quilómetros.

O Barro de Arriba, O Barro, A Baña

O Barro de Arriba é un lugar da parroquia do Barro no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Tiña 36 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 21 eran homes e 15 eran mulleres o que supón unha diminución de poboación con respecto o 2009 cando tiña 53 habitantes.

Este lugar dista da capital do concello 2,6 quilómetros.

O Campo, O Barro, A Baña

O Campo é un lugar da parroquia do Barro no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Tiña 12 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 7 eran homes e 5 eran mulleres. No ano 2010 tiña 11 habitantes: 7 homes e 4 mulleres.

O Sino, O Barro, A Baña

O Sino é un lugar da parroquia do Barro no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Tiña 13 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 7 eran homes e 6 eran mulleres. No 2010 eran 16 habitantes: 8 homes e 8 mulleres.

Santa Margarida, O Barro, A Baña

Santa Margarida é un lugar da parroquia do Barro no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. O Instituto Nacional de Estadística, no 2010, non dispón de datos de poboación.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.