O Barco de Valdeorras

O Barco de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras en Galicia. No ano 2014 tiña 13 899 habitantes segundo o INE (13 800 no 2006, 13 700 no 2005, 13 518 no 2004, 13 507 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barquense ou valdeorrés.

É o terceiro concello máis poboado da provincia tras Ourense e Verín, e é a capital da comarca. Sitúase no extremo nordeste da provincia, a 112 km da capital pola estrada N-120. Localizado no val do río Sil, rodeado por montañas.

Coordenadas: 42°25′0″N 6°58′59″O / 42.41667, -6.98306

O Barco de Valdeorras
Bandeira de O Barco de Valdeorras
---
Escudo de O Barco de Valdeorras
Plaza del Casino
Praza de San Mauro ou do Casino no casco histórico.
Situacion O Barco de Valdeorras
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Valdeorras
Poboación13.463 hab. (2018)
Área85,7 km²
Densidade157,09 hab./km²
Entidades de poboación14 parroquias
Capital do concelloO Barco
Política (2019[2])
AlcaldeAlfredo García Rodríguez (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 10
Outros: Riada Cidadá: 1
Eleccións municipais no Barco de Valdeorras
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes36,34%
Na rede
www.concellodobarco.gal
O Barco de Valdeorras
Vista do Barco de Valdeorras.

Poboación

Censo total (habitantes) 13 899 (2014)
Menores de 15 anos 1903 (1369 %)
Entre 15 e 64 anos 9302 (66,92 %)
Maiores de 65 anos 2694 (19,38 %)
Evolución da poboación do Barco de Valdeorras   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5321 5930 8081 9242 13 518 14 134 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Economía

Unha das bases da súa economía é a explotación e tratamento de louxa ademais da produción de viño de calidade, Denominación de Orixe Valdeorras.

Patrimonio

Desde o paseo fluvial do Malecón e as montañas pódense contemplar fermosas paisaxes. O conxunto monumental do Barco tamén pode ser un espléndido miradoiro do núcleo do Barco e do río Sil. Restos da cultura romana e varios pazos son o máis destacado do lugaconcello xunto co mosteiro de San Miguel de Xagoaza e a torre fortaleza do Castro, así como os festexos en honor ao Santo Cristo, nos que se organizan varias actividades.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do Barco de Valdeorras.
Mosteiro de San Miguel de Xagoaza

Mosteiro de San Miguel de Xagoaza.

Casa do concello

Casa do concello.

2016. Ponte sobre o Sil. O Barco de Valdeorras. Galiza

Ponte sobre o río Sil no Barco de Valdeorras

Lugares do Barco de Valdeorras

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Barco de Valdeorras vexa: Lugares do Barco de Valdeorras.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Proba, O Barco de Valdeorras

Santa María da Proba é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Barco de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 402 habitantes (202 homes e 200 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 414 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 435 habitantes, sendo 223 homes e 212 mulleres.

Alixo, O Barco de Valdeorras

San Martiño de Alixo é unha parroquia que se localiza no leste do concello ourensán do Barco de Valdeorras na comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 96 habitantes (50 mulleres e 46 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 126 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 67 habitantes, sendo 30 homes e 37 mulleres.

Cesures, O Barco de Valdeorras

San Clemente de Cesures é unha parroquia que se localiza no oeste do concello ourensán do Barco de Valdeorras. Segundo o IGE en 2014 tiña 47 habitantes (25 homes e 22 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación,. En 2004 tiña 81 habitantes (42 homes e 39 mulleres), 5 menos ca en 1999.

Coedo, O Barco de Valdeorras

Santo Antonio de Coedo é unha parroquia que se localiza no concello de Barco de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 57 habitantes (31 mulleres e 26 homes), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 55 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 40 habitantes, sendo 20 homes e 20 mulleres.

Comarca de Valdeorras

A comarca de Valdeorras é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras. A cal pertencen os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras. En total abrangue 969,2 km², caracterízase pola súa elevación, aquí está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m). O xentilicio é valdeorrés/valdeorresa.

Estación da Rúa-Petín

A Rúa-Petín é unha estación de Adif situada no concello da Rúa, na provincia de Ourense, moi preto do seu límite co concello de Petín. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de Ponferrada

Ponferrada é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Ponferrada, na provincia de León. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Estación do Barco de Valdeorras

O Barco de Valdeorras é unha estación de Adif situada no concello do Barco de Valdeorras, na provincia de Ourense. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Forcadela e Nogaledo, O Barco de Valdeorras

Santiago de Forcadela e Nogaledo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Barco de Valdeorras. Segundo o IGE en 2014 tiña 14 habitantes (9 homes e 5 mulleres). En 1999 tiña tamén 27 habitantes, os mesmos ca en 2004 (16 homes e 11 mulleres) segundo o padrón municipal. A única aldea habitada das tres que conforman a parroquia é Forcadela.

Millarouso e Santurxo, O Barco de Valdeorras

A Concepción de Millarouso e Santurxo é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Barco de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 102 habitantes (52 mulleres e 50 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 103 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 74 habitantes, sendo 36 homes e 38 mulleres.

O Barco, O Barco de Valdeorras

San Amaro do Barco é unha parroquia do concello do Barco de Valdeorras. Segundo o IGE en 2014 tiña 11 446 habitantes (5554 homes e 5892 mulleres), 599 máis ca en 2004 (5462 mulleres e 5385 homes) e 1677 máis ca en 1999. Ten unha única entidade de poboación, a vila do Barco, que dá nome ao concello.

O Castro de Valdeorras, O Barco de Valdeorras

Santa María do Castro de Valdeorras é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Barco de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 104 habitantes (53 homes e 51 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 120 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 87 habitantes, sendo 40 homes e 47 mulleres.

Santa Mariña do Monte, O Barco de Valdeorras

Santa Mariña do Monte é unha parroquia que se localiza no sur do concello do Barco de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 69 habitantes (41 homes e 28 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 90 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 48 habitantes, sendo 28 homes e 20 mulleres.

Santigoso, O Barco de Valdeorras

San Miguel de Santigoso é unha parroquia que se localiza no sur do concello do Barco de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 283 habitantes (144 homes e 139 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 341 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 201 habitantes, sendo 104 homes e 97 mulleres.

Soulecín, Santigoso, O Barco de Valdeorras

Soulecín é un lugar da parroquia de Santigoso no concello ourensán do Barco de Valdeorras na comarca de Valdeorras. Tiña 36 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 20 eran homes e 16 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 39 habitantes (20 homes e 19 mulleres).

Vilanova de Valdeorras, O Barco de Valdeorras

Santa María de Vilanova de Valdeorras é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Barco de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 238 habitantes (114 mulleres e 124 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, a propia Vilanova e máis Viloval. En 1999 tiña 288 habitantes, e segundo o IGE en 2004 tiña 262 habitantes (129 homes e 133 mulleres).

Viloira, O Barco de Valdeorras

San Martiño de Viloira é unha parroquia que se localiza no concello de Barco de Valdeorras. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 785 habitantes (394 homes e 391 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 748 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 826 habitantes, sendo 407 homes e 419 mulleres.

Xagoaza, O Barco de Valdeorras

San Miguel de Xagoaza é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Barco de Valdeorras. Segundo o IGE en 2011 tiña 64 habitantes (36 homes e 28 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 86 habitantes.

Éntoma, O Barco de Valdeorras

San Xoán de Éntoma é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Barco de Valdeorras. Segundo o IGE en 2014 tiña 319 habitantes (152 homes e 167 mulleres), distribuídos nunha entidade de poboación. En 1999 tiña 343 habitantes, e segundo o padrón municipal en 2004 tiña 320 habitantes (163 homes e 157 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.