O Barón

San Fiz do Barón, ou San Fiz do Varón,[1] é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado do Carballiño, na diocese de Ourense que ten as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos: o do Carballiño e o de San Amaro. Segundo o IGE no ano 2014 tiña 66 habitantes, deles 31 eran homes e 35 eran mulleres, o que supón unha diminución de 22 habitantes en relación ao ano 1999 cando tiña 88 habitantes.

Pertencen ao concello do Carballiño os lugares do Barón Pequeno, Bifós, Cabana, O Campo, Cima de Vila, Covela, Elfe, Fonteantiga, Lodeiro, Sarandín, Souto e A Veiga; e ao concello de San Amaro os de Cabana e Souto.

O Barón
Igrexa de San Fiz do Varón, comarca do Carballiño
Igrexa de San Fiz.
Diocese: Ourense
Arciprestado: O Carballiño
Área: - km²
Poboación: 66 hab. (2014)
Densidade: - hab./km²
Entidades de poboación: 14

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do Barón.
Igrexa de San Fiz do Barón

Igrexa de San Fiz.

Antigo lagar en San Fiz do Barón

Antigo lagar en San Fiz.

Notas

  1. O Barón segundo o nomenclator oficial da Xunta (1 Arquivado 13 de maio de 2006 en Wayback Machine. e 2 Arquivado 22 de novembro de 2005 en Wayback Machine.) e outras fontes coma a Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada ou a Enciclopedia Galega Universal (Entrada), e O Varón segundo fontes coma a diocese de Ourense ou o concello do Carballiño Arquivado 16 de xullo de 2011 en Wayback Machine..

Véxase tamén

Outros artigos

A Veiga, O Barón, O Carballiño

A Veiga é un lugar da parroquia do Barón no concello ourensán do Carballiño na comarca do Carballiño. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 13 habitantes (oito homes e cinco) mulleres, os mesmos ca en 2010.

Bifós, O Barón, O Carballiño

Bifós é un lugar da parroquia do Barón no concello ourensán do Carballiño na comarca do Carballiño. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña un habitante (unha muller), o mesmo número ca en 2010.

Cima de Vila, O Barón, O Carballiño

Cima de Vila é un lugar da parroquia do Barón no concello ourensán do Carballiño na comarca do Carballiño. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 4 habitantes (tres homes e unha muller), os mesmos ca en 2010.

Covela, O Barón, O Carballiño

Covela é un lugar da parroquia do Barón no concello ourensán do Carballiño na comarca do Carballiño. Segundo o INE e o IGE en 2011 estaba deshabitada, ao igual ca no ano anterior.

Fonteantiga, O Barón, O Carballiño

Fonteantiga é un lugar da parroquia do Barón no concello ourensán do Carballiño na comarca do Carballiño. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña cinco habitantes (dous homes e tres mulleres), os mesmos ca en 2010.

François Englert

O barón François Englert, nado en Bruxelas, Bélxica, o 6 de novembro de 1932, é un físico teórico belga, profesor emérito da Universidade Libre de Bruxelas (ULB), onde é membro do Servizo de Física Teórica. Tamén é Profesor Sackler por Designación Especial na Escola de Física e Astronomía da Universidade de Tel Aviv, Israel, e membro do Instituto de Estudos de Quantum na Universidadr Chapman, California. En outubro de 2013 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto a Peter Higgs, polo descubrimento do Mecanismo de Higgs.

Lugares do Carballiño

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares do Carballiño

O Barón, O Carballiño

San Fiz do Barón é unha parroquia que se localiza no sur do concello do Carballiño na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 63 habitantes (33 mulleres e 30 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica do Barón que está formada polos 12 lugares desta parroquia civil, máis os 2 lugares da parroquia homónima do concello de San Amaro.

O Barón, San Amaro

San Fiz do Barón é unha parroquia que se localiza no norte do concello de San Amaro na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 3 habitantes (2 mulleres e 1 home) establecidos nunha das dúas entidades de poboación da parroquia, estando despoboada a outra entidade.

Forma parte da parroquia eclesiástica do Barón que está formada polos 2 lugares desta parroquia civil, máis os 12 lugares da parroquia homónima do concello do Carballiño.

O Campo, O Barón, O Carballiño

O Campo é un lugar da parroquia do Barón no concello ourensán do Carballiño na comarca do Carballiño. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 16 habitantes (cinco homes e once mulleres), catro máis ca en 2010 (catro homes e oito mulleres).

O Carballiño

O Carballiño é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca do Carballiño, á que dá nome. Segundo o INE en 2018 tiña 13.939 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballiñés.

Palau del Baró de Quadras

O Palau del Baró de Quadras é un edificio modernista construído por Josep Puig i Cadafalch entre 1904 e 1906. Atópase na avenida Diagonal, 373 de Barcelona. É a sede do Instituto Ramon Llull.

O Barón de Quadras encargoulle a Puig i Cadafalch no ano 1900 construír a súa nova residencia en Barcelona despois de ter rematado o seu palau en Massanes. O edificio atópase nun terreo estreito con fachada na avenida Diagonal e na rúa de Rosselló, coas dúas fachadas completamente diferentes. É froito da reforma dunha antiga casa de alugamento con fachada na rúa Rosselló, onde aínda son visibles algúns elementos da estrutura orixinal.

Seoane de Arcos, O Carballiño

San Xoán de Seoane de Arcos é unha parroquia do concello do Carballiño, que fai fronteira entre este e o concello de Cea. Segundo o IGE en 2011 tiña 400 habitantes (192 homes e 208 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 480 habitantes.

Souto, O Barón, O Carballiño

Souto é un lugar da parroquia do Barón no concello ourensán do Carballiño na comarca do Carballiño. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña oito habitantes (tres homes e cinco mulleres), os mesmos ca en 2010.

Xogos Olímpicos

Para os Xogos Olímpicos na Antigüidade véxase este artigo.

Para os Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro 2016 véxase este artigo.Os Xogos Olímpicos (XX. OO.) (Jeux Olympiques en francés, e Olympic Games en inglés), ou Olimpíadas son o maior evento deportivo internacional multidisciplinario no que participan atletas de diversas partes do mundo. Os Xogos Olímpicos son considerados a principal competición do mundo deportivo, con máis de duascentas nacións participantes. Existen dous tipos: os Xogos Olímpicos de Verán e os Xogos Olímpicos de Inverno, que se realizan cun intervalo de dous anos, segundo a Carta Olímpica: «Os Xogos da Olimpíada celébranse durante o primeiro ano dunha Olimpíada, e os Xogos Olímpicos de Inverno durante o seu terceiro ano».Os Xogos Olímpicos modernos inspiráronse nos do século VIII a. C. organizados polos antigos gregos na cidade de Olimpia, entre os anos 776 a. C. e o 393 d. C. No século XIX, xurdiu a idea de realizar uns eventos similares aos organizados na antigüidade, os que se concretarían principalmente grazas ás xestións do nobre francés Pierre Frèdy, barón de Coubertin. O barón de Coubertin fundou o Comité Olímpico Internacional (COI) en 1894. Desde entón, o COI converteuse no órgano coordinador do Movemento Olímpico, coa Carta Olímpica que define a súa estrutura e autoridade.

A primeira edición dos chamados Xogos Olímpicos da era moderna levaronse a cabo en Atenas, capital de Grecia, a partir do 6 de abril de 1896. Desde aquela oportunidade, foron realizados cada catro anos en diversas cidades do mundo, sendo as únicas excepcións as edicións de 1916, 1940 e 1944, debido ao estalido da primeira e segunda guerra mundial.

A evolución do movemento olímpico durante os séculos XX e XXI deu lugar a varias modificacións nos Xogos Olímpicos. Algúns destes axustes inclúen a creación dos xogos de inverno para deportes invernais, os Xogos Paralímpicos para atletas con algún tipo de discapacidade e os Xogos Olímpicos da Mocidade para atletas adolescentes. Os Xogos Olímpicos de inverno realizáronse por primeira vez en 1924, na localidade francesa de Chamonix. Orixinalmente realizados como parte do evento de verán, o COI considerounos como un evento separado retroactivamente, e desde esa data comezaron a realizarse no mesmo ano que os xogos orixinais. Posteriormente, co fin de potenciar o desenvolvemento dos eventos invernais, o COI decidiu desfasar a realización dos Xogos invernais a partir de Lillehammer 1994. Desde esa data, os Xogos Olímpicos de Inverno realízanse nos anos pares entre dous Xogos de Verán. Os primeiros Xogos Olímpicos da Mocidade de Verán celebráronse en Singapur en 2010, mentres que os Xogos Olímpicos da Mocidade de Inverno celebráronse en Innsbruck en 2012.

O COI tivo que adaptarse a unha variedade de avances económicos, políticos e tecnolóxicos. Como resultado, os Xogos Olímpicos afastáronse do amateurismo puro, segundo o previsto por Coubertin, para permitir a participación dos atletas profesionais. A crecente importancia dos medios de comunicación de masas iniciou o tema de patrocinio das empresas e a comercialización dos Xogos. Grandes boicots realizáronse durante a Guerra fría nos Xogos de 1980 e 1984.

O Movemento Olímpico consta de Federacións Internacionais de cada deporte, Comités Olímpicos Nacionais e Comités Organizadores de cada edición. O COI é responsable da elección da cidade sede. Segundo a Carta Olímpica, a cidade anfitrioa é responsable da organización e o financiamiento dos Xogos. O programa olímpico, composto polos deportes disputados nos Xogos, tamén está determinado polo COI. Existen diversos símbolos e cerimonias olímpicas, como a bandeira e a facho olímpico, así como as cerimonias de apertura e clausura. Preto de 13 000 atletas compiten nos Xogos Olímpicos de Verán e Inverno en 33 deportes diferentes e en aproximadamente 400 eventos. Os gañadores do primeiro, segundo e terceiro lugar en cada evento reciben medallas olímpicas: ouro, prata e bronce, respectivamente.

Os Xogos Olímpicos constitúen unha oportunidade para o país e a cidade sede de darse a coñecer ao mundo.[Cómpre referencia]Na actualidade case todos os países están representados nos Xogos Olímpicos. Isto provocou diversos problemas: dopaxe, subornos e actos de terrorismo. Cada dous anos, os Xogos Olímpicos e a súa exposición aos medios, proporcionan aos atletas descoñecidos a oportunidade de alcanzar a fama nacional e internacional, ao tempo que lles fai estar suxeitos a múltiples presións, o cal fai que algúns deles utilizen substancias dopantes para mellorar os seus logros, moitas veces poñendo en perigo a súa saúde. O Comité Olímpico Internacional estableceu dende 1968 os chamados controis anti-dopaxe que poden ser realizados en calquera momento a petición do COI e que poden desencadear a descualificación inmendiata do atleta que dea positivo nese control.

Xogos Olímpicos de 1896

Os I Xogos Olímpicos da era moderna foron realizados en Atenas (Grecia), berce dos xogos da antigüidade, entre os días 6 e 15 de abril de 1896, coa participación de 241 atletas, todos homes, representando catorce países, grazas ao empeño visionario do francés Pierre de Frédy, o Barón de Coubertin, idealizador do renacemento dos xogos existentes na Grecia antiga, mentor do movemento olímpico e fundador do Comité Olímpico Internacional.

Sen ningunha experiencia na organización de semellante evento, os organizadores dos primeiros xogos case arruínan a propia competición, por mor da diversidade de datas, pois os gregos utilizaban entón o antigo calendario xuliano paralelo ó convencional usado pola civilización occidental, facendo que existise unha diferenza de doce días entre ambos, o que atrapallou a inauguración dos Xogos e a chegada dos atletas dos diversos puntos do planeta.

A cerimonia de inauguración acabou acontecendo nun domingo de Pascua, co discurso de apertura proferido diante de cen mil espectadores polo propio Xurxo I, de Grecia, após a inauguración dunha estatua –que existe aínda hoxe– na entrada do estadio Panathinaikos, principal palco das competicións e unha marabilla arquitectónica toda de mármore, en homenaxe ó rico financeiro ateniense Georgius Averoff, responsable da restauración e modernización do estadio e financiador da organización do evento, o que impediu a súa cancelación antes mesmo de iniciado, debido ás penosas condicións do erario real grego.

Os países representados polos seus atletas en Atenas e que se converteron nos pioneiros na participación dos Xogos Olímpicos foron: Alemaña (dezanove atletas), Australia (1), Austria (3), Chile (1), Dinamarca (3), Exipto (1), Estados Unidos(14), Francia (13), Hungría (7), Italia (1), Reino Unido (10), Suecia (1), Suíza (3) e a anfitrioa Grecia con 168 atletas. (*)

As nove modalidades deportivas disputadas foron: atletismo, ciclismo, esgrima, ximnasia, halterofilia, loita, natación, tenis e tiro.

Obs.: Dous dos atletas que son actualmente contados como gregos, representaban á entón cidade autónoma de Esmirna. Alén diso, non se sabe a identidade de 68 dos atletas gregos, debido ó feito de seren moitos cidadáns que participaron en eventos sen haber un cadastro adecuado. Alén destes estados, Bélxica e Rusia tamén estiveron representadas nas cerimonias dos Xogos de 1896 mais os seus atletas nunca chegaron a competir.

Xogos Olímpicos de 1900

Os II Xogos Olímpicos da Era Moderna realizáronse en 1900, en París, Francia, terra natal do seu creador, o Barón Pierre de Coubertin. Infelizmente, por cuestións políticas, os Xogos foron integrados na Exposición Universal de París, unha grande feira mundial de comercio realizada por Francia na época, e por ter sido diluídos ó longo de máis de cinco meses, entre o 14 de maio e o 28 de outubro, non tiveron ningunha relevancia, sendo unanimemente considerados un fracaso.

Oficialmente, en Francia, as xogos foron bautizados como Concurso Internacional de Exercicios Físicos e de Deportes, e os participantes chegaron a imaxinar todo menos que participaban nunha celebración deportiva, tantas eran as actividades paralelas nas artes e no comercio ofrecidas pola feira. Alén diso, París non posuía ningún complexo deportivo olímpico e as probas de atletismo disputáronse no medio dos bosques e árbores do Bois de Boulogne e a natación en plena corrente do río Sena.

O Comité Olímpico Internacional tivo pouca influencia na condución destes Xogos, competendo á organización da Exposición Universal a organización dos eventos. Como a organización consideraba o deporte unha actividade secundaria, as diferentes modalidades foron espalladas polos diversos locais da Exposición e moitas veces con clasificacións canto menos curiosas. Particularmente, a organización clasificou a ximnasia na sección de "deporte escolar para nenos", esgrima na sección de "coitelería" e remo na sección de "socorrismo".

Adicionalmente, ó longo da Exposición Universal e concorrentemente coas modalidades olímpicas realizáronse eventos en moitos outros deportes, tales como motonáutica, carreiras en globo, natación subacuática, natación con obstáculos e tiro ós pombos, que non foron recoñecidos como modalidades olímpicas, polo que eses eventos non se consideran parte dos Xogos Olímpicos de 1900.

Por mor da grande confusión que foi a organización dos Xogos da II Olimpíada, o número de participantes (e mesmo de modalidades) varía largamente de acordo con diferentes fontes. De acordo co Comité Olímpico Internacional participaron 997 atletas, representando 24 estados e competindo en 20 modalidades.

En fútbol, soga-tira, polo, remo e tenis, competiron equipos mixtas, compostos por atletas de diferentes nacións.

Xogos Olímpicos de 1968

Os Xogos Olímpicos de 1968 foron realizados en Cidade de México entre o 12 e o 27 de outubro de 1968. Por primeira vez os Xogos celebráronse en América Latina e a altitude de 2.300m por riba do nivel do mar da capital mexicana xerou controversias sobre os danos que o aire menos denso podería causar no desempeño dos atletas. Realmente, a altitude prexudicou o desempeño dos atletas nas probas de resistencia e de longa distancia, como o ciclismo, a natación e o maratón, mais en compensación axudou a provocar un torrente de marcas mundiais e olímpicas nos eventos máis curtos e de esforzo mais rápido como as carreiras de menos de 800m, halterofilia, lanzamento de xavelina e outros.

O ano de 1968 foi un ano bastante confuso e violento, coa guerra de Vietnam, a Revolución Cultural na China, a invasión soviética de Checoslovaquia acabando coa chamada Primavera de Praga , revoltas estudantís, marchas polos dereitos civís e enfrontamentos raciais por todo o planeta. México tamén deu a súa contribución ó clima que marcaba esta época, cando tropas federais do goberno reprimiron sanguinariamente a centenares de estudantes durante manifestacións na Praza das Tres Culturas, dez días antes da cerimonia de apertura dos Xogos, no que ficou coñecido como o Masacre de Tlatelolco, manchando irremediablemente o espírito olímpico pregado polo COI e polo seu fundador, o Barón de Coubertin, provocando case o cancelamento do evento.

Por primeira vez o número de estados participantes pasaba de cen, nunha demostración de prestixio, interese e popularidade inegables conquistados polos Xogos Olímpicos, que atraeron o comparecemento de 112 países, nun total de 5.516 atletas, sendo 781 mulleres.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.