OU-636

A OU-636 é unha estrada convencional, sen beiravía, pertencente á Rede Primaria Complementaria de Estradas da Xunta de Galicia. Une as localidades da Pobra de Trives e Freixido de Abaixo (Petín).

OU-636
TipoloxíaEstrada convencional C-40
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude26 km
Localización
InicioA Pobra de Trives  OU-536 
FinFreixido de Abaixo  OU-533 

Descrición

É unha estrada cun trazado moi sinuoso que segue o antigo camiño romano XVIII do itinerario de Antonino, a Vía Nova (Bracara Augusta-Asturica Augusta). A súa velocidade de percorrido recomendada é de 40 km/h.

É unha estrada desde a que podemos observar grandes paisaxes, coma os Codos de Larouco e o intricado val do Bibei coa súa falla homónima e a formación xeolóxica do ollo de sapo. A saída do concello da Pobra de Trives realízase a través da Ponte do Bibei, unha das poucas pontes romanas abertas á circulación en España. É unha ponte de arco de tres luces, realizado con cantaría no ano 71, na época do emperador hispalense Traxano.

Ao longo da estrada podemos ver métodos de protección xa escasos noutras estradas desta categoría como antepeitos de cantaría unidos por morteiro. Moitos muros de contención e obras de fábrica da estrada están feitos de cantaría desde a década de 1870, cando se construíu a estrada de primeira orde Ponferrada-Ourense, e existen numerosos pasos estreitos con curvas con radios menores cós estándares de construción actual de estradas.

É a única vía de comunicación da comarca de Terra de Trives co principal núcleo administrativo, O Barco de Valdeorras e co resto de España. Ata 1987 discorría a N-120 (Logroño-Vigo) por este retorto trazado. A posíbel construción da autovía do Acceso Centro a Galicia, a A-76 evitaría a circulación por ela.

Traballos de mellora

En 130 anos de vía aberta á circulación só se procedeu na década de 1960 a eliminar unhas curvas na baixada desde Trives ata a depresión do río Bibei, á estabilización de noiros e á ocupación de terreos lindantes para variar a traza lixeiramente; e á ampliación da estrada para permitir a dobre circulación instantánea (agás nos pasos de abas de montaña e na Ponte Bibei). Desde que a estrada depende da Xunta de Galicia só se procedeu nunha ocasión ao seu asfaltado integral desde Larouco ata Trives e desde Larouco a Freixido. En 2006 foi aplicada unha nova capa de rodaxe formada por coada bituminosa (slurry) nos seus primeiros 5 km. A sinalización vertical é a mínima necesaria, e non ten sinalización quilométrica de lugares na maior parte do seu trazado.

A Consellería de Política Territorial elaborou un proxecto de acondicionamento xeométrico en planta e en alzado da estrada na década de 1980; pero nunca foi levado a cabo argüíndo escasa intensidade media diaria de vehículos (IMD) na estrada.

Actualidade

O Ministerio de Fomento xa anunciou que a autovía A-76 non discorrería polo contorno da Pobra de Trives. É por iso que a Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia anunciou a construción dun enlace entre a estrada OU-536 (Ourense - A Pobra de Trives) e a estrada N-120 (Logroño - Vigo) no contorno do enclave de Montefurado (Lugo). Este anuncio apareceu publicado no DOG en abril do ano 2008, uns meses antes de que se publicase o Estudo Informativo da A-76, a cargo da Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia.

Véxase tamén

Ligazóns externas

AC-100

A AC-100 é unha estrada da rede secundaria, de 7 km de distancia. Une as localidades coruñesas do Porto do Barqueiro e O Porto de Bares, ambas as dúas no concello de Mañón.

AC-400

A AC-400 é unha estrada da rede secundaria de Galicia, que une as localidades coruñesas de Sigrás (Cambre) e Muros, ao longo de 41 quilómetros.

Atravesa os concellos de Cambre, Arteixo, A Laracha, Culleredo, Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos e Muros.

Un dos seus atractivos é a panorámica sobre a ría de Muros e Noia que se pode ver no lugar do Pino de Val (Mazaricos).

AC-542

A AC-542 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Betanzos e O Mesón do Vento (Ardemil, Ordes), logo de 22 quilómetros.

AC-550

A AC-550 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Cee e Ribeira, logo de 107 quilómetros. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.

AC-552

A AC-552 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas da Coruña e Cee, logo de 91 quilómetros.

AG-41

A AG-41 é unha autovía autonómica galega que percorre a zona centro-sur do Salnés. Pasa polos concellos de Barro, Meis, Ribadumia, Meaño e Sanxenxo.

Ten saídas en Curro (á AP-9 e á PO-531), O Mosteiro (Meis), San Martiño de Meis, Ribadumia (cara a Cambados, Ribadumia e Barrantes), Xil (Meaño-Dena), o Parque Empresarial de Nantes e Sanxenxo. Tras esta saída, a autovía convértese no corredor galego VG-4.1 que chega á praia da Lanzada.

A Caseta, Freixido, Larouco

A Caseta é un lugar da parroquia de Freixido, no concello ourensán de Larouco. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 18 habitantes (sete homes e once mulleres), un menos ca en 2008 (dez homes e nove mulleres) e 2007.

Debe o seu topónimo á presenza dunha caseta de peóns camiñeiros. Na aldea únense as estradas OU-637 (que conecta coa OU-533, antiga C-533) e OU-636 (antiga N-120).

Na aldea está a igrexa parroquial do Sagrado Corazón de Xesús.

LU-546

A LU-652 é unha estrada da rede primaria básica galega que une Nadela (N-VI), no concello de Lugo, e Monforte de Lemos (LU-664).

LU-642

A LU-642 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-546 no Oural (Sarria) con Ferrería do Incio.

LU-643

A LU-643 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-652 en Bóveda coa LU-644 en Laiosa (O Incio).

LU-652

A LU-652 é unha estrada da rede primaria complementaria galega que une Bóveda (LU-546) e o barrio da Estación da Pobra do Brollón (LU-933).

LU-903

A LU-903 (antiga LU-601) é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, con Castro Caldelas, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-903.

LU-933

A LU-933 é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, coa Rúa, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-933.

É un tramo da antiga estrada C-533 A Gudiña-Lalín. Discorre en paralelo á N-120.

N-536

A N-536 é unha estrada nacional que vai desde Ponferrada até Arcos (Vilamartín de Valdeorras). A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

OU-536

A OU-536 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Ata xaneiro de 2003 era coñecida como C-536, e unía as localidades de Ourense e A Rúa pola Pobra de Trives.

A Xunta de Galicia iniciou unha redenominación das súas estradas en 2002 seguindo a política de racionalización da nomenclatura dos viarios iniciada polo Ministerio de Fomento. Esta nomenclatura nas estradas nacionais non fora alterada desde 1941, e nas autovías e autoestradas desde 1967.

O seu inicio está no campus universitario de Ourense e o cabo nas piscinas municipais da Pobra de Trives.

OU-540

A estrada OU-540 é unha vía que une a cidade de Ourense con Portugal. Esta estrada é a principal vía de comunicación coa cidade das Burgas para os 29.975 habitantes (2009) que residen nas comarcas da Terra de Celanova e a Baixa Limia, onde se atopan vilas como Celanova, Bande ou Lobios.

Orixinalmente formou parte da estrada nacional N-540.

PO-255

A PO-255 é unha estrada autonómica que une as poboacións de Ponte Caldelas e Petán (A Cañiza). É un tramo da antiga C-531 que unía Vilagarcía de Arousa con Xinzo de Limia.

PO-307

A PO-307 é unha estrada convencional que vai da parroquia de Deiro, no concello de Vilanova de Arousa, ata a Illa de Arousa, sendo a ponte que forma parte desta estrada a única que une a illa co continente. A Xunta de Galicia é a administración propietaria da estrada, formando parte da súa rede primaria complementaria.

Ponte do Bibei

A ponte do Bibei é unha ponte romana en arco de medio punto pola que a estrada OU-636 atravesa o río Bibei. Está situada entre a parroquia de Mendoia (Nosa Sra. da Concepción), concello da Pobra de Trives e o concello de Quiroga. Xunto coa do Freixo, é a ponte romana mellor conservada de Galiza.

Vías de
alta capacidade
Estradas
convencionais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.