OU-536

A OU-536 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Ata xaneiro de 2003 era coñecida como C-536, e unía as localidades de Ourense e A Rúa pola Pobra de Trives.

A Xunta de Galicia iniciou unha redenominación das súas estradas en 2002 seguindo a política de racionalización da nomenclatura dos viarios iniciada polo Ministerio de Fomento. Esta nomenclatura nas estradas nacionais non fora alterada desde 1941, e nas autovías e autoestradas desde 1967.

O seu inicio está no campus universitario de Ourense e o cabo nas piscinas municipais da Pobra de Trives.

OU-536
Estrada Castro Caldelas
Tipoloxíaestrada convencional C-80
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude71 km
Localización
InicioOurense  N-120 
FinA Pobra de Trives  OU-636 

Historia

A OU-536 foi trazada na década de 1850 (Real Orde de 12 de decembro de 1852 que ordena a súa construción), para o que se realizaron numerosas pontes e pasos superiores de arco en cantaría (moi comúns na época), e aproveitando antigas pontes romanas da Vía Nova, como a ponte do Bibei (A Pobra de Trives) e a ponte da Cigarrosa (Petín). Nun principio, a infraestrutura chamábase "estrada de Segunda Orde Ponferrada-Ourense" (como de primeira orde aparece en diversos planos da Xefatura Provincial de Estradas de Ourense, sendo admitida nesta última categoría), e posteriormente, a partir de 1941, foi N-120 (Logroño-Vigo, treito Ponferrada-Ourense). Era o acceso centro a Galicia oficialmente ata a década de 1970 (pois o Plan de Accesos a Galicia de 1970 decidira a construción dun novo acceso central que non contemplaba o trazado entre A Rúa e Ourense pola Pobra de Trives), e vía de comunicación principal entre A Rúa e Ourense ata o ano 1987, cando mudou a nomenclatura, deixando de se-la N-120.

En 1987 foi integrada na Rede de Estradas Autonómicas de Galicia, coa nova denominación de C-536, e pasou a ser a ruta da actual OU-536 unha ruta secundaria e deficitaria con respecto á nova N-120, que discorre a partir de entón polas localidades do sur lugués de Monforte de Lemos e Quiroga.

Obras de acondicionamento

En 1965 e en 1966 foron estabilizados algúns terrapléns e desprazada a traza do viario debido a afundimento de muros antigos nos concellos de Castro Caldelas e A Pobra de Trives (PK 82, zona coñecida como 'curva do espello' sentido Trives); así como ampliada a calzada en numerosos puntos (significativa é a actuación no treito Trives-Larouco). Tamén se procedeu ao pintado de marcas viarias. A OU-536 (N-120) non foi contemplada polo Plan REDIA de 1967, e non se produciu un acondicionamento do trazado en alzado e en planta ata mediada a década dos oitenta, no treito que discorre desde Castro Caldelas ata Esgos como N-120 aínda (daquela estábase construíndo a actual N-120 entre Toral de los Vados e O Barco, e o treito entre A Rúa e Monforte de Lemos estaba operativo como C-533).

No ano 1994 a OU-536 ampliábase a 3 carrís (con inclusión de carril bici, posteriormente suprimido) e acondicionábase xeometricamente ata unha velocidade de proxecto de 80 km/h no treito que discorre desde Ourense ata A Derrasa. En 1996 finalizaban as obras de acondicionamento xeométrico do treito Castro Caldelas-Alto de Cerdeira (realizadas por OTECA S.A.); e en 1997 finalizaban as obras do acondicionamento xeométrico do treito Alto de Cerdeira-A Pobra de Trives, executadas por Arias Hermanos S.A.

É unha estrada que ultimamente tivo melloras de seguridade viaria e sinalización vertical ata a vila de Xunqueira de Espadanedo desde Ourense. O seu trazado é aínda moi sinuoso en numerosos treitos, como o que discorre desde Xunqueira de Espadanedo ata As Casetas do Rodicio (Maceda).

AC-400

A AC-400 é unha estrada da rede secundaria de Galicia, que une as localidades coruñesas de Sigrás (Cambre) e Muros, ao longo de 41 quilómetros.

Atravesa os concellos de Cambre, Arteixo, A Laracha, Culleredo, Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos e Muros.

Un dos seus atractivos é a panorámica sobre a ría de Muros e Noia que se pode ver no lugar do Pino de Val (Mazaricos).

AC-552

A AC-552 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas da Coruña e Cee, logo de 91 quilómetros.

A Caseta, As Chás, Maceda

A Caseta é un lugar da parroquia das Chás no concello ourensán de Maceda na comarca de Allariz - Maceda. Segundo o INE e o IGE en 2012 tiña doce habitantes (seis homes e seis mulleres).

Debe o seu topónimo á presenza dunha caseta de peóns camiñeiros. A aldea está atravesada pola estrada OU-536 (antiga N-120), no camiño entre Ourense e Ponferrada.

A Caseta, Seoane Vello, Montederramo

A Caseta é un lugar da parroquia de Seoane Vello, no concello ourensán de Montederramo na comarca da Terra de Caldelas. Segundo o IGE, en 2015 tiña nove habitantes (tres homes e seis mulleres).

Debe o seu topónimo á presenza dunha caseta de peóns camiñeiros. A aldea está atravesada pola estrada OU-536 (antiga N-120), no camiño entre Ourense e Ponferrada.

A Caseta, Xunqueira de Espadanedo, Xunqueira de Espadanedo

A Caseta é un lugar da parroquia de Xunqueira de Espadanedo no concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo na comarca de Allariz - Maceda. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2010 tiña 24 habitantes (12 homes e 12 mulleres).

Debe o seu topónimo á presenza dunha caseta de peóns camiñeiros. A aldea está atravesada pola estrada OU-536 (antiga N-120), no camiño entre Ourense e Ponferrada.

Carguizoi, Tioira, Maceda

Carguizoi é unha das 7 entidades de poboación da parroquia de Tioira, pertencente ao concello de Maceda. Tiña 36 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 17 eran homes e 19 mulleres.

Segundo o INE a finais de 2010 tiña 40 habitantes (19 homes e 21 mulleres), o 1,2 % do total da poboación do concello. O 45 % dos seus habitantes ten 60 anos ou máis.

Encóntrase a 30 km de Ourense, coa que se comunica pola estrada OU-536, e a 5 de Maceda pola OU-0107.

O 16 de agosto celébrase a festa de San Roque, o patrón da parroquia.

Esgos

Esgos é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal, en 2017 tiña 1.154 habitantes (1.318 en 2003).

LU-546

A LU-652 é unha estrada da rede primaria básica galega que une Nadela (N-VI), no concello de Lugo, e Monforte de Lemos (LU-664).

LU-903

A LU-903 (antiga LU-601) é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, con Castro Caldelas, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-903.

LU-933

A LU-933 é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, coa Rúa, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-933.

É un tramo da antiga estrada C-533 A Gudiña-Lalín. Discorre en paralelo á N-120.

N-120

A N-120 é unha estrada nacional española que une as cidades de Logroño e Vigo, acabando no porto desta última. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Ten un percorrido de 662 km, e pasa polas comunidades autónomas da Rioxa, Castela e León e Galicia, unindo grandes cidades e vilas como Burgos, Sahagún, León, Astorga e Ponferrada fóra de Galicia; e como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Ourense, Ribadavia, A Cañiza, Ponteareas e O Porriño, xa en Galicia.

Na actualidade hai varias autovías ou autoestradas que van paralelas, con tramos en construción. Entre Logroño e Burgos (ligazón coa BU-30), está en construción a A-12, Autovía do Camiño de Santiago. Burgos circunválase mediante a BU-30. Entre a BU-30 e Onzonilla o corredor correspóndese coa Autovía Autonómica do Camiño de Santiago A-231, en servizo. Entre Onzonilla e León o corredor correspóndese coa Autovía da Ruta da Prata A-66, en servizo. Entre León e Astorga o corredor correspóndese coa autoestrada AP-71 de peaxe, en servizo. Entre Astorga e Vilamartín da Abadía o corredor correspóndese coa Autovía do Noroeste A-6, en servizo.

Entre Vilamartín da Abadía e Ourense o corredor correspóndese coa Autovía Ponferrada-Ourense A-76, en proxecto. Até a década de 1980 o tramo entre A Rúa e Ourense discorría ao sur do río Sil pola actual OU-536 , atravesando a ponte Bibei e Castro Caldelas. Desde entón vai por Quiroga, Monforte de Lemos e Os Peares. Entre A Rúa e Monforte de Lemos, pasando por Quiroga e A Estación (A Pobra de Brollón), vai en paralelo á LU-933, tramo da antiga C-533 A Gudiña-Lalín. Entre Monforte de Lemos e Os Peares, pasando polo Castro de Ferreira, existe o tramo N-120a, que se corresponde coa vella estrada C-546 Ourense-Lugo.

Entre Ourense e Vigo correspóndese coa vella estrada Villacastín-Vigo. Entre Ourense e O Porriño vai en paralelo á Autovía das Rías Baixas A-52. Entre O Porriño e a ligazón coa AP-9 (Autoestrada do Atlántico) na Portela de Puxeiros, a estrada correspóndese coa Autovía do Atlántico A-55, que a solapa en diversos tramos. Tamén se solapan desde A Portela de Puxeiros até a entrada en Vigo pola avenida de Madrid. Entre a avenida de Madrid e o porto de Vigo a estrada correspóndese coa circunvalación VG-20.

N-536

A N-536 é unha estrada nacional que vai desde Ponferrada até Arcos (Vilamartín de Valdeorras). A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Nogueira de Ramuín

Nogueira de Ramuín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, en 2017 tiña 2.033 habitantes (2.565 en 2003).

OU-533

A OU-533 é unha estrada comarcal galega, que discorre entre as vilas da Gudiña e A Rúa, pasando por Viana do Bolo, na provincia de Ourense. É a estrada principal que vertebra a Comarca de Viana. É un tramo da antiga estrada C-533, que transcorría desde A Gudiña até Lalín, na provincia de Pontevedra.

OU-636

A OU-636 é unha estrada convencional, sen beiravía, pertencente á Rede Primaria Complementaria de Estradas da Xunta de Galicia. Une as localidades da Pobra de Trives e Freixido de Abaixo (Petín).

O Alto do Rodicio, As Chás, Maceda

O Alto do Rodicio é un lugar da parroquia das Chás no concello ourensán de Maceda na comarca de Allariz - Maceda. Segundo o INE e o IGE en 2012 tiña catorce habitantes (oito homes e seis mulleres).

A aldea está atravesada pola estrada OU-536, no camiño entre Ourense e Ponferrada.

PO-255

A PO-255 é unha estrada autonómica que une as poboacións de Ponte Caldelas e Petán (A Cañiza). É un tramo da antiga C-531 que unía Vilagarcía de Arousa con Xinzo de Limia.

San Xoán de Río

San Xoán de Río é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Terra de Trives. Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 549 habitantes (913 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é riés.

Xunqueira de Espadanedo

Xunqueira de Espadanedo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda. Segundo o INE en 2017 tiña 756 habitantes (1.001 no 2006, 1.017 no 2005, 1.033 no 2004, 1.050 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «xunqueirao».

Vías de
alta capacidade
Estradas
convencionais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.