OU-533

A OU-533 é unha estrada comarcal galega, que discorre entre as vilas da Gudiña e A Rúa, pasando por Viana do Bolo, na provincia de Ourense. É a estrada principal que vertebra a Comarca de Viana. É un tramo da antiga estrada C-533, que transcorría desde A Gudiña até Lalín, na provincia de Pontevedra.

OU-533
Mourisca, Viana do Bolo
Entrada a Mourisca (Viana do Bolo) desde o sur
Tipoloxíaestrada convencional
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude50 km
Localización
InicioA Gudiña  N-525 
FinA Rúa  N-120 

Percorrido

A vía sae desde a vila da Gudiña, nun cruzamento coa estrada N-525 a carón da vía da Prata do camiño de Santiago. Aos poucos metros pasa por baixo da liña Zamora - A Coruña, e uns cen metros despois por baixo da Liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia (tramo en construción). Aos 10 quilómetros, na parroquia de Pradocabalos, cruza o río da Canela a carón do Mesón da Ponte. Despois segue a carón do río Camba, na cola do encoro do Vao, que modificou o traxecto da estrada desde O Cambón (onde había unha antiga ponte cara a Bembibre) por San Cibrao até a vila de Viana do Bolo, logo de cruzar o río Bibei por un viaduto construído cando se fixo o encoro.

Despois de cruzar Viana do Bolo atravesa Mourisca e San Mamede. No alto do Covelo (1052 m) entra no concello do Bolo, deixando a man dereita o cruzamento cara á Veiga. Despois de pasar por Cambela, hai un cruzamento á esquerda cara ás Ermidas, e segue por Santa Cruz. En Lentellais sufriu obras de mellora para suprimir numerosas curvas. Ao cruzar o río Xares antes a estrada baixaba até Portomourisco e A Portela de Portomourisco, pero construíuse un viaduto augas abaixo que evita as dúas aldeas.

En Freixido enlaza coa OU-536 que leva cara a Larouco, antiga estrada Ourense-Ponferrada, no seu momento N-120 e despois C-536. Neste caso foi construída unha variante cara ao leste para evitar o paso polas aldeas da parroquia. Antes de chegar á vila de Petín cruza o río Sil a carón da ponte da Cigarrosa, pola que discorría antigamente, e remata na vila da Rúa de Valdeorras.

Galería de imaxes

Fito 16 C-533

Vista da estrada ao seu paso por Viana do Bolo, cun fito da vella C-533.

Ponte do regueiro da Canela

Ponte do regueiro da Canela, en Pradocabalos, a carón do Mesón da Ponte.

Viaduto Naia

Viaduto sobre o regueiro do Naia.

AC-400

A AC-400 é unha estrada da rede secundaria de Galicia, que une as localidades coruñesas de Sigrás (Cambre) e Muros, ao longo de 41 quilómetros.

Atravesa os concellos de Cambre, Arteixo, A Laracha, Culleredo, Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos e Muros.

Un dos seus atractivos é a panorámica sobre a ría de Muros e Noia que se pode ver no lugar do Pino de Val (Mazaricos).

AC-542

A AC-542 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Betanzos e O Mesón do Vento (Ardemil, Ordes), logo de 22 quilómetros.

AC-550

A AC-550 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Cee e Ribeira, logo de 107 quilómetros. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.

AC-552

A AC-552 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas da Coruña e Cee, logo de 91 quilómetros.

A Caseta, Freixido, Larouco

A Caseta é un lugar da parroquia de Freixido, no concello ourensán de Larouco. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 18 habitantes (sete homes e once mulleres), un menos ca en 2008 (dez homes e nove mulleres) e 2007.

Debe o seu topónimo á presenza dunha caseta de peóns camiñeiros. Na aldea únense as estradas OU-637 (que conecta coa OU-533, antiga C-533) e OU-636 (antiga N-120).

Na aldea está a igrexa parroquial do Sagrado Corazón de Xesús.

A Gudiña

A Gudiña é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o IGE en 2018 tiña 1308 habitantes (1625 en 2004, 1651 en 2003).

Comarca de Viana

A comarca de Viana é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Viana do Bolo. A cal pertencen os concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada OU-533, que vai de Freixido (Petín) á Gudiña.

LU-546

A LU-652 é unha estrada da rede primaria básica galega que une Nadela (N-VI), no concello de Lugo, e Monforte de Lemos (LU-664).

LU-652

A LU-652 é unha estrada da rede primaria complementaria galega que une Bóveda (LU-546) e o barrio da Estación da Pobra do Brollón (LU-933).

LU-903

A LU-903 (antiga LU-601) é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, con Castro Caldelas, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-903.

LU-933

A LU-933 é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, coa Rúa, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-933.

É un tramo da antiga estrada C-533 A Gudiña-Lalín. Discorre en paralelo á N-120.

Mourisca, Viana do Bolo

Santa María de Mourisca é unha parroquia do concello de Viana do Bolo na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 87 habitantes (39 homes e 48 mulleres).

Só ten unha entidade de poboación, atravesada polas estrada OU-533, antiga C-533.

N-536

A N-536 é unha estrada nacional que vai desde Ponferrada até Arcos (Vilamartín de Valdeorras). A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

OU-540

A estrada OU-540 é unha vía que une a cidade de Ourense con Portugal. Esta estrada é a principal vía de comunicación coa cidade das Burgas para os 29.975 habitantes (2009) que residen nas comarcas da Terra de Celanova e a Baixa Limia, onde se atopan vilas como Celanova, Bande ou Lobios.

Orixinalmente formou parte da estrada nacional N-540.

OU-636

A OU-636 é unha estrada convencional, sen beiravía, pertencente á Rede Primaria Complementaria de Estradas da Xunta de Galicia. Une as localidades da Pobra de Trives e Freixido de Abaixo (Petín).

PO-255

A PO-255 é unha estrada autonómica que une as poboacións de Ponte Caldelas e Petán (A Cañiza). É un tramo da antiga C-531 que unía Vilagarcía de Arousa con Xinzo de Limia.

Petín

Petín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. A súa poboación en 2014 era de 961 persoas, segundo o padrón municipal de habitantes (1.099 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «petinés».

Pradocabalos, Viana do Bolo

Santa María de Pradocabalos é unha parroquia do concello de Viana do Bolo na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 38 habitantes (21 homes e 17 mulleres).

San Cibrao, Viana do Bolo

San Cibrao é unha parroquia do concello ourensán de Viana do Bolo. Segundo o IGE en 2009 tiña 77 habitantes (42 homes e 35 mulleres), 20 menos ca en 1999. Esta situada aproximadamente a dous quilómetros da capital do concello, a carón da estrada OU-533, á beira do río Camba na altura do encoro do Vao.

Vías de
alta capacidade
Estradas
convencionais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.