OU-320

A OU-320 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Forma parte do antigo camiño de ferradura entre Ourense e Castela, posteriormente estrada Villacastín-Vigo e N-525. Comeza en Piñeira de Arcos (Sandiás) e remata na Ponte Noalla (Noalla, San Cibrao das Viñas). Ten unha distancia de 24,8 km.

OU-320
Tipoloxíaestrada convencional C-80
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude24,8 km
Localización
InicioPiñeira de Arcos (Sandiás)
 N-525 
FinA Ponte Noalla (Noalla, San Cibrao das Viñas)
 OU-105 

Percorrido

Desde o seu comezo ascende cara ao alto de Allariz. Pasa por Guimarás, Nanín, Allariz, Outeiro de Orraca, Gundiás, Taboadela, O Mesón de Calvos (a carón da estación de Taboadela) e chega á Ponte Noalla. A prolongación cara a Ourense é a OU-105.

No seu percorrido conserva varios fitos quilométricos da N-525.

Varios dos seus tramos son de titularidade municipal, nos núcleos urbanos das vilas de Allariz e Taboadela[1]

Notas

  1. Decreto 160/2015, do 22 de outubro, polo que se aproba o cambio de titularidade dun treito da estrada OU-320 Piñeira de Arcos (N-525) - A Ponte Noalla (OU-105) a prol do Concello de Taboadela, no Diario Oficial de Galicia nº 214, martes 10 de novembro de 2015.
AC-400

A AC-400 é unha estrada da rede secundaria de Galicia, que une as localidades coruñesas de Sigrás (Cambre) e Muros, ao longo de 41 quilómetros.

Atravesa os concellos de Cambre, Arteixo, A Laracha, Culleredo, Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos e Muros.

Un dos seus atractivos é a panorámica sobre a ría de Muros e Noia que se pode ver no lugar do Pino de Val (Mazaricos).

AC-542

A AC-542 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Betanzos e O Mesón do Vento (Ardemil, Ordes), logo de 22 quilómetros.

AC-550

A AC-550 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Cee e Ribeira, logo de 107 quilómetros. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.

AC-552

A AC-552 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas da Coruña e Cee, logo de 91 quilómetros.

AG-41

A AG-41 é unha autovía autonómica galega que percorre a zona centro-sur do Salnés. Pasa polos concellos de Barro, Meis, Ribadumia, Meaño e Sanxenxo.

Ten saídas en Curro (á AP-9 e á PO-531), O Mosteiro (Meis), San Martiño de Meis, Ribadumia (cara a Cambados, Ribadumia e Barrantes), Xil (Meaño-Dena), o Parque Empresarial de Nantes e Sanxenxo. Tras esta saída, a autovía convértese no corredor galego VG-4.1 que chega á praia da Lanzada.

Guimarás, Allariz (Santo Estevo), Allariz

Guimarás é un lugar da parroquia de Allariz (Santo Estevo) no concello ourensán de Allariz na comarca de Allariz - Maceda. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2010 tiña 28 habitantes (17 homes e 11 mulleres).

O lugar está atravesado pola estrada OU-320.

Gundiás, Queiroás, Allariz

Gundiás é un lugar da parroquia de Queiroás no concello ourensán de Allariz na comarca de Allariz - Maceda. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2010 tiña 110 habitantes (57 homes e 53 mulleres).

O lugar está atravesado pola estrada OU-320.

LU-546

A LU-652 é unha estrada da rede primaria básica galega que une Nadela (N-VI), no concello de Lugo, e Monforte de Lemos (LU-664).

LU-642

A LU-642 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-546 no Oural (Sarria) con Ferrería do Incio.

LU-643

A LU-643 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-652 en Bóveda coa LU-644 en Laiosa (O Incio).

LU-652

A LU-652 é unha estrada da rede primaria complementaria galega que une Bóveda (LU-546) e o barrio da Estación da Pobra do Brollón (LU-933).

LU-903

A LU-903 (antiga LU-601) é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, con Castro Caldelas, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-903.

LU-933

A LU-933 é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, coa Rúa, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-933.

É un tramo da antiga estrada C-533 A Gudiña-Lalín. Discorre en paralelo á N-120.

N-525

A N-525 é unha estrada nacional que comeza en Benavente e remata en Santiago de Compostela, atravesando no seu percorrido poboacións como Pobra de Seabra, Verín, Xinzo de Limia, Ourense e Lalín entre outras.

Nanín, Allariz (Santo Estevo), Allariz

Nanín é un lugar da parroquia de Allariz (Santo Estevo) no concello ourensán de Allariz na comarca de Allariz - Maceda. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2010 tiña 73 habitantes (34 homes e 39 mulleres).

O lugar está atravesado pola estrada OU-320.

OU-540

A estrada OU-540 é unha vía que une a cidade de Ourense con Portugal. Esta estrada é a principal vía de comunicación coa cidade das Burgas para os 29.975 habitantes (2009) que residen nas comarcas da Terra de Celanova e a Baixa Limia, onde se atopan vilas como Celanova, Bande ou Lobios.

Orixinalmente formou parte da estrada nacional N-540.

O Mesón de Calvos, Taboadela

Santa María do Mesón de Calvos é unha parroquia do concello ourensán de Taboadela na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 318 habitantes (157 homes e 161 mulleres), 22 menos ca en 2000. Ten sete entidades de poboación.

A parroquia está atravesada pola estrada OU-320.

Outeiro de Orraca, Allariz (Santiago), Allariz

Outeiro de Orraca é un lugar da parroquia de Santiago de Allariz no concello ourensán da Allariz na comarca de Allariz - Maceda. Segundo o INE e o IGE, en 2011 tiña 179 habitantes (88 homes e 91 mulleres), cinco máis ca en 2010 (82 homes e 92 mulleres).

O lugar está atravesado pola estrada OU-320.

PO-255

A PO-255 é unha estrada autonómica que une as poboacións de Ponte Caldelas e Petán (A Cañiza). É un tramo da antiga C-531 que unía Vilagarcía de Arousa con Xinzo de Limia.

Vías de
alta capacidade
Estradas
convencionais

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.