OK Liga Prata

A Primeira División Estatal é a segunda liga en importancia do hóckey a patíns do estado español logo da OK Liga. A primeira edición desta competición tivo lugar na tempada 1970-71, e o seu primeiro campión foi o CD Femsa.

Ascensos e descensos

Actualmente[cando?] esta liga a forman 16 equipos. Malia que na tempada 2009-10 só ascenderon dous equipos debido á redución de 16 equipos a 14 na OK Liga (nesta tempada foron catro os equipos descendidos da máxima categoría) e descenderon os cinco últimos equipos para manter os 16 equipos na categoría de prata, partir da tempada 2010-11 os tres primeiros clasificados ascenden á OK Liga, mentres que os tres últimos descenden ás divisións nacionais.

Equipos da tempada 2010-2011

 

Palmarés

Tempada Campión de liga Subcampión
1970-71 CD Femsa CP Vic
1971-72 CA Montemar C.P. Calafell
1972-73 Igualada HC Sferic Terrassa
1973-74 C.P. Vilanova CP Vic
1974-75 CD Sabadell CP Cibeles
1975-76 CP Claret CP Kiber
1976-77 CP Vendrell CA Montemar
1977-78 Cerdanyola CH CN Reus
1978-79 CP Kiber Sferic Terrassa
1979-80 Liceo B
CP Tordera
CP Claret
CP Vilafranca
A.A. Dominicos
CN Piera
Heliópolis
CP Mollet
1980-81 A.A. Dominicos
C Ruan
CP Claret
CP Mollet
RCD Jolaseta
CN Piera
CP Claret
C.P. Vilanova
1981-82 RCD Jolaseta
CE Arenys de Munt
CP Claret
CP Calafell
CH Coslada
AH Premià
CP Claret
CA Montemar
1982-83 C Ruan
AD Ripoll
TFE Lasalle
C.P. Vilanova
A.A. Dominicos
GEiEG
CP Claret
CH Ripollet
1983-84 A.A. Dominicos
CN Piera
CP Claret
Molins de Rei
RCS Jolaseta
CT Barcino
Claret MBO
UD Horta
1984-85 C Ruan
Igualada HC
Ripollet N.
RCD Jolaseta
CP Calafell
C.H. Lloret
1985-86 A.A. Dominicos
HC Sentmenat
CP Claret
C.H. Lloret
Tempada Campión de liga Subcampión
1986-87 CP Vic
AA Noia
C.H. Lloret
C.P. Vilanova
1987-88 CP Ruan
Reus Deportiu
Sto Domingo
CH Ripollet
1988-89 Blanes HC SHUM Maçanet
1989-90 CP Vic SHUM Maçanet
1990-91 HC Sentmenat UE Horta
1991-92 CP Cibeles SHUM Maçanet
1992-93 CP Manlleu C.E. Vendrell
1993-94 CP Areces CP Alcobendas
1994-95 C.H. Mataró AA Noia
1995-96 CH Cerdanyola CP Alcobendas
1996-97 CH Vila-Seca CP Areces
1997-98 CP Tenerife
HC Liceo B
C.P. Jonquerenc
SHUM Maçanet
1998-99 SHUM Maçanet Blanes HC
1999-00 Lleida Llista Blava CP Cibeles
2000-01 CP Areces C.H. Mataró
2001-02 C.H. Lloret CP Macarena
2002-03 CH Vila-Seca CP Areces
2003-04 SHUM Maçanet PAS Alcoi
2004-05 CP Vilafranca Esfero Oviedo
2005-06 C.H. Mataró Vigo Stick
2006-07 Cerdanyola CH Esfero Oviedo
2007-08 CP Sitges PAS Alcoi
2008-09 Liceo Cerceda GEiEG
2009-10 CP Voltregà C.E. Vendrell

Véxase tamén

Ligazóns externas

A.A. Dominicos

O club A.A. Dominicos é un club de hóckey a patíns da cidade da Coruña, que compite na 1ª División Galega. Con máis de 50 anos de historia é, xunto co H.C. Liceo un dos equipos históricos do hóckey coruñés e galego. Entre os grandes logros do club figuran un campionato de España xuvenil e un alevin no ano 2013, sendo o primeiro equipo galego en acadalo.

A.C. Ordes

O AC Ordes é un equipo de hóckey a patíns da localidade de Ordes (Galiza). O AC Ordes é o continuador do antigo Club Patín Ordes (desaparecido no 2003 ao pasar a formar parte do novo club), un club que competira varios anos na segunda categoría do hóckey a patíns español, a Primeira División Estatal, e que conseguira importantes logros en boa parte das súas categorías.

En abril de 2011 o AC Ordes conseguiu o ascenso á Primeira División, segunda categoría do hóckey a patíns español logo de superar na fase de ascenso do sector norte a FM Roller Oviedo (12-5), Real Club Josaleta (2-5) e San Antonio (7-3), e deixou practicamente asegurado o ascenso logo da dobre xornada disputada o sábado 29 de abril. Con todo o club renunciou por motivos económicos a competir na categoría logo de conseguir a permanencia ma tempada 2011-12.

CP Manlleu

O Club Patí Manlleu é un club de hóckey a patíns español da localidade de Manlleu (Osona, Cataluña). Fundado en 1973, na tempada 2018-19 os seus equipos feminino e masculino compiten na OK Liga Feminina e OK Liga Prata respectivamente.

Club Patín Cerceda

O Club Patín Cerceda, ou simplemente Patín Cerceda, foi un equipo galego de hóckey a patíns da localidade de Cerceda (A Coruña). O equipo foi creado en 2009 logo do ascenso á OK Liga do segundo equipo do H.C. Liceo. Logo de sete anos de existencia, o equipo disolveuse por motivos económicos militando na OK Liga, a máxima categoría do hóckey a patíns español.

Nas sete tempadas que o equipo estivo en competición conseguiu dúas participacións na segunda competición de clubs a nivel europeo, a Copa CERS, na que debutou na tempada 2014-15, se ben en ningunha delas conseguiu superar a primeira eliminatoria. Tamén disputou dúas veces a Copa do Rei, ambas de xeito consecutivo en 2014 e 2015 sen superar os cuartos de final. Xogou catro tempadas na máxima categoría do hóckey a patíns español, a OK Liga, tres delas de xeito consecutivo. Logo de descender á segunda categoría no ano do seu debut como equipo independente, o Cerceda recuperou a categoría logo de proclamarse campión da Primeira División na tempada 2012-13, tempada na que ademas conseguiu o subcampionato da Copa do Príncipe.Durante a curta historia do equipo a súa única presidenta for María Isabel Bermúdez, mentres que o único técnico que ocupou o banco cercedense foi o coruñés Juan Copa. O Patín Cerceda disputaba os seus partidos como local no Pavillón Deportivo de Cerceda, un pavillón con capacidade para 600 persoas.

Club Patín Ordes

O Club Patín Ordes foi un club galego de hóckey a patíns da localidade coruñesa de Ordes. O club desapareceu no 2003 ao pasar a formar parte do A.C. Ordes.

Club Patín Xunqueira

O Club Patín Xunqueira foi un equipo de hóckey a patíns galego da localidade de Cee. Foi fundado en setembro de 2005 baixo a presidencia de Manuel Barcia García, para cubrir o hoco deixado polo E.M.H. Cee, que chegara a competir en Primeira División. O club comezou a súa andaina con tres equipos nas categorías alevín, benxamín e prebenxamín, todos eles adestrdos por Manuel Calo.

Club de Hockey Compostela

O Club de Hockey Compostela é un club de hóckey a patíns galego da cidade de Santiago de Compostela que actualmente compite no Grupo B da Primeira División Autonómica Galega.

Copa Federación Galega de Patinaxe

A Copa Federación é a unha competición do hóckey a patíns organizada pola Federación Galega de Patinaxe na que compiten equipos da Primeira División Galega. A competición dispútase en formato de eliminatirias a partido único ou dobre partido dependendo da edición.

Copa Galiza (hóckey a patíns)

A Copa Galiza de hóckey a patíns[Cómpre referencia] é unha competición de clubs de hóckey a patíns que se disputa anualmente entre tódolos clubs deste deporte de Galiza independentemente da categoría na que compitan. A primeira edición disputouse na tempada 2008-09 e o equipo que se alzou co título nesta primeira edición foi o H.C. Liceo da Coruña. O club máis laureado da competición é o Liceo, que gañou as dúas edicións que se levan disputado da competición.

A final desta edición disputouse nunha liguiña de 3 equipos entre o H.C. Liceo, CP Cerceda e Vigo Stick[Cómpre referencia]

H.C. Raxoi

O Hockey Club Raxoi é un equipo galego de hóckey a patíns da cidade de Santiago de Compostela que milita na Liga Sénior Masculina e na Copa Federación Feminina de hóckey a patíns. O equipo adestra e disputa os seus partidos no Pavillón Municipal de Vite, na capital de Galiza. Foi fundado en setembro de 1989.

HC Borbolla

O Hóckey Club Borbolla é un equipo galego de hóckey a patíns do barrio coruñés de Monte Alto. Que actualmente compite nas ligas sénior galegas, tanto en categoría feminina como en masculina. Disputa os seus partidos como local no Polideportivo de Monte Alto, un pavillón con capacidade para unhas 500 persoas. Na tempada 2017-18 era o único equipo da cidade herculina que non tiña ningunha relación cun colexio ou escola, e o terceiro club coruñés con máis equipos na Liga Galega, cun total de 12.Ao longo da súa historia, o seu equipo sénior feminino competiu na máxima categoría do hóckey a patíns feminino español, a OK Liga Feminina, en dúas ocasións, e o seu equipo sénior masculino xogou unha tempada na segunda categoría.

HC Cambre

O Hockey Club Cambre é un club de hóckey a patíns galego da localidade de Cambre, Comarca da Coruña (Provincia da Coruña). O club compite unicamente en categorías inferiores e xoga os seus partidos como local no Polideportivo de Sigrás.

María Pita H.C.

O María Pita Hóckey Club foi un club galego de hóckey a patíns da cidade da Coruña fundado no 1962 e disolto en 2009.

Primeira División Galega de Hóckey a Patíns

A Primeira División Galega é a máxima categoría do hóckey a patíns organizada pola Federación Galega de Patinaxe dende 2004. Actualmente o primeiro clasificado da liga disputa a fase de ascenso fronte a equipos asturianos e os dous primeiros clasificados da Liga Norte. Históricamente a competición foi dominada polos equipos da cidade da Coruña, coa excepción do A.C. Ordes de Ordes, campión en 2009 e 2011.

SHUM Maçanet

O SHUM Maçanet é un club deportivo de Maçanet de la Selva, adicado á práctica do hóckey a patíns. As siglas SHUM corresponden á Secció Hoquei Unió Maçanetenca.

Na tempada 2006-07 perdeu a categoría da O.K. Liga, mais recuperouna a tempada seguinte.

Supercopa de España de hóckey a patíns 2018-2019

A Supercopa de España de hóckey a patíns 2018-2019 é a 16ª edición da Supercopa de España. A competición disputouse os días 15 e 16 de setembro de 2018 na localidade catalá de Sant Sadurní d'Anoia e foi organizada pola Real Federación Española de Patinaxe, a Asociación de Clubes de Hóckey a Patíns (ACHP) e o Club Esportiu Noia. Coincidindo coa disputa da Supercopa de España, o 14 de setembro presentouse na sede de Cavas Freixenet en Sant Sadurní d'Anoia a tempada 2018-19 da OK Liga e a OK Liga Feminina con representantes de todos os cadros de xogadores de ambas competicións e as máximas autoridades do hóckey a patíns español.Ao finalizar a competición o Hockey Club Liceo da Coruña alzouse co título logo de derrotar na final ao Barça Lassa por 3-2 cun gol a falta de 10 segundos para a conclusión do partido. Esta foi a segunda vez na súa historia que o equipo coruñés gañou o título, dous anos despois do primeiro título conseguido en Reus fronte ao Reus Deportiu.Pau Bargalló do Barça Lassa, Carlo Di Benedetto e Eduard Lamas, ambos do H.C. Liceo, foron os tres máximos goleadores do torneo, con dous goles cada un, se ben Di Benedetto e Lamas foron os únicos que marcaron nos dous partidos. Todos os partidos da edición finalizaron con idéntico resultado (3-2).

Tempada 2018-2019 da OK Liga Prata

A tempada 2018-2019 da OK Liga Prata é a 1ª edición da segunda categoría do hóckey a patíns español, anteriormente denominada Primeira División. Comezou o 20 de outubro de 2018 e rematará o 1 de xuño de 2019 coa disputa da última xornada. Os equipos ascendidos foron o Barça Lassa, o HC Liceo e o CP Raspeig, mentres que os equipos descendidos da OK Liga na tempada anterior foron o CE Arenys de Munt e o Club Hoquei Palafrugell.

A diferenza das edicións anteriores, nesta edición ascenderán os dous primeiros clasificados pola reestruturación que experimentará a máxima categoría na tempada 2019-20, na que pasará de 16 a 14 equipos, e pola cal descenderán catro equipos e só ascenderán dous no canto de tres equipos.

Traviesas H.C.

O Traviesas Hóckey Club é un club de hóckey a patíns da cidade de Vigo, Galiza.

Vigo Stick C.H.

O Vigo Stick Club de Hóckey ou Toshiba Vigo Stick C.H. por motivos de patrocinio é un equipo de hóckey a patíns da cidade de Vigo, Galiza. O club naceu en 2001 froito das boas relacións entre o Traviesas e o F.C. Barcelona.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.