OAR Ferrol

O OAR Ferrol foi un club de baloncesto galego da cidade de Ferrol fundado en 1951 e desaparecido en 1996.

Club Baloncesto OAR Ferrol
Información xeral
Fundación 1951
Historia Club Baloncesto OAR Ferrol
(1951-1996)
Cores           Verde e branco
Localización
Cidade Galicia Ferrol
Pavillón Pavillón Municipal Punta Arnela (5.500)
Pavillón Polideportivo A Malata(5.000)
Campionatos
Copa Galicia 5 (1988, 1989, 1990, 1991, 1993)
Información na web da ACB

Historia

O Obra Atlética Recreativa Ferrol foi fundado en 1951, sendo o seu primeiro presidente Jaime López Perez, e contando nun principio unicamente cun equipo xuvenil, que se proclama campión da liga local do ano 1954 ao 1957. É na tempada 1957-58, na cal, baixo a presidencia de Antonio Bouza Evia, aproveitando os cimentos deixados polo equipo xuvenil forma un equipo sénior capaz de competir en igualdade con outros equipos xa consolidados.

Na primeira tempada conquista a Segunda División Provincial, se ben a desaparición de dita división fai que non acade o ascenso de categoría, e provoca a desaparición do equipo senior, que non reaparecerá ata a tempada 1963-64, baixo a presidencia de Juan Fernández García, que logo dirixiría os destinos do club os seguintes 30 anos.

Na tempada 1975-76 o equipo militaba na 3ª División Nacional. A idea de afrontar tarefas máis importantes concretouse na cabeza de Juan Fernández. Cun americano prestado, demostrouse nalgún partido amigable que este era o que marcaba a diferenza. Na seguinte tempada, a 1976-77, fichouse a José Antonio Figueroa, un adestrador profesional, que nuns anos conduciu e mantivo ao equipo en Primeira División.

É durante a presidencia de Juan Fernández García cando o club obtén os seus maiores éxitos deportivos, marcados por sucesivos ascensos de categoría que levan ao club a militar durante trece anos na máxima categoría do baloncesto español, chamada primeiro División De Honra, e despois coñecida pola súa denominación Liga ACB. Nestes trece anos logra clasificarse en dúas ocasións para xogar competición europea, concretamente a Copa Korać.

É na tempada 1993-94. cando por motivos económicos, motivados en boa medida pola súa conversión en S.A.D., perde administrativamente a categoría, o que levaría á súa desaparición pouco tempo despois. Durante a longa vida deportiva do Club Baloncesto OAR Ferrol, foron moitos os xogadores e adestradores que defenderon as cores do equipo.

Xogadores destacados

Traxectoria

Ligas españolas

Tempada 1979-80 1980-81 1981-82 1982-83 1983-84 1984-85 1985-86 1986-97 1987-88 1988-89 1989-90 1990-91 1991-92 1992-93 1993-94 1994-95 1995-96
Liga Segunda División Primeira División Primeira División Primeira División ACB ACB ACB ACB Primeira División B ACB ACB ACB ACB ACB ACB Segunda División Liga EBA
Posto 1 9 8 11 7 11 12 16 1 9 19 21 10 15 15 7 - -

Competicións europeas

  • 1981-82 Copa Korac : Eliminado en oitavos de final
  • 1982-83 Copa Korac : Eliminado na primeira rolda
  • 1984-85 Copa Korac : Eliminado en cuartos de final

Competicións galegas

  • 5 veces campión da Copa Galiza: 1988, 1989, 1990, 1991 e 1993

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alberto Abalde Rodríguez

Alberto Abalde Rodríguez, nado en Vigo o 10 de novembro de 1958, é un ex baloncestista galego.

Ten unha estatura de de 201 cm, e a súa posición na cancha era a de á.

É o pai dos tamén xogadores de baloncesto Tamara Abalde e Alberto Abalde Díaz.

Anicet Lavodrama

Richard Anicet Lavodrama Ondoma nado en Bangui o 4 de xullo de 1963, é un ex xogador de baloncesto da República Centroafricana, nacionalizado español.

Asociación de Clubs de Baloncesto

Para a liga de baloncesto homónima véxase: Liga ACB.A Asociación de Clubs de Baloncesto, a miúdo coñecida polas súas siglas ACB é unha organización deportiva que aglutina e defende os intereses dos clubs profesionais do baloncesto español.

Copa Galicia (baloncesto)

A Copa Galicia de Baloncesto nace en 1986 coa primeira edición da competición sénior masculina. Na súa xestación participaron os equipos galegos que daquela formaban parte da chamada Primeira División Nacional de Baloncesto: eran o OAR Ferrol, o Club Ourense Baloncesto, o Obradoiro compostelán e mais o Breogán de Lugo. Francisco García Sánchez era entón o presidente da FGB.

Fernando Romay

Fernando Romay Pereiro, nado na Coruña o 23 de setembro de 1959, é un ex-xogador de baloncesto galego. Mide 2,13 m.

Ferrol

Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2017 tiña 67.569 habitantes, dos cales 31.692 eran homes e 35.877 mulleres, sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia.

Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval. Tamén conta cunha importante actividade das Forzas Armadas, principalmente da Armada Española, que ten dende o século XVIII unha das súas principais bases navais e un destacado Arsenal Militar.

O concello é unha península, aséntase de cara á ría de Ferrol, aínda que tamén conta cunha destacada fachada litoral cara ó océano Atlántico na zona rural. Limita por terra con Narón. Esa fachada marítima acolle algunhas das máis afamadas praias, como as asentadas nas parroquias de Doniños, San Xurxo, Ponzos ou Covas.

Ademais da cidade, o termo municipal comprende once parroquias rurais e a vila da Graña, considerada como zona urbana a efectos legais aínda que se atope no arrabalde. O concello ten unha densidade de poboación de 852,17 hab./km² e unha superficie de 82,6 km².

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

José Antonio Figueroa

José Antonio Figueroa Cerdeiriña, coñecido como Josean Figueroa, nado en Madrid o 14 de marzo de 1943, é un adestrador de baloncesto profesional español que adestrou entre outros equipos ao Club Baloncesto Breogán de Lugo, ao OAR Ferrol, ao Club Ourense Baloncesto, ao Cajabilbao e ao Pamesa Valencia da liga ACB. Foi nomeado adestrador do ano en 1987 pola Asociación Española de Entrandores de Baloncesto (do castelán: Asociación Española de Adestradores de Baloncesto).

Juan Fernández García

Juan José Fernández García, nado na parroquia de Covas (Ferrol) en 1940, é un político galego.

Liga ACB

A Liga ACB, coñecida por motivos de patrocinio como Liga Endesa, é a principal liga de baloncesto profesional de España. Administrada pola Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB), está composta por 18 equipos, dos cales os oito primeiros ao finalizar a tempada se clasifican para xogar os playoffs polo título e os dous últimos descenden á Liga LEB Oro, sendo substituídos polo campión desta competición e o vencedor dunha rolda de playoffs.

Desde a súa fundación participaron na liga un total de 49 equipos. De todos os equipos participantes, sete conseguiron alzarse co título de campións, destacando o Real Madrid con 35 títulos e o FC Barcelona con 18. O equipo madrileño dominou o campionato cando este estaba organizado pola Federación Española de Baloncesto (FEB) desde a década de 1950 até a de 1970. Nos anos 1980, coa fundación da ACB, o dominio repartiuse entre os madrileños e os barceloneses, aínda que con outros campións como o Baskonia, o Joventut, o Baloncesto Málaga, o Bàsquet Manresa e o Valencia Basket.

A Liga ACB é unha da competicións de deporte profesional en pavillón, contando cunha asistencia media aos seus partidos durante a temporada 2018–19 de 6.236 espectadores. Isto supón que sexa a novena competición do mundo en asistencia en deportes cubertos e a cuarta liga profesional de baloncesto do mundo, tan só por detrás da National Basketball Association (NBA), a EuroLeague e a Women's National Basketball Association (WNBA).

Liga Española de Baloncesto (1957-1983)

Para a actual liga homónima véxase: Liga LEBA Liga Española de Baloncesto é o nome que recibiu a actual competición que, desde 1980, enfrontaba aos clubs españois cada ano nunha competición de liga con partidos entre todos os participantes, a dobre volta. Foi organizada pola Federación Española de Baloncesto até 1983 cando os clubs, organizados na recentemente creada Asociación de Clubs de Baloncesto, decidiron organizar a Liga ACB, unha nova competición independente da FEB.

Liga Española de Baloncesto 1982-83

A tempada 1982-83 da Liga Española de Baloncesto foi a 27ª edición do campionato nacional de baloncesto en España, e a derradeira antes do nacemento da Liga ACB ó ano seguinte. O torneo comezou o 10 de outubro de 1982 e rematou o 7 de abril de 1983 coa disputa da final entre o FC Barcelona e o Real Madrid CF. A liga regular estivo composta por 14 equipos, entre eles dous galegos, o OAR Ferrol (que participaba por 3ª ocasión) e o Obradoiro CAB (que debutaba na máxima competición nacional). A liga regular contou con 26 xornadas, ó cabo das cales o último equipo da táboa descendeu de categoría. Os dous primeiros equipos remataron cos mesmos puntos, de xeito que tivo que disputarse de xeito escepcional unha final de desempate polo título.

Linton Townes

Linton Rodney Townes, nado o 30 de novembro de 1959 en New Haven, Connecticut, é un ex-xogador profesional de baloncesto estadounidense, que xogou durante toda a súa carreira deportiva en múltiples ligas. Cunha altura de 1,98 metros xogaba de aleiro.

Manel Sánchez

Ángel Manuel Sánchez Vázquez, coñecido como Manel Sánchez, nado en Lugo o 24 de maio de 1958, é un ex-xogador e adestrador profesional de baloncesto galego. Tamén dirixe unha tenda deportiva en Lugo e é comentarista de partidos de baloncesto na Televisión de Galicia. Está considerando como un dos mellores tiradores da historia da ACB.Manel Sanchez é o máximo anotador nacido no estado español de toda a historia, en media de puntos por partido durante toda a súa carreira contando tódalas competicións, xa sexan ligas como a ACB, LEGA ou a NBA. É tamén o xogador do estado español que ten unha media máis alta de triplas por partido (2,00) por riba de coñecidos "canoneiros" como Alberto Herreros (1,89), Juan Carlos Navarro (1,67) ou Juan Antonio San Epifanio "Epi" (1,49). O seu fillo, Mateo Sánchez, é tamén xogador profesional de baloncesto.

Nate Davis

Nate Davis, nado en Columbia (Carolina do Sur), o 20 de outubro de 1953, foi un xogador de baloncesto estadounidense, que xogaba na posición de aleiro.

Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto

O Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto, denominado Monbus Obradoiro por razóns de patrocinio, é unha entidade deportiva profesional adicada ó baloncesto, con sede na cidade galega de Santiago de Compostela. O club foi fundado en 1970, e na actualidade compite por sexta ocasión na máxima categoría do baloncesto nacional.

Pavillón Polideportivo A Malata

O Pavillón Polideportivo A Malata é un recinto deportivo cuberto sito na Malata, Serantes, no concello de Ferrol, que se dedica á práctica do baloncesto e do fútbol sala. Nel xoga os seus encontros como local o O'Parrulo FS, e tamén foi o fogar do desaparecido OAR Ferrol. A capacidade das bancadas é de 4200 persoas, que se reparten en dúas tribunas laterais, xa que o pavillón non ten bancadas de fondo.

Suso Fernández

Jesús Fernández López, coñecido como Suso Fernández, nado o 14 de marzo de 1957 en Lugo, é un ex-xogador profesional de baloncesto galego. Xogou durante tres tempadas no Club Baloncesto Breogán na máxima categoría do baloncesto estatal.

Valentín Ruano

Valentín Ruano Fernández, nado o 23 de outubro de 1968 en Madrid, é un ex-xogador profesional de baloncesto español que xogou en diversas categorías do baloncesto estatal, entre elas sete tempadas na liga ACB. A súa carreira deportiva transcorreu completamente en clubs galegos, coa excepción da tempada 1993-94 que xogou en Gran Canaria. Cunha altura de 2,02 metros xogaba na posición de pivote.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.